El Salvador
“O rap é revolución e por iso é un medio axeitado para levar mensaxes”

En 2015, mulleres rapeiras do Salvador uníronse para facer unha canción. Agora, coa axuda de asociacións feministas, forman un colectivo que denuncia a violencia que se vive neste país: Hip Hop Femenino El Salvador.
No no no, no estoy bien
tan harta de este sistema
más valiente que ayer
mi lucha es la que los quema.

“Mi lucha quema”, Queen (Hip Hop Femenino El Salvador)

Mergullarse nas cancións de Hip Hop Femenino El Salvador é toparse con letras cheas de forza... e tamén de dor. Cunha taxa de 2,1 feminicidios por cada 100.000 mulleres —a terceira máis alta de Latinoamérica— , O Salvador ten o dubidoso récord de ser un dos países máis perigosos do mundo para elas. É aí onde entran as integrantes de Hip Hop Femenino que, coa súa música, desde o 2015, son o berro de toda unha xeración farta de presenciar asasinatos e violacións que quedan impunes ante unha sociedade que culpa as mulleres e rouba os seus dereitos.

Queen Mc e Yezli Mic son dúas das membras deste colectivo. Falamos con elas nos soportais da zona histórica de Compostela. Son novas e rin moito, pero o que contan é a vella historia de sempre: mulleres sufrindo violencia ante un Goberno que “impón a súa relixión e moral” por riba da súa saúde. A isto súmaselle un estado de excepción decretado o pasado marzo polo presidente Nayib Bukele, que apresa a persoas impunemente e sen xuízo previo. Segundo Queen e Yezli, “o peor delito que pode cometer unha persoa nova n’O Salvador é nacer nunha zona marxinal”, pero se a isto se lle suma “ser muller nova, artista e pobre”, é aínda máis perigoso.


Cando e por que nace Hip Hop Femenino El Salvador?

Yezli Mic: Hip Hop Femenino naceu en 2015 coa iniciativa de xuntar a rapeiras para facer unha canción. Ao reunírmonos e conversar, decatámonos de que todas sufriamos o mesmo para chegar a ter un espazo na cultura. A cultura do Hip Hop n’O Salvador está moi dominada polos homes e, cando pediamos un espazo para nós, sempre buscaban algo a cambio: “Vale, déixoche un sitio, pero saes comigo?”. Ou ignoraban o que estabas a pedir e enfocábanse en conquistarte. Por iso naceu a iniciativa de crear espazos e festivais para mulleres. No camiño ata chegar ao que somos agora, coñecemos ás colectivas feministas e, con elas, conseguimos as ferramentas para empoderarnos. Empezamos a falar de temas como o aborto, a militarización, o dereito á auga... e foi así como naceu Hip Hop Femenino.

Queen Mc: Realmente si. Foi Yezli a que reuniu a todas coa idea de crear unha canción. E, a partir de aí, ao ver que eramos moitas empezamos a pensar: por que non facer algo máis grande? Levabamos moito tempo sendo invisibilizadas e sen ter acceso a eses espazos —os homes levaban tempo dabondo tendo o control do territorio— así que era hora dun cambio. A partir de aí, empezamos a crear máis música, camisolas, stickers... e rematamos facendo o primeiro festival de hip-hop  feminino. Nese momento decatámonos da gran idea que tiveramos ao realizar un evento onde a música fora feita por mulleres. Para eles tamén foi impactante ver que lograramos facer un festival moi grande —cos nosos cartos e algúns patrocinios, pero feito por nós—. Penso que esta idea nin sequera lles cruzara a mente. 

Como acolleu a sociedade a vosa aparición?
Y: Foi ben duro ao inicio. Porque, se ben xa é complicado postularte como rapeira, facelo como rapeira feminista é aínda máis difícil. Empezaron a chamarnos feminazis, a tirarnos indirectas en Facebook... e pecháronnos tamén moitos espazos. Porque o que nós diciamos non era o que eles querían escoitar. En realidade, a situación foi moi grave. Pero, mantivémonos e co tempo eles acabaron adaptándose ao que estabamos a facer. Incluso algúns chegaron a sensibilizarse e cambiar. Aínda así, nós seguimos enfocadas en facer cumprir os nosos obxectivos. 

