Especulación urbanística
Un fondo voitre contra unha nonaxenaria: cando unha urbanización de luxo quere botarte da casa

Nove familias enfróntanse ás administracións galegas e a un fondo de investimento para salvarse dunha expropiación forzosa. A “razón de utilidade pública e interese social” que as despraza é a construción de pisos de ata 800.000 euros.
Desahucio Galicia señora - 2
Pilar Araújo, de 92 anos, na casa na que viviu durante os últimos 80 anos. Miguel Núñez

A primeira noticia que tiveron chegoulles pola prensa local. Unha promotora inmobiliaria e un fondo voitre colocaran entre os seus obxectivos urbanísticos un xigantesco terreo no centro histórico de Vigo (Pontevedra) onde nunca, en todos os séculos de historia documentada da cidade, houbo nada construído. O proxecto debuxaba unha urbanización de luxo con pisos que custarían ata 800.000 euros, pero o pelotazo tiña algún impedimento no seu camiño. Un antigo convento reconvertido pola sociedade civil nunha alternativa habitacional para persoas empobrecidas e varios edificios propiedade de familias de clase traballadora. Coa conivencia da administración autonómica, gobernada polo Partido Popular, e da local, dirixida polo Partido Socialista, hoxe, de todas esas construcións soamente queda en pé unha. Un edificio de pedra con tres alturas. Alí vive desde hai 80 anos Pilar Araújo. A única comunicación oficial que recibiu en case unha década de idas e vindas desde aquela primeira noticia chegou á súa caixa de correos hai dúas semanas. Era un aviso de expropiación forzosa.

Especulación urbanística
Un fondo buitre anida en el centro de Vigo

El fondo norteamericano Autonomy Capital, del que es fundador el ex directivo de Lehman Brothers, Robert Gibbins, compró la deuda del proyecto del Barrio do Cura en 2018. Ahora los vecinos y vecinas piden no ser abandonados ante la especulación urbanística y quiere garantizar su derecho a la vivienda frente a una posible expropiación del gobierno local.

“É unha casa pequena, pero aquí dentro hai un mundo”, explica Pilar pouco despois de que ela e a súa filla, Carmen Baluja, abrisen ao Salto as portas da súa casa. Os andeis do seu salón dan conta dos seus 92 anos de vida e dese mundo sobre o que hoxe pesa un mirada de voitre co nome comercial de Barrio do Cura. Hai libros antigos, recordos de viaxes, fotos da súa familia, dos seus catro netos e dos seu tres fillos. Entre todas elas, hai unha especial. A do seu pai, fusilado polos golpistas durante a Guerra Civil. “Imaxina ter a súa idade e levar vivindo desde nena aquí. Imaxina que queren demoler a túa casa para dotar dunha zona verde a unha urbanización de luxo”, reflexiona a súa filla. E así é. A lei obriga ao fondo Autonomy Global Opportunities e á promotora Gestilar a manter unha porcentaxe de zona verde. Aproximadamente un terzo da que xa existe hoxe. Pero o equipo que está detrás do arquitecto Alfonso Penela decidiu distribuíla xusto na zona onde viven estas familias e non na hectárea que historicamente estivo libre de construción algunha.

Desahucio Galicia señora - 1
O pai de Pilar, fusilado en 1936. Miguel Núñez

Na carta que lles avisa da expropiación inminente, similar á que recibiron as outras oito familias, non está taxado máis nada que os seus metros cadrados. Ningún outro valor. Nin as vistas panorámicas á ría nin a súa localización céntrica nin a adaptación integral para unha persoa con mobilidade reducida nin, dende logo, o seu valor emocional. Valórana moi por baixo do prezo de mercado en 150.000 euros e, en cambio, ofrécenlle 100.000. “Un despropósito máis”, alertan. A oferta condúcea o Concello do PSOE, pero págana a promotora e o fondo voitre. O negocio é redondo. A lei que regula as expropiacións forzosas no Estado español especifica que para que as administracións poidan chegar ao extremo de botar unilateralmente á xente das súas casas debe haber unha “razón de utilidade pública e interese social”. “Agora creo que lle chaman progreso e danos colaterais”, solta con retranca un veciño na rúa que seguiu de preto a transformación do barrio. Neste caso, o progreso son 262 vivendas de luxo, 600 prazas de garaxe e unha zona comercial de 14.000 metros cadrados.

