Electricidad
Eléctricas en Galiza, negocio redondo

Se hai un sector económico digno de análise, ese é o enerxético. As súas implicacións non só en termos de xeración de valor e emprego, senón para o conxunto dunha economía e o seu desenvolvemento, son fundamentais. Ademais, o impacto directo que teñen sobre a cidadanía as decisións de política enerxética, dende a pobreza enerxética até as medidas para mitigar o cambio climático, son indubidables.

20 feb 2018 06:24

En contraposición ao que adoita crerse, Galiza é fortemente importadora de enerxía primaria, é dicir, aquela enerxía que se atopa na natureza antes da súa transformación. Para facernos unha idea da nosa dependencia enerxética, na última década tivemos que importar entre o 77% e o 85% da enerxía primaria empregada en Galiza. Basicamente, pola importación de derivados do petróleo, carbón e gas natural.

Este elemento é fundamental en dous sentidos: somos moi dependentes dos combustibles fósiles e, ao mesmo tempo, estamos moi lonxe de acadar a nosa soberanía enerxética, asumindo un grao de dependencia abafante na nosa xestión enerxética. Nun mercado tan complexo como o enerxético, e cuns actores (tanto Estados como grandes empresas) con intereses diversos, asumir que debemos depender das súas decisións é un forte erro.

Aínda que Galiza exporta o 40% da electricidade que consumie, Madrid precisa importar máis do 90% do seu consumo

Non obstante, e pese a esta elevada dependencia de enerxía primaria, somos fortes exportadores de electricidade. É dicir, Galiza actúa como intermediaria para a transformación de enerxía primaria en electricidade para abastecer ao resto do Estado. Non é casual que no noso territorio contemos cunha regasificadora (Mugardos), unha refinería (A Coruña) e dúas grandes centrais térmicas de carbón (As Pontes e Meirama), unido a centrais térmicas que tamén empregan gas (Sabón) e unha chea de centrais hidroeléctricas por toda a nosa xeografía que asolagaron moitas das terras máis produtivas das comarcas afectadas.

Hidroeléctrica Galiza
Endesa explota a central hidroeléctrica do río Eume. Pablo Santiago

Nese sentido, a historia simplemente se repite co sector eólico: primeiro foron os encoros, posteriormente o carbón e na actualidade os parques eólicos os que se introducen con forza en Galiza. A política enerxética do Estado dende o asalto ao poder do goberno fascista pasou por reforzar os grandes polos industriais españois —en particular, Madrid—, mentres a periferia do Estado abastecía de electricidade estes territorios. Caída a ditadura, esta estratexia nunca foi revisada.

O resultado, sete décadas despois, é que na actualidade Galiza exporta un 40% da electricidade que produce, unha cantidade verdadeiramente elevada. Hai que ter en conta, ademais, que case un 20% da produción eléctrica galega é absorbida directamente pola fábrica de Alcoa en San Cibrao. É dicir, que na actualidade a produción eléctrica galega vai nun 40% cara ao exterior e nun 20% a unha única planta industrial. O 40% restante é o consumo eléctrico do resto de Galiza. Dende logo, unha estrutura enerxética pouco usual.

Papel enerxético subsidiario

É moi curiosa a situación da produción e do consumo eléctrico no Estado. Aínda que nós exportamos o 40% da electricidade que consumimos, Madrid precisa importar máis do 90% do seu consumo, sendo un verdadeiro deserto enerxético.

Ás veces dende institucións galegas deféndese esta situación, porque o noso grao de especialización no sector enerxético permítenos hoxe contar con infraestruturas do sector e xerar emprego a través del. O certo é que o sector enerxético non xera moitos postos de traballo —unha vez as minas de carbón desaparecen o certo é que moitos dos procesos relacionados coa enerxía están xa automatizados— e ademais non produce demasiados retornos cara a Galiza, en particular porque as grandes empresas que operan aquí non son galegas, polo que nin os beneficios de pagar impostos no territorio nos quedan.

