Historias da dignidade
A resistencia de César e Antonia Fraguela

Historias da dignidade é unha serie de reportaxes elaboradas para O Salto Galiza polo xornalista Lois Alcayde Dans coa colaboración de Carmen García-Rodeja, investigadora da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica (ARMH). O xornalismo como fornecedor da verdade e do activismo da nosa memoria común, contar a historia para crebar o silencio. Vítimas, familias, persoas represaliadas e castigadas no lugar onde cada día se lles lembraba como os vencidos. Un rumor compartido ao que devolver a voz.

ToñitaFraguela1
Toñita Fraguela: cigarreira, socialista e muller de sorriso resistente. FOTO: Cristina Varela
9 ago 2019 08:00

Cando Antonia comezou traballar con 15 anos na Fábrica de Tabacos da Coruña un superior, tras varios episodios de tensión, ameazouna: “Díxome que coidado, que o peixe grande sempre come ao pequeno, eu díxenlle que os pequenos producimos indixestión”.

A Antonia Fraguela chámanlle Toñita e gosta de preservar as cousas. “Eu son así, se merco algo é para que me dure”. No seu piso acaban de cambiar o parquet, o inmoble ten máis de medio século mais Toñita semella ser unha destas persoas das que todo o que pasa polas súas mans é preservado e conservado con sumo cariño. Toñita e o seu pai César conforman unha cadea fundamentada pola dignidade. Ensíname un exemplar dun diario titulado “La Voz Bautista” editado na emigración galega e española en Sudamérica, nel falan do seu tío Rafael Fraguela, de como o seu avó pediulle que non deshonrara un apelido, o Fraguela, que sempre mantivera a dignidade. Rafel e Cesar cumpriuno e Antonia leva ese compromiso ata o día de hoxe, “a coherencia, o compromiso, é o máis importante. Non ser un máis do rebaño, iso o noso pai deixouno moi claro”.

César Fraguela entendía de compromiso e asociación cando entrou na CNT coruñesa nos anos 30 non por unha inclinación puramente anarquista senón polo modelo de autoxestión e asociación que lle ofrecían dende o sindicato, “gustáballe máis pola xestión que polo anarquismo”. César traballaba na Fábrica de Gas e Electricidade coruñesa que, rematada a Guerra Civil, sería coñecida como FENOSA e significou o seu despido, a súa nai Juana Rodríguez, era modista, ‘Nita’, chamábaa César. A posterior posguerra trouxo á casa dos Fraguela -un inmoble unifamiliar hoxe inexistente ubicado no que agora é o parque de Vioño- varios pratos rotos. Literalmente. Toñita e as súas irmás Marisa e Berta xogaban dende moi pequenas a un particular xogo.

ToñitaFraguela2
Toñita, á dereita, coas súas irmás Berta (centro) e Marisa (esquerda). FOTO: Álbum familiar

En que consisistía ese xogo? Unhas poñiamos unhas caras moi tensas e outra finxía que chamaba á porta. Logo a da porta dicía “somos Blanco y Pellicer!”. Despois entraba e finxía que revolvía todo, que destrozaba todo, que era o que facían aqueles dous. Naquela época non tiñamos xoguetes e xogabamos cos pratos rotos. Deses dous Blanco era cabo e Pellicer era sarxento, facían o traballo de policía política. Entraban en casa, mallaban, rompían, rebuscaban e marchaban. Un día ao meu pai o colleron na casa ás seis da mañá e a miña nai foi detrás del por medo ao que lle podían facer. Tíñalle pánico á lei de Fugas. Aos que mataban na rúa lles dicían, ‘ale, és libre’, e cando estaba de costas lle pegaban un tiro e logo dicían que tentaba escapar… miña nai saía detrás deles para ser testemuña en caso de que lle fixeran iso.

