Historia
Anselmo López Carreira, a Galiza medieval e as primeiras institucións do autogoberno
No segundo capítulo do podcast, Anselmo López Carreira achega unha lectura precisa e documentada sobre quen foron realmente os Irmandiños e contra que estruturas de poder se levantaron. Historiador, ensaísta e referente nos estudos sobre a Galiza medieval, López Carreira pon o foco na organización política e social do século XV.
Na entrevista con David Gesteira analiza o papel da nobreza, da Igrexa e das institucións propias do país, así como a dimensión política da revolta, moitas veces reducida a un simple levantamento popular. O episodio afonda tamén no concepto de institucións de autogoberno na Galiza medieval e no significado fondo da revolta.
Un capítulo clave para comprender a complexidade dun movemento que foi moito máis ca unha explosión de violencia contra os castelos. Esta entrevista non só resolverá dúbidas sobre o noso pasado como pobo, senón que porá luz sobre moitas ideas amplamente estendidas na opinión pública, pero non sempre moi exactas.
Verdades e mentiras da Revolta Irmandiña é o título que abarca unha narrativa transmedia que conta con dúas canles principais: a audiovisual, enfocado ás redes, e o podcast. Producido por O Salto, CRU e máis Descifrando a Historia, poderás atopar pílulas en vídeo nas redes que funcionan a modo de verificadores de feitos dalgunhas das ideas máis estendidas sobre este episodio no imaxinario popular.
Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.
Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!