carlos barros reino
O investigador Carlos Barros durante a gravación do primeiro capítulo de Verdades e Mentiras da Revolta Irmandiña.

Carlos Barros, o investigador pioneiro que entendeu a relevancia da Revolta Irmandiña para a historia de Galiza

Este é o primeiro dos cinco capítulos do podcast Verdades e mentiras da Revolta Irmandiña. Un proxecto transmedia no que atoparás catro entrevistas en profundidade con catro persoas de relevancia maiúscula na historiografía galega.
3 mar 2026 12:10

A Revolta Irmandiña é unha das grandes epopeas da historia galega, pero tamén, precisamente por ser un dos episodios máis contados e reivindicados dende a contemporaneidade, tamén é un dos máis mitificados. Este é o primeiro dos cinco capítulos do podcast Verdades e mentiras da Revolta Irmandiña. Un proxecto transmedia no que atoparás catro entrevistas en profundidade con catro persoas de relevancia maiúscula na historiografía galega e que ademais teñen moito que dicir sobre este episodio da nosa historia.

Nesta primeira entrega, o historiador Carlos Barros axuda a desmontar lugares comúns e a situar o conflito no seu contexto social, político e europeo.

Barros, profesor universitario é unha das voces máis recoñecidas na renovación da historiografía medieval galega. Na conversa con David Gesteira, cabeza visible de Descifrando a Historia, aborda as causas profundas da revolta, o papel do campesiñado e das vilas e os límites da interpretación actual do movemento irmandiño. Un episodio que convida a mirar cara a Revolta Irmandiña non como unha excepción violenta, senón como parte dun proceso histórico máis amplo de conflito social na Baixa Idade Media.

Verdades e mentiras da Revolta Irmandiña é o título que abarca unha narrativa transmedia que conta con dúas canles principais: a audiovisual, enfocado ás redes, e o podcast. Producido por O Salto, CRU e máis Descifrando a Historia, poderás atopar pílulas en vídeo nas redes que funcionan a modo de verificadores de feitos dalgunhas das ideas máis estendidas sobre este episodio no imaxinario popular.

Verdades e mentiras da Revolta Irmandiña está financiado con recursos públicos grazas ao certame Fondo de proxectos culturais Reino de Galicia, promovido pola Deputación da Coruña.

Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.
Cargando...
Cargando...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...