Nada máis comezar a guerra César foi apresado polos nacionais e multado varias veces. No papel rectangular que me ensina Toñita aparece o escudo da República Española e o título ‘Pagos al Estado’, mais a autoridade que expedía estas multas en nada tiña que ver coa do escudo, na que me ensina Toñita se obriga a César Fraguela ao pagamento de 100 pesetas por “desafecto” ao Movemento Nacional. Posteriormente César Fraguela foi un “escapado”, sobreviviu no monte con idas e vidas á casa familiar “medio disfrazado”, di Toñita, “ás veces con barba postiza, sombreiro, con bigote… de incógnito”. O seu crime, pertencer á CNT. Toñita abre un dos álbums familiares e me ensina un enlace familiar en Madrid. Entre os presentes na boda, un escapado César de traxe impoluto que acompaña a un atildado mozo e unha moza de anguloso sombreiro a piques de contraer matrimonio. “Pasou moito tempo escapado entre Madrid e Cáceres. Sobreviviu grazas á axuda do seu irmán, José Fraguela, que era construtor ”En Madrid non o coñecían e non se tiña que ocultar, podía ser un civil máis. Estivo escapado vinte anos mais nunca lle faltaou a axuda. Na nosa familia eramos unha piña”. Esta axuda tamén chegaba á Coruña, onde recibiu a solidariedade da familia daquela dona do bar O´Lionardo -hoxe en día segue aberto, baixo outra xerencia- na rúa de Fernández Latorre.

“Entraban en casa, mallaban, rompían, rebuscaban e marchaban. Un día ao meu pai o colleron na casa ás seis da mañá e a miña nai foi detrás del por medo ao que lle podían facer.”
ToñitaFraguela3
Retrato de César Fraguela, pai de Toñita. FOTO: Cristina Varela

No caso das fillas, entre elas Toñita, recibiron en pleno franquismo unha educación completamente laica, levada a cabo polo Colexio Cabanillas, na rúa Castiñeiras de Abaixo: “As nenas daquela ían ás escolas coa presenza da Sección Femenina… cos bailes e todo ese espectáculo, nós non tivemos nada diso”. Anos mais tarde a escola pechou e a familia Cabanillas emigrou para Bos Aires. A familia Cabanillas sérvelle a Toñita para debuxarme retazos da cidade da posguerra que se abre paso entre a escuridade, coas pamelas e vestidos na Solana e o desfile de caras e conversas no xa desaparecido Bar Galicia, no Cantón, onde hoxe se ubica a Fundación Barrié. Convivían as luces e as sombras nun local onde as autoridades cravaban a modo de papel sagrado a calificación moral dos espectáculos. A familia Cabanillas foi esencial para a supervivencia de César Fraguela. Un dos fillos do fundador do Colexio Cabanillas, Santiago, fíxose mozo dunha das usuarias de La Solana, María Luisa, á súa vez compañeira de piso de Mercedes Montoro -coñecida por ser daquela parella do actor Fernando Rey-. Son estas dúas mulleres e amigas da familia Celeiro quenes conseguen, a través da amizade con persoeiros da alta sociedade da cidade, librar a César Fraguela da morte no paredón: “ao meu pais íano fusilar pola mañá, a noite anterior anduveron chamando e procurando unha solución. Conseguiron convencer a un amigo de Barrié de La Maza, o seu brazo dereito, moi influínte, Rafael Sande”. Deste home, Sande, quedan na hemeroteca numerosos honores como ter sido presidente da Cámara de Comercio da Coruña, da Delegación Nacional de Previsión, do Sindicato Provincial de Banca e Subdirector do Banco Pastor, entre as condecoracións recibidas en vida destaca a Gran Cruz do Mérito Civil. Toñita soubo da súa morte a través dunha “esquela enorme” nun xornal de 1970. Foi en última instancia Rafael Sande que rematou de mover os fíos e mediar para evitar o fusilamento de César.

