Laboral
Mercadona en tempos da COVID, unha visión desde a Galiza

O modelo Mercadona “premia” a actitude voluntariosa e profesional dos e das traballadoras cunha prima salarial anual. Co tempo, apareceron declaracións de persoas exempregadas que denunciaban prácticas laborais intimidatorias e que podían facer perder esa prima. As denuncias tamén ían cara o servizo de saúde da empresa, remiso a certificar baixas laborais. Agora coa COVID, o modelo de saúde laboral en Mercadona segue actuando igual?

Trabajadora caja supermercado cuarentena
Unha traballadora atende tras a pantalla de protección na caixa rexistradora dun supermercado. Mikel Urabaien Otamendi
24 sep 2020 13:17

A chegada da COVID-19 está marcando un antes e un despois moi profundo dentro da sociedade. Os supermercados, logo da declaración do estado de alarma en marzo de 2020, tiveron que adaptar os cadros de persoal a novas maneiras de traballo para evitar contaxios. Mercadona, como o resto de grandes cadeas de supermercados, foi implementando unha serie de normas a medida que evolucionaba a pandemia. A empresa de Juan Roig foi creando e adaptando protocolos de seguridade tanto para persoas traballadoras como clientes. Aínda así, algunhas fontes sindicais apuntan falta de rigor desde a empresa cando alguén apunta a posibilidade de sintomatoloxía relacionada coa COVID. Segundo as fontes, a empresa elude a posibilidade de que unha persoa traballadora se contaxie, baséase en medidas de distancia ou temporais para reducir a capacidade de contaxio entre o cadro de persoal.

Medidas de seguridade

As medidas de protección entre empregados e empregadas de Mercadona recollen a instalación de mamparas, uso de lentes protectoras e outros medios de hixiene necesarios, así como manter distancias de seguridade de dous metros e non estar en contacto con outra persoa a menos de dous metros máis de 15 minutos. Ante a sospeita de ter sintomatoloxía relacionada coa COVID, acódese ao servizo médico de Mercadona.

“Polo que nos teñen contado, traballadores que acudiron ao servizo médico tiveron por resposta que non pode ser porque segundo o protocolo, os traballadores non poden estar menos de quince minutos a menos de dous metros” di María López, da CIG e en excedencia de Mercadona como liberada sindical. É dicir, a empresa é remisa a dar a baixa por COVID. “Sabemos que hai unha licenza retributiva para cubrir o 100% do salario en caso de baixa de curta duración”, sinala Juan Zas, cousa que se recolle no punto 27 do Convenio Laboral de Mercadona. “Todo isto controlado polo servizo médico da mesma empresa”.

“Ao comezo das medidas anti-COVID nos supermercados, o principal problema foi poder controlar o aforo, máis que nada as aperturas e os feches”, describe Juan Zas de CC.OO. A entrada atrapallada de clientes supoñía un problema ante o medo da poboación a quedar desabastecida. “Neste aspecto non se pode asegurar que haxa diferenzas entre Mercadona e outras cadeas de alimentación”. Ademais, a empresa hai tempo que comunicou que xa “gastou todos os recursos necesarios para formación do cadro de persoal en relación á COVID”, di López, no referente á protección do persoal da empresa fronte aos posibles contaxios.

Concentracións de clientes

A medida que pasaba o tempo, as normas internas para o control da pandemia dentro das tendas Mercadona foron variando. Así, establecíase que a responsabilidade de controlar o número de clientes correspondería á persoas responsable do establecemento ou da vixiancia de seguridade privada “designado por el”, pola persoa responsable da tenda.

“Noutras cadeas, o cadro de persoal coñece o número límite de clientes, en Mercadona só o coñece o responsable da tenda e non llo di ao personal”, apunta María López

“Noutras cadeas de alimentación o cadro de persoal coñece o número límite de clientes, en Mercadona é algo que só coñece o responsable da tenda e non llo di ao persoal”, apunta María López, quen tamén sinala que durante un período longo de tempo e dentro do estado de alarma, a empresa non cumpría coa obrigatoriedade da máscara para os clientes.

Consultando a web da empresa e concretamente a actualización número 6 sobre medidas de seguridade contra a COVID, non se concreta un número exacto ou unha porcentaxe determinada de clientes dentro das tendas. Si que establece unha distancia mínima “preventiva” dun mentro entre calquera persoa. Tamén que, cando se complete o número máximo permitido de persoas (non se especifica), non se permitirá a entrada a máis persoas, isto sucederá cando abandonen o establecemento outros clientes.

Dentro dos supermercados haberá carteis que indiquen as distancias, a separación, a recomendación do uso de máscaras, xel e luvas se fose necesario. Por outra parte, no mesmo documento especifícase que as dependencias serán desinfectadas “con servizos externos”.

Carga de traballo e primas

As medidas adoptadas polo Goberno central relativas a ERTEs e outras axudas, non foron acollidas por Mercadona segundo María López. O que si se fixo foi despedir persoal interino e temporal. Isto traduciuse nunha maior carga de traballo para o persoal fixo de empresa. López apunta que “