Entroido Viana do Bolo 1
Cedida polo Folión Feminino de Viana do Bolo. Alba Prada

Feminismos
Folión Feminino de Viana do Bolo: símbolo de evolución nas tradicións do Entroido

As mulleres reclaman o seu papel no folión de Viana do Bolo, o único formado só por mulleres.
17 feb 2023 09:16

As tradicións son algo que hai que conservar e respectar, pero a evolución segue o seu curso. E o Entroido non é algo que poda eximirse. É unha celebración ancestral na que a tradición vén de moi lonxe. Porén, coma todo, vén de evolucionar, sobre todo nalgúns aspectos como a inclusión da muller nas actividades “de cara ao público”. O Folión Feminino de Viana do Bolo é un bo exemplo.

Que oitenta mulleres da zona, do rural, de diversos folións se xunten para tocar bombos e aixadas por todo o pobo de Viana do Bolo, é símbolo de cambio de tempo, de tempo das mulleres. Actualmente, é o único folión formado unicamente por mulleres que existe.

Porén, tempo atrás na década dos noventa aproximadamente, tentouse unha iniciativa como esta, pero sen éxito. O investigador vianés Carlos Xabier Ares, explica que veciñas da vila coma súa nai “saíron un ano, pero pola sociedade patriarcal desa época sufriron comentarios despectivos”. Como consecuencia, non volveron saír nunca máis.

Entroido Viana do Bolo 2
Cedida polo Folión Feminino de Viana do Bolo. Alba Prada

Labores de casa e confección de traxes de boteiro para os seus descendentes: papel das mulleres en épocas anteriores

O papel das mulleres en épocas anteriores reducíase sobre todo ás labores da casa. “O Entroido é unha festa moi familiar, elas eran as que preparaban as comidas para todos”, argumenta Carlos Xabier Ares. Ademais, o investigador tamén explica que outro dos papeis fundamentais era a confección dos traxes de boteiro, “para unha nai, unha avoa ou unha madriña, facerlle o traxe de boteiro ao seu fillo, neto, ou afillado, era algo moi especial”.

Outra das labores que se lle encargaban era a preparación do lardeiro, bonecos que adoitaban colgarse nos lugares máis altos e inaccesibles para que o dono non puidese recuperar a súa roupa, a cal debía quedar alí exposta ata o final do Entroido. “Roubábanlle roupa aos homes para confeccionalo, e defendíano con fariña”, revela Carlos Xabier Ares.

É ilustrativo que os termos das personaxes de Entroido estean en masculino: boteiros, peliqueiros... “As mulleres tiveron sempre un papel importantísimo, pero sempre se lles foi usurpado”, afirma Ares, “estiveron na sombra pero sen elas sería imposible entender o Entroido tal e como o coñecemos”.

Entroido Viana do Bolo 3
Cedida polo Folión Feminino de Viana do Bolo. Alba Prada

Na actualidade, isto é outra das cousas que mudaron, xa que agora existen boteiras. “Hai a quen non lle gusta, pero as tradicións van mudando, hai que evolucionar”, conclúe o investigador vianés.

Iniciativas que percorren as rúas da vila como símbolo de unión

Porén, os anos van pasando, e con eles, tamén van xurdindo iniciativas como o Folión Feminino de Viana do Bolo. Jessica Granja, a súa alma mater, explica que a idea xurdiu no ano 2015, “eramos seis ou sete e cada ano vai a máis”. E é que neste ano 2023, 75 mulleres das zonas de Viana, Vilariño ou Manzaneda, entre outras, xúntanse na Praza do Toural para percorrer as rúas da vila vianesa. “Lévase no sangue, nisto non fan falta ensaios”, afirma Granja.

Así, está formado por integrantes de diversos folións (cada pobo adoita ter o seu) e a data na que adoitan xuntarse a tocar é o sábado anterior ao “xoves de compadres”, no que tamén celebran unha comida de confraternización. Lorena González, outra das pioneiras desta agrupación explica que “é unha iniciativa para xuntarnos mulleres destas zonas do rural de tódalas idades, e que estea composta só por compañeiras cun papel que antes non nos correspondía no Entroido é ilusionante”.

Entroido Viana do Bolo 4
Cedida polo Folión Feminino de Viana do Bolo. Alba Prada

Para a xente de Viana do Bolo, como é o caso de Ylenia Fernández, tocar en conxunto bombos e aixadas “é algo único, ver que somos un só son e que nos une ese sentimento é algo que hai que vivir”. Así, describe que en moitas ocasións, “póñenseme os pelos de punta tanto ao tocar como ao velo desde fora”. Noutros casos, como o de Lorena González, “saír a tocar o folión é unha sensación indescritible, pero saír a tocar o feminino é un sentimento de unión, non hai problemas, non hai competitividade”.

A tradición tamén pasa por acoller a persoas doutros lugares que queren vivir o Entroido

Tal é o sentimento de unión, que “o feminino” acolle a todo o mundo, sen ter que ser exclusivamente da zona. “Mentres veñan a tocar a Viana e non o fagan noutros lados, nós ensinámoslle e axudamos no que faga falta”, sostén Lorena González, “pero sempre que veñan ao pobo do que realmente provén o folión para non perder as tradicións”.

Un destes casos é o de Alba Urdangaray, procedente da zona de Valdeorras, a cal comezou a tocar no “feminino” o pasado ano, o primeiro despois da pandemia. “O meu primeiro Entroido foi no 2014 grazas a unhas amigas, comecei tocando noutro folión, o de Ramilo e Penouta, no que me axudaron moito, xa que nunca tocara”, e aínda que “tes que ter moito ritmo no corpo, paréceme alcanzable poder participar se non es de alí”, recoñece.

Entroido Viana do Bolo 6
Cedida por Carlos Xabier Ares. Alba Prada

Como ben explica o investigador Carlos Xabier Ares, a tradición, o sentimento e a identidade é atemporal pero certos matices van evolucionando. Con todo, no caso de Alba Urdangaray, aínda que non é nativa de Viana do Bolo, para ela “o Entroido vai máis alá dun disfrace, dunha época do ano; é algo ancestral, un aceno de identidade”. Así, describe ese sentimento como incrible: “envólvente nesa burbulla, da o mesmo romper os dedos contra o bombo, quedar xorda coas aixadas, nese momento non importa”.

Ademais, Urdangaray describe a sensación de unión que transmiten as vianesas: “ao mellor non coñeces a moitas mulleres das que participan, pero sempre hai sorrisos, miradas cómplices; ese día hai un ambiente diferente”. E é que estamos a presenciar o cambio de tempo no que as mulleres toman o protagonismo dunha forma sa e de compañeirismo, “estamos aquí todas porque hai algo que nos une, temos un denominador común, igual quen sexas, que fagas, de onde veñas... O obxectivo é desfrutar”.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Galicia
Galicia Galicia elige el rumbo de la lucha contra Altri en las elecciones a la directiva de la plataforma Ulloa Viva
Vecinos y vecinas de la comarca más afectada presentan dos listas separadas tras no llegar a una propuesta de consenso. Por un lado concurre una candidatura continuista y, por el otro, una alternativa que se acerca más al nacionalismo institucional.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria
Medio ambiente
Medio ambiente A loita polo monte galego: lumes, eucalipto e ameazas á propiedade común
Galiza concentra un terzo dos incendios forestais rexistrados no Estado. Mentres a Xunta apunta aos montes veciñais, comuneiros e ecoloxistas denuncian unha estratexia política para favorecer a privatización e a expansión da industria madereira.

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.