ToñitaFraguela4
Toñita repasa a historia familiar contada no libro Nombres y Voces. FOTO: Cristina Varela

César reincorporárse á “vida normal” como civil a finais dos anos cincuenta: “Montara un almacén de cemento e materiais do construción, mais non podía poñelos ao seu nome”. Hai unha familia que volve resoar na boca de Toñita, un eco da cadea de solidariedade que axudou a saír adiante á familia Fraguela: os Charrí, donos dunha grande ferretería nos baixos da praza de Ourense e rúa Picavia. “Era xente de moito diñeiro, cun almacén no porto, querían moito ao meu pai. Cando viñan as caixas de fóra ao almacén deixaban entre os paquetes botes de marmelada e bolsas de patacas para o meu pai, ata pan! Sobrevivimos grazas aos Charrí e Juan e Enrique Pardo Parada, donos duns almacéns de compras na rúa Teresa Herrera e dunha empresa de cemento na avenida de Bos Aires, alí empregaron á miña nai para coser os sacos de cemento.

Toñita, pola súa conta, entrou no mundo laboral moi moza para axudar na economía familiar. César non bautizou ás súas fillas de pequenas ata que o imperativo legal da época se puxo de por medio.

Comezaches traballar moi xoven. Era unha nena. Tiña quince anos pero podía comezar traballar se nese ano cumpría os 16, cousa que así era. Meu pai non nos bautizara máis daquela para entrar a traballar precisaba a fé de bautismo e un certificado de “boa conducta” que podía ser expedido polo párroco. Nós pasamos moitas… xa o podes imaxinar, moitísimas. Tívenme que bautizar para comezar traballar e máis xa non me ían pedir! A miña nai foi conmigo a falar co cura polo tema do certificado de boa conduta, díxolle a Don Manuel, o párroco, que era de primeira necesidade. Meu pai estaba ou escapado ou no cárcere ou no cuartel da Garda Civil. Por non mencionar que cada vez que viña Franco á Coruña o collían e o levaban a calabozo. Ou iso ou lle deixaban unha notificación na casa para que se personara no cuartel e de alí a pasar días e días en prisión. Alí un dos compañeiros de cela morreu da paliza, déronlle na cabeza e os golpes provocáronlle unha hemorraxia interna que puido con el. Adoitaban mallar nos detidos cunha toalla mollada, para non deixar marca.

“Vixiábannos os oficiais, vixiaban o traballo e vixiábante a ti. Daban unha volta polo taller… e aínda que estiveras traballando sentada se aparecía pola porta tíñaste que poñer de pé. Tiñan moitos recursos para facer pasar un mal rato. Era horroroso.”

Na Fábrica de Tabacos Toñita compartiu asociación con ducias e ducias de mulleres cigarreiras que hoxe son homenaxeadas pola sociedade civil e o seu Concello como exemplo de reivindicación obreira dende antes da guerra e da Segunda República, unha permeabilidade cos tempos que as acompaña en toda a historia do século XX galego, as mans das cigarreiras transmiten o seu tacto pola historia contemporánea de Galicia a través dos anos, deixando a súa marca coma unha cadea de órganos sensibles de seu e dos cambios de marcha do progreso e da contrarreforma. As mulleres cigarreiras interviron nas primeiras protestas feministas da Coruña, marchando ata o Obelisco e colapsando a principal rúa Real ou, a comezos do século XIX, no lanzamento ao mar das novas máquinas que ían substituír progresivamente o seu movemento artesán de dedos e peles por golpes mecánicos, engranaxes e circuítos. As mans colectivas que queren cambiar as marchas da historia incluso cando o cambio de rumbo é inevitable. Toñita lembra dos primeiros anos entre cigarros e maquinaria un forte autoritarismo vido dos seus superiores, que na Ditadura atopaban campo libre para as prácticas de traballo máis abusivas. É por isto que con apenas 18 anos Toñita xa é enlace sindical dos Sindicatos Verticais do Réxime, a única maneira oficial de tentar facer xustiza no mundo laboral baixo a Ditadura Franquista: “Vixiábannos os oficiais, vixiaban o traballo e vixiábante a ti. Daban unha volta polo taller… e aínda que estiveras traballando sentada se aparecía pola porta tíñaste que poñer de pé. Tiñan moitos recursos para facer pasar un mal rato. Era horroroso. Alí pedías xustiza e non a facían. Eu desobedecín. Foi unha vez que o xefe de equipo, un tal Louro, o que decidía que máquinas funcianaban e cales non, parou a miña máquina… quería enfrontarme coas miñas compañeiras por ser eu enlace sindical. Como lles daba caña págabanma conmigo.”

