Fotomatón
Touriñán metido en fariña

Anda este rapaz de Culleredo metido ultimamente en fariña, volvendo enriba das táboas sobre aquela vizosa narcocultura, medio siciliana, coa que moitos conviviron chorando de risa ata a operación Nécora.

Touriñán 1
Imaxe de estudo do actor galego Xosé Antonio Touriñán. Foto: Marcos Martínez. Ainé Producións.
Diego Ameixeiras
25 nov 2019 08:00

Sobre o rostro de Touriñán descansa unha expresión cristalina, esa marca de bondade fartureira que se nota nos fillos das familias que levan séculos tratándose con produtos da casa, reticentes por natureza ao alimento procesado e incapaces para a carraxe. Non hai máis que ver a súa tendencia ao sorriso grande e ausente de dobrez, coma se levase posto nos beizos un neno preparado en calquera intre para saír ao recreo e vivir nun conto de Cortázar. Podemos asegurar que envolve a súa efixie un sentidiño tan extremo que deixa cadáveres de intransixencia ao seu paso, un esplendor razoable ao que só uns afortunados chegan sen máis esforzo que exercitando o secreto último da súa tenrura: non perdoarlle nunca un vaso de leite antes de se meteren na cama.

Pero exhibe tamén o noso home un distintivo vigor no emprego da retranca, ese método de coñecemento que alivia os corazóns circunspectos en caso de apuro, que é o estado natural dos galegos cando entramos en contacto con xentes de sequeiro. Esa retracción que nos pon a salvo os segundos suficientes para calibrar o ambiente na barra, medir as defensas do auditorio e trasladar unha réplica perfecta, un mísil á liña de flotación da unilateralidade. Enténdase que non se trata, en boca de Touriñán, dunha ironía lacerante ou abusiva: entre as súas calidades destaca sempre un carácter preventivo e unha chamada a revirarse polo simple pracer da autodefensa, sen que o sangue chegue ao río. Diríamos que sabe empregala coa famosa “abundancia xusta” da que falaba Lezama Lima.

Exhibe tamén o noso home un distintivo vigor no emprego da retranca, ese método de coñecemento que alivia os corazóns circunspectos en caso de apuro

Anda este rapaz de Culleredo metido ultimamente en fariña, volvendo enriba das táboas sobre aquela vizosa narcocultura, medio siciliana, coa que moitos conviviron chorando de risa ata a operación Nécora. Ten unha habelencia consumada, pensamos que innata, para transparentar un arquetipo tan de noso que abraia pola súa elocuencia antropolóxica e produce un agudo estrañamento, igual ca ese espello que nos devolve pola mañá unha imaxe de nós mesmos na que nos recoñecemos cun inconfesable embarazo. Consegue Touriñán deixarnos perplexos ante o seu debuxo satírico do que somos como cando Rafael Sánchez Ferlosio paseaba polos montes da súa infancia, sentíndose “un animal sen instinto e un home sen experiencia”. E leva sobre os ombros unha cátedra en alegría popular que nos fai a todos máis felices e lixeiros.

Fotomatón
Camiño de Tosar
Exhibe Tosar unha calvicie referencial, unha alopecia fachendosa e consciente, non como as cabezas rasuradas de Jason Statham ou Woody Harrelson.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.