Fotografía
‘Ánima’: un fotolibro que conecta tradición e animalismo

Ruth Montiel presenta ‘Ánima’, un fotolibro no que a Santa Compaña se cola na matanza do porco para que reflexionemos sobre a posibilidade dunha tradición respectuosa cos animais.
Portada Ánima
Libro Ánima, de Ruth Montiel
24 oct 2023 06:00

Din que aparece nas brañas, en días de neboeiro, e cando paseas sen compañía entre as árbores. É unha procesión de figuras fantasmagóricas. Siluetas case transparentes que portan farois e camiñan sen tocar o chan, sen facer ruído. Se as ves, pouco che queda. A Santa Compaña avisa. É a mensaxeira da morte nos bosques galegos, recollendo as ánimas das persoas que pronto se unirán a súa procesión espectral. Iso si, almas humanas. Sempre. Pero, que acontecería se esta procesión mística particular aparecese para recoller as ánimas dos animais que morren cada día a mans dos seres humanos?

Esta é a premisa de Ánima (Alauda Negra, 2023), un fotolibro creado pola artista palmeiresa Ruth Montiel Arias. Esta publicación, formada por 41 imaxes, ten como “eixo temático a analoxía entre a tradición da matanza do porco e o seu paralelismo coa crenza da “Santa Compaña”, segundo reza a súa presentación. A idea, din, é “trazar un novo imaxinario onde sexa posible unha nova relación do noso folclore cun humanismo non antropocéntrico e respectuoso coa dignidade e os dereitos dos animais”.

“Esta idea xurdiu de xeito moi natural. Eu o que quería era reflexionar sobre como a nosa tradición bebe e respira da nosa historicidade como persoas e como pobo. Aínda que, como saberás, a superstición vinculada á Santa Compaña non é só de carácter galego”, conta Ruth Montiel. “A idea era usar esta procesión como metáfora: no canto de buscar ánimas humanas, o que vai recoller esta Santa Compaña é a alma dun animal, neste caso dun porco. Porque a través da metáfora podemos crear eses paralelismos con tradicións que seguen estando moi arraigadas na nosa cultura, no noso ADN”.

“A idea era usar esta procesión como metáfora: no canto de buscar ánimas humanas, o que vai recoller esta Santa Compaña é a alma dun animal, neste caso dun porco”

Montiel leva xa tempo facendo traballos sobre “a relación humana co territorio natural e os seus conflitos derivados da dominación e opresión animal, ambiental e social”. Entre os seus libros atópanse obras como Bestiae, na que se analiza a dominación masculina sobre o animal; ou El 2%, unha navegación ao redor da historia sobre a nosa relación cos primates non humanos e como repensar un futuro que os involucre. “A miña carreira artística comezou con obras de denuncia vinculada máis ao espazo natural”, explica Montiel sobre a evolución do seu traballo. “Iso digamos que foi mudando cara a esa necesidade de falar e centrarme máis nos animais e usar ferramentas fotográficas e audiovisuais, pero falar dos animais implica tamén ás persoas que están neses espazos e que se relacionan con eses animais”. A súa idea, por tanto, sigue sendo a mesma que cando comezou a súa labor artística: “posicionar desde o ámbito do arte a necesidade de reflexión sobre o antropocentrismo e como nos relacionamos cos animais e coa contorna”.


Libro Ánima 2
Imaxe do interior do libro Ánima.

Unha relación que vén de moi atrás. Os mitos europeos, tradicionalmente antropocéntricos, falan de dominación e control da natureza. Zeus convertíase en todo tipo de animais para conseguir o que quería, pero en esencia sempre era Zeus, un home disfrazado. E a propia creación do mundo, segundo o pensamento occidental, foi a mans dunha figura antropocéntrica. Ovidio narra en La Metamorfosis, como “faltaba aínda na obra da creación un ser máis nobre e intelixente que dominase sobre todos os outros, e así foi como o home naceu”. É precisamente esta desconexión e relación desigual dos seres humanos coa natureza sobre a que Montiel reflexiona en Ánima e noutras das súas obras.

