Extractivismo
As mulleres paran o espolio e defenden os territorios

Crónica dun encontro entre activistas medioambientais de Ecuador e Galiza onde reflexionaron sobre as prácticas das empresas extractivistas nos seus territorios coa complicidade dos gobernos de cada país.
Encontro Ecuador Ulloa Altri Non
Unha imaxe do encontro no Centro Social A Revolteira da Coruña entre os colectivos Yasunidos no Ecuador e a Plataforma Ulloa Viva. Diego Jiménez
5 nov 2024 09:44

Na rúa da Falperra da Coruña existe dende hai case un ano un novo centro social, A Revolteira, chamado a ser un espazo de encontro para tecer redes, construír alternativas e abrir debates sobre a realidade que habitamos e tentar transformala dende abaixo. Deste xeito, o pasado martes día 22 de outubro organizaron un encontro entre activistas medioambientais de Ecuador, convidadas pola ONG Entrepobos, coa xente da Plataforma Ulloa Viva para poñer en valor como tanto no Sur global coma no Norte, son as mulleres as que paran o espolio e as prácticas extractivistas das grandes empresas en colaboración cos gobernos de cada país.

Aproveitando unha viaxe dos colectivos ecuatorianos Yasunidos e Acción Ecolóxica a Xenebra para visitar ao Alto Comisionado da ONU para Ecuador, as activistas Ene Nenquino (vicepresidenta da nacionalidade Waorani), Dayuma Nango e Mencay Caiga (Asociación de mulleres Waorani), ademais de Manaí Prado (Acción Ecolóxica) están facendo unha xira para dar a coñecer a súa loita en distintos puntos do Estado Español e Europa. Por iso que na Galiza consideraron interesante compartir as súas experiencias e aprendizaxes coa Plataforma Ulloa Viva, que está a mobilizarse contra o proxecto de Altri apoiado pola Xunta do PP que declarou o mesmo coma de interese estratéxico para superar as cuestións medioambientais que afectarían a unha zona que está dentro da chamada Rede Natura. Precisamente, a conversa comezou lembrando coma sempre que se antepoñen as cuestións económicas á natureza e o seu entorno quen acaban pagando as consecuencias son as poboacións dos territorios onde se instalan esas industrias, sexa unha petroleira ou mineira no Yasuní ou sexa un fábrica de celulosa na Galiza.

Nese senso, Mónica Cea, voceira da Plataforma Ulloa Viva sinalou “as nosas familias levan séculos vivindo na comarca da Ulloa e agora queren vir de fóra a dicirnos como nos temos que desenvolver” algo que tamén apuntou a vicepresidenta da nacionalidade Waurani “a nosa loita foi e é polo territorio, e seguirá a selo porque é o noso patrimonio e as mulleres estaremos sempre en pé levantando a voz para defendelo.” Tamén ao inicio da conversa fíxose memoria coma xa, no seu momento, nas Encrobas foron as mulleres da zona de Cerceda as que se opuxeron cos seus corpos fronte á Guardia Civil co obxectivo de deter as expropiacións forzosas das súas terras para a exploración a ceo aberto do lignito e a posterior instalación da central térmica de Meirama fechada no ano pasado.

A loita polo Yasuní no Ecuador e as similitudes coa loita fronte a Altri

A nacionalidade orixinaria Waurani está formada por 79 comunidades delimitadas por tres rios que desembocan no Amazonas e repartidas no que agora son tres provincias da actual división administrativa do país: Orellana, Sucumbíos e Pastaza. Foron contactadas por primeira vez hai soamente 70 anos. Ata entón levaban séculos desenvolvendo formas de vida sostibles no seu entorno natural, no que se lle coñece popularmente coma o corazón da Amazonía. Dende eses primeiros contactos co chamado “mundo desenvolvido” comezaron a sufrir presións para explorar as súas terras por distintas empresas petroleiras e mineiras que chegaron a asinar acordos con distintos gobernos ecuatorianos ao longo do tempo.