E, como diciades, tedes relación con outros colectivos feministas n’O Salvador. Como é está relación? 
Q: Maiormente apoiamos en cuestión de concertos, eventos, obradoiros... e nas marchas que elas organizan. Somos como as encargadas de facer rebeldía pero con alegría.  Elas son tamén as que nos brindaron a información e nos educaron para que levásemos o feminismo á arte, e non só nos dedicáramos a repetir cousas que non tiñan un porque. Sobre todo temos traballado coa Colectiva Feminista, as Amorales... 

Diriades que a vosa mensaxe chega mellor ás xeracións máis novas por facelo a través do hip-hop? 
Y: A verdade é que si. Vémolo nos obradoiros que impartimos. A xente nova, no momento no que escoita as cancións e ve os vídeos, comeza a prestar atención e ata se motiva para preguntar. O rap é revolución, e por iso é o medio máis axeitado que atopamos para levar estas mensaxes.

yezli queen 3

Comentabades antes que o Hip Hop —como acontece aquí— segue a verse como algo masculino. Por que pensades que acontece isto?
Y: N’O Salvador a arte urbana e o hip-hop relaciónanse sobre todo coas ‘pandillas’. Este tabú é moi difícil de romper, e por iso é complicado tamén ver mulleres dentro deste mundo. De feito, temos recibido comentarios do estilo de que somos mulleres de “pandilleros” e que era mellor que nos mataran ou nos meteran presas. É moi machista que se asocie o noso traballo a grupos delituosos. Pero pensamos que isto ten moito que ver coa ignorancia da xente. 

Q: Creo que é algo moi revolucionario pola nosa parte estar a facer algo feminista dentro desta escena tan dominada por homes e onde se nos sexualiza tanto. Tamén o feito de ser femininas, eles tomábano mal. Dicían: “Non! Tes que ser como un home, tes que rapear como un home”. E non. Cada quen ten o seu estilo e creo que é tamén revolucionario chegar aos eventos en vestido, maquilladas... é dicir, como queremos. Sen facer o que eles din ou sen ir como eles queren que nos vexamos.

Y: Si. Non é para eles, é para nós.

Se ben xa é complicado postularte como rapeira, facelo como rapeira feminista é aínda máis difícil.

Pensades que facer un festival de hip hop de mulleres animou a outras mulleres a participar desta cultura? Sodes cada vez máis? 
Y: Si, a verdade é que si, animou moito no seu momento. O problema é que, desde a pandemia, todo tivo como un retroceso. É difícil manter a motivación das persoas porque cada unha temos os nosos problemas, non? Pero ese é un dos nosos retos: que volvan e que máis mulleres se empoderen nisto. E que participen tamén. 

Q: Penso que fomos unha parte fundamental —aínda que na escena de hip-hop non nolo recoñezan e se nos invisibilice— da historia desta escena. Fomos o primeiro grupo de mulleres facendo rap cando antes non había moitas. Nin sequera no público había mulleres pola mesma razón: o acoso, o machismo, os estereotipos... Eles mesmos afastaban ás mulleres do escenario e nós, co noso traballo, pouco a pouco, conseguimos que volvesen e aumentaran.

Para nós, esa sensación de ver a máis rapazas neste espazo —que agora é un pouco máis seguro e onde é un pouco máis fácil entrar— é moi bonita. Vemos tamén a mulleres intentando facer rap, tendo a iniciativa para aprender. Así que cremos que si, fixemos un pouco máis sinxelo o camiño para elas.

Meténdonos un pouco máis no feminismo, como é crecer sendo socializada muller n’O Salvador? Como foi para vós? 
Y: Creo que n’O Salvador ser muller é ser ama de casa, criar fillos, estar na casa... encargarte de todo.. E ser unha muller nova que quere romper con ese estereotipo é difícil. Faise complicado adaptarse á sociedade e dicir: “Non, eu quero ser artista, vivir diso. E non quero ter fillos”. Porque incluso dentro das familias dise moito o de que se temos os fillos antes, mellor. Pero, de que me serve a min ter fillos se iso non é o que quero? Se iso non me vai facer feliz?

