O voto desde o estranxeiro e outras claves das eleccións galegas

Unha análise das tendencias de voto por densidade de poboación, renda e orixe en vésperas das eleccións do 18 de febreiro.
17 feb 2024 06:00

Este domingo, 18 de febreiro, celébranse eleccións autonómicas en Galiza. O PP enfróntase á posibilidade de perder a maioría absoluta que mantén desde 2009, e isto permitiría a formación dun goberno de esquerdas. Neste artigo analizamos os resultados electorais da historia recente de Galiza, especialmente os últimos de 2020, para comprender o comportamento da poboación nas urnas segundo diferentes variables: como afecta a renda no voto, cales son as diferenzas entre o voto rural e o urbano, ou de que xeito se transfiren votos entre partidos. O obxectivo, máis que realizar unha predición electoral, é entender as fortalezas e as debilidades de cada formación política no territorio.

Para esta fin, revisamos os resultados electorais recentes recompilados no SEA Database polo Grupo de Investigación en Procesos Electorais e Opinión Pública (GIPEyOP) da Universitat de València, así como datos demográficos procedentes do Instituto Nacional de Estatística (INE), cruzando información de voto e outras variables a nivel de concello, distrito e sección censal. O procedemento de análise, centrado en agrupar a poboación en decís de menor a maior renda, densidade demográfica, etc. e ver se estes grupos comparten características, foi semellante ao xa realizado noutros artigos publicados en El Salto.

Todos os mapas e gráficos son interactivos, polo que é recomendable premer sobre os diferentes elementos para destacar información, ver datos ou ampliar mapas.

Desde comezos de século, Galiza leva experimentando un aumento constante da abstención. Con todo, é frecuente que a presentación dos datos sobre eleccións exclúa este fenómeno. Os partidos, tanto de esquerda como de dereita, perden votos en cada novo proceso electoral. Aínda que o PP sexa o partido dominante, ten perdido votos ao igual que as demais forzas políticas. Nas últimas eleccións, a abstención chegou ao 50 %.

Cabe preguntarse tamén se ten habido transferencia de apoio nas urnas entre o BNG e as Mareas/Anova. Se observamos a perda de votos por distrito, os datos indican que entre 2016 e 2020 houbo unha recuperación do BNG despois dos votos perdidos en favor das Mareas/Anova en 2012. Neses catro anos, a perda de votos de En Marea en favor do BNG prodúcese en todos os distritos. Ademais, aprécianse coincidencias entre estes ao seren agrupados segundo o apoio recibido por En Marea en 2016.

É difícil prognosticar se os votos restantes que recibiu Galicia en Común en 2020 continuarán en Sumar ou pasarán a outras formacións. Tendo en conta que a transferencia de voto analizada é tan perfecta, non é doado ter certezas nisto.

Se agrupamos o voto nos comicios de 2020 segundo a renda das seccións electorais, atopamos un resultado rechamante en comparación con outros territorios da xeografía estatal xa estudados. O voto cara á dereita non medra coa renda, senón que parece indiferente a esta variable (exceptuando as rendas máis altas, que si prefiren a dereita con diferenza). Respecto da esquerda, pola contra, o voto si medra coa renda e a abstención tende a diminuír, aínda que esta é unha relación máis ben sutil. Se consideramos a densidade de poboación, non obstante, observamos tendencias máis claras.

En termos xerais, a esquerda galega medra máis nas áreas con niveis medios de densidade poboacional no caso do BNG, e altos no caso do PSdG-PSOE, mentres que o PP ten máis apoio en zonas predominantemente rurais.

De feito, en 2020 foron as áreas metropolitanas do país –Vigo-Pontevedra e Ferrol sobre todo, con notable contribución dalgúns distritos da Coruña e Compostela– as que concentraron o apoio á esquerda. Así pois, a representación do PP no mapa pode levar a engano, xa que o voto progresista está concentrado nuns poucos distritos urbanos e o apoio conservador é máis disperso e rural.

Se dividimos os distritos galegos por grupos de renda, podemos apreciar que varias das cidades que dan o seu voto á esquerda son de renda alta. Así e todo, se se preme nestes distritos para ver os datos queda constatado que esa renda alta só o é no contexto de Galiza, xa que o seu nivel de renda é inferior ao estatal. Deste xeito, as rendas medio-altas galegas poden considerarse medio-baixas en termos de renda media española. Este factor explica a proximidade de voto entre os decís fóra dos extremos de renda.

A estratexia vitoriosa para a esquerda depende necesariamente da súa capacidade para reforzar esas áreas urbanas, gañar presenza nas rurais ou unha combinación de ambas. Con todo, outra cuestión a ter en conta é o voto desde o estranxeiro.

Nos últimos comicios autonómicos, máis de 450.000 electores e electoras, aproximadamente un 20 % do censo, residían fóra de Galiza. Os datos, con todo, indican que só unhas 5.000 desas persoas exerceron o seu dereito a voto. As causas son diversas, pero os resultados históricos amosan que a participación desde colectivo non sempre foi tan baixa: antes de 2012, o voto desde o estranxeiro variaba entre o 25 % e o 35 %, segundo o ano.

Entre as eleccións de 2009 e 2012, a introdución do sistema de voto rogado dificultou a participación do electorado galego no estranxeiro. Coa retirada do voto rogado en 2022, as deste domingo serán as primeiras eleccións galegas desde 2009 sen este requerimento. Agárdase un incremento da participación electoral desde o estranxeiro, así que partidos como o PP estenderon a súa campaña alén das fronteiras. Arxentina, que concentra preto dun terzo do censo electoral galego fóra do país, foi o principal destino desta campaña de captación de votos.

O efecto da retirada do voto rogado non é doado de prognosticar. Pensábase que esta reforma, promovida polo PP a nivel estatal, prexudicaría á esquerda pola penalización da poboación emigrada a consecuencia da crise económica de 2008, que se percibía como progresista. Mais nas eleccións xerais de 2023, o voto en Galiza aumentou en comparación coas xerais previas (lixeiramente, ata un 6%) e foi máis favorable á dereita.

O resultado nas xerais, con todo, non sempre é representativo do resultado nas autonómicas: de feito, non coincide desde hai anos, como se pode observar no gráfico anterior. Así e todo, nun contexto de máximo equilibrio de forzas entre os bloques de dereita e esquerda, o voto desde o estranxeiro pode marcar a diferenza. A tendencia cara á dereita dese voto, aínda que sexa minoritario, pode ter un efecto radical.

Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...

CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
AGANTRO
O desprazamento forzoso en Chiapas: metáfora da vida núa
Conversamos coa investigadora América Navarro sobre o desprazamento forzoso en Chiapas.
Altri
Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Salto medra contigo
O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Orgullo
O Orgullo Crítico enche de diversidade e de humanismo Galiza: “Transfeministas con Palestina”
Crónica visual de como unha enorme multitude encheu de diversidade o centro da cidade de Vigo.
O Teleclube
'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria
O Teleclube
'O Teleclube' pecha a temporada cos supervivintes de '28 anos despois'
Danny Boyle e Alex Garland volven ao mundo dos infectados que inspirou o renacemento dos 'zombis'.

Recomendadas

Medio rural
A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Migración
A veciñanza mobilízase para acoller migrantes tras o peche de centros de Rescate Internacional en Galiza
Tras o progresivo desmantelamento de varios dispositivos de acollida, moitos refuxiados foron trasladados a outros puntos do Estado sen aviso previo. Outros son simplemente desaloxados trala denegación da súa solicitude de asilo.
Ourense
Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...