Que fixeches? Díxenllo á cara. Sabía o que estaba facendo. Díxenlle que moi ben, que se me quería parar a máquina que ma parase que eu iría á portería a agardar polo señor Rodríguez, o xefe de persoal. Tiñamos que obedecer primeiro e denunciar despois, eu decidín desobedecer e denunciar (risas). Fixéronme dous expedientes. No primeiro pedín xustiza e resulta que me castigaron máis.

Toñita explica o curioso funcionamento interno daquel sindicato orgánico e oficial, no que case ninguén se presentaba ás eleccións sindicais e moitos eran escollidos a dedo, “a autoridade recaía frecuentemente en persoas que non tiñan capacidade”.

Que pasa despois daquel primeiro expediente? Puxéronme 15 días de suspensión de emprego e soldo, ademais de manchar o meu expediente, impecable. Ameazeilles con ir ao Sindicato, e fun ao avogado que me correspondía… o cal me dixo, literalmente, ‘si, xa vexo que vostede é moi valente, o que vostede non sabe é que se ao seu xefe lle da alerxia o verde (sinálaa, nese momento Toñita levaba un vestido verde) pode botala á rúa por levar algo verde.’ Ao que eu lle dixen, ‘bueno, primeiro se tiña que quitar el a alerxia.’ (risas). Todo por unha máquina parada que eu non parei! (risas). Cando fun á maxistratura de Traballo o meu caso foi revisado por Juan Vallet Florença, daquela Enxeñeiro Xefe da Fábrica de Tabacos. Aseguroume que non recibiría castigo se pedía perdón pola denuncia e acusacións feitas… eu díxenlle que non, que non ía pedir perdón porque consideraba que tiña toda a razón e tiña a testemuña das miñas compañeiras, que estaban conmigo. Fun falar co oficial de talleres, Manolo Curién, non nos quixo escoitar, berrounos ‘insubordinación!’. Todos falaban militarmente, coma se fora un cuartel. Non me querían dar por escrito o castigo, polo que eu seguía indo a traballar ata que me chamaron unha tarde para dicirme que era unha rebelde: ‘a vostede non lle gusta que ningúen a dobregue’, e lle dicen ‘eu non veño a que ninguén me dobregue, eu veño traballar’.

César insistíalle á súa filla que nunca perdera a dignidade, que non se dobregara, que se tiña que voltar a casa, que voltara. Eu daquela estaba tamén estudando contabilidade e mecanografía. Paradoxas da historia, aquel lugar onde se defendeu xustiza e logo se negou ás súas traballadoras durante o Franquismo hoxe é a nova Audiencia provincial da Coruña.

“Rematou o asunto rapidamente cando ía subir un chanzo administrativo, na Maxistratura do Traballo, nada máis recibir os meus superiores ese aviso decidiron suspender a falta e borrar todo o ocorrido… eu case me quedei con mágoa por non denuncialos na Maxistratura do Traballo. Era moi guerrilleira eu”, asinte Toñita.

Nese clima opresivo… terías que estar a defender ás túas compañeiras moi a miúdo.

Absolutamente. O autoritarismo chegaba a tal punto que elas estaban envasando as caxetiñas en caixas, igual ata mil nun mesmo caixón, a unha velocidade tremenda, e se ía unha caxetiña de menos tiña toda a razón sempre o vendedor final, que podía dicir que faltaban caxetiñas das encargadas e igual é que houbo un extravío, equivocouse a estanqueira ao contar… ou algo de peor de camiño á tenda. E esa sanción custaba unha suspensión de emprego e soldo. Nós sabiamos como comprobalo, ao saír da Fábrica os caixóns tiñan un peso exacto. Eu dixen aos superiores que tiñamos que pesar rigorosamente ás caixas á saída. Se che contara… tiñamos ata un oficial que tiña no caixón un revólver, no seu despacho.

“Non me querían dar por escrito o castigo, polo que eu seguía indo a traballar ata que me chamaron unha tarde para dicirme que era unha rebelde: ‘a vostede non lle gusta que ningúen a dobregue’, e lle dicen ‘eu non veño a que ninguén me dobregue, eu veño traballar’.“

Toñita ensíname fotos de viaxes, de homenaxes coas compañeiras cigarreiras, de días de sol e vacacións na Costa do Sol. Entra no 1976 no PSOE, aínda nos últimos meses da clandestinidade e aínda en organización os mimbres do partido en Galicia. Seu pai, César, morreu en 1969, o ano da chegada do ser humano á Lúa e 6 anos antes da morte de Franco. César faleceu crendo que España acadaría a súa Lúa particular, a ilusión da volta da República: “el o dicía sempre, cada vez que nos queixábamos da situación el nos dicía que non nos preocupásemos, que coa volta da República moitos dos problemas se solucionarían”.

Toñita amósame as fotos de César, ela e as súas irmás no xardín da desaparecida casa de Vioño. Hai fotos dunha celebración infantil cun cocheciño de xoguete cun neno dentro, tamén fotos de César cos amigos, na praza de Vigo. “Meu pai era un home de lóxica aplastante, un intelectual feito a si mesmo, educado polos libros”.

No fondo do álbum de Toñita hai fotos a cor dos anos 50 dunha parte da familia residente nos Estados Unidos, coches e roupas de cores pastel. Toñita as mira acariñándoas cos ollos, como as do sol da costa Valenciana coa súa irmá Berta, as dúas en pantalóns de cores chamativas e blusas á moda, cando no téxtil xa se vían e notaban as cores da futura democracia. A cor, a cadea de solidariedade e o sorriso de Toñita coma salvagarda da dignidade levada ás costas durante un século.

ToñitaFraguela6
Toñita, de vacacións ao sol. FOTO: Álbum familiar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

La Colmena
La Colmena Los curas de Fregenal y el antídoto anticlerical
Un ejemplo de anticlericalismo militante en la Extremadura de finales del siglo XIX a propósito de la disputa por los enterramientos civiles en Fregenal de la Sierra.
Extremadura
Censura Reinauguración en Torre de Miguel Sesmero de una escultura censurada por PP y Vox en Losar de la Vera
Este viernes 25 de abril la Asociación 25 de marzo colocará ‘Crearte La Vera’, la escultura de Carlos Díaz de homenaje a la clase trabajadora, en un sitio público de Torre de Miguel Sesmero (Badajoz).
Opinión
Opinión Contextos de la guerra en Ucrania
El historiador Antonio Fernández Ortiz repasa la relación entre Occidente, la Revolución Rusa y distintos proyectos de construcción nacional.
Genocidio
Genocidio Activistas crean la embajada de Palestina en Bruselas mientras Israel prosigue con su asedio en Gaza
Mientras los ataques de Israel sobre la Franja de Gaza ya han dejado más de 51.490 muertos, activistas han rociado de sangre un edificio que simula ser la embajada de Palestina, dejando un rastro de pintura roja hasta la embajada del Estado sionista.
Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Facultades cerradas en Madrid para denunciar la precarización y la infrafinanciación
Los piquetes están informando de la huelga en universidades como la Complutense y la Autónoma, en la que ha habido algunos incidentes con personal de seguridad y con la extrema derecha.
Laboral
Laboral Trabajar para vivir, morir por trabajar
El 28 de abril se conmemora el Día Mundial de la Seguridad y la Salud en el Trabajo con la necesidad de la implementación de medidas ante la siniestralidad laboral, que dejó en el país en 2024 la muerte de 796 personas.
A Catapulta
A Catapulta O mapa afectivo conectado a través da poesía
O poeta, escritor e dinamizador Tiago Alves visita A Catapulta e reflexiona sobre as conexións na lusofonía
Análisis
Análisis La izquierda donde rompe la ola
El crecimiento electoral de un amplio abanico de fuerzas de extrema derecha desde hace unos años complica la consecución de decisiones a nivel de la UE.

Últimas

Medio ambiente
Medio ambiente Máis de 200 colectivos esixen transparencia sobre a mina Doade e piden a intervención do Parlamento Europeo
Organizacións de toda Europa, lideradas por SOS Suído-Seixo, esixen a Bruxelas acceso á documentación sobre a explotación prevista, denunciando opacidade, privilexios empresariais e risco ambiental en zonas protexidas de Galiza.
LGTBIAQ+
Juicio el 9 de mayo Lidia Falcón pide cinco años de cárcel a una mujer trans por un tuit de 2021 que no la menciona
La activista antiderechos Lidia Falcón denunció a Diana Juan Cano en 2021 por un tuit que apenas tuvo repercusión. La acusación pide una pena de cinco años de prisión y 50.000 euros de indemnización.
Sevilla
Sanidad Pública Profesionales de Atención Temprana advierten del colapso del servicio en Andalucía
El servicio que atiende a más de 32.000 niñas y niños de entre 0 y seis años se encuentra en una situación crítica, con profesionales precarizados y listas de espera que incumplen la Ley de Atención Temprana aprobada en 2023
Comunidad de Madrid
Paros 28 y 29 de abril Huelga total en la educación pública madrileña
Infantil, Primaria, Secundaria, FP, Educación Especial, Universidad. Las plantillas de todos los niveles de la educación madrileña pararán este lunes 28 de abril por la “infrafinanciación” que Ayuso mantiene en la enseñanza.
Ayuntamiento de Madrid
Paros en Madrid Fin de la huelga de basuras en Madrid
La plantilla ha votado a favor de la última propuesta, en un paro que comenzaba el pasado 21 de abril y con el que se demandaba la actualización de un convenio que se ha quedado obsoleto.
Francia
Francia Militantes e intelectuales exigen la absolución de Anasse Kazib, perseguido por su apoyo a Palestina
El Estado francés utiliza el tipo penal de “apología del terrorismo” para perseguir a personalidades y colectivos que han mostrado su apoyo a Palestina y su repulsa al genocidio cometido por Israel.
La vida y ya
La vida y ya Espacios de encuentro
Me contaba que, al final del día, le dolían mucho las manos y que había dejado de escribir. Que ya no llevaba el cuaderno pequeño que tenía para anotar ideas que luego se transformarían en artículos o poemas.
Que no te lo cuenten
Que No Te Lo Cuenten De armas y crisis climática
VV.AA.
Repasamos la actualidad política internacional y miramos los visibles efectos de la crisis climática en la costa mediterránea
Comunidad de Madrid
LGTBifobia Femen protesta contra las terapias de conversión en un acto de la familia de psiquiatras Rojas Estapé
El movimiento Femen ha querido denunciar públicamente la relación de esta familia con sectores ultraconservadores de la Iglesia y su postura abiertamente contraria a los derechos del colectivo LGTBIQ+

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Galicia
Galicia Vigo, A Coruña e Ourense mercaron material policial a Israel por medio millón de euros en só catro anos
O alcalde ourensán, Gonzalo P. Jácome, adxudicou un contrato por 70.000 euros días despois do sete de outubro. Abel Caballero asinou outro de máis de 200.000 euros e a alcaldesa da Coruña seguiu a estela cun contrato de 170.000 euros.
Senegal
Migraciones El mito de la migración ordenada: la denegación de visados por el Consulado de España en Dakar
Maltrato institucional. Estas dos palabras son las más escuchadas cuando se pregunta a personas descontentas con el Consulado de España en Dakar. Cada vez más personas denuncian denegación de visados que no consideran justificados.
Guinea-Bissau
Internacional Guinea-Bissau arranca una ola de represión tras el sabotaje popular de una mina de arena en un parque natural
Una acción liderada por las mujeres del pueblo de Varela provocó un incendio en la bomba de extracción de la mina de arena pesada. El Gobierno ha llevado a cabo la detención de 16 personas, entre las que se encuentran líderes locales.