Feminismos
O feminismo, unha fenda no utópico

A xornada de 24 horas de folga supuxo un novo impulso a un movemento que nos últimos tempos está conseguindo artellar cada vez máis redes e alternativas locais, de impacto global de xeito transversal, que chegan cada vez a máis mulleres.

Manifestación feminista Vigo
Cabeceira da manifestación feminista da noite en Vigo Zelia García

Poderíase marcar un antes e un despois no percorrido histórico do movemento feminista no noso país e no estado a partir das multitudinarias mobilizacións que tiveron lugar o 8 de marzo, día sinalado xa en todos os calendarios con tinta morada. “Agora o feminismo noméase, cando antes era tabú. Si que creo que socialmente, fundamentalmente tras o traballo dos últimos anos, hai cada vez máis xente á que lle chegou a mensaxe”, afirma Paula Ríos, activista feminista incluída na Plataforma Feminista Galega. “Non somos nin catro tolas, nin temos problemas cos varóns, senón que simplemente estamos propoñendo un xeito diferente de organizar este mundo, e a sociedade”.

O 8 de marzo saímos, unha vez máis, á rúa con motivo dunha folga feminista que fose máis alá do que se identifica coma un simple paro laboral, pois a participación das mulleres é elemental en todas as esferas da vida. A folga cumpriu co seu propósito e vestiu o mundo de morado. As mulleres pararon coa intención de denunciar a precariedade dos traballos e dos espazos que protagonizan no cotián: o dos coidados, o consumo, a vida estudantil e o terreo laboral, facendo da xornada “o froito de pingas, esas pinguiñas que van caendo nas rochas e rematan por facer un furado”, sinala Paula Rios.

Aínda que é certo que existen moitas pólas, diferentes tipos de feminismo, que a nivel formal ou de contidos poden chegar a restar eficacia ao movemento e diversificar os obxectivos, no panorama actual non supoñen un problema á hora de realizar unha loita común, dende unha perspectiva feminista: “é lóxico que nas distintas visións que temos, cheguemos a diferentes visións do como, pois estamos a falar do mundo e da sociedade. Sabemos o que non queremos, pero estamos propoñendo que é o que queremos, polo que é lóxico que cadaquén vexamos diferentes posibilidades de como sería outro mundo. Estas visións compleméntanse se somos quen de dialogar entre nós. Non son excluíntes realmente”, afirma Paula.

A economía dos coidados no centro da axenda

A folga das mulleres tivo, pois, un único foco: a loita pola reflexión colectiva, facendo visíbeis as posibilidades existentes á hora de mudar a situación de opresión que aínda sufrimos. A folga de coidados foi unha das protagonistas do día, tendo como fin amosar o colapso do sistema económico cando falla o traballo non remunerado cotián que realizamos as mulleres. Un traballo que está invisibilizado e desvalorizado, como apunta o agumentario cara á folga feminista, e que pasa por non ter en conta as necesidades e proxectos vitais da muller.

Nesta liña, temos que salientar a polémica xurdida pola vontade de recoñecer as ocupacións domésticas equiparándoas cos traballos de coidados remunerados. “Aquí o que engade a economía, polo que se poderían diferenciar estes tipos de traballos, sería porque as amas de casa en si mesmas achegarían unhas tarefas maiormente relacionadas coa carga afectiva, implicándose deste xeito a nivel emocional. Non obstante, o mercado achegaría produtos máis profesionalizados. Estas serían as principais diferenzas economicamente falando, sendo un destes traballos menos substituíble polo outro.” Ainoa Míguez, estudosa de economía especializada en cuestións de xénero, apunta claras diferenzas na comparación; porén, destaca o papel fundamental dos coidados na economía: “o traballo doméstico e de coidados achega valor. Non se poderían realizar a maioría de actividades que permiten o funcionamento da economía se non se realizasen estes traballos que se ocupan de que os traballadores e traballadoras poidan estar en plenas facultades para desenvolver o seu papel no mercado laboral”.

Tomando como certo o valor social que engaden os traballos de coidados, o debate refórzase preguntándose se este valor debe darse de volta. Paula Ríos fai fincapé na importancia de recoñecer este esforzo feminino dun xeito non-monetizado: “eu persoalmente non creo que a remuneración sexa a solución, pois sería seguir mantendo ás mulleres no ámbito doméstico. O camiño sería compartir, que a sociedade asuma os coidados ademais de recoñecer a parte das mulleres que pasaron parte da súa vida facéndose cargo destes”.

