Elecciones autonómicas
Galiza e A Comunidade do Anel

O maior acerto do BNG nesta campaña electoral é a súa conexión coa nosa memoria mítica e o chamamento para sentirnos parte dunha aventura.
Ana Pontón, Xosé Manuel Beiras e Martiño Noriega conversan en Compostela
Ana Pontón, Xosé Manuel Beiras e Martiño Noriega conversan en Compostela (Fonte BNG)

En cantas consultas electorais votei xa? Trinta? Máis? E, con todo, sóbranme os dedos dunha man para contar as veces nas que o meu voto estivo en disposición de sumarse a unha transformación social. Sospeito que todos temos experiencias parecidas.

As alegrías electorais, as esperanzas de cambio cumpridas, son flores raras na biografía dunha persoa de esquerdas. Un pouco, como esas plantas efémeras que crecen no deserto e cuxas sementes poden estar décadas esperando baixo a area a pinga de choiva que as faga xerminar. Cando es de esquerdas e vaste facendo maior sabes que eses instantes máxicos danse moi poucas veces na vida e arrepínteste se algunha vez deixáchelos pasar.

Polo xeral, ocorre o contrario. Polo xeral, perdemos. Xa sexa polos nosos propios e recorrentes erros, xa sexa porque nos enfrontamos a forzas moi poderosas. Mesmo, ás veces, perdemos á mantenta. E vemos pasar esa onda de ilusión ao noso lado, recoñecémola...e aínda así decidimos non subirnos a ela. Embárganos unha especie de pulsión de morte e quedámonos no noso escuro cubil de frustracións e rancores, vendo o estalido colectivo dos demais como nenos enfurruñados que non queren participar nos aniversarios.

As derrotas fixéronnos desprezar o noso voto, malbaratarlo e degradalo

As derrotas fixéronnos desprezar o noso voto, malbaratarlo e degradalo. Ao cabo, case nunca serve para nada. Enfadados cos nosos propios ideais, que nos traizoaron tantas veces, usámolo para pagar vellas facturas de resentimento ou para apontoar a nosa identidade e poder mirarnos coma íntegros personaxes nunha inútil mitoloxía do perdedor de mil batallas. Pero de mozos non eramos así. Entón pensabamos que votando podiamos construír para todos unha vida digna de ser vivida. Votabamos con alegría e esperanza, imaxinando un futuro ilusionante.

Sobre isto reflexionaba cando escoitei a Ana Pontón dicir que “o voto é un superpoder”, e entendín moi ben a que se refería. A tratalo coa mesma veneración que cando, con 18 anos, usámolo por primeira vez e dirixiámonos á urna coa sensación de que todo era posible, de que o noso xesto tiña unha transcendencia extraordinaria.

Esta idea do superpoder, entón, relaciónanos con aquela inocencia prístina do noso pasado animoso e recupera a verdadeira esencia do acto de votar. Cando entendemos o voto deste xeito todo se transforma; as portas do posible ábrense e deixa de ser un rito máis ou menos inútil. Sentimos o peso de usar ese poder con responsabilidade e, coma se de heroes tratásese, somos convocados á aventura. Recibimos unha chamada nova que ecoa espertando vellos e bos soños, e imaxinámonos ao final do periplo nun futuro máis luminoso dicíndonos orgullosos a nós mesmos: “eu fun parte deste cambio”.

Pareceume percibir que unha emoción contida condensábase no aire e envolvía na súa brétema tanto aos rapaces de 20 como aos veteranos que roldaban os 90

Aínda así, pareceume percibir que unha emoción contida condensábase no aire e envolvía na súa brétema tanto aos rapaces de 20 como aos veteranos que roldaban os 90. Non debe de ser fácil gardar rancor a persoas tan extraordinarias como Noriega e Beiras. Percibín alivio e ganas de alborozarse. Como cando o teu corazón libérase dun peso escuro que o esmagaba.

Toda a escena mandaba mensaxes doutro tempo: a volta do fillo pródigo, a asemblea que une a mozas e a anciáns na tribo, Telémaco saíndo á procura do seu pai perdido, os abrazos longo tempo esperados, os vellos chistes, as vellas historias; e, no centro de todo, a heroína devolvendo a unidade ao que estaba roto.

