Incendios
Arde Galiza: Crónica dunha visita ao Courel e Valdeorras

O Salto viaxou aos lugares máis afectados de Galiza para observar in situ a situación e escoitar os veciños e as veciñas, que denunciaban falta de medios e organización para a extinción dos lumes e a protección das vivendas.
Incendios Courel - 8
Estrada LU-P-5701 entre Pobra do Brollon e Folgoso do Courel Alma López Figueiras
29 jul 2022 11:09

A terceira semana do mes de xullo foi catastrófica para os montes galegos. En apenas dez días, os incendios forestais arrasaron máis de 30.000 hectáreas nas provincias de Lugo e Ourense, segundo os últimos datos do Sistema Europeo de Información sobre Incendios Forestais que chegan do satélite Copernicus. Emblemas naturais de Galiza como a serra do Courel, o parque natural do Invernadeiro e a comarca de Valdeorras foron tinguidos de negro polos lumes iniciados a raíz da tormenta eléctrica do 14 de xullo, no medio dunha onda de calor extremo. No quinto día do inicio da traxedia, cando os lumes aínda non estaban controlados e seguían ameazando núcleos de poboación, O Salto viaxou ao Courel e Valdeorras para observar a situación in situ e escoitar ao pobo. Malia estaren condicionadas pola rabia e a impotencia, as voces das persoas máis afectadas, as que habitaban estes territorios rurais e perderon nuns días o seu medio de vida, permiten humanizar a catástrofe e buscar respostas.

***

As notas de prensa da Consellería de Medio Rural, fonte da maioría das informacións que nos chegan sobre os lumes en Galiza, están cheas de datos que costa poñer en contexto: superficie queimada en hectáreas –dez mil metros cadrados, para sermos máis conscientes da dimensión desta unidade de medida–; cantidade de medios que participan nos labores de extinción –desagregados en técnicos, axentes, brigadas, motobombas, palas, avións, helicópteros e presencia ou non da UME (Unidade Militar de Emerxencias)–; nivel da situación segundo a proximidade do lume a núcleos de poboación. Xa nos primeiros días da catástrofe, a frialdade destes datos contrasta coas conmovedoras imaxes de natureza convertida en borralla, vivendas asediadas polo lume, brigadistas e veciñanza con facianas cansas e desesperadas ante a incerteza.

Partimos desde Lugo cara a Pobra do Brollón, dous días despois de que decenas de veciños e veciñas foran desaloxados das súas vivendas pola proximidade dos incendios forestais que abrasaban O Courel. Pola estrada N-120 xa se divisaba fume nas montañas. O posto de mando avanzado estaba ubicado nunha estación de servizo desta mesma estrada, a certa distancia do centro da localidade. Observábase pouco movemento: un helicóptero que non tiña présa por arrancar e algún vehículo estacionado. Ese 19 de xullo, a pesar de que había varios lumes activos en Pobra do Brollón, Folgoso do Courel e Quiroga que estaban arrasando a serra do Courel, o foco mediático estaba a uns 60 quilómetros de aquí, no Barco de Valdeorras, onde o presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, tiña programada unha visita pola tarde. A extinción dos incendios forestais semella unha gran batalla contra a natureza agreste que exixe retórica belicista e visitas protocolarias á fronte para animar as tropas.

Incendios Courel - 7
Montañas do Courel Alma López Figueiras

No centro da vila non se vían equipos nin efectivos de extinción, mais os veciños que socializaban nos dous bares que hai xunto ás oficinas municipais só falaban da traxedia. “Houbo moitos medios, pero nada de organización”. Así resumía Totono Somoza os labores de extinción dos primeiros días, claves para a desfavorable evolución dos incendios, mentres tomaba un aperitivo con outros veciños de varias parroquias, como Salcedo, que viron as súas casas ameazadas polas lapas. “Se non fora polos propios veciños, en Salcedo quedabamos sen casas”, sentenciaba Antonio na mesma mesa do bar. 

O malestar pola xestión da evacuación sentíase no ambiente. Había chíos en Twitter que denunciaban prácticas coercitivas nos desaloxos, e nos bares desta localidade tamén se falaba diso con indignación.

As decenas de persoas que foron evacuadas de núcleos de poboación ameazados polo lume xa estaban deixando o polideportivo municipal para retornar ás súas casas. Segundo o tenente de alcalde, Ricardo Rodicio, no territorio queimado de Pobra de Brollón non houbo que lamentar perda de vivendas habitadas. Con todo, o malestar pola xestión da evacuación sentíase no ambiente. Había chíos en Twitter que denunciaban prácticas coercitivas nos desaloxos, e nos bares desta localidade tamén se falaba diso con indignación. “Veu a Garda Civil a dicirnos que tiñamos que saír das nosas casas, mesmo pediron á xente que non quería saír que se identificase”, comentaba en ton crítico un veciño con acento portugués. “As persoas máis vulnerables si deben marchar, pero as que poden axudar non teñen por que facelo”, continuaba. Na mesa do bar, que simboliza as conversas veciñais, non todos criticaban as evacuacións cando o lume estaba próximo a núcleos de poboación e había vidas que corrían perigo, mais si se compartía a mesma sensación de abandono.