Central térmica de Meirama
A central térmica de Meirama, propiedade de Gas Natural Fenosa, produce electricidade a partir da combustión do carbón. Jessica Uzal

O relevante dun sector enerxético forte pasa por aproveitar as oportunidades que podería brindarnos mediante abaratamento dos custos enerxéticos, o cal sería positivo para a economía familiar e o desenvolvemento industrial. Pero na actualidade a tarifa eléctrica é obrigatoriamente única (cos seus matices, que despois veremos) e pagamos o prezo máis caro da gasolina do Estado.

Peso das enerxías renovables

Na actualidade, case o 80% da enerxía primaria empregada en Galiza provén de fontes contaminantes. Particularmente, o enorme peso dos combustibles para o transporte provocan esta situación. Porén, non todo son malas novas: en canto á produción eléctrica, Galiza é dos maiores produtores mediante renovables do Estado.

Na última década, as enerxías renovables representaron sempre entre un 46% e un 67% da produción eléctrica total, o que nos converte nunha referencia mesmo a nivel internacional. Contamos con maior enerxía primaria renovable que o Estado, e case duplicamos a media mundial de uso renovable. Por desgraza, ese proceso de transición enerxética está paralizado, sen reducir o consumo de derivados do petróleo para o transporte e sen continuar desenvolvendo fontes renovables para a produción de electricidade.

O elevado peso renovable na produción eléctrica débese fundamentalmente a dúas tecnoloxías: a hidroeléctrica, que aínda na actualidade ten un peso importante na estrutura da produción eléctrica galega e, aínda que en maior medida, o enorme desenvolvemento eólico levado a cabo en particular na década do 2000, unha industria que se puido converter en estratéxica por volume de negocio, xeración de emprego e capacidade de innovación.

paralización eólica

E dicimos debería porque dende o ano 2009 o sector foi totalmente paralizado. Unha vez se produce o cambio de goberno na Xunta e Feijoo chega ao poder, desenvólvese unha estratexia de desmantelamento dos principais eixos do goberno bipartito anterior. En materia industrial, o concurso eólico foi o gran cabalo de batalla.

Aeroxeradores Corzal, Negreira Aerogeneradores Molinos Molino eólica eolica
Muiños de vento no parque eólico de Corzal, no concello de Negreira. Pablo Santiago

A intrahistoria do concurso eólico do bipartito é complexa. O BNG desenvolveu o concurso dende a Consellería de Industria, sendo precisa a colaboración doutras tres consellerías. A firme oposición ao concurso dende Medio Ambiente, naquela altura controlada polo futuro líder socialista Pachi Vázquez provocou numerosos desencontros entre o Goberno, que foron aproveitados polo PP para minar a credibilidade do proxecto.

Finalmente, o proxecto é aprobado: por vez primeira íase realizar un concurso para o desenvolvemento de novos parques industriais, con obriga de participación pública (aínda que minoritaria) nos proxectos, que xerarían uns 10.000 empregos. Así, garantíase un proceso con maior transparencia e uns ingresos públicos calculados nuns 73 millóns de euros ao ano. Unha vez finalizado o concurso, un 50% dos proxectos foron adxudicados a empresas que non formaban parte do oligopolio eléctrico, algo que nun sector tan concentrado non sentou nada ben.

A dicir verdade, o concurso eólico significaba un punto de inflexión na evolución enerxética, pero tampouco era un plan revolucionario, senón un primeiro intento de racionalización do sector para garantir o seu desenvolvemento. De tódolos xeitos, o ataque dende a dereita foi esmagador, sendo a súa suspensión unha das primeiras medidas polo novo goberno do PP.

O novo concurso tivo como consecuencia que o 80% das novas adxudicacións volveron ao oligopolio, desapareceu a participación pública e polo tanto os ingresos derivados dos proxectos e, o que é verdadeiramente grave, paralizou por completo o sector durante case unha década. No ano 2007, con 3.000 MW instalados, calculábase un crecemento até o ano 2014 do 85%, sendo o crecemento real un 10%. En termos de emprego, daqueles 10.000 empregos iniciais, chegouse escasamente a 1.000. Un verdadeiro fracaso de política industrial.

