Elecciones autonómicas
Reencontro do BNG e Anova en Compostela: “Votar é un superpoder”

Ana Pontón, Martiño Noriega e Xosé Manuel Beiras conversan en Compostela sobre o futuro galego e a necesidade de voto nas eleccións do 18F.
Ana Pontón, Xosé Manuel Beiras e Martiño Noriega conversan en Compostela
Ana Pontón, Xosé Manuel Beiras e Martiño Noriega conversan en Compostela (Fonte BNG)
9 feb 2024 19:35

Hotel Compostela. Cinco e media da tarde. Un grupo de persoas entra pola porta principal deste hotel, na rúa do hórreo da capital galega. Todas as persoas levan paraugas, chove moito, así que na entrada un home se dedica a recollelos e gardalos na recepción. “É que dentro hai moita xente e é mellor non levalos”, comenta. Están aquí pola “conversa polo cambio galego” entre Ana Pontón, candidata a presidenta da Xunta polo BNG; e Martiño Noriega e Xosé Manuel Beiras, de Anova, moderada pola xornalista María Obelleiro.

A sala, efectivamente, está chea. Hai un ambiente relaxado e xente de todas as idades que viñeron, a pesar da choiva, para escoitar a estas tres persoas falar do “cambio” no goberno galego.

Unhas eleccións decisivas: “cada voto conta”

“Por primeira ver podemos ter un goberno que mire polos galegos e galegas”. Ana Pontón recalca, desde o inicio, a importancia destas eleccións. “O goberno do PP nos está deixando atrás e o BNG representa o cambio”, asegura.

Tanto para Pontón, como para Noriega e Beiras, estas son unhas eleccións decisivas porque, recalca Beiras “Galiza xógase a súa existencia como pobo”. “A nivel de estado é fundamental que sexa unha forza do país e progresista a que colla os mandos da nave e a partir de aí poidamos dar un gran salto para mudar a situación”, comenta este político. “E a cidadanía galega vai tomando consciencia de que isto non pode durar máis, de que non nos poden enganar todo o tempo”.

Martiño Noriega coincide. El compara a situación na que se atopa Galiza coa escena de Match Point na que unha pelota de tenis queda varada na rede sen caer cara un nin outro lado. “Estamos nese momento e temos que intentar que a pelota caiga do lado da xustiza, non é menor o que nos estamos a xogar. Podemos ter a primeira presidenta do país”, comenta o antigo alcalde de Compostela e médico de familia. “Todas somos conscientes da situación que se viviu nestes anos coas leis nocivas do PP, agora temos as consecuencias desas políticas. Por iso, o 18 de febreiro, é importante que esteamos aquí e nos mobilicemos”. Martiño engade, ademais, que el nota un efecto “bola de neve” na mobilización cidadá “para que a pelota caia do lado bo. “Confesarei que o escoito ata na consulta”, comenta entre risas. “Nunca falo de política no meu traballo pero estes días a xente declárase”.

"Temos que conseguir que a xente indecisa saia o 18 de febreiro da súa casa para votar por un país mellor”, Ana Pontón.

Sobre as mobilizacións e a sensación de que pode haber un cambio, Pontón e Beiras coinciden con Noriega, os tres non cren “na tese de que Galiza sexa un país conservador”, como comenta a candidata á presidencia da Xunta. “É que este é un pobo que leva loitando moito tempo”, engade Beiras. Para Pontón, o que acontece co voto galego é que “hai unha parte da poboación que acaba comprando a campaña en B do país”. “Eu chámolle campaña en B porque é como a súa financiación”, comenta entre risas a candidata do BNG. “A campaña en A é a da TVG; a en B é ese intento por convencer ás persoas que queren un cambio a que tiren a toalla e non vaian votar. Por iso, temos que conseguir que esa xente saia o 18 de febreiro da súa casa para votar por un país mellor”.

O chamamento ao voto repítese durante toda a conversa. As persoas indecisas poden ter a chave dun resultado ou outro o próximo domingo. “Ás persoas que dubidan diríalles que votasen. Toda a xente que se mobiliza contra os eólicos, polos pellets... ten q concentrar o voto no cambio. Que ninguén pense que o seu voto non é decisivo”, di Beiras. Martiño engade que, dende Anova, cando solicitaron o voto para o BNG, fixérono “desde o consciente”. “O PP é como Gollum aferrado ao anel de poder, e agora están nerviosos porque ven que hai unha posibilidade real de cambio”, comenta asegurando que os símiles cinematográficos non viñan preparados de antemán.

