Charlas, música e emprendemento enchen Santiago de feminismo

O primeiro encontro da Escola Periféricas leva vinte proxectos feitos por mulleres á libraría Lila de Lilith.

Organizado por Periféricas, a Escola de Feminismos Alternativos.
Organizado por Periféricas, a Escola de Feminismos Alternativos.
18 nov 2017 13:45

Este venres e sábado, 17 e 18 de novembro, ten lugar en Santiago de Compostela o I Encontro Feminista de Periféricas. Nel participan vinte investigadoras, profesoras, artistas e emprendedoras procedentes de Galicia e do conxunto do Estado. O programa combina charlas, obradoiros, networking e actuacións musicais. Todas as actividades teñen en común o seu compromiso co feminismo e os dereitos das mulleres.

O encontro tivo lugar na libraría Lila de Lilith e comezou o venres 17 cunha mesa redonda sobre musulmás que rachan estereotipos tanto nos medios de comunicación como na literatura, e rematou cunha investigación sobre o papel das mulleres kurdas no conflito sirio. Pola tarde tiveron lugar as charlas centradas no amor romántico e as mulleres escritoras.

O evento concíbese como un espazo participativo, combinando as charlas con obradoiros relacionados abertos a todo o público asistente. Traballouse con noticias de prensa, dinámicas de grupo, vídeos e exercicios de autoanálise.

A xornada do venres pechou cunha velada de arte feita por mulleres, coa participación das poetisas Arancha Nogueira e Lara Dopazo Ruibal, recentemente galardoada co premio de poesía Fiz Vergara Vilariño. As tres nebrosas pecharon a xornada, cunha performance con final pandereiteiro.

No día sábado celebraron unha sesión de networking na que presentaron os seus proxectos dez emprendedoras. Entre eles, a empresa de servizos culturais con enfoque de xénero Casa Morada, o proxecto Músicas galegas ilustradas e a Regueifesta, que pon en valor a participación das mozas nun xénero tradicionalmente dominado por homes.

O encontro foi organizado por Periféricas, escola de feminismos alternativos nada en Baio (A Coruña) no ano 2016 e dirixida por Carmen V. Valiña, doutora en historia contemporánea e profesora e investigadora en temas de xénero.

Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...
Cargando portadilla...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...