A escasos cen metros do bar hai unha rotonda cunha saída cara a Folgoso do Courel. Por esta estrada da rede provincial, a LU-P-5701, accedemos ao Xeoparque Mundial da Unesco Montañas do Courel, recoñecido como tal en 2019 e o único deste tipo en Galiza. A estrada estaba cortada ao tráfico, mais os sinais de prohibición non se respectaban. Nas oficinas municipais, o tenente de alcalde confirmou que circular pola LU-P-5701 era relativamente seguro. “Comezarás a ver todo negro nuns seis quilómetros, chegando á parroquia de Parada dos Montes”, advirtiu. “En Río de Bois arderon algunhas casas que non estaban habitadas de xeito permanente, mais no núcleo de poboación de Parada dos Montes non”. O tenente de alcalde de Pobra do Brollón relacionaba a milagrosa salvación das vivendas co desenvolvemento, hai dous anos, da aldea modelo de Parada dos Montes, xa que as aldeas modelos que promove desde 2019 a Axencia Galega de Desenvolvemenro Rural (AGADER) están concebidas como instrumentos para a recuperación produtiva de terras abandonadas e acaban creando cortalumes naturais a través da actividade agrogandeira da contorna.

Chegando ao núcleo de poboación de Parada dos Montes, despois de percorrer varios quilómetros de terra queimada e aínda fumeante pola LU-P-5701, vemos a igrexa e as casas da aldea en pé, coma se fose un punto de cor e nitidez dentro dun gran negativo que xa non se pode revelar, unha pequena illa de vida no medio dun océano de morte e destrución. 

Incendios Courel - 9
Montañas do Courel Alma López Figueiras

Dúas mulleres relativamente novas mostraban a súa indignación pola xestión dos labores de extinción nas zonas habitadas. “Chamei para que viñera unha motobomba canto antes porque o lume estaba chegando ás casas, mais só enviaron a Garda Civil para mandarnos saír”, dicía unha. “Agora estamos moi quentes. A dor non se pode expresar con palabras. Se queres saber o que se sinte mira ao teu arredor”. A contorna está reducida a cinsas e é difícil apartar a mirada deste desolador horizonte ennegrecido. A tensión do momento, alimentada de rabia e impotencia, estaba xustificada. Mentres falabamos chegou Marcos. “Este si que é un heroe. Grazas a el, que foi o único veciño que quedou aquí cando se aproximaba o lume e fomos desaloxados, puidemos salvar as nosas casas”, segue falando esta muller, que non quere dar o seu nome. Marcos é un home duns trinta ou corenta anos con experiencia na prevención de incendios. Atribúe esta relativa milagre aos terreos pacidos por vacas que rodean o lugar e serven como barreira natural ante o avance das lapas pola serra do Courel. “Por aquí arderon sobre todo piñeirais. Os sitios con frondosas aguantaron bastante ben. Aí parou. Se vén moi forte non o para nada, pero as frondosas e os campos pacidos puideron deter o avance do lume pola área habitada”, explicaba con máis tranquilidade. Para el, as verdadeiras heroínas foron as vacas de Marisol, a única veciña de Parada dos Montes con gando. “Pero para que Marisol ou calquera outra persoa de aquí teña vacas ten que poder vivir diso”. Con resignación, os tres botaron sulfatadoras ao lombo e camiñaron cara o monte para enfriar a terra queimada cos seus propios medios.

Incendios Courel - 6
Veciñas de Parada dos Montes, con sulfatadoras ao lombo, van ao monte queimado da contorna para enfriar a terra. Alma López Figueiras

De volta en Pobra de Brollón, os veciños mantiñan a conversa sobre a traxedia. “Non hai que buscar culpables, hai que buscar solucións”, sentenciaba Antonio, da parroquia de Salcedo. Á porta do bar, o alcalde da localidade recibía a Ana Pontón e a súa comitiva. “Estivemos esta mañá en Valdeorras, é un desastre”, dicía a líder do BNG. Pouco despois, repartíronse en varios vehículos e buliron cara a Folgoso do Courel. 

 “Por aquí arderon sobre todo piñeirais. Os sitios con frondosas aguantaron bastante ben. Aí parou. Se vén moi forte non o para nada, pero as frondosas e os campos pacidos puideron deter o avance do lume pola área habitada” 

O foco de atención dese día estaba na comarca de Valdeorras. Non só porque o posto de mando avanzado esperase a anunciada visita de Sánchez, senón porque os lumes iniciados o mesmo 14 de xullo en Carballeda de Valdeorras chegaron con ferocidade a núcleos de poboación dos concellos de Carballeda, O Barco e Rubiá, e houbo habitantes de varias parroquias que perderon as súas vivendas despois de seren desaloxados polo avance das lapas.