“No momento no que sigamos vendo aos animais como meros recursos, non imos ter un folclore que teña unha relación de igualdade cos animais”, explica Montiel. “Con todo, co tempo imos mellorando a nosa relación coa contorna e iso pode axudarnos a repensar e, por que non, adaptar todas estas tradicións. De feito, as novas xeracións, sobre todo, están pedindo agora que reflexionemos sobre isto e hai costumes tradicionalmente vinculadas á explotación dos animais que se foron adaptando: hai partes do estado español onde se cambiaron as ‘vaquillas’ por pelotas ou bonecos”. Para Montiel, este é o camiño a seguir, “modificar as tradicións para que así xa non xeren unha explotación a un ser sentinte”. “Se temos esa vontade, claro que podemos.”, reflexiona a artista. “Isto ademais vai ser positivo, porque no momento no que consegues chegar a esa empatía cos seres máis esquecidos do planeta, todo o demais xa vai da man. A empatía estenderase tamén cara ás persoas e cara ao espazo natural no que vivimos”.

“Así tamén naceu un pouco este proxecto, ao coñecer xente que, no fondo, non querían matar ao animal pero que sentían que alguén tiña que facelo”

Unha empatía que, para Montiel, se reflicte en Ánima nas persoas encargadas da matanza que atopou durante a documentación do libro e que, en realidade, “non querían facer o traballo que lles tocara”. “Así tamén naceu un pouco este proxecto, ao coñecer xente que, no fondo, non querían matar ao animal mais que sentían que alguén tiña que facelo”, asegura Montiel. A isto súmanse as prácticas ilegais “que aínda se levan a cabo, pero a xente fai a vista gorda” e o feito de que “dar matanza aos porcos con coitelo e con desgana provoca que a morte sexa aínda máis dura para o animal. Alongan o sufrimento do ser vivo”.

Ruth Montiel estivo catro anos dedicada á realización deste libro, desde o ano 2019, e recoñece que este tipo de traballos “precisan moita reflexión, moito espazo, que descansen, que respiren... É diferente ao fotoxornalismo”. Para ela, embarcarse nestes proxectos “máis artísticos e con códigos artísticos require un espazo, un tempo e unha relación coas persoas”, coas que convive durante “os procesos iniciais de documentación, non só fotográfica, senón sobre todo case a nivel psicolóxico e antropolóxico”. Ruth Montiel ten claro que “estes traballos non se poden facer dun día para outro”. “Así como eu lle dou tempo aos traballos, precisamente o que necesito é que a xente que se achegue a eles tamén lles adique tempo, cando esa persoa queira, para poder interiorizar toda esa simboloxía que verto a través da consecución de imaxes”. Porque Montiel leva anos “reflexionando sobre o uso que temos das imaxes”. “Como se utilizan sobre todo nos medios nos que nos movemos a día de hoxe, nas redes sociais. Como absorbemos as imaxes, como se nos quedan ou como non se nos quedan. Entón, para min o máis importante é que ese diálogo que fago coa xente xere certo poso, entre dalgún xeito”.

A artista remata insistindo en como este traballo axudouna a afondar neste tema e a entender que “hai xente que si quere rematar con esta tradición, non só as persoas vinculadas aos dereitos dos animais, senón tamén as que consideran que xa é unha práctica que non é necesaria, porque hoxe as familias non teñen porque matar ao animal para sobrevivir, teñen outros recursos”. “Séguese a facer porque é unha tradición instaurada coa idea de: este animais criámolo nós e así sabemos o que comemos”, comenta Montiel. “Pero eu constatei neste traballo que hai moita xente que está en desacordo con seguir facendo esta práctica, coa matanza do porco”. Eu creo que é unha tradición que debería desaparecer, pero se hai xente que non quere que desapareza, porque as tradicións van vinculadas a nós, se acaso debería, polo menos, transformarse para que desapareza o sufrimento dun animal que sinte”.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

El Salto Radio
El Salto Radio Convivencia de Berrocal: Comunidad, no rebaño
Señales de Humo vuelve a la Convivencia Rural de Berrocal, que este año se celebra bajo el lema “Comunidad, no rebaño". Una jornada donde compartir la risa, la cultura, el debate… y también los dolores y esperanzas del mundo.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Euskera
Lourdes Oñederra “La comprensión tiene valor por sí misma, no es un mero paso intermedio”
Lourdes Oñederra destaca la comprensión lingüística como clave para abrir oportunidades y beneficios que merecen atención y cultivo.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.