A desfeita da anulación do concurso eólico non tivo impacto só no emprego e no sector, senón que se provocaron consecuencias xurídicas. O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza declarou legal o concurso do bipartito, o que supuxo ademais que a Xunta lles tivese que pagar até o momento ás empresas afectadas máis de tres millóns de euros. É dicir, ao final cartos públicos para as empresas afectadas mentres o sector fica paralizado. O negocio redondo.

Potencial enerxético

Neste escenario, Galiza conta con moito potencial dada a súa situación. En particular, o aproveitamento da súa produción eléctrica podería ser un mecanismo para o descenso da tarifa eléctrica, suavizando os problemas de pobreza enerxética e favorecendo a competitividade do tecido industrial galego. O Estado conta con mecanismos moi simples para rebaixar a tarifa: en primeiro lugar, mediante o descenso do IVE do 21% ao 4%.

Curiosamente, o Goberno de Rajoy, tan liberal para algunhas cousas, nega calquera rebaixa do IVE porque implica reducir a recadación necesaria para o pago da débeda pública. É dicir, que se prioriza pagarlles aos bancos en lugar de que a cidadanía poida pagar a factura da luz.

Refinería en A Coruña
Refinería de petróleo en A Coruña. Pablo Santiago

Ademais, é preciso o desenvolvemento dunha tarifa eléctrica galega, que faga xustiza a unha situación que historicamente nos prexudicou. O sistema dunha tarifa única para o Estado, aprobado por Franco no ano 1951, nunca foi revisado, dando lugar a que os territorios produtores de electricidade lles subvencionemos a electricidade aos territorios consumidores, que son os máis ricos. Ao mesmo tempo Galiza ten que sufrir as externalidades negativas en forma de expropiacións, contaminación ou asolagamento de terras.

Ademais, é fundamental que se modifique a lóxica actual de mercado sobre o consumo eléctrico. Hoxe en día a electricidade é un ben básico tan relevante como a vivenda ou a alimentación, e polo tanto non pode estar suxeito a esta lóxica. Así, a evolución de prezos en base á procura de beneficios e sen ningún tipo de criterio social provoca que un 18% dos fogares galegos estean en risco de caer en situación de pobreza enerxética. É dicir, en dous de cada dez fogares galegos non sempre se pode acender a calefacción se vai frío, porque non hai recursos para pagala. Unha situación, simplemente, inaceptable.

Por suposto, é fundamental continuar traballando a prol dunha transición enerxética, que evite a forte dependencia exterior de combustibles fósiles, apostando por outro tipo de tecnoloxías non contaminantes e que nos permitan unha maior independencia na toma de decisión enerxética como país.

Portas xiratorias

O sector eléctrico, unido ao da construción e ao sector bancario, é un dos maiores lobbies de poder que existe no Estado español. Os consellos de administración das grandes empresas eléctricas manteñen en nómina a múltiples ex-ministros, tanto do PP como do PSOE.

Os casos de máis sona, o de Felipe González como asesor de Gas Natural Fenosa e o de José María Aznar como asesor de Endesa, despois de ser o artífice da súa privatización. As portas xiratorias son unha constante, polo que é difícil pensar que a toma de decisións políticas non están condicionadas por este tipo de prácticas en beneficio das grandes empresas en lugar de pensar nos consumidores. 

