Incendios
Incendios Galiza: sospeitosos en motocicleta

Arde Galicia. Esta fin de semana rexistrados 80 lumes nas catro provincias. Pontevedra leva a peor parte. A Xunta de Galicia sinala a "intencionalidade" dos lumes, e a policía sospeita dos ocupantes dunha moto negra detidos en Coruxo e dun coche azul en Betanzos.  

lumes galicia coruxo pontevedra
A situación en Coruxo (Pontevedra). Nacho Morán
Pontevedra
16 oct 2017 00:44

Arden Galicia e as redes. Esta fin de semana rexistramos 80 lumes nas catro provincias. Pontevedra leva a peor parte. A Xunta de Galicia sinala a "intencionalidade" dos lumes, e a policía sospeita dos ocupantes dunha moto negra detidos en Coruxo e dun vehículo azul en Betanzos. 

O vento non está axudando. Meteogalicia advertía contra as oito da tarde na súa conta de Twitter que "o episodio de ventos fortes durará ata as 02-04h da madrugada, cando está previsto que comece a chover polo litoral atlántico". Porén, o servizo de informacións meteorolóxicas da AEMET comunica que a choiva non chegará ata as 6 da madrugada.

 

O sistema de avisos de Meteogalicia (actualizado ás 8:15h da mañá do domingo) sinalaba que o paso do furacán Ophelia polo Atlántico no seu camiño cara a Irlanda traería ventos de forza 7-8 no litoral atlántico e refachos de vento do sur de 70-90 km/h na franxa costeira e zonas altas.

Toda Galicia está ardendo, con lumes en todas as provincias e máis de trinta focos. O sur da comunidade está levando a peor parte. Unhas dúas mi persoas, a totalidade da poboación de Vincios, ao sur de Vigo, está desaloxada. Agardan fora das casas que pase esta noite. Alberto Cuvelo, presidente da Comunidade de Montes Veciñais de Vincios comenta a situación: 

"Estamos todos pendentes da vaga de incendios. Isto é algo fora do normal. Vincios quedou arrasado na súa totalidade polo lume. Estamos pendentes da marxe do lume preto das casas, en cada barrio hai veciños aguantando do lume nas partes baixas. 

Agora mesmo está todo o mundo fora das casas agardando que o lume non chegue á parte baixa. Os efectivos están moi dispersados porque andan por todas partes. Nesta zona fomos os veciños quen aguantamos do lume, pero o vento non axuda e faremos guardia toda a noite. Afortunadamente case non temos animais na parroquia. Quixemos poñer a salvo os do monte, pero estaban descontrolados.

lumes galicia ophelia
Imaxe do porto de Baiona. Nacho Morán

Agora mesmo o lume está marchando cara Vigo por Valadares abaixo. Estamos desde a mañá que chegou o lume desde Morgadás e cruzando vilas e parroquias chegou a Vincios. O lume pasou por Zamáns e chegou á universidade (CUVI). Agora mesmo o lume está no cumio do Alto de Cepudo en Valadares". 

A situación en Vigo e arredores

O Campus da Universidade de Vigo está asediado pero baixo control. O cancelo #ArdeGalicia da conta da situación agora mesmo en Vigo, Baiona ou Nigrán. 

O pavillón de deportes de Panxón pide axuda para acoller ás persoas desaloxadas dos incendios da zona. En Nigrán, a Casa Colorida anuncia que teñen camas para 30 persoas e o espazo dispoñible para que o que se precise, no seu local da rúa Rosalía de Castro 16. 

O refuxio de animais de Ponteareas precisou persoas voluntarias para acoller os cans antes de desaloxalo, e en Amorín (concello de Tomiño) están facendo un chamado en Facebook pedindo colaboración. Precisan mantas, auga ou comida. 

Cuvelo remata: "Non entendemos moito estes lumes, son un pouco estraños. Primeiro hai que pasar isto pero despois hai que avaliar por que se producen estes lumes."



Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Medio ambiente
Medio ambiente A loita polo monte galego: lumes, eucalipto e ameazas á propiedade común
Galiza concentra un terzo dos incendios forestais rexistrados no Estado. Mentres a Xunta apunta aos montes veciñais, comuneiros e ecoloxistas denuncian unha estratexia política para favorecer a privatización e a expansión da industria madereira.
El Salto Radio
El Salto Radio Viaje hacia la destrucción
La ONU denuncia que las lluvias e inundaciones sin precedentes de Octubre pasado en España, se unen a una serie de catástrofes por inundaciones que han afectado a comunidades de todo el mundo.
Incendios
Crisis climática Los incendios de California se expanden: “Esto lo han hecho las petroleras”
La catástrofe se ha cobrado ya diez vidas, ha calcinado 14.000 hectáreas y ha provocado la evacuación de 180.000 personas. “Los incendios de Los Ángeles no son sólo una tragedia, son un crimen”, denuncia Jamie Henn, director de Fossil Free Media.
Mario
16/10/2017 11:21

É unha mágoa esta falta de conciencia dos incendiarios do que significa o valor do monte. Estamos con todas as afectadas. O pobo galego demostra a súa solidaridade. Estamos xuntas en esto. As mafias nunca nos amedrantarán. Non temos medo.

1
0
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Recomendadas

LGTBIAQ+
LGTBIAQ+ Unha casualidade, unha resposta masiva e un debate incómodo: a sentenza de Samuel Luiz en contexto
O 22 de maio, o TSXG ratificaba o veredicto do xurado popular e recoñecía que o asasinato de Samuel Luiz foi un crime motivado por LGTBIfobia. O caso supuxo unha mobilización sen precedentes.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.