“Ao BNG sempre lle dan escanos de menos, e desta volta din que podemos sacar 23, a min iso emocióname”, comenta Pontón. “Pero temos que conseguir tamén que o PP baixe. No debate eles levaron 3 propostas e nós 26, temos un programa moi completo que invitamos a todas as persoas a ler. Agora Rueda non quere volver vir a debater con nós. Como é posible que haxa un candidato á presidencia que non queira debater”, pregúntase a candidata polo Bloque. “Que non debata indica que non é demócrata”, engade Beiras. “É que o PP pensa que o país é patrimonio del, e o 18 temos que decidir se queremos que iso siga sendo así”, engade Noriega. “Si. E agora hai unha maioría que o 18 vai actuar conforme a iso”, asinte Beiras.

“A manipulación e guionización da TVG son unha falta de respecto, e non só de agora. Leva sendo así anos”, denuncia Noriega.

A defensa do público

Ademais da petición polo voto das persoas indecisas, durante toda a conversa fálase moito da defensa do público, tanto da sanidade e da educación como dos medios de comunicación. “A manipulación e guionización da TVG son unha falta de respecto, e non só de agora. Leva sendo así anos”, denuncia Noriega. “Os traballadores teñen medo, maltrátanos... e isto é propio de xente que pensa que os entes públicos son a súa propiedade. Porque van de patróns do país e dos nosos medios de comunicación públicos. Esa é outra razón para votar, que haxa unha televisión pública onde a xente poida informar con liberdade”, comenta. “E temos a oportunidade de que o número 300 sexa o último venres negro”, engade Pontón xerando un momento de emoción entre as persoas asistentes ao encontro. “Xa vale de que pensen que a maioría absoluta é gobernar con absolutismo e facendo cos nosos cartos públicos o que queren”.

“E o mesmo coa sanidade”, comenta Noriega. “A situación sanitaria é cada vez peor e somos os sanitarios os que a estamos sostendo. E todo iso mentres manipulan o que acontece”, denuncia o médico. “Pero a xente está xa moi frustrada con isto. Precisamos un goberno que loite polos servizos públicos e non polo enriquecemento duns poucos. Porque agora o dano é reparable pero vai ser lento”. “É que un poder que non respecta a vida dos cidadáns é un poder homicida, así de claro”, sentencia Beiras, provocando unha segunda ovación entre o público. “E o mesmo coa educación, co medio ambiente, co tema dos pellets...”, remata Noriega.

Pontón pecha o encontro pedindo o voto ao BNG e insistindo en que a cidadanía galega “se xoga máis que un goberno”. “Xogámonos como van ser as nosas vidas na próxima década. Votar é un superpoder e o 18 de febreiro temos que utilizalo. Pola sanidade, a educación, o feminismo, a xuventude, a vivenda, a nosa lingua, a nosa cultura...”, comenta. “En Galiza a primavera vai empezar o 18 de febreiro”.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Elecciones autonómicas
Elecciones catalanas Aliança Catalana refuerza la presencia de la extrema derecha en el Parlamento de Catalunya
A los once diputados de la ultraderecha españolista de Vox se suman dos escaños del partido islamófobo de Sílvia Orriols, que consolida el feudo del Ripollès y se expande.
Opinión
Elecciones autonómicas Hauteskundeen irabazleak, galtzaileak eta umezurtzak
Aldaketa giroko hauteskundeetan, ia guztiak irabazle Ezker Konfederalaren espazioa salbu. Galtzaileak betikoak, umezurtz politikoak, abstentzionistak, zalantzatiak edo eskola segregazioa jasaten dutenak.
EH Bildu
Elecciones vascas EH Bildu se abre a un pacto abertzale en campaña electoral que no convence al PNV
Los ofrecimientos de la izquierda abertzale han sido constantes estas dos semanas y, frente a ello, los jeltzales han mantenido una postura beligerante. En la práctica, ambos partidos se han entendido en distintas materias.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Filosofía
Brais Arribas, filósofo “Non se trata de empoderar senón de disolver o poder”
Durante a conversa, o profesor reflexiona sobre a saúde da filosofía galega, o poshumanismo, as novas masculinidades ou a experiencia da pandemia.