We can't find the internet
Attempting to reconnect
Something went wrong!
Hang in there while we get back on track
Non hai reunión de vellos camaradas en que algún non lembre unha anécdota do meu amigo H. Durante unha cea, o H. miraba de esguello a última croqueta que quedaba na bandexa. Ata que, tras un intre de meditar, se decidiu, colleu un coitelo, cortouna pola metade, comeu unha parte e deixou a outra. Poucos minutos despois, coa admirable destreza dun cirurxián, cortou de novo separando a metade da metade, comeuna e deixou a fracción restante. Cando ía facelo por terceira vez, alguén díxolle burlón: “Pensas chegar até o átomo?”.
Algúns dos incombustibles secundarios da política galega lembran demasiado á croqueta do meu amigo H. Protagonistas de escisións de escisións, que foron á súa vez escisións doutras escisións, cabalgando dunha sigla a outra no que sería unha nova versión das “portas xiratorias”, recitan o seu cada vez máis extenso responso de fracasos dos cales nunca son responsables, autonomeadas vítimas de purgas, conspiracións e incomprensións en que os malos sempre son os outros; os egoístas, os outros; os intolerantes, os outros. E aí seguen, eternos, facendo do fraccionamento e da discordia a característica máis definitoria da súa traxectoria política que sería, en verbas de Sebald, unha “Historia natural da destrución” e en verbas de Siniestro Total un “pueblos del mundo, escindíos, dejad que continúe la evolución...” De feito, cando falan de buscar a “unidade” poderiamos dubidar se están a referirse ó UN primordial, ó mínimo indivisible da materia. Cabería preguntarlles tamén: “Pensas chegar ate o átomo?”.
Hoxe, son estes estudosos da división molecular os que sosteñen e alentan unha desapiadada campaña de acoso contra a deputada Paula Quinteiro, utilizando como coartada uns feitos que sorprenden pola súa insignificancia. Quinteiro viuse implicada nun banal suceso nocturno. Ó parecer un policía tratou con agresividade inxustificada unha das persoas que a acompañaban e ela intercedeu mostrando a súa acreditación. Sobre a persoa agredida non recaeu ningunha acusación nin investigación posterior. O pasar dos días non trouxo novos datos que alimentasen o “escándalo”. Ó contrario, foron chegando informacións que cuestionaban o proceder do axente.
Non había máis combustible para manter o caso ata que chegaron os pirómanos dos propios compañeiros e compañeiras de Paula Quinteiro.
Se hai outro exemplo mellor de tonto útil estou aberto a escoitala. De entre todos, mención especial ás delirantes palabras de Beiras, quen afirmou que Quinteiro deixara “de actuar na sociedade como persoa que representa a xente máis agredida deste país”, cousa que el debe facer “full time”.
Demencias á marxe, que tería que ter feito Paula Quinteiro? Deixar que a policía acosase alguén que xulgaba inocente? Fuxir de alí disimuladamente? Iso sería máis digno? Ocultar a súa condición de deputada para que logo se lle puidese acusar tamén precisamente diso? Por máis que me esforzo non son capaz de atopar conflito ético no seu comportamento. Como moito, e sería moi discutible, podería aceptar unha certa inxenuidade ou falta de experiencia. Mais non é desproporcionado que isto sexa suficiente para pedir a súa dimisión?.
Noutras ocasións foise bastante máis magnánimo con estes pecados. No debate electoral das pasadas eleccións, Villares ofreceu unha imaxe pobrísima, a anos luz de Ana Pontón e competindo coa representante de Ciudadanos por ser o peor da noite. As súas prestacións foron tan mediocres que ata os seus defensores tiveron que desculpalo pola súa “falta de experiencia”. A súa impericia si tivo unha consecuencia moi transcendente no resultado electoral. Mais non houbo dimisións. Semella que para unha muller nova rexen outros baremos que non rexen para homes ben relacionados. Por outra banda, a un espazo tan masculinizado como En Marea -que lle deixou ó BNG o honor de presentar a primeira aspirante á presidencia muller- a guinda que lle faltaba era botar con malas artes unha muller para, saltando a paridade, incluír a un home.
O colmo do fariseísmo foi o cínico correo electrónico que enviou o Consello das Mareas no cal se xustificaba a petición de dimisión polo ruído mediático que eles mesmos contribuíran a engrandecer. Mentres enumeraban as grandes virtudes da deputada e o “inxusto” da súa situación deixaban caer que non actuara con limpeza nin rectitude e que non era aceptable que puidese desfrutar de “privilexios” pola súa condición. Supoño que se refiren ó privilexio de ter regueifas coa policía. Se chego saber que se gozaban de tales prebendas, eu mesmo me tería presentado ás primarias de En Marea.