Por outra banda, e dende a economía feminista “se quedamos no básico, chegamos á conclusión que para outorgar valor a unha actividade é preciso retribuír un salario. Pero non nos podemos deixar influenciar por todas as variables do mercado actual e do capitalismo, e hai que ver as medidas que tería afondando nese ámbito”, afirma Ainoa. “Fundamentalmente, na actualidade, o peso do traballo doméstico recae na muller. Si que é certo que existe un debate ao redor da actividade cada vez maior do home neste traballo, pero é un “axúdoche”, non tanto compartir a responsabilidade do que hai que facer na casa. Ao ser algo necesario para a vida, debería ser realizado por homes e por mulleres. Non debería existir a división sexual. Deste xeito, a remuneración do traballo doméstico a través de fondos estatais ou a través de parte do salario do home ou calquera outra persoa que traballe fóra do fogar, sería un incentivo para que as mulleres continuasen quedando na casa -estarían a recibir un salario por algo que xa realizaban sen cobrar, recluíndo aínda máis á muller ao ámbito privado-. Polo que a loita pola liberación da muller, tamén ten que comezar na propia casa.

Gráfica división do traballo
FONTE: INE

O mundo laboral parou, mais non só coas folgas das mulleres traballadoras, senón tamén a través da desaparición dos ingresos acadados grazas ás súas compras, pois tamén era unha folga de consumo. Con esta medida procuraron impulsar a construción de estratexias de consumo alternativas, que respectasen os dereitos e a vida da muller.

No que se refire á resposta política, Paula Ríos explica unha profunda falta de confianza cara ao movemento feminista: “tanto sindicatos como partidos, non tiñan clara a capacidade que tiñamos de convocatoria, nin sequera nós eramos conscientes”. Porén, xa son moitas as forzas políticas, de toda índole e vertente, que botan man do feminismo como arma electoral, ante a crecente concienciación e denuncia de desigualdades como a fenda salarial que no noso país roza as cifras do 30%.

Pode o feminismo ocuparse das opresións específicas?

Por outra banda, durante as mobilizacións do 8 de marzo, houbo consignas cualificadas de transfóbicas por unha parte do movemento feminista, especialmente aquelas que empregaban os xenitais femininos como símbolo da reafirmación e o empoderamento da muller. Non obstante, Alberto Hernández Platero, dende Ultreia, explícanos que “a maioría das activistas trans de Galicia teñen claro, que por dicir “a nosa cona" ou “na miña cona non manda ninguén" non se está caendo en comentarios transfóbicos, máxime porque o dereito a visibilizar a existencia dese órgano sexual sempre foi unha cuestión espiñosa, polo tabú que supón, xa que é algo que moitas feministas tratan de reivindicar. O importante é non confundir nin pisar reivindicacións”.

A suma ou unión de forzas continúa a ser un camiño defendido polos diferentes sectores do movemento feminista na súa gran maioría. “É necesaria a interseccionalidade de loitas, cunha unión clara entre feminismo e dereitos LGTBI, poñendo unha axenda común que, se se cumpre, une a todas as persoas”, afirma Alberto. A pesar disto, a visibilización dos colectivos LGTBI non foi abafante ao priorizar a converxencia co movemento feminista en xeral fronte ás siglas. Este feito, dende a asociación LGTBI, considérase como algo “moi positivo”, aínda que pola outra banda “quizais puido non visibilizar completamente a presenza do colectivo”.

En definitiva, o movemento feminista recuperou forzas coa asistencia histórica e o exemplo de organización das que fomos testemuñas unha vez máis. Isto pode supoñer un impulso na loita contra a opresión da muller en todos os ámbitos da vida social, unha concienciación das amas de casa, das traballadoras dos demais sectores feminizados, e daquelas mulleres que reciben un salario inferior en relación aos seus compañeiros homes polo mesmo emprego. Pero a concienciación non cambia o sistema, senón as relacións sociais a nivel global e sistémico. Se o feminismo, ou calquera movemento que loite contra a opresión da muller, queda estancado, a liberación feminina semellará outra vez unha mera utopía. Non obstante, os ventos semellan favorables, e a muller como suxeito consciente da opresión patriarcal estase a facer cada día máis evidente e máis popular.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Análisis
Análisis La propuesta abolicionista de Igualdad, otro intento de regular el cuerpo de las trabajadoras sexuales
La figura de la prostituta no es solo una categoría laboral o una práctica sexual, sino que es uno de los dispositivos más antiguos y eficaces del patriarcado para disciplinar a todas las mujeres.
Entrevista La Poderío
Andalucía Virginia Piña: “Con la Guerra Civil y su posguerra intentaron aniquilar nuestra conciencia”
Quien tiene el poder, tiene los recursos, y quien tiene los recursos también tiene la palabra. Virginia Piña (Jaén, 1988) la lleva tomando en los últimos seis años, dándole forma para hablar de figuras clave en la historia de las mujeres en Andalucía
Sorteo
Sorteo Teatro contra el antigitanismo machista
Participa en nuestro sorteo para socias de El Salto hasta el 23 de julio y llévate una de las cinco entradas dobles que sorteamos para la función del miércoles 30 en el Teatro del Barrio.
#14499
21/4/2018 18:03

pavo, cállate!

0
0
#14409
20/4/2018 12:56

Boa conclucisón do texto. A igualdade nunca se acadará reformando o sistema capitalista.

1
0
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.