As empresas foron mudando de nome pero os convenios permaneceron e xa nos anos 90, foi a multinacional española Repsol, quen asinou unha concesión de exploración petroleira da zona a cambio dun suposto desenvolvemento socioeconómico da mesma que nunca se deu. Ao contrario, as activistas denunciaron coma os diferentes gobernos “condonan débedas e tapan desfeitas das empresas coma no seu momento aconteceu coa Texaco” apuntou Ene Nenquino. Pola súa banda, Dayuma Nango sinalou tamén que moitas das veces “promoven conflitos internos dentro das comunidades para tentar rachar a súa resistencia aos proxectos extractivistas, contratan a uns e non a outros, empregan grupos paramilitares contra nós, recebemos chamadas con ameazas que nos convidan a saír do noso territorio e deixar de organizarnos.” Nese senso, Manaí engadiu que “dende que chegaron as empresas á zona aumentou o alcoholismo nas comunidades, os casos de violencia de xénero chegaron tamén ao mesmo tempo, mentres continuamos sen ter un sistema de saúde e educación dignas polo desinterese dos nosos gobernos que nos deixan nas mans das petroleiras.” Lembremos que estamos a falar dunhas zonas moi illadas, que están a máis de 30 horas de viaxe a Quito dende as cabeceiras departamentais, pero que poden chegar a ser “ata 40 e 50 horas aos diferentes bloques nos que dividiron o noso territorio para cederllo ás multinacionais” engadiu Ene Nenquino.

Pola súa banda Mónica Cea da Plataforma Ulloa Viva apuntou coma “nós sabemos o que é estar sen médicos, sen profesores, sen servizos de biblioteca na nosa área, para que veñan agora con contos e promesas.” Lembrou coma as primeiras novas sobre a fábrica de Altri non as coñeceron ata finais do 2022 e xa no verán do 2023 chegaron persoas preguntando por unha gran cantidade de fincas sen ter eles coñecemento de nada: “comezaron a falar de expropiacións, xente sen identificarse, xa daquela pedimos información que non nos deron ata que o proxecto comezou a saír en prensa” e continuou falando “deron moitas cousas por feitas, contando medias verdades ou directamente mentiras; cando tivemos acceso á documentación do proxecto descubrimos coma se nos cualificaba de analfabetos.”

Do mesmo xeito, as activistas coincidiron en sinalar coma nos dous casos, tanto na Galiza coma no Ecuador, o suposto desenvolvemento da zona ten que ir ligado á instalación dos proxectos, Mencay lembrou que lles decían que “se non se explota os recursos do Yasuni a economía do Ecuador vai crebar dicían, sen petróleo non hai desenvolvemento afirmaban os distintos ministros de economía ao longo dos anos e nós sempre contestabamos: “Que terán na cabeza eses ministros para non ofrecer outras alternativas?”. Nós queremos falar do futuro do país, precisamos que o Estado nos escoite, non queremos depender do desenvolvemento que ofrece a petroleira”. Mónica atopa similitudes coas mensaxes que chegan a Ulloa por parte do goberno da Xunta e da empresa “comezaron falando de miles de postos de traballo, agora xa son soamente centos, pero nós somos unha zona agrícola, que dependemos do sector primario e calquera posible emprego que se poida crear vai ser para xente de fóra.”

En definitiva, ao longo do encontro as decenas de persoas que participaron puideron escoitar testemuños de primeira man sobre os abusos e violacións de dereitos que as grandes empresas enerxéticas cometen a un e outro lado do Atlántico coa complicidade dos gobernos e, salvando as distancias, coma na actualidade moitas desas estratexias están a ser replicadas tamén naqueles sures do Norte, coma é o caso galego e da fábrica de celulosa Altri, onde a colonialidade e o extractivismo danse a man en favor dos intereses económicos das elites multinacionais para continuar o espolio en nome dun suposto desenvolvemento.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Madrid
Acción directa Activistas de Futuro Vegetal imputadas por “organización criminal” lanzan pintura al juzgado antes de declarar
El colectivo se reafirma así en su derecho a protestar mediante la acción directa. “La acusación de conformar una organización criminal tiene el objetivo de justificar las infiltraciones policiales”, opina una de las imputadas.
Navarra
Aroztegia Aroztegiko auzipetuentzako absoluzioa eskatu dute
196 lagunek Aroztegiko auzipetuen kriminalizazioa salatu dute eta azpimarratu dute desobedientzia zibila ez dela delitua, “eskubide sozial beharrezko eta zilegia baizik”.
Catalunya
Acción directa Las Sublevaciones de la Tierra francesas llegan a Catalunya: “Necesitamos una forma nueva de luchar”
Una acampada de tres días y una acción simbólica han sido el pistoletazo de salida de Revoltes de la Terra. La organización ha sido capaz de unir a ecologistas de campo, de ciudad y campesinado en una dinámica de lucha “nueva”.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.

Últimas

Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.
Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.