Explotación laboral
Estimado Don Amancio

As persoas traballadoras das factorías Rui-Ning y Huabo Times, que tecen roupa de Zara no Sudeste Asiático, envían unha carta ao fundador de Inditex. Denuncian represalias contra os sindicatos baixo o pretexto da pandemia de Covid-19. Esta é a súa misiva.

Zara Inditex precariedad laboral subcontratación 3
Así se tece o imperio de Inditex Arte El Salto
Carta a Amancio Ortega das traballadoras de Myanmar
23 jun 2020 10:36

Estimado don Amancio,

Somos os traballadores que facemos a roupa de Zara para a túa marca. Levamos anos fabricando a túa roupa, traballando nas fábricas que lla subministran á marca desde Myanmar. Estamos lonxe da túa residencia en España, pero sentimos unha certa proximidade a ti ao levar a meirande parte da nosa vida adulta fabricando a túa roupa coas nosas mans. Escoitamos que comezaches o teu negocio co gallo de proporcionar opcións ás mulleres que sabían coser. Moitas de nós somos mulleres tamén, e desexamos que a nosa carta te atope san e salvo durante estes tempos difíciles de pandemia global.

Sabemos que te preocupas polos empregados de Zara, e por iso escribimos para relatarche estes terribles acontecementos. A nosa saúde e seguridade non parece ser un motivo de preocupación en Huabo Times e Rui-Ning, dúas das fábricas en Myanmar das que se nutre Zara. Cando a pandemia comezou, moitos traballadores como nós continuaron facendo a túa roupa incluso cando a dirección da fábrica non nos garantiu medidas de seguridade como máscaras faciais e distanciamento social como unha forma de protexernos a nós e ás nosas familias do Covid-19. Agora, a dirección aproveitou a crise global como unha oportunidade para destruír os nosos sindicatos, destituíndo, a miúdo en masa, a membros sindicais. A dirección xustificou as súas accións usando o coronavirus e as súas repercusións económicas como unha escusa. Pero como pode traducirse que despidan só membros do sindicato mentres permiten aos traballadores non sindicados continúen traballando? Necesitamos os nosos sindicatos, necesitamos xente que mire polos nosos dereitos, pola nosa saúde e a nosa seguridade nestes tempos sen precedentes a nivel global.

Na fábrica de Huabo Times, a dirección xustificou o despido de todos os 100 membros sindicais — tan só días despois de formalizar o rexistro sindical — declarando que isto faría más fácil posibilitar o “distanciamento social” nas fábricas. Pero a dirección transferiu 200 traballadores non sindicados doutra das súas fábricas para substituír os traballadores sindicados só catro días despois dos despidos.

Na fábrica de Rui-Ning, o noso presidente sindical opúxose ao despido masivo de 298 membros do sindicato e foi atacado a punta de coitelo por matóns moi sospeitosos de estar asociados á dirección da fábrica. O propósito de ver unha crise tan seria coma esta como unha mera oportunidade para rebentar o noso sindicato e explotarnos aínda máis é inconcibible.

Estes despidos resultáronos moi duros. Gañamos aproximadamente 3 dólares ao día nas fábricas, así que non temos aforros. Temos nenos que alimentar. Temos pais enfermos con facturas médicas que debemos pagar. A situación é alarmante para nós.

Pero cando descubrimos que ti, Don Amancio Ortega, es o dono de Zara, sentimos esperanza. Seguramente Don Amancio non buscaría beneficio da Covid-19 e non admitiría este tipo de trato aos traballadores que fan a súa roupa.

Pero cando descubrimos que ti, Don Amancio Ortega, es o dono de Zara, sentimos esperanza. Seguramente Don Amancio non buscaría beneficio da Covid-19 e non admitiría este tipo de trato aos traballadores que fan a súa roupa

Ilusionámonos cando descubrimos que es o sexto home máis rico do mundo, cun valor de 70.600 millóns de dólares, e o segundo comerciante ao por menor máis rico do planeta. Saber que o teu jet privado de 45 millóns de dólares podería pagar 41.000 veces os nosos salarios resultounos tranquilizador. Seguramente un home de tal patrimonio non necesitaría aproveitarse da pandemia global para esmagar os nosos sindicatos.

Ilusionámonos cando descubrimos que doaras 300.000 máscaras aos hospitais de España para axudar a combater o Covid-19, e que todos en España aplaudiron a túa xenerosidade desde os balcóns, así como o Presidente de Galicia che agradeceu a túa “colaboración altruísta”. Seguramente o home celebrado como o salvador do coronavirus en España, que non escatima en gastos para loitar contra o virus en nome do pobo, non toleraría que a pandemia se usase como un pretexto para retroceder nas nosas condicións de traballo.

E ilusionámonos cando vimos as publicacións das redes sociais de Zara en solidariedade coas protestas de Black Lives Matter en Estados Unidos. Como traballadores non brancos do sueste asiático, apreciamos profundamente o teu compromiso público coa igualdade racial. Seguramente un home de tales principios anti-racistas endexamais toleraría un trato inhumano cara aos traballadores de pel escura e negra que fabrican as súas roupas, trato que en ningún caso sería tolerado para os empregados en Europa.

Pero levamos xa meses agardando pola túa axuda, e seguimos aínda sen traballo. Estamos sen comida. Estamos sen diñeiro. E estamos quedando sen ilusión esperando a Amancio Ortega.

Don Amancio, rogámosche que interveñas e esixas a reincorporación de todos os membros sindicais despedidos que fabricaban as túas roupas en toda Myanmar. Non podemos seguir esperando. Para nós colga dun fío a esperanza de que a túa gran reputación non sexa simplemente un fraude.

Sinceramente,

Os traballadores das fábricas de Rui-Ning e Huabo Times e os produtores de roupa de Zara en Myanmar.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Greenwashing
FAST FASHION Lavado verde en la industria de la moda
El informe de CECU identifica alguna de las estrategias más comunes de lavado verde desarrolladas por las grandes empresas del sector textil.
Laboral
Laboral A Garda Civil desaloxa as traballadoras que se encerraron en Inditex pola negociación do seu convenio
As delegadas do sindicato CIG, maioritario na Coruña, reclamaban desde o venres que a multinacional de Amancio Ortega cumprise o compromiso de negociar a nivel provincial. Este luns foron denunciadas pola empresa.
Laboral
Galicia La Guardia Civil desaloja a las trabajadoras que se encerraron en Inditex por la negociación de su convenio
Las delegadas del sindicato CIG, mayoritario de A Coruña, reclamaban desde el viernes que la multinacional de Amancio Ortega cumpliese el compromiso de negociar a nivel provincial. Este lunes han sido denunciadas por la empresa.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.