Q: Coas colectivas feministas tratamos de ter unha loita constante. Pensamos que ser muller xa é unha loita que se vive n’O Salvador, porque hai demasiado machismo, violacións, acoso nas rúas, acoso por parte de profesores, de pastores das igrexas... Pero é aínda máis difícil se lle sumas ser muller nova, artista e pobre. Nas áreas máis vulnerables, onde é máis complicado acceder á información e á educación, esta loita vólvese aínda máis dura. Por iso, pensamos que é moi importante recoñecer as loitas que están a facer as colectivas feministas desde hai anos polos nosos dereitos. No ano 2016 levaron a cabo unha iniciativa para permitir o aborto por violación ou malformacións do feto que acabou sendo arquivada, o que supuxo un retroceso no seu traballo que agora hai que intentar retomar. O peor é que non temos unha luz de esperanza co Goberno, porque sempre foi moi relixioso e conservador. É un Goberno que se refuxia sempre no seu deus para todo. E non é que pensemos que estea mal crer en alguén. O que está mal é mesturar a relixión e a moral cun tema que é de saúde.

Ser muller xa é unha loita que se vive n’O Salvador. Pero é aínda máis difícil se lle sumas ser muller nova, artista e pobre.

Entón diriades que houbo un retroceso nos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres?
Q: Si, sen dúbida. Cando falamos de dereitos sexuais e reprodutivos, isto implica moitas cousas, non só a despenalización do aborto pola saúde e vida das mulleres e nenas d’O Salvador. Falamos de educación sexual nas escolas, por exemplo. E, de momento, no noso país non temos unha educación sexual digna onde se nos explique que métodos anticonceptivos hai, que enfermidades de transmisión sexual hai, como nos podemos coidar ou como podemos ter unha sexualidade responsable. Desas cousas non se fala nas nosas escolas, cando cremos que é o sitio onde máis se debe educar. E non só ás nenas, senón aos nenos tamén. Dicirlles a eles que é cousa de dous. Creo que por iso hai nenas e rapazas novas quedando embarazadas, e por iso temos tamén unha taxa tan alta de violacións.

Y: Si. É moi triste que se condene a nenas a ser mamás e que non se lles permita interromper o seu embarazo. Porque moitas veces a xente di: “Ai, e por que non se coidaron?”. Como se van coidar dunha violación? Como lle vas dicir a unha nena que ten que usar a pastilla do día despois cando ten un custe, non é accesible e incluso non sabe que lle está pasando? Por iso é tan triste saber que iso segue a pasar no noso país, e que o Goberno non se preocupa. É lamentable. Pero nós pensamos que, nalgún momento, a xente ten que darse conta. Moitas veces non o pensamos porque non nos pasou a nós, pero ninguén che asegura que non poida pasar no teu círculo próximo. Por iso, esperamos que a sociedade salvadoreña se decate do problema e se una a esta loita. 

El Salvador
Un documental para dar voz ás mulleres salvadoreñas
Un documental feito entre El Salvador e Galiza afonda na penalización do aborto e na vulneración dos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres salvadoreñas.

Ademais de violacións, O Salvador ten unha das taxas de feminicidios máis altas do mundo.
Y: Si, os feminicidios son algo moi normalizado. E, para a sociedade, sempre é culpable a muller. Pero, se eu caso, non o fago para que me maten. É moi difícil porque pode haber dez feminicidios e que a xente non faga nada, non reaccione.

Q: Chegamos a un punto no que a sociedade salvadoreña normaliza estes feitos. Di, por exemplo, que a unha muller a mataron por casar cun home concreto, por ir soa á discoteca, porque ía camiñando soa e non se coidou, por como vestía... Sempre se culpabiliza á muller e non se busca educar aos homes no fogar, nas rúas ou no goberno. Aínda así, está costando un montón pero empezamos a falar disto tamén.

O delito máis grande dunha persoa nova n’O Salvador é o de nacer nunha zona marxinal.

Politicamente, que está pasando agora n’O Salvador? Por que hai un estado de excepción? É certo que hai un repunte de violencia de ‘pandillas’? 
Q: Realmente as ‘pandillas’ sempre existiron. Este é un tema que ven desde hai moito e que nunca conseguiron controlar. A raíz das máis de 71 mortes que houbo o sábado 27 de marzo, o presidente, Nayib Bukele, decretou o estado de excepción —non sabemos os acordos que tivo con ‘pandillas’ do país, e isto tamén pode significar algo—. O estado de excepción suprime algúns dereitos: o de defensa, o de reunión, permite que se faga espionaxe cibernético... Agora hai que ter moito coidado cando se fala do Goberno. 