Primarias, por certo, que dotan ó mandato cidadá de Paula Quinteiro dunha lexitimidade da cal non pode gabarse o Consello das Mareas que pide a súa dimisión. As miles de persoas que participaron nalgúns dos procesos polos cales chegou a ser deputada, referendado o seu nomeamento por máis miles aínda de votantes nas eleccións, contrastan moi vivamente coa total falta de lexitimidade deste Gran Sanedrín que é o Consello das Mareas. Este órgano foi elixido nunha asemblea, o Plenario, en que sería máis xusto contar os seus asistentes por ducias que por centos. No Plenario non participa nin un só dos referentes dos espazos do cambio e convértese unicamente nunha ocasión para que Beiras, ante un paraninfo semibaleiro e para uns cantos militantes anónimos, lles rife a todos os demais por non estar onde el ordena que hai que estar.
Incluso os alcaldes das tres cidades foxen como da peste dun organismo do cal aínda se espera a primeira palabra sobre a situación de Galicia e dos galegos e que só serve para mostrar disputas permanentes. Non resulta estraño que cargos electos que basean o seu día a día en tecer complicidades e consensos non queiran ser relacionados con espazos que unicamente xeran camorra. Tampouco resulta estraño que estean molestos co modo de tratar este asunto que, a día de hoxe, ten como único logro ensuciar o nome dunha deputada, exhibir de novo divisións e deixar unha vez máis a Villares en evidencia, e facer patente a súa condición de monicreque e cadáver político. Chantaxeado e obrigado polos seus apoios no Consello, a súa ridícula intervención no Parlamento pedindo “a título persoal” a dimisión de Paula Quinteiro e anunciando, supoño que tamén a “título persoal”, unha consulta ás bases mostran ben ás claras que os verdadeiros motivos deste caso son xa unicamente o rancor e a carraxe, levados ó paroxismo da insensatez. Por certo que unha consulta ós propios para pedir a dimisión dunha compañeira non debe ter equivalente na historia mundial da política. Só por iso, porque as novas xeracións poidan estudiala nos libros como exemplo das enlouquecidas automutilacións da esquerda, debería facerse, sempre que, de perder, todos os seus promotores tamén dimitan e desaparezan para sempre.
Cando comecei este artigo pensaba falar da superioridade moral da esquerda; da asunción duns límites éticos tan esaxeradamente desproporcionados que, máis que colaborar en limpar a vida política, o único que serven é para crear conflitos estúpidos. Mais este caso nada ten que ver con iso. As palabras “moral” e “ética” están completamente fora de lugar nun asunto que non mostra máis que miseria, cainismo e unha absoluta falta de escrúpulos que se fai obscenamente patente cando mesmo algunhas persoas son capaces de alimentar –ata con filtracións- o noxento argumentario de La Voz de Galicia e do PP. Isto debería incapacitalas de por vida para formar parte dun proxecto político que se teña por decente.
Os que defenden a Paula Quinteiro e senten indignación por esta ruín cacería, non pecan de inxenuidade? Con quen pensaban que estaban a tratar? Habería que lembrarlles a parábola da ra e do escorpión, cando este di: “É a miña natureza”.
Así, a pelexa descarnada por adquirir vantaxes nas súas liortas internas xustifica o dano que se lle poida causar a un proxecto colectivo. O que non é de estrañar cando non se mantén lealdade a ningunhas siglas, pois ó cabo, mudan cada pouco segundo a persoal conveniencia. Unha das consecuencias da chamada “nova política” que pronto se fixo evidente para os máis astutos, é que é máis sinxelo optar a cargos de poder canto máis pequeno é o grupo ó que se representa. En aras da “confluencia” son precisamente as siglas unipersoais as que proporcionan mellores posibilidades de acceder a un cargo.
Isto explica por que grupos con nomes descoñecidos para a maioría dos galegos, están tan esaxeradamente sobrerrepresentados nestes órganos de poder da “política do cambio” achegando incluso deputados ó Parlamento. Exactamente, que representatividade teñen estas persoas? O presumible substituto de Paula Quinteiro encabeza unha formación da cal non se coñecen outros militantes. Non cuestiono a valía de ninguén, -e neste caso concreto, menos aínda- mais persoalmente teño máis confianza nas persoas que son capaces de participar en proxectos de construción colectivos, asumindo todos os problemas e conflitos que se producen na diversidade, que nas que necesitan construír partidos á súa medida. Paula Quinteiro non só foi votada pola cidadanía en eleccións senón que foi capaz de competir con éxito en Podemos, un espazo complexo e conflitivo, no cal moitísimas outras persoas tiñan tamén as súas lexítimas ambicións.