Na mitoloxía cristiá a muller desfai o que antes era Un, crea a loita de contrarios, o masculino fronte ao feminino, o ben contra o mal, o ser humano se disocia da natureza. Pola contra, na mitoloxía que se nos propón nesta campaña é precisamente o feminino o que une, o que restaña, o que vincula ao ser humano co seu espazo físico, que é como se entende ese nacionalismo acolledor. E seica non é esta idea a que latexa no espírito dos tempos? Non falamos de mercados de proximidade, das comunidades de base, do comercio de proximidade, de responsabilizarse dos ecosistemas propios? Non soa todo cunha música parecida? E, indo máis aló, non é a idea que atopamos en todas as mitoloxías primitivas desde o nacemento da humanidade? A visión do espazo habitado como sacro, como parte indisoluble dun mesmo.

Cando vexo ás candidatas do BNG percorrendo a xeografía galega parécenme heroínas que batallan cantando

Esta narrativa mítica é moi distinta a outras que escoitamos no pasado recente. Porque nela desaparece o compoñente masculino épico de confrontación e conquista e substitúese por unha lírica alegre, como unha melodía que nos trae o aire anunciando unha festa próxima. Un lirismo que ten moito que ver coa tradición galega pero que tamén atopa ecos noutras culturas ancestrais, como na epopea do Kalévala, na que o seu heroe é un bardo que batalla co extraordinario poder da palabra e as cancións.

Nisto penso cando vexo ás candidatas do BNG percorrendo a xeografía galega, quizá exhaustas, pero saudándose alegres ao cruzarse nos seus roteiros sen perder o seu permanente sorriso. E iso parécenme, heroínas que batallan cantando.

Na gran saga da Terra Media, unha vez derrotadas as forzas da destrución, cada integrante da alianza volveu cos seus ás súas aldeas e reinos. As aguias aos ceos, os ríos aos seus leitos e as árbores ao oco espido das súas raíces. Cada un regresou aos seus ritos, as súas culturas, as súas visións, as súas crenzas e as súas tarefas tras compartir a aventura de defender o espazo común.

Na Galiza somos moitos os que escoitamos a petición de socorro que brota de todo o vivo. Moitos os que pensamos que o noso mundo merece outra cousa. E moitos os que sentimos chamados á aventura por esa melodía antiga que recupera o noso poder. O noso superpoder transformador.

Non fai falta que sexamos iguais, de feito...tanto mellor que non o sexamos! Basta con desexar habitar, xuntos e diversos, un lugar compartido onde a vida poida florecer.

É un chamamento que reverbera noutras mitoloxías do noso imaxinario. E xa pouco importa se es nacionalista ou non, que lingua fales ou que votaches anteriormente, porque a idea de que hai moitos modos de ser galego e que todos somos igualmente convocados, atravésanos. E dános a posibilidade de sentirnos integrantes dunha especie de Comunidade do Anel que une a todos os pobos da Terra Media contra o mal radical. Todas as razas, os aliados e os antigos adversarios, os guerreiros e os pequenos seres fráxiles, criaturas grandes e diminutas, as forzas da natureza e do inanimado, cooperan para defender na súa contorna as condicións que permiten a vida. Ata as árbores! Esas árbores vellas, lentos, que estaban antes que ningún, levántanse para protexer a súa terra e as súas raíces. E que votarían as árbores se puidesen votar?

Esta conexión coa nosa memoria mítica é sen dúbida o maior acerto da campaña electoral do BNG, e de aí provén a súa inmensa mobilización. O mito atravesa dun lado a outro a súa mensaxe. E mesmo alberga unha historia de renacemento e redención: a que se produce cando, nas súas horas máis negras, escindido e ao bordo do abismo, entregou o seu destino a Ana Pontón para insuflarle nova vida e iniciar a súa viaxe de renovación.

