Laboral
Médicos sen Fronteiras despide unha empregada con 12 anos de experiencia que denunciara prácticas abusivas

CNT Galiza conseguiu que o Tribunal Superior de Galicia declarase abusiva e, polo tanto, nula a cláusula de obxectivos dos contratos de Médicos Sen Fronteiras.

CNT Médicos sin Fronteras
Escrache realizado en 2016 pola sección sindical de CNT MSF a José Antonio Bastos, presidente de Médicos Sen Fronteiras.
1 mar 2019 17:30

A dirección de Médicos Sen Fronteiras (MSF) despediu a unha delegada sindical da Confederación Nacional do Traballo (CNT) en Madrid, un despido que se suma ós oito producidos en Galicia por mor da denuncia interposta polos compañeiros de CNT no territorio pola cláusula de obxectivos do cadro de persoal de captación.

A muller levaba doce anos traballando en Médicos Sen Fronteiras, en concreto na captación de socios a pé de rúa, e era ademais asociada á ONG, cando fai dúas semanas lle chegou a notificación de despido. A dirección da organización alega un informe “desfavorable” sobre o seu suposto rendemento, malia que a CNT asegura que este informe presenta información “contraditoria”, segundo explica a El Salto a sección sindical de MSF en Madrid. Trala notificación, avogados de CNT valoran a interposición dunha demanda para pedir que este despido sexa considerado nulo.

As mesmas fontes explican que, trala campaña #ElLadoOscuroDeMédicosSinFronteras que tivo lugar onte en apoio á compañeira despedida, agarda que a dirección acceda a reunirse con eles, pese a que “desde que se creou a sección nunca nos recoñeceron, e nin sequera contestan aos nosos correos”.

Ademais, o antecedente de Galicia lévaos a pensar que o despido desta traballadora é un “golpe na mesa” tralo cal poden ir outros despidos de persoas que se significaron nas denuncias das condicións abusivas dos contratos.

En novembro de 2018, a sección sindical en Madrid interpuxo unha demanda contra MSF pola cláusula de obxectivos, unha estratexia que utilizara CNT en Galicia, e coa que conseguiron que o Tribunal Superior de Galicia declara abusiva e nula por impor unhas ratios imposíbeis de cumprir. O máximo tribunal de Galiza ditaminou que os contratos laborais, que obrigan á captación de 24 novos socios por mes, son abusivos, polo que ordenaba eliminar as cláusulas de produtividade.

CNT aclara que o único obxectivo desa cláusula é garantir á empresa o despido a custo cero e sen preaviso, o que provoca unha alta taxa de rotatividade nos postos de traballo e aumenta a precariedade no sector.

MSF CNT (GALEGO)
Reparto de panfletos informativos sobre as condicións laborais en captación de socios ONG
Arquivado en: O Salto Galiza Laboral
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Redes sociales
Industria editorial Escritores fantasma: así trabajan los auténticos autores de los libros de éxito que publican los ‘influencers’
Detrás de cada libro firmado por un ‘influencer’ hay otra persona que ha trabajado a destajo para entregar a tiempo un texto en el que su nombre no aparece por ninguna parte y que, además, ha tenido que renunciar a sus derechos como autor.
Galicia
Laboral El Supremo confirma el fraude masivo de contratación en el sector cárnico gallego
La sentencia reafirma que Servicarne funcionaba como una falsa cooperativa y que sus socios tenían una relación laboral con Novafrigsa, del Grupo Coren
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Filosofía
Brais Arribas, filósofo “Non se trata de empoderar senón de disolver o poder”
Durante a conversa, o profesor reflexiona sobre a saúde da filosofía galega, o poshumanismo, as novas masculinidades ou a experiencia da pandemia.

Últimas

Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.

Recomendadas

LGTBIAQ+
LGTBIAQ+ Unha casualidade, unha resposta masiva e un debate incómodo: a sentenza de Samuel Luiz en contexto
O 22 de maio, o TSXG ratificaba o veredicto do xurado popular e recoñecía que o asasinato de Samuel Luiz foi un crime motivado por LGTBIfobia. O caso supuxo unha mobilización sen precedentes.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.