Na vella política, os participantes en escisións e rupturas estaban condenados á irrelevancia. Hoxe, son precisamente estes que historicamente teñen demostrado máis incapacidade para permanecer en proxectos colectivos os privilexiados deste modo “consensuado” de organizarse. E precisamente a falta de apoios é a súa principal vantaxe, ó non ter que competir contra ninguén, aparecendo maxicamente nos órganos de decisión por obra e gracia da “confluencia”.
Nun dos seus monólogos para o mundo, Beiras falaba non hai moito “das castas”. Pero precisamente a definición de casta encaixa moi ben coa traxectoria deste tipo de persoeiros descoñecidos para o gran público que levan toda unha vida nos bastidores da política, sen representar nin siglas nin proxectos máis aló do seu propio proxecto persoal. E que pese a todo o seu historial de fracasos aí continúan falando de ética con tan pouca ética. Hoxe non somos capaces xa de lembrar as razóns que se aduciron para xustificar as escisións do pasado máis aló dos intereses persoais duns e doutros. Eran tan banais que non deixaron pegada na historia como banal é hoxe o ridículo pretexto do caso de Paula Quinteiro. O único que pasou a historia foi a extinción deses proxectos que un día soñaron con ser maioritarios e inclusivos. Quizais a algúns habería que lembrarlles outra estrofa: “Procura extinguirte con clase y dignidad: piensa en el museo de Historia Natural”.
Relacionadas
Política
Xosé Manuel Beiras “A esquerda estatal á esquerda do PSOE leva ano e medio dando un recital de apoio ao PP”
Investigación
Investigación Un cargo de Sumar levou seis millóns para xestionar unha residencia pública cunha empresa con cinco días de antigüidade
Investigación
Investigación Un cargo de Sumar se llevó seis millones para gestionar una residencia pública con una empresa con cinco días de antigüedad
Causa lástima el nivel de demagogia al que se ha llegado en este tema, muy presente en estos comentarios. Como un mantra se repite la falacia de los "privilegios". ¿Defenderse de un abuso policial es un "privilegio"? O repetir el argumentario de Feijóo: "Si fuese del PP pediríamos su dimisión". Para empezar, nadie del PP se enfrentaría con un policía que estuviese excediéndose en el uso de su autoridad. No hay más caso. Por lo demás, esta gente parecen perros de presa obsesionados por cambiar a Paula Quinteiro por el deseado Xoán Hermida, que calla como un muertecito. Por cierto, en ese caso, como bien se insinúa en el artículo, ¿no se estaría infringiendo la paridad? Aquí ya da igual todo. Causa vergüenza ajena este ensañamiento salvaje. Y, desde luego, en la sede del PP no se podrán crear lo imbéciles que somos. Bueno, no se lo pueden creer, ni ellos, ni nadie. Merecemos ser oposición para siempre. Merecen ganar. Somos gentuza que nos lanzamos al cuello de nuestros compañeros y compañeras, carecemos de lealtad y escondemos todo esto bajo nobles palabras como ética. Pero la realidad es que no nos soportamos a nosotros mismos, nos odiamos, nos odiamos mucho más que a los peperos que decimos combatir. Merecen ganar: son mejores que nosotros.
No se qué pasó, parece que Paula Quinteiro se acreditó como lo que es frente a un policía.
Sí sé lo que es El Correo, La Voz, El Mundo, El País, el pp, el psoe….y nosotras y nosotros.
Y sé de lo que habla el autor, con el que estoy totalmente de acuerdo.
Si este afán inquisitorial, politicamentecorrecto y divinodelamuerte no es solo suicida sino que, además, se mezcla con ambiciones (legítimas o no) internas no le llamemos nueva política, eso es la mierda de siempre.
Quiero acabar con una adivinanza: una de las dos es cierta.
¿Alguien imagina a una joven diputada de la oposición amedrentando a un policía al indicarle su condición?
¿Alguien se imagina a un niño palestino de 3 años detenido por amenazar a un policía israelí?
Pois a min unha muller que se enfronta coa policía si me representa. E punto.
Te lo hició muy bien la Paula Quinteiro, que tes es muy buena jente y muy trabajadoriña. El Villares, hijodep y poco mas te se puede dicir de el... Que dimita ya Villares! (Ups, desculpade,o tono deste artigo fíxome pensar que estaba en Troleada Galega)
Sorpréndeme a liña e estilo deste artigo, tan diferente ao que nos acostuma este autor ou o propio diario. E sinceiramente defraudame. Ata onde vai ser quen de levar este despropósito Paula Quinteiro? Que sentido ten esta campaña de defensa do indefendible? Defender aos "colegas e compis" non pode estar por riba de defender os intereses de que votou á Marea. Esta actitude invisibiliza e lastra o traballo da Marea. Polo seu ben e o de todas as persoas que aportan traballo e ilusión a este proxecto, agardo que Paula Quinteiro dimita xa.