Por sorte para ela, Pilar non está soa. Ademais da súa filla, están oito familias coas que comparte escaleira. Dúas plantas máis arriba, vive outra compañeira de xeración, Luisa Hernández, con 94 anos recentemente cumpridos. “Se nos vemos obrigados a sacala de aquí, literalmente morrería”, denuncia Gabino Alonso, fillo de Luisa e unha das persoas que máis está loitando por denunciar publicamente o que consideran “unha atrocidade”. O único contacto humano que tiveron nestes case dez anos foi cos comerciais da promotora que, un día, chamaron ás súas portas: “Déronnos a entender que se nos ía botar de aquí polas boas ou polas malas e ofrecéronnos unha permuta por unha vivenda máis pequena e nun sitio indeterminado da cidade. Respondémoslles que nin con medio millón de euros nos moveriamos”. Mantivéronse firmes ata hoxe.

Desahucio Galicia señora - 5
Gabino Alonso é fillo dunha das afectadas. Miguel Núñez

Non foi nin fácil nin barato. Atópanse nun proceso xudicial aberto visto xa para sentenza contra o Concello polo que consideran “irregularidades manifestas” na formulación do plan de urbanismo que, de facto, ofrece as ferramentas legais a unha multinacional e o seu brazo promotor para botar da súa casa a persoas como Pilar e Luisa. “Ironicamente, a pesar de estar o xuízo en pleno proceso, a expropiación non foi paralizada cautelarmente. En teoría, en seis meses ou un ano, será executada”, insiste Gabino, o fillo de Luisa.

O edificio que garda a historia de vida destas nove familias foi deseñado polo prestixioso arquitecto galego Antonio de Cominges nos anos corenta e catalogado como patrimonio histórico co beneplácito da Xunta de Galiza e o Concello de Vigo. Tras unha polémica e cuestionable casualidade, durante o período que transcorreu desde que se lanzou por primeira vez o primeiro plano deste pelotazo urbanístico, ambas as administracións decidiron descatalogar o edificio como de interese patrimonial, unha xogada burocrática con apenas antecedentes no Estado español. O documento que o oficializa raia no absurdo. Fala de que este predio do número 36 da rúa Santa Marta é un símbolo do “feísmo dos anos sesenta”. É dicir, os técnicos de Patrimonio considérano un símbolo dunha etapa urbanística que chegou vinte anos despois. Tan elocuente é a afirmación, que a propia administración autonómica lle dedicou preto de 90.000 euros a fondo perdido para reformalo polo seu “singular valor patrimonial”.

O Barrio do Cura tras o derribo
O Barrio do Cura tras o derribo Miguel Núñez

Ante a negativa das administracións a escoitar as súas reclamacións, as nove familias decidiron comezar a facer chamamentos á solidariedade da sociedade civil galega. A súa primeira estratexia foi chamar a atención dos medios de comunicación que, salvo excepcións puntuais, ou lles denegaron o foco ou llo deron moi puntualmente. Con todo, as idas e vindas do proxecto, as infografías e os renderizados en tres dimensións, ocupan periodicamente e con protagonismo páxinas enteiras de información local. A promotora e o fondo de investimento non escatiman en pagar páxinas completas a toda cor e banners coa súa publicidade. Nesas mesmas páxinas a través das que Pilar e Luisa caeron na conta da que lles viña encima e que, malia todo, aínda hoxe len.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

LGTBIAQ+
Diversidade O Concello de Vigo retira a Área de Diversidade das subvencións de Igualdade
A asociación LGTBQI+ Nós Mesmas denuncia a eliminación como parte dun intento “continuo e silencioso” de borrar o activismo disidente do mapa.
Medio ambiente
Medio ambiente A loita polo monte galego: lumes, eucalipto e ameazas á propiedade común
Galiza concentra un terzo dos incendios forestais rexistrados no Estado. Mentres a Xunta apunta aos montes veciñais, comuneiros e ecoloxistas denuncian unha estratexia política para favorecer a privatización e a expansión da industria madereira.
Nacionalismo galego
Pensamento A incómoda liberdade de pensamento de Castelao
Este ano cúmprese o 75º aniversario do pasamento do artista e intelectual Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. O profesor Xoán Carlos Garrido investigou sobre a obra desta figura clave da historia de Galiza.
La vida y ya
La vida y ya La primera vez
Nos confirmaron lo que ya intuíamos pero no supimos hacer. Lo única regla importante es romper el silencio.
Argentina
Argentina Argentina, un año y medio después de Milei
Este investigador profundiza en las claves de la victoria de Milei, las principales medidas de Gobierno, el sustancial apoyo que tiene y sus perspectivas a medio plazo.
Derecho a la vivienda
Derecho a la vivienda KKR y el negocio del ladrillo: de vender pisos en territorios ocupados a gestionar las viviendas de la Sareb
Desde 2022, el fondo proisraelí KKR es el encargado junto a Blackstone de gestionar la cartera residencial del banco malo. En verano vencen sus contratos y los fondos presionan para seguir sacando rédito del patrimonio público.