Despois de decretar o estado de excepción, Bukele empezou a enviar militares e policías ás zonas máis pobres do país, que son as que máis sofren en realidade. Chegou ata ao punto de enviar tanques ata estas zonas para intimidar á poboación. Imaxina como é para as crianzas destas zonas crecer nun entorno onde hai tanques pola rúa e onde, ademais, os militares lles requisan as mochilas cando van á gardería. Como van protestar despois se viven iso desde que son bebés? Sempre van vivir co medo de falar ou de rebelarse. Ás persoas maiores tamén se lles revisa o que teñen, pero quen máis está sufrindo isto é a xente nova, porque se lles cataloga polo seu aspecto físico —se ten raíces indíxenas, mesoamericanas, mestizas....—. O delito máis grande dunha persoa nova n’O Salvador é o de nacer nunha zona marxinal. Hai algúns que os deteñen cando volven de estudar, de traballar ou de ir facer a compra.

Por iso, desas 6.000 persoas que detiveron nos últimos tempos, non todos eran ‘pandilleros’. A gran maioría eran xente inocente, traballadora, a cal só cometeu o delito de vir dunha zona marxinal. Están collendo a quen queren. E é a oportunidade perfecta para capturar activistas, artistas, xente que está en contra do Goberno, xornalistas... Cremos que isto é algo moi grave e é outra das cousas que a xente normaliza e coa que mira para outro lado. É grave ver o abuso de poder que están a exercer. Mesmo o Goberno chegou a establecer unha lei que condena a nenos de 10 ou 12 anos a dez anos de cárcere; e de 16 anos a vinte anos de cárcere. E xa, de 18 para arriba, vinte, trinta, corenta e máis anos de condena. O Goberno está cunha cortina de fume, acusando á xente de ser ‘pandillera’’ cando non é certo. Incluso chegan a culpar á xente nova de ter vínculos coas ‘pandillas’ por defender os dereitos humanos.  Son os nosos dereitos e están facendo o imposible para calar á xente, para que non se defenda. Hai nais buscando ao paradoiro dos seus fillos. Hai gravacións en redes sociais onde aparece a policía golpeando a rapaces —e iso é o que se grava, o que non se grava é moito peor—. 

Y: Están normalizando a violencia. Cando hai mortes, a policía sae dicindo que iso é o que pasa cando a xente se opón á eles.  O simple feito de ter unha tatuaxe ou un piercing pode facer que te vinculen con grupos delituosos. E, despois, cando os meten presos e as nais van preguntar polos seus fillos, dinlles que marchen, que senón as van meter presas a elas tamén. Non lles deixan pasar auga, comida, non teñen colchóns, non teñen accesorios básicos para a limpeza... É unha violación de dereitos enorme que está normalizada no noso país porque o Goberno di que está ben. E é moi difícil levarlles a contraria. 

E é a oportunidade perfecta para capturar activistas, artistas, xente que está en contra do Goberno, xornalistas...

Parece como se o Goberno se escudase nos ‘pandilleros’ e no medo que provocan para actuar sen control?
Q: Si. Obviamente, se es dunha zona marxinal, non vas dicir nada porque te poden levar detido coa escusa de que es ‘pandillero’ e podes acabar botando 15 anos no cárcere sendo inocente. E, cando saias e intentes reinsertarte na sociedade, non vas atopar traballo. Iso fai que a xente teña moito medo.  

Volvendo un pouco ao voso traballo en Galiza. Que tal o traballo nas escolas? Que resposta atopades da mocidade cando lles contades sobre a vosa experiencia?
Y: Pois a verdade é que foi ben bonito ver como se interesan por estes temas. Mostrámoslles a realidade que nós vivimos e dicímoslles que, se non están atentos, poden pasarlles estas cousas, poden sufrir os retrocesos que estamos a vivir n’O Salvador. Por iso, é importante ver que se preocupan e mesmo preguntan e tratan de buscar solucións. E sabemos tamén que é por medio da música que logramos captar a súa atención. N’O Salvador non é seguro falar destes temas, por iso é importante poder facer este activismo aquí. Aínda que se poida ver como nada, é unha semente que vai dar os seus froitos.

