Croacia: cando son os propios policías quen denuncian a violencia nas fronteiras

Nunha carta enviada de forma anónima á Defensora do Pobo asegúranse tratos inhumanos e violentos contra os refuxiados que intentan cruzar a fronteira antes de deportalos ilegalmente a países veciños.

refugiado herida
Sofía Caamaño Espalda de Faysal después de haber sido agredido y deportado por la policía croata.
18 jul 2019 09:25

Un grupo anónimo de policías croatas admite nunha carta enviada a Defensora do Pobo os abusos cometidos contra as persoas refuxiadas que intentan entrar no país. O escrito fíxose público onte en el asegúrase que as ordes da dirección de policía son de “deportar a todo o mundo sen papeis, coller os seus cartos, romperlles os móbiles, tiralos ou quedárnolos para nós e, despois, devolver forzosamente aos refuxiados a Bosnia”.

Nunha entrevista recente cunha televisión suíza, Kolinda Grabar-Kitarović, presidenta de Croacia, dixo que, tras falar co ministro de interior, o xefe de policía e os axentes en terreo, non se utilizaba “unha forza excesiva” nas deportacións pero que “un pouco de forza si é necesaria” a hora de devolver aos migrantes a países lindeiros. Sen embargo, na carta enviada á Defensora do Pobo afírmase que todos os días chéganse a deportar a entre 20 e 30 migrantes, que as veces lles pegan e que inclusive algúns policías ata sacan as súas pistolas.

Na carta enviada á Defensora do Pobo afírmase que todos os días chéganse a deportar a entre 20 e 30 migrantes, que as veces lles pegan e que inclusive algúns policías ata sacan as súas pistolas.

Faysal, un mozo alxerino que intentou varias veces cruzar dende Serbia a Croacia, asegura que en máis dunha ocasión a policía croata descubriuno intentando entrar no país e lle propiciou varias malleiras. “Descubríronme escondido no tren, leváronme a estación de policía que está preto da fronteira serbia, tiráronme ao chan e estivéronme pegando durante 10 ou 15 minutos”, conta. Faysal apareceu despois de cinco horas camiñando ferido de volta en Sid (vila serbia fronteiriza con Croacia) coas costas e as pernas cheas de mazaduras.

O seu caso non é illado. Varias organizacións en terreo levan denunciando dende fai anos as actuacións policiais violentas contra refuxiados. Unha delas é No Name Kitchen, que conta con grupos de voluntarios en Sid (Serbia), Velika Kladusa (Bosnia) e Patras (Grecia). Enrico Pascatti, que se pasou oito meses en Sid traballando con esta organización e elaborando informes de violencia policial, asegura que as deportacións ilegais e violentas a Serbia por parte da policía croata son constantes. Ademais, segundo este activista, as forzas fronteirizas non só abusan fisicamente dos refuxiados, senón que tamén, as veces, recorren a humillación e a violencia psicolóxica. “Atopeime con casos de rapaces aos que obrigaron a estar nus durante horas, sobre todo en inverno. Unha vez un menor contoume que o forzaron a facer flexións en calzóns mentres lle pegaban nos pés cunha porra e o insultaban”, asegura.

Varias organizacións en terreo levan denunciando dende fai anos as actuacións policiais violentas contra refuxiados.

Ademais, segundo Enrico, é común que lles esnaquicen os móbiles, lles rouben os cartos e todas as súas pertenzas persoais. “Rómpenlles os teléfonos para que así, sen ter GPS, lles resulte moito máis complicado volver a intentar cruzar a fronteira”, explica. No Name Kitchen, xunto con outras asociacións en terreo, recompilan todos os informes de violencia policial recollidos por voluntarios na páxina web da organización Border Violence Monitoring.

