Investigación
O Goberno galego repartiu 4.000 millóns de euros en contratos a dedo en só seis anos

Desde 2018, a Xunta asinou 1.034.964 contratos sen sacalos a concurso: algo máis do 30% do diñeiro do que dispón para o exercicio de 2024. Ademais, 35.362 deses contratos teñen un importe entre 14.000 e 14.999 euros, o límite legal.
Alfonso Rueda Xunta Alberto Núñez Feijóo 240216
Alfonso Rueda, presidente da Xunta, e Alberto Núñez Feijóo. Foto: Partido Popular

É o 77% do orzamento anual da Xunta para sanidade, máis de tres veces o que se gasta ao ano en políticas sociais ou algo máis do 30% do diñeiro do que dispón en cada exercicio. Desde 2018 até 2023, o Goberno galego, dirixido polo Partido Popular gasto 4.000 millóns de euros en contratos sen concurso público, en licitacións menores. É dicir, en contratos a dedo de até 15.000 euros para servizos e de até 40.000 euros para obras, que son os máximos establecidos pola Lei de Contratos do Sector Público para que un encargo a medios privados non teña que ser conseguido con mecanismos de competencia. Primeiro foron ratificados polos conselleiros de Alberto Núñez Feijóo e, logo, polos de Alfonso Rueda. Foron, exactamente, 3.999.599.473,92 euros de diñeiro público repartidos en 1.034.964 contratos aos que tivo acceso este diario a través dun rastrexo exhaustivo da Plataforma de Contratos Públicos de Galiza. De feito, 35.362 deses contratos teñen un importe entre 14.000 e 14.999, o límite legal. Moitos deles co mesmo concepto e facturado á mesma consellería.

Nas últimas semanas, esta redacción viu debullando unha a unha, miles destas licitacións que van debuxando un mapa de vínculos entre empresas próximas ao Partido Popular e a máis alta administración galega. Primeiro, os 38 contratos valorados nun total de 145.975,72 euros que conseguiu a empresa do marido de Paula Prado, secretaria xeral do PP galego, con organismos dependentes da Xunta para a compra de equipos de protección individual (EPI), principalmente. Fai apenas tres días, desvelabamos como a empresa que dirixe a irmá de Feijóo no noroeste do Estado español, Eulen, adxudicouse sen concurso previo polo menos 1.311 contratos por un valor total de 4,8 millóns de euros. Moitos deles facturados mes a mes, pola mesma cantidade, a unha mesma administración e por un mesmo e ambiguo servizo.

O negocio da saúde: centos de millóns sen concurso a multinacionais

O organismo dependente da Xunta de Galiza que máis diñeiro público adxudica por esta vía é, por outra banda, o que máis orzamento anual atesoura: a Consellería de Sanidade (Sergas), que no mesmo período repartiu 814.218 contratos sen sacalos a concurso que suman 3.372 millóns de euros. Centos de millóns repártense nun mesmo concepto pero en decenas de miles de contratos diferentes, sempre subscritos polo Sergas: “Produtos farmacéuticos e material sanitario”, 1.672 millóns de euros; “outro material sanitario”, 601 millóns de euros; “implantes”, 348 millóns de euros; “material de laboratorio”, 298 millóns de euros; “instrumental e pequenos utensilios sanitarios”, 62 millóns de euros; “material non sanitario para consumo e reposición”, 32 millóns de euros; ou “maquinaria, instalacións e utensilios”, 32 millóns de euros.

Sanidade asinou 12.014 encargos a multinacionais farmacéuticas que levan “Outros” como concepto e que xuntos suman 31.152.303,87 euros

Aínda que a lista segue e destacan, sen dúbida, os 12.014 encargos que executa o Sergas que levan “Outros” como concepto e que, xuntos, suman 31.152.303,87 euros. Pero a ambigüidade dos nomes que limita o acceso á información pública de calquera cidadán ou cidadá e a evidente falta de transparencia é unha constante.

Alén do contrato, unha restra de multinacionais que tamén son vellas coñecidas no negocio da saúde Janssen Cilag, Roche Farma, Novartis Farmaceutica, Merck Sharp Dohme España, Siemens Healthcare, Medtronic Iberica, Abbvie Spain, Pfizer, Gilead Sciences, Grifols Movaco, Roche Diagnostics, Baxter, Sanofi Aventis, Amgen, Biogen Spain, Werfen España, Bristol - Myers Squibb, Johnson & Johnson, Takeda Farmaceutica España, Celgene ou Boston Scientif Iberica son as vinte empresas que máis caixa fan cos contratos asignados a dedo. Xuntas acumulan 1.313 millóns tan só desde 2018.

Entre os centos de miles de contratos da consellería que dirixe Julio García Comesaña tamén destacan as adxudicacións a medios de comunicación: si, cos recursos a priori destinados a coidar da saúde da cidadanía tamén se alimenta aos medios amigos e non con pouco diñeiro, precisamente. Desde 2018, Sanidade repartiu 796.249,26 euros a La Voz de Galiza a través de publicidade institucional, subscricións e até publirreportaxes. O mesmo fixo con Faro de Vigo a quen repartiu no mesmo período outros 134.945,81 euros en conceptos similares.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Galicia
Galicia La Xunta del PP recibe al embajador de Israel en funciones mientras Gaza agoniza al borde de la hambruna
El Gobierno de Alfonso Rueda escenifica su buena sintonía con la Administración de Benjamín Netanyahu apenas unas horas después de que Israel bombardease una escuela que servía de refugio y ordenase una evacuación masiva en Gaza.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.
Asturias
Asturias El Parlamento asturiano reclama que las corridas de toros se consideren maltrato animal
PSOE e IU aprueban una PNL de la diputada Covadonga Tomé (Somos Asturies) instando al Gobierno de España a modificar las leyes que excluyen a las corridas de toros de esta categoría.

Últimas

Mallorca
Investigación Cadáveres, ratas y suciedad extrema en una granja avícola que abastece a Mercadona, Eroski y Alcampo
Grupos activistas han denunciado a la explotación avícola de Llucmajor (Mallorca) ante la Fiscalía por delitos de abandono de animales, estafa y contra la salud pública. La granja cuenta con el sello de bienestar animal Welfair.
Laboral
Laboral “Se buscan figurantes para una película a cambio de la merienda”
El sindicato CGT denuncia ante Inspección de Trabajo a una productora cinematográfica por ofrecer trabajo de figurante en la película ‘Corredora’ a cambio de una merienda.
Más noticias
Opinión
Opinión Prohibir no es liberar: una reflexión feminista sobre el uso del hiyab
La idea de que prohibir el hiyab nos abrirá la puerta a una vida más libre no solo parte de un prejuicio, sino que se convierte en otra forma de imposición. Y ninguna liberación real puede construirse desde la fuerza o la exclusión.
Granada
Represión La policía desaloja el centro social La Madriguera en Granada
El dispositivo policial ha echado a decenas de activistas del edificio, el pasado enero la empresa AMA Desokupa intentó cerrar el centro social con el apoyo policial en una operación que se saldó con cuatro personas heridas y una persona detenida
Euskera
Lourdes Oñederra “La comprensión tiene valor por sí misma, no es un mero paso intermedio”
Lourdes Oñederra destaca la comprensión lingüística como clave para abrir oportunidades y beneficios que merecen atención y cultivo.

Recomendadas

Pensamiento
Paulo Tavares “La imaginación es el primer acto político”
El arquitecto e investigador brasileño Paulo Tavares cuestiona las ideas fundacionales del pensamiento, el diseño y la ciudad occidentales en el marco de la crisis ecosocial.