Q: Foi moi gratificante poder estar con mozos e mozas de aquí. Poder falarlles dunha realidade allea á súa e que se fagan conscientes do que estamos a pasar actualmente. E tamén poder deixarlles o consello de que nunca deixen de loitar e informarse, sobre todo porque os nosos dereitos nunca están garantidos. Os dereitos podemos perdelos nun segundo. E facerlles ver tamén os seus privilexios. Todo iso fixo que fora moi bonito.

Aquí tivemos a oportunidade de gravar unha canción e un vídeo que esperamos poder sacar en canto volvamos a O Salvador.

E despois da vosa experiencia, diriades que a mocidade de aquí sabía o que acontecía en O Salvador antes de coñecervos?
Y: Como xa traballaran dentro do programa O Mundo que Queremos con eles, algo xa sabían. Por iso non nos custou moito empatizar. 

Q: Pero non todos. Algúns non tiñan interese ao inicio por coñecer outra realidades, pero é fundamental saber o que acontece noutros lugares para que non nos pase a nós, porque todas somos persoas vulnerables. E, ao falarlles destes temas, empezan a interesarse e quedan asombrados. Ao principio non cren que iso poida estar pasando, que nos estean quitando os nosos dereitos. E, coa nosa música, aínda lles atrae máis. Emociónanse. 

Queredes engadir algo máis?
Y: Agradecer ás colectivas e á cooperación que se fai coa Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) e outras organizacións de aquí. Sen elas, non estariamos aquí, mostrando a nosa realidade ou falando destes temas que son o noso día a día. Tamén, pedir que nos sigan en Instagram e en Facebook como Hip Hop Femenino. Aí subimos a nosa música e, se nos seguen, comparten e escoitan a nosa música, iso tamén é unha axuda para nós. 

E agora si que para rematar. En que estades traballando? Tedes algún proxecto novo?
Y:
Aquí tivemos a oportunidade de gravar unha canción e un vídeo que esperamos poder sacar en canto volvamos a O Salvador. Gravámolo no Centro Xove de Compostela. Foi unha experiencia moi bonita poder ocupar un espazo como ese, porque no noso país non temos centros así. Ese é un pouco o resultado musical desta viaxe.

Q. Temos tamén dúas cancións que falan do militarismo —da situación que estivemos vivindo en novembro—, pero aínda non as puidemos sacar precisamente pola situación que estamos a vivir agora. Aínda así, esperamos que pronto poidan saír, porque amosan a realidade do que acontece en n’O Salvador e forman parte do noso activismo.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Sidecar
Sidecar Clandestinidad: la poesía de Roque Dalton
Las 'Historias y poemas de una lucha de clases' constituyen una especie de testimonio oblicuo del propio viaje de Dalton desde la ortodoxia del PC hasta su adhesión a la guerra de guerrillas.
Análisis
América Latina Bukele, sin contrapesos e internacionalizado
El presidente de El Salvador ha ganado peso como referente de la derecha radical hispanohablante. Su “método”, una combinación de represión, punitivismo y propaganda digital, ha calado en otras experiencias regionales e internacionales.
El Salvador
Elecciones Nayib Bukele consolida su política securitista y antidemocrática en El Salvador
Nayib Bukele se autoproclama vencedor de las elecciones y repetirá mandado pese a que la Constitución lo prohíbe. Se consolida un sistema basado en la explotación de recursos naturales y la persecución mediante el uso de un estado de excepción.
Tribunal Constitucional
Lei do Litoral O Constitucional avala a lei galega coa que a Xunta fixo súas as competencias na costa
O tribunal rexeitou por unanimidade o recurso do Goberno español contra 69 preceptos do texto, pero anula o que permite que os sistemas de vertedura de augas residuais poidan ocupar o dominio público marítimo-terrestre.
Sanidad pública
Ribera Salud Hospital del Vinalopó: el último rehén de la privatización del PP valenciano
La vuelta del PP al gobierno valenciano ha supuesto un balón de oxígeno para la principal beneficiaria de la privatización sanitaria, que mantendrá la concesión de Elx-Crevillent a pesar del malestar social.
Lawfare
Guerra judicial Las izquierdas brindan el apoyo unánime a Sánchez que él les negó durante la era del ‘lawfare’
Todos los partidos con representación en el Parlamento y ubicados a la izquierda del PSOE, también los soberanismos, han mostrado sus posiciones públicas en solidaridad con el acoso mediático y judicial contra el presidente del Gobierno.
Gobierno de coalición
Lawfare Sánchez cancela su agenda y para a “reflexionar” tras los ataques de la derecha y la imputación de Gómez
El presidente del Gobierno denuncia una operación contra él y su pareja, Begoña Gómez, por parte de la derecha y la ultraderecha, así como los medios afines que ha desembocado en la denuncia de Manos Limpias.
Lawfare
Justicia a la derecha Pedro Sánchez no está solo: estos son los precedentes a su caso de ‘lawfare’
El presidente del Gobierno aseguraba en su carta que el suyo era un caso de lawfare “sin precedentes”. Lo cierto es que esta estrategia de judicializar la vida política se ha enraizado durante los últimos años.
Política
Lawfare ¿Qué decisiones puede tomar Pedro Sánchez tras amagar con dimitir?
Tras el anuncio del presidente, se abren varias posibilidades que no se resolverán hasta el lunes: ¿Una moción de confianza? ¿La convocatoria de elecciones? ¿Un cambio de marco? ¿Dimitir y dar el salto a la presidencia del Consejo Europeo?
Opinión
Opinión Cuando la mierda nos come
El panorama mediático se ha convertido en una amalgama de espacios a cada cual más insano. Basura fabricada por gabinetes ultras, aceptada por jueces afines y amplificada por pseudomedios de propaganda regados con dinero público. Hay que pararlo.

