A CIG mobilízase este 1 de xuño contra o V Acordo para o Emprego e a Negociación Colectiva

Están convocadas asembleas de delegadas sindicais e mobilizacións sociais nas sete grandes cidades galegas máis Ribeira para denunciar as renuncias e concesións de dereitos laborais
CIG
Manifestación da CIG polo Primeiro de Maio en Santiago de Compostela.
31 may 2023 11:00

Este 1 de xuño, a Confederación Intersindical Galega (CIG) ten convocadas asembleas de delegadas e mobilizacións sociais nas sete grandes cidades galegas máis Ribeira contra a aplicación do V Acordo polo Emprego e a Negociación Colectiva (AENC) que asinaron CCOO e UGT con CEOE e CEPYME o pasado 10 de maio.

No contexto actual de incertezas múltiples hai quen celebra este pacto entre as organizacións sindicais e empresariais máis representativas do Estado como un exercicio de responsabilidade de traballadoras e empresarias. Fronte a esta lectura, a CIG fala dun “mal acordo” fundamentado na “renuncia” de CCOO e UGT a “entender a loita, a mobilización e a folga” como elementos básicos da acción sindical para “afrontar a negociación colectiva”. Para Paulo Carril, secretario xeral da CIG, o V AENC constata “como estes sindicatos practican a desmobilización, están absolutamente domesticados e entregados a unha conciliación de intereses co capital e de submisión ao poder político e económico”.

Malia que este acordo non ten mandatos de directo cumprimento para empresas e traballadoras, senón unicamente recomendacións dirixidas a orientar os contidos da negociación colectiva, a experiencia acumulada de anteriores AENC demostra a súa influencia. Neste sentido, a CIG advirte de que o chamamento explícito á paz social supón “unha declaración sen precedentes de desmobilización”, cando “o sindicalismo tería que estar á altura das circunstancias a través da loita e da mobilización para conquistar melloras nas condicións de traballo”.

Por outra banda, ao establecer unha vixencia temporal de 2023 a 2025 e deixar fóra os anos 2021 e 2022, cunha maior inflación, “agasállanse á patronal estes dous anos porque no acordo non se contempla ningún tipo de solución”, sinalan desde a CIG. Tamén hai críticas respecto dos incrementos salariais pactados, que non aseguran a recuperación de poder adquisitivo das traballadoras e réndense ao discurso da moderación nun momento de beneficios empresariais históricos.

Horas e lugares das asembleas e mobilizacións sociais
A CORUÑA
10:30h: asemblea no local sindical (Avda. Alfonso Molina).
12h: concentración na CEC (Praza de Luís Seoane, Monelos).
COMPOSTELA
10h: asemblea no Hotel Compostela.
12h: manifestación da Praza de Galiza á sede da Confederación de Empresarios/as.
FERROL
10h: asemblea no salón de actos do local sindical (r/ Eduardo Pondal).
12h: concentración diante de COFER (Cantón de Molíns 8-9).
LUGO
10:30h: asemblea no edificio sindical (Ronda da Muralla).
12:30h: concentración na sede da CEL (Praza de Santo Domingo).
OURENSE
10h: asemblea no salón de actos do edificio sindical (Parque San Lázaro).
12h: concentración diante da CEO (Praza das Damas).
PONTEVEDRA
10h: asemblea no local sindical (Pasantería).
11:45h: manifestación do local sindical até a sede de AEMPRE (Virxe do Camiño).
RIBEIRA
10:30h: asemblea ás no local sindical (r/Estatuto).
12h: concentración na Praza do Centenario.
VIGO
10h: asemblea no salón de actos dos Padres Capuchinos (Vázquez Varela, 15).
12h: manifestación, desde o lugar da asemblea até a sede da CEP (García Barbón).

 


Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando...
Cargando...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...