Últimas

Materias primas
Consumo España entra en déficit ecológico este 23 de mayo
El país ya ha consumido, a fecha de este viernes, todos los recursos naturales por año que le corresponderían en un reparto justo que permitiera al planeta regenerarse.
Opinión
Opinión Y ahora les duele Gaza: Europa ante el genocidio
Europa no ha dejado de vender armas a Israel, ni de recibir su tecnología militar; sin embargo, ahora no sabe cómo salvar al país de sus propios impulsos autodestructivos.
Madrid
Madrid Más de 200.000 personas salen a la calle contra el “abandono deliberado” de la sanidad pública madrileña
Madrid se enfrenta a la política sanitaria de Ayuso en una gran manifestación compuesta de cuatro columnas reclamando mejoras en Atención Primaria, en las urgencias extra hospitalarias, en los equipos de salud mental y exigiendo más pediatras.
Albania
Albania Albania: más de 30 años de democracia corrompida
El Partido Socialista de Edi Rama se mantiene en el poder gracias a un sistema de redes clientelistas y una desilusión que ha hecho que más de la mitad de la población se haya resignado.
Más noticias
Opinión
Opinión Sentido y senilidad
La senilidad que he estado viendo en la industria cinematográfica no se limita a la edad de ciertos directores. Es algo mayor que eso, se ha convertido en una manera de pensar, en un fenómeno cultural.
Comunidad de Madrid
Pseudomedios Ayuso y Almeida han inyectado más de 400.000 euros a ‘Periodista Digital’ en cuatro años
El medio de Alfonso Rojo que emplea al agitador Bertrand Ndongo ha recibido más dinero que medios con mucho más alcance como ElDiario.es mientras El Salto sigue siendo totalmente discriminado por el Partido Popular.
Opinión
Opinión La hidra de la lucha por la vivienda
Un sector del movimiento de vivienda pone el foco en los grandes propietarios y los fondos de inversión para entender la actual crisis de vivienda. Otro, a la clase media propietaria. Cada enfoque lleva a estrategias distintas.
Navarra
Opinión Diez años de corralito progre en Navarra
VV.AA.
En las elecciones municipales y forales del 24 de mayo de 2015 se propagó la confianza en un futuro en el que la hegemonía conservadora del corralito foral diera paso a algo muy diferente y mejor.
LGTBIAQ+
Sentencia El TSXG reconoce que el asesinato de Samuel Luiz fue un crimen de odio
El tribunal ha ratificado las penas de entre 20 y 24 años para los tres acusados y ha absuelto al joven condenado a diez años de cárcel como cómplice del asesinato.

Recomendadas

Pensamiento
Paulo Tavares “La imaginación es el primer acto político”
El arquitecto e investigador brasileño Paulo Tavares cuestiona las ideas fundacionales del pensamiento, el diseño y la ciudad occidentales en el marco de la crisis ecosocial.
Culturas
Bob Pop “Mis poemas son unas croquetas sabrosas y no congeladas”
Escritor y vedete intelectual, acaba de publicar ‘De cuerpo presente’, un poemario donde responde 27 años y un diagnóstico de esclerosis múltiple después a sus miedos ante la enfermedad en la juventud.
México
México Desenterrar el dolor: los desaparecidos de Jalisco
El colectivo Guerreros Buscadores de Jalisco, el mismo que descubrió el campo de exterminio de Teuchitlán, halla un punto de venta de droga activo del Cártel Jalisco Nueva Generación con varios cuerpos enterrados.