Segundo un informe de Amnistía Internacional publicado o pasado mes de marzo, a Unión Europea “non solo fai ollos cegos ante os asaltos cometidos pola policía croata, senón que os financia”. Massimo Moratti, director de investigacións na Oficina Europea de Amnistía Internacional, explica en este informe que os fondos destinados á axuda humanitaria son moito máis pequenos que os dirixidos a equipar a policía fronteiriza croata. Ademais, Croacia está en proceso de entrar na área Schengen, caracterizada pola libre circulación dentro dos seus límites e polo endurecemento e peche de fronteiras a aqueles países que non están dentro do acordo. Exemplo desta visión son as vallas fronteirizas situadas no confín este de Hungría e na fronteira sur española. De acordo con estas políticas, o pasado mes de maio Davor Božino, Ministro de Interior de Croacia, cualificou a deportación colectiva de 70 migrantes a Bosnia como “unha acción en línea co estatuto de Schengen, dirixida a previr a inmigración ilegal”.

O grupo de policías anónimos autores do escrito declaran que toda a información publicada polos medios de comunicación con respecto a este tema “é certa e moi leve se a comparamos co que realmente acontece nas estacións de policía”. Por isto, piden á Defensora do Pobo croata que se involucre persoalmente para que estas “prácticas inhumanas” deixen de realizarse.

Carta enviada a Defensora do Pobo de Croacia
Querida Señora,
Pedimos a súa axuda porque nos decatamos de que vostede é a única que da conta das prácticas ilegais cometidas contra refuxiados e persoas en situacións difíciles a quen nós estamos tratando de forma inhumana todos os días.
Son un traballador da estación de policía (...) e levo traballando na protección da fronteira nacional durante un longo período de tempo. Algúns de nós estamos berrando, non temos máis vontade nin enerxía para seguir observando o que se lle está facendo a estes seres humanos.
Todos os días deportamos a Bosnia sen papeis, sen procesalo, da igual se son mulleres ou nenos, tratamos a todo o mundo da mesma maneira. Non hai un procedemento de asilo, non existe, tan só en situacións extraordinarias nas que temos a atención dos medios de comunicación sobre nós. As ordes do xefe, do executivo e da administración son de devolver a todo o mundo sen papeis, sen pistas, coller os seus cartos, romperlles o móbil, tiralos a (...) ou quedárnolo, e deportar aos refuxiados de forma forzada a Bosnia.
Esta é a realidade sobre como os tratamos. Os policías que veñen como unidades de reforzo de outras estacións son especialmente crueis porque están enfadados por ter que estar aquí. Quédanse aquí pouco tempo así que fan o que queren sen control, o que me recorda a Janissaries, pegando e roubando. Isto é triste pero certo e acontece baixo a bendición do executivo da estación de policía e a administración.
Nós, uns poucos policías, estamos especialmente tristes polo feito de que o executivo nos anima e obriga a facer isto, cando supostamente teríamos que estar traballando na legalidade, contra este tipo de prácticas e non permitindo este comportamento dentro do corpo de policía.
Todos os días deportamos a entre 20 e 30 persoas. Cando traen a xente ata aquí desde outras estacións de policía están cansados, as veces pegáronlles e despois somos nós quen temos que levalos en coche pola noite e deportalos de forma forzosa a Bosnia.
Aquí acontecen todo tipo de cousas, as veces a policía ensina as súas armas. Isto é vergoñento para o corpo, e non é o que imaxinaba cando fun á escola.
Eu persoalmente deportei ao redor de 1000 persoas durante a noite, intentando ser o máis humano posible, pero teño (...), e se me nego a facelo perdería o meu traballo e non sabería como alimentar a miña familia.
O grupo de policías que compartimos esta visión pedímosche que pares estes comportamentos e prácticas dentro do corpo. Todo o que lle chega, o que escriben os medios de comunicación, é certo e moi leve comparado co que pasa na estación de policía.
Tamén é moi triste que os xefes do corpo, e en especial a administración de policía, mencione o seu nome de forma maleducada e inapropiada, porque non merece isto, non é concorde que alguén con un alto nivel de educación reciba estes insultos e nomes. Vostede tan só está exercendo o seu traballo de forma honorable e decente, de acordo coas leis e regulacións, e esta é a forma na que a policía debería tamén traballar pero, desafortunadamente, estamos lonxe diso.
Pedímoslle outra vez que persoalmente se involucre na detención destas malas prácticas que nos poden levar a tráxicas consecuencias, e ninguén quere iso.
Nos cremos en vostede, na súa xustiza e traballo legal.
Axentes de policía afectados da estación (...)
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...
Cargando portadilla...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...