Desde o centro urbano do Barco de Valdeorras xa se apreciaba a magnitude da castástrofe, aínda en desenvolvemento naqueles días. A vila estaba rodeada de terra queimada que seguía moi quente. Calquera comentario, mesmo coa persoa que estaba botando combustible no vehículo, despertaba os recordos dos últimos días de angustia. Son persoas que precisan falar, contar a súa experiencia para mirar cara ao futuro.

Incendios Courel - 7
Parroquia de Parada dos Montes Alma López Figueiras

O posto de mando avanzado estaba ubicado na Casa Grande de Viloira, un histórico edificio señorial do século XVII. O dispositivo policial estendíase ao vial que dá acceso á parroquia de Alixo, onde arderon unhas 15 casas. Ao día seguinte, despois de ver as fotografías das principais autoridades estatais e autonómicas visitando as casas queimadas de Alixo nas portadas dos xornais, entendíase o porqué. 

A rolda de prensa de Sánchez na Casa Grande de Viloira estaba anunciada para as cinco e media desa tarde e decenas de persoas esperaban na praza Ramón Otero Pedrayo. Non viñan a aplaudir a xestión, máis ben a denunciar a falta de medios. Estas persoas tamén se sentían abandonadas. Na terraza dun dos bares da praza, un grupo de xornalistas acreditados para asistir á rolda de prensa esperaba o chamamento institucional nunhas mesas. Ao lado, unha muller vestida con roupa de traballo forestal contáballe a outra que a veciñanza estaba apagando o lume que ameazaba as súas casas, que non había tregua e debían quedar espertos, en constante alerta, durante a noite. Estaba axitada e indignada coa xestión, ao igual que as outras persoas que se aproximaban á praza para ver a Pedro Sánchez. Mari, unha veciña desta parroquia de Viloira, contaba que tivo que defender das lapas a súa casa soa, cos poucos medios que tiña dispoñibles, pois as autoridades non deixaron que as súas veciñas foran axudala. Estaba nerviosa e falaba en quente, pero apuntaba deficiencias estruturais na xestión dos labores da prevención e extinción que explican a extraordinaria destrución destes incendios forestais. “Hai que traballar todo o ano na limpeza dos montes: os lumes apáganse en inverno”.

Incendios Courel - 2
En Carballeda de Valdeorras, as viviendas seguían amenazadas polo lume. Alma López Figueiras

Tamén se escoitaban furiosas críticas sobre a falta de medios nos primeiros e decisivos días, cando os limitados recursos humanos e técnicos de Medio Rural para a extinción de lumes nos meses de verán debían repartirse entre O Courel, Oímbra, Vilariño de Couso e outros lugares do país. Moitas brigadas das provincias da Coruña e Pontevedra foron desprazadas para colaborar na extinción dos incendios forestais do sur de Lugo e Ourense, mais desde hai tempo non todas as brigadas contan con catro persoas (xefe/a de brigada, peón conductor e dous peóns) porque non se están cubrindo as baixas de persoal. Os bombeiros forestais fixos-discontinuos levan anos denunciando esta práctica e exixindo a ampliación do contrato para traballar en labores de limpeza e prevención. 

A rolda de prensa de Sánchez na Casa Grande de Viloira estaba anunciada para as cinco e media desa tarde e decenas de persoas esperaban na praza Ramón Otero Pedrayo. Non viñan a aplaudir a xestión, máis ben a denunciar a falta de medios.

No grupo de veciños e veciñas reunidos espontaneamente xunto ao posto de mando avanzado que esperaba a visita do presidente do Goberno español estaba Tere, unha voluntaria de Protección Civil que axudou a repartir bocadillos e auga entre as persoas que se afanaban en apagar os lumes, pois “nin iso tiñan”, aseguraba. “Non houbo medios suficientes. Desaloxaron as persoas das vivendas que estaban ameazadas polas lapas, pero deixaron queimar o monte”, lamentábase esta voluntaria, ao tempo que apuntaba a outra espada de Damocles contra a que se resisten desde hai tempo os veciños e as veciñas desta e doutras comarcas galegas: a expansión dos proxectos eólicos. No medio do caos e a incomprensión do que está acontecendo emerxen teorías da conspiración, tamén aquí. Antes falábase da industria madeireira como instigadora dos lumes provocados nos montes galegos, agora os intereses empresariais son outros, e as persoas que habitan o rural sábeno. A sensación de abandono é unánime e hai persoas que tratan de buscar respostas.