Pero non só. Porque o proceso da transformación simbólica non se consuma ata que se restaura a unidade perdida. E esta escenificouse hai uns días no acto no que Xosé Manuel Beiras e Martiño Noriega volveron integrar o corpo común. Tiven a oportunidade de velo e a sensación que me deu foi de estar fronte a un rito reparador. Pero un rito amable, natural, sen palabrería nin xestos ampulosos, exhibido só como un cálido diálogo de vellos amigos que se atopan tras moitos anos de distanciamento e que, en apenas uns segundos, parecen recuperar todas as complicidades pasadas.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Galicia
Galicia La TVG se gasta 839.772 euros en un programa de Miguel Lago y deja de emitir nuevas entregas tras hundirse en audiencia
El programa ‘O novo rei da comedia’ apenas llegó a los 36.000 espectadores de media en su estreno y cayó en picado en su hasta ahora última emisión al 3,4% de cuota de pantalla en una cadena que tuvo de cuota media en marzo un 8,1%.
Lugo
Lugo Os sindicatos esixen a Traballo que tome medidas no “peche patronal” de Sargadelos
O dono, Segismundo García, permitiu a entrada de case todo o persoal tras catro días do que cualifican de “chantaxe”. Desde CCOO e CIG denuncian que este mércores “ignorouse a 12 traballadores”.
Galicia
Galicia Los sindicatos exigen a Trabajo que tome medidas en el “cierre patronal” de Sargadelos
El dueño, Segismundo García, ha permitido la entrada de casi toda la plantilla tras cuatro días de lo que califican de “chantaje”. Desde CCOO y CIG denuncian que este miércoles se ha “ninguneado a 12 trabajadores”.
Palestina
Genocidio Israel sigue atacando hospitales, la ONU habla del peor momento en los 18 meses de asedio
No hay tregua en Gaza, donde Israel ha recrudecido las matanzas y sigue sin permitir el acceso de alimentos y productos de primera necesidad. La ONU denuncia asimismo el asesinato de más de 70 civiles en Líbano.
Grecia
Grecia Frontex pone de nuevo la mirada en Grecia
En enero de 2025 el Tribunal Europeo de Derechos Humanos acusó a las autoridades griegas de llevar a cabo devoluciones forzadas de manera sistemática.
O Teleclube
O Teleclube 'Sorda' o debut persoal de Eva Libertad chega a 'O Teleclube'
A directora murciana estrea a súa ópera prima ao carón da súa irmá e protagonista, Mariam Garlo.
Crisis climática
Balance climático El Mediterráneo se consolida como zona especialmente vulnerable al cambio climático
Las víctimas de la dana suponen dos tercios de las muertes por fenómenos extremos en Europa en 2024, según un informe conjunto de Copernicus y la Organización Meteorológica Mundial que hace un balance climático del continente el pasado año.
Opinión
Opinión La coherencia de las políticas de Trump
No se pueden entender los aranceles de Trump sin su lucha por el control de los recursos minerales, sin Groenlandia, Ucrania o la República Democrática de Congo.
Comunidad de Madrid
Memoria histórica Contra la basura y el olvido: tras la pista de los cuerpos y de la memoria de los brigadistas internacionales
El Salto acompaña a un contingente internacional de políticos, políticas y activistas en una ruta en memoria de los brigadistas internacionales que acudieron a luchar a España contra el fascismo, en un ejercicio inspirador para el presente.

Últimas

Barcelona
Barcelona Activistas de los derechos humanos piden la retención de un barco dispuesto para armar a Israel
La naviera Maersk está transportando estos días componentes para los cazas F-35. El Estatuto de Roma sobre genocidio contempla acciones legales contra las empresas que favorecen las masacres.
Partidos políticos
CIS de abril La ultraderecha recorta votos al PP arrastrada por el efecto Trump
El barómetro de abril vuelve a situar al PSOE como fuerza más votada. La izquierda española sigue su contienda por todo lo bajo.
El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.
Comunidad de Madrid
Educación El Gobierno de Ayuso deberá pagar 1.000 euros a una profesora por el exceso de horas lectivas
Según CCOO, hasta 6.500 profesoras y profesoras se podrán acoger a esta sentencia que supone una penalización a la Comunidad de Madrid por el exceso de horas extras que realiza el profesorado.
Ayuntamiento de Madrid
Huelga de basuras Huelga indefinida de basuras en Madrid desde el 21 de abril tras romperse las negociaciones
Los representantes sindicales fuerzan el paro para obligar a las empresas subcontratadas por el Ayuntamiento a escuchar sus propuestas. El Ayuntamiento fija servicios mínimos del 50 %.

Recomendadas

Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.
República del Sudán
Sudán Cara a. Un Sudán en guerra
Se cumplen dos años de una guerra que ya deja más de 13 millones de personas desplazadas y más de ocho millones de sudaneses al borde de la inanición.
Galicia
Galicia La TVG se gasta 839.772 euros en un programa de Miguel Lago y deja de emitir nuevas entregas tras hundirse en audiencia
El programa ‘O novo rei da comedia’ apenas llegó a los 36.000 espectadores de media en su estreno y cayó en picado en su hasta ahora última emisión al 3,4% de cuota de pantalla en una cadena que tuvo de cuota media en marzo un 8,1%.
Globalización
Crisis del multilateralismo El terremoto Trump sacude las instituciones del orden mundial y la “globalización feliz”
Muchas de las instituciones que marcaron la vida internacional desde la caída del Muro han entrado en crisis. ¿Todas? No, especialmente aquellas que intentan regular los derechos humanos, de los pueblos y de la naturaleza.