Arquivado en: Galicia Electricidad
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Análisis
Energía El apagón de la liberalización: cómo el mercado eléctrico ha fallado a la ciudadanía
La liberalización no ha cumplido ninguna de sus promesas y ha generado riesgos estructurales para la economía, el medioambiente y la cohesión social
Opinión
Opinión Provoquemos la próxima interrupción
Lo que nos resta es gobernar el apagón que habrá de venir, ser la causa colectiva de las próximas interrupciones, aquellas que lleven al fin de este mundo desbocado y sin sentido.
Electricidad
Apagón Pedro Sánchez: los protocolos de emergencia siguen activos y se abrirá una investigación
El presidente del Gobierno ha comparecido ante los medios de comunicación tras presidir la reunión del Consejo de Ministros para explicar las cuestiones abordadas en relación con la crisis eléctrica.
Xoán
24/2/2018 11:28

Entre as externalidades negativas, está a contaminación do aire, que provoca un incremento de enfermidades, e de gasto público sanitario. Curiosamente, temos q pagar os galegos case 5 centimos mais por litro de gasolina, polo imposto sanitario, cando debería pagalo a industria que produce a contaminación e non os sufridores habitantes.

0
0
#8952
22/2/2018 20:06

Moi completa e necesaria reportaxe.

1
0
Uruguay
Muere Mújica Muere José Mujica: el descanso del guerrero
La muerte de Pepe Mujica hará aumentar sin duda la leyenda que rodeó durante tantos años al viejo guerrillero tupamaro convertido en presidente de Uruguay, pero no todos serán elogios.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'Os Pecadores' loitan contra montruos reais e mitolóxicos no novo episodio de 'O Teleclube'
O dúo do director Ryan Coogler e o actor Michael B. Jordan estrean unha película sobre a experiencia afroamericana cunha ameaza sobrenatural engadida.
Laboral
Laboral Los trabajadores de Bridgestone tendrán que decidir sobre la última oferta de la empresa
Reducen en 103 despidos el ERE de la multinacional, fomentan las prejubilaciones y se comprometen a asegurar la producción en las dos plantas afectadas en Cantabria y Bizkaia.
Energía
Límites planetarios Reducir el consumo energético, el debate olvidado (e incómodo) del gran apagón
España proyecta un 43% de aumento de consumo eléctrico en los próximos cinco años. Especialistas opinan que la electrificación de la demanda, clave para abandonar los combustibles fósiles, tiene que ir acompañada de la suficiencia energética.
Más noticias
Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Vecinas de Madrid convocan otra gran manifestación por la sanidad pública
El próximo 25 de mayo la plataforma Vecinas y Vecinos de Barrios y Pueblos de Madrid organiza otra gran marcha contra la política sanitaria del Gobierno de Ayuso.
Palestina
Palestina Imputan a dos capitanes de buque implicados en el comercio de armas con Israel
El Juzgado de Instrucción nº 6 de Barcelona investiga la implicación de la naviera Maersk en el suministro de armas al ejército israelí y le requiere que identifique a dos capitanes.
Sanidad pública
Sanidad Pública España necesita 100.000 enfermeras para alcanzar la media europea
Casi un 40% de enfermeras manifiesta que dejará la profesión en los próximos 10 años. Son datos del Ministerio de Sanidad y las profesionales exponen las razones: falta de conciliación y contratos precarios.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Pensamiento
Michael Hardt “La respuesta a Trump no debe ser volver a la normalidad”
Pensador estadounidense y colaborador de Antonio Negri en algunas de sus mejores páginas, el filósofo Michael Hardt ha seguido dedicando su trabajo a la idea y a las prácticas del común.
Estados Unidos
Roberto Montoya “Nos dicen que hay que armarse contra Putin cuando el mayor peligro para el mundo es Trump”
Más Donald Trump que nunca, el multimillonario ha regresado para terminar lo que no pudo hacer en su primer mandato. El periodista Roberto Montoya bucea en el personaje y su contexto en el libro ‘Trump 2.0’ (Akal, 2025).
Cine
Cine Colectivo y sin autor: breve historia de otro cine
La película ‘Una isla y una noche’, autoproducida y autodistribuida por el colectivo francés Piratas de Lentillères, es la puerta de entrada para recordar otros modos de hacer cine, alejados de la firma de autor y los grandes estrenos.