Elecciones
Sumar Galicia rexístrase como partido propio e coloca ao profesor Paulo Carlos López como voceiro

A deputada de Sumar Galicia no Congreso dos Deputados, Verónica Martínez, vén de rexistrar esta mesma mañá Movemento Sumar Galicia como partido político no Ministerio do Interior. Movemento Sumar Galicia nace así como unha organización galega autónoma que estará federada con Movemento Sumar a nivel estatal. Dende o partido explican que aspiran a aglutinar a “intelixencia colectiva das moitas persoas que conforman este movemento e que comparten un proxecto de país aberto e inclusivo, construído desde o diálogo e a escoita”.
Coa vontade de “sumar forzas con outros actores”, Movemento Sumar Galicia nace como unha forza centrada nas “políticas públicas útiles”, co obxectivo de descadrar o taboleiro e ser o imprescindible detonante do cambio político en Galiza. “O partido pretende ofrecer ás galegas e galegos outro horizonte: un horizonte de seguridade que garanta vidas dignas, tranquilas, con tempo e felices”, explican dende o partido. É por iso que, nos próximos días, darán a coñecer unha comisión promotora formada por galegos e galegas de procedencias diversas, pero co obxectivo común de “contribuír de maneira decisiva a gañar a próxima década como país”.
As máis de 3.500 persoas inscritas en todo o país veñen de recibir, na mañá de hoxe, unha carta asinada por quen exercerá como portavoz da promotora, Paulo Carlos López, na que se compromete a “seguir tecendo a esperanza e a ilusión que xa está a transformar, con políticas públicas útiles, a nosa realidade cotiá”. Desde a promotora, cuxa composición se coñecerá nos próximos días, apelan “á unidade de todas as persoas e organizacións que compoñen este espazo político”. “Nunca renunciamos e nunca renunciaremos á unidade”, afirmou esta mañá o portavoz nacional, Paulo Carlos López López.
O rexistro de Movemento Sumar Galicia supón un paso fundamental para concorreren ás vindeiras eleccións ao Parlamento de Galicia. No partido son conscientes da xanela de oportunidade histórica que se abre no noso país e inician un camiño que require de toda a enerxía, mobilización e organización para estaren en condicións de ser alternativa de goberno ao PP. “Movemento Sumar Galicia nace para gobernar este país e queremos contar con todos os galegos e galegas coa única vontade de que a esperanza se abra paso en Galicia cun cambio de goberno”, sinalou Paulo Carlos López.
A investidura do novo goberno de coalición progresista no Estado permitirá dar cumprimento ao acordo de goberno asinado entre Sumar e o PSOE. Un acordo programático que permitirá seguir mellorando as condicións materiais de vida das persoas grazas a unha ambiciosa axenda social e territorial. Grazas a ese acordo, centos de miles de galegos e galegas traballarán menos e cobrarán máis. A redución da xornada laboral, o aumento do SMI e a reforma do despedimento serán só o comezo dunha transformación que tamén pasa por un claro compromiso de avance no autogoberno galego.
Relacionadas
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
Altri
A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
El Salto n.79
A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
AGANTRO
O desprazamento forzoso en Chiapas: metáfora da vida núa
Altri
Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
Últimas
El Salto n.79
Galicia dice 'no' al capitalismo verde y en el último número de la Revista El Salto te lo contamos
Orgullo
O Orgullo Crítico enche de diversidade e de humanismo Galiza: “Transfeministas con Palestina”
O Teleclube
'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
A Catapulta
O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
O Teleclube
'O Teleclube' pecha a temporada cos supervivintes de '28 anos despois'
Recomendadas
Medio rural
A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Feminismos
Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Migración
A veciñanza mobilízase para acoller migrantes tras o peche de centros de Rescate Internacional en Galiza
Ourense
Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.
Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!