A Paula Quinteiro fixo uso indevido da sua condiçom de deputada. Suficiente para lhe exigir a demissom se dela nom sai. Como ela mesma faria se a falta a cometesse um pepeiro ou umha pepeira.
O autor acaba de facer un perfil caralludo dos Palleiro (L.Eyre), Lopez Rico de turno, que tamén os hai noutras forzas, Dopicos, Lobeiras, etc etc. Todos homes, por certo. Os fontaneros do aparato. Unha especie a extinguir :)
Cando os marios lopez ricos y compañía entran en un proyecto podemos no sabernos ni el principio ni la trama, pero el final está cantado: escisión, bronca y desilusión ciudadana. Y ellos, nada, tan felices, cuando el organismo que les hace de huésped muere, saltan a otro al que parasitar. Qué bochorno ver hoy a Paula Vázquez decir palabra por palabra lo mismo que Feijóo.
O autor non lle gusta Beiras, pero ten simpatía por Paula. Interesante, ainda que dubido se o sitio pra escribir eses pensamento e un medio que non debería ter adscripción política algunha. Demencial, simplemente demencial. (O de comparar un mal debate, cunha mala noite, xa rematou de sorprenderme)
Certo, pero un artigo de opinión debería ter algo que ver ca noticia en cuestión. O meu parecer parece un claro ataque e toma de posición nunha liorta partidista. Do caso, pouco aporta. Da visión do entorno de Paula temos moitas novas, non tantas da outra parte, a iso me refiro.
Podes consultar en La Voz de Galicia ou El Correo os outros puntos de vista aos que te refires
Primeiro, no nome de Siniestro, aclaro: a canción di "Pueblos del mundo, EXTINGUÍOS", que non é o mesmo. Segundo, nestes días pensei, e logo alguén dixo por min, se isto mesmo o fai alguén doutro partido, acaso non se pediría a súa cabeza? Persoalmente tanto me ten, nin coñezo a esta deputada nin as súas razóns, pero non se saca a pasear esa condición nunha trifulca na rúa. Digo eu.
Teño a impresión de que o de "pueblos del mundo, escindíos" é unha broma e o autor coñece a canción.
Idetinficarse tras unha noite de festa cunha acreditación que ten como representante de todos os cidadáns, soa demasiado a "usted no sabe quién soy yo" de tempos pasados. Importame pouco os males duns e doutros, pero tanta leria pra defender a esa moza xa cheira, non vamos perder a Angela Davis na política galega, cagouna, non ten explicación algunha os seus actos. Pero bueno, empezamos xustificando isto e rematamos como rematamos.
De una parte están Cerna, Villares, el PP, la Voz de Galicia, El Correo Gallego y un policía con antecedentes de violencia sobre la ciudadanía. Y del otro........ ¿acaso importa?
Importa, a non ser que queiramos ser a mesma merda ca eles en 4 anos. Carallo si importa.
Home,pero no fondo que se podía esperar?, no fondo do seu adn son marxistas,polo tanto renden pleitesia a cabeza visible da sus organización e faran siempre o que lles manden,si podemos ouad mareas ou como se chamen son asamblrarios Stalin era un democrata
Que alguém lhe diga ao paspám este que o Conselho das Mareas foi eleito por primárias, que os Plenários legislam mas nom escolhem.
E a poder ser que lhe expliquem o pucheiraço que levou à racharretrovisores às listas.
Se alguém quere conhecer a intra-história, que léia: http://praza.gal/opinion/4083/historia-dumha-pequena-vitoria-lbolxeviquer/
Estaría ben que enlazaras artigos que non sexan ilexibles e que teñan unha mínima calidade se queres que alguén os lea.
A cousa podería resumirse así:
Villares, dimisión
Mario López Rico, dimisión
Davide Rodríguez, dimisión
Paula Vázquez Verao, dimisión
Non alcanzo a comprender se o artigo está criticar é propiamente a natureza de composición variada desde grupo que se chama "En Marea". nese caso o que pide é unha forza unitaria que hoxendía é imposible ou talvez deixar que unha das paertes se impoña sempre sobre todas as outras e transixa na súa visión e decisións. Polo de agora o máis sensato que escoitei foi: " Se fose do PP estariamos pedindo a súa dimisión". O demais segue a ser ruído de sabres internos, este artigo incluído