Últimas

Portugal
Portugal Cuando los campesinos portugueses tomaron la tierra… y la contrarrevolución se la despojó a tiros
Tras el 25 de abril de 1974 una ola de ocupaciones agrícolas impulsó en Portugal una profunda reforma agraria que los gobiernos socialistas y conservadores tardarían más de una década en desmontar.
Derechos Humanos
Libertades y derechos Amnistía Internacional acusa al Estado de no investigar casos graves de violación de los derechos humanos
El informe anual de esta organización de derechos humanos denuncia “la persistente falta de rendición de cuentas por las violaciones de derechos humanos cometidas por el Estado español”.
Antifascismo
Antifascismo en Roma 25 de Abril, día de ‘La Liberazione’
El movimiento antifascista celebra el fin de la ocupación nazi con una demostración de poder en las calles de Roma.
El Salto Twitch
El Salto Twitch La Catana 2x06, comunicación política y campaña
Nos preguntamos cómo la carta de Pedro Sánchez atraviesa un momento político y electoral que se estira desde las generales, pasando por elecciones gallegas y vascas, para cristalizar en unas catalanas y europeas que van a marcar nuestro imaginario.
Más noticias
Portugal
Memoria histórica 50 años del 25 de abril: la reforma agraria
Cuando se cumple medio siglo de la Revolución de los Claveles este catedrático y corresponsal de prensa en Portugal entre 1974 y 1975 relata una de las caras menos conocidas de este proceso histórico: la reforma agraria.
Palestina
Palestina La Flotilla hacia Gaza anuncia un retraso de la salida de los barcos de ayuda
La organización refiere presiones internacionales para que no se lleve a cabo una misión que pretende entregar 5.500 toneladas de alimentos y productos de primera necesidad a la población atrapada en el territorio palestino.

Recomendadas

Derechos reproductivos
Luciana Peker y Cristina Fallarás “El aborto se ha apartado del relato feminista porque genera consenso”
Las periodistas Cristina Fallarás y Luciana Peker forman parte del grupo motor de una campaña europea que quiere blindar el derecho al aborto mediante una iniciativa ciudadana que necesita un millón de firmas para llegar a ser debatida.
Pensamiento
Kristen Ghodsee “Necesitamos soluciones que podamos llevar a cabo sin la ayuda del Estado”
Esta escritora y etnógrafa estadounidense explora experiencias utópicas del pasado y del presente en su último libro ‘Utopías cotidianas’ (Capitán Swing, 2024).
Música
Música Aprendiendo filosofía con el punk patatero de La Polla Records
Los cáusticos esputos lanzados por Evaristo en las canciones de La Polla Records contenían materia adecuada para hablar de filosofía política en el instituto. Así lo entiende el profesor Tomás García Azkonobieta, autor de ‘La filosofía es La Polla’.