Huelga feminista
Centrais Sindicais e Folga Feminista na Galiza

A convocatoria da folga feminista neste 2018 posibilita debates dentro das centrais sindicais que van desde cuestións loxísticas da xornada (paros ou 24 horas), a participación dos homes nesta cita, ou o proceso de toma de conciencia neste proceso cara ao 8M, nunhas estruturas masculinizadas e habitualmente machistas como son os sindicatos.


27 ene 2018 07:42

Ana Viqueira, xornalista e recentemente elixida responsábel da Secretaría das Mulleres da CUT, subliña a súa ilusión neste 8M:“Temos un acordo ao 100% coas razóns e motivos desta folga. Aínda estamos no momento de decidir como apoiar, tanto nas accións que levemos como o papel que queremos e podemos desenvolver. Hai unha parte das centrais sindicais que apostan polos paros, como o ano pasado, pero a demanda do movemento feminista é a folga de 24 horas, e nós temos que encaixar este desexo co posicionamento de coidado interno á afiliación. Por un lado, apostamos por priorizar e camiñar cara e co movemento feminista, pero tamén queremos coidar e trasladar estes debates dentro da afiliación”.

A Secretaría das Mulleres da CUT manterá unha xuntanza este 27 de xaneiro para “reflexionar como queremos e como podemos estar nesta convocatoria, desde a honestidade e con respecto a todos os debates, e fixarmos unha postura colectiva e interna, que será trasladada ao conxunto da central sindical”. Para Viqueira estamos diante dun “debate político moi bonito, que demostra que estamos nos inicios. Agradecidas ao movemento feminista, por tirar de nós, xa que é unha chamada de atención, unha maneira de traballar xuntas, e é difícil, pero xera moita ilusión”.

Transformación do 8 de marzo: feminismo de clase

Para a CUT trátase dun “debate orgánico para todo o sindicato. Camiñar para adiante con moita firmeza, contundencia e acompañamento. Estamos transformando o 8 de marzo, conxugando o feminismo de clase con esta convocatoria”.

A CIG xa ten tomada a súa decisión sobre a súa aposta neste 8 de marzo: paros parciais e folga de mulleres. Houbo todo un proceso de debate, cun Encontro Nacional de Mulleres, con 258 delegadas de todo o territorio galego, no que “debatemos o tema do paro. Foi un longo debate neste encontro e nos distintos organismos. O corpo pedíanos unha folga de 24 horas pero non debemos obrar por impulso, porque senón estariamos en folga indefinida até que esta situación rematara. A última folga xeral en Galiza foi no 2012, e a crise segue a bater nos centros de traballos, e aínda máis nas mulleres”, sinala Marga Corral, secretaria confederal de Mulleres da CIG.

Paros e concentracións ás portas das empresas

“As mulleres non somos conscientes da situación que vivimos como xénero e clase. Non todas identificamos a problemática de xénero como propia. Optamos polos paros para que as mulleres saiamos ás portas dos centros de traballo, visualizar este paro e arroupar as mobilizacións do movemento feminista. O noso debate foi longo e continúan dándose estes debates nas asembleas”, acrecenta Corral.

Neste mes de xaneiro están a ter lugar asembleas de delegadas e abertas á afiliación feminina nos locais da CIG, e en febreiro convocarán asembleas conxuntas para preparar o 8 e o 10 de marzo en cada comarca. “Levo máis de 15 anos na CIG, e é a primeira vez que ten esta transcendencia o 8 de marzo. Por fin o poñemos, máis alá da transversalidade, ao mesmo nivel que calquera outra reivindicación”.

A folga para a central sindical nacionalista configúrase como “un ensaio para mellorar cara ao futuro, un traballo novidoso e revolucionario”.

A folga no ensino

Pía Outeiriño, responsábel da Secretaría da Muller do STEG, reafirma o compromiso deste sindicato na convocatoria de folga, como realizou o ano pasado, a través da Intersindical a nivel estatal e no seu ámbito galego de actuación. Como organización asemblearia “aínda estamos decidindo a nivel galego que decisións tomar, tanto a nivel educativo, con actividades na clase, e tamén con accións enfocadas a que as nosas afiliadas poidan exercer o seu dereito á folga. Nós, como profesorado, tentamos transformar o mundo, loitamos pola igualdade real, que agora mesmo non se dá, e o noso papel pensamos que é primordial, desde o espazo das aulas. Temos moito feito e avanzado grazas ao feminismo, pero queda moito camiño por percorrer”. Sobre a cuestión da convocatoria de folga salienta que “damos cobertura legal, pero non queremos colgarnos medallas porque o protagonismo para nós é o do movemento feminista neste día”.

As labregas e as mulleres do rural tamén paran

María Ferreiro, secretaria das Mulleres do SLG, infórmanos que desde este sindicato agrario van apoiar e secundar a folga, mais con “certa complexidade de fondo: traballamos en entornos rurais, somos labregas e eu, por exemplo, son titular dunha explotación gandeira, e hai certas tarefas que temos que facer si ou si. É unha complexidade na nosa actividade”.

No mes de febreiro o SLG realizará asembleas para achegarlles este debate ás mulleres labregas e do rural. Así, incide en que “no rural falta información, polo que faremos actos específicos en distintas comarcas. Aínda non temos definido o propio 8 de marzo que actos realizaremos, pero queremos facer accións nas cabeceiras de comarca para visibilizar a nosa situación como mulleres labregas e do rural. Cremos que é unha oportunidade para que de novo se escoiten as nosas reivindicacións como mulleres e tamén que vaiamos máis alá. Falaremos de titularidade das terras, da cotización da seguridade social, pero tamén está a outra parte: o traballo reprodutivo e de coidados cando hai unha ausencia de servizos públicos que nos axuden nin asistan. Para nós é un debate moi necesario”.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Huelga feminista
Represión Siete participantes de la huelga feminista del 2018 son condenadas a un año y medio
La sentencia exige a las activistas catalanas más de 26.000 euros de indemnización a la empresa ferroviaria, así como hacer frente a las costas judiciales.
8 de marzo
8 de marzo Los feminismos andaluces llenan las calles un 8M marcado por el apoyo al pueblo palestino
Decenas de miles de mujeres se movilizan en las convocatorias del 8M de los feminismos diversos centrados en denunciar el genocidio en Palestina y la defensa de los derechos de las mujeres trans
Represión
Euskal Herria Denon Bizitzak Erdigunean Donostia celebra un guateque para pagar las multas de la huelga feminista general
El goteo de multas ha empezado esta semana. La primera asciende a 800 euros, 400 con pronto pago. El 30 de noviembre hubo 24 identificadas y 5 detenidas solo en la capital guipuzcoana.
Coidado co periodismo que queredes facer
23/5/2018 14:21

Un artigo feito por unha xornalista da CIGa. Claramente reflexa so unha parte da realidade. Entendo que xestionar un proxecto como "O Salto" pode ser complexo, pero por detalhes asi moitas o considerarán outro panfleto partidista máis. Coidade maís as colaboracións.

0
0
#7718
31/1/2018 9:16

En serio O Salto non dará ningunha explicacións polas manipulacións que está a cometer? EN SERIO?

3
0
Mujeres Libres
29/1/2018 15:51

Falta CNT y CGT

3
0
#7632
29/1/2018 15:28

É incríbel como es capaz de pasar por riba da CNT e da CGT, de momento as únicas centrais que até agora convocaron a folga, e como non queres comentar nada do traballo obstruccionista que están a facer tanto a CIG por vía de algunha das súas liberadas guais de rastas e pandeireta-batuka e da CUT mais veladamente por parte da misma Ana Viqueira que ti citas. Vais rostro, como pensar isto do Salto, que na Galiza sería voz do sindicalismo entregado e oficial do réxime. Noxo

3
1
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.

Últimas

Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Filosofía
Brais Arribas, filósofo “Non se trata de empoderar senón de disolver o poder”
Durante a conversa, o profesor reflexiona sobre a saúde da filosofía galega, o poshumanismo, as novas masculinidades ou a experiencia da pandemia.