Incendios Courel
En Carballeda de Valdeorras, as viviendas seguían amenazadas polo lume. Alma López Figueiras

Pedro Sánchez, acompañado de Alfonso Rueda e outras autoridades autonómicas, entrou e saíu pola porta de atrás da Casa Grande de Viloira, mentres a veciñanza descargaba a súa indignación na praza pública, sempre pendente da evolución dos lumes, que chegaba a través de grupos de WhatsApp. “Está ardendo no Serro”, berrou un home entre a multitude. A veciña vestida con roupa de traballo forestal, que lle contaba a unha coñecida os seus esforzos para salvar a súa vivenda das lapas en tempo pasado, mentres tomaba algo no bar, saíu correndo cara ao Serro. A súa casa volvía estar en perigo. Co lume non hai tregua, aínda que a situación pareza estar controlada.


Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Deforestación
Medio ambiente La Comisión Europea sucumbe ante la agroindustria y propone retrasar un año su ley contra la deforestación
El reglamento, pionero en el mundo, tenía previsto entrar en vigor a finales de 2024. La noticia se conoce en un año especialmente devastador para las sabanas y selvas sudamericanas.
Medio ambiente
Medio ambiente Medio siglo de fuego en España: 603.581 incendios han calcinado 7,7 millones de hectáreas
Entre 1968 y 2021, en el Estado ha ardido una superficie similar a la de toda Castilla-La Mancha. Mientras, los bomberos forestales, dan un nuevo empuje a la ley que exigen para regular sus condiciones laborales.
Comunidad de Madrid
Universidad pública El alumnado de la UNED denuncia el “modelo antipedagógico” tras la supresión de tutorías presenciales
El proceso de eliminación de clases se remonta a 2008, aunque ha sido este año, con el nombramiento Claudia Sevilla como directora de centros asociados de Madrid, cuando el gobierno de Ayuso “ha pisado el acelerador”.
Rumanía
Rumanía La ultraderechista Alianza para la Unión de los Rumanos de George Simion se destaca para la segunda vuelta
La extrema derecha rumana sale de nuevo reforzada pese a la eliminación de la carrera electoral de su otro representante, Calin Georgescu. La segunda vuelta de las elecciones será el 18 de mayo.
València
València Rechazada la querella por tortura contra Ramón, policía infiltrado en València
Un juzgado de València desestima el recurso presentado por Alerta Solidària contra la inadmisión de la querella criminal por torturas contra el agente que pasó dos años infiltrado.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'Os Pecadores' loitan contra montruos reais e mitolóxicos no novo episodio de 'O Teleclube'
O dúo do director Ryan Coogler e o actor Michael B. Jordan estrean unha película sobre a experiencia afroamericana cunha ameaza sobrenatural engadida.
Opinión
Opinión El apagón y la ofensiva nuclear de las derechas
El gran apagón se ha producido en medio de una auténtica guerra cultural de la derecha contra el plan de cierre de las nucleares.
Gobierno de coalición
Gobierno de coalición El PSOE se mira en el espejo de Canadá
La irrupción de un enemigo exterior poderoso como Trump ha provocado un giro rotundo en las elecciones del país norteamericano, catapultando a los progresistas tras estar al borde de una dura derrota.
Economía social y solidaria
Cooperativismo Economías tejidas por mujeres: feminismo y cooperativismo en Madrid, una genealogía por contar
La Economía Social y Solidaria feminista no ofrece fórmulas mágicas, pero sí un horizonte: uno donde lo productivo y lo reproductivo, lo económico y lo afectivo, dejen de estar enfrentados.
Más noticias
Huelva
Huelva Jornaleras de Huelva en Lucha interpone la primera denuncia por el despido de una temporera marroquí
La sección sindical, recién constituida, asegura que “abren la veda” para denunciar otros atropellos laborales similares en contratos fijo-discontinuos de trabajadoras contratadas en origen.
Artes gráficas
Andalucía Poevélez: Cuando poesía e imagen mezclan, funden y subliman
La muestra colectiva de diversos artistas del panorama nacional nos presenta ejercicios de poesía visual desde diversas disciplinas como el collage y la fotografía y se puede visitar en la Fundación Eugenio
Opinión
Opinión Sobre la guerra y la paz
Parece que los alemanes y el resto de europeos no aprenden con la historia que ellos mismos han protagonizado en los últimos 400 años. Ni siquiera con la historia del siglo XX, tan inmediatamente próxima y tan inmensamente trágica.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Galicia
Galicia Vigo, A Coruña e Ourense mercaron material policial a Israel por medio millón de euros en só catro anos
O alcalde ourensán, Gonzalo P. Jácome, adxudicou un contrato por 70.000 euros días despois do sete de outubro. Abel Caballero asinou outro de máis de 200.000 euros e a alcaldesa da Coruña seguiu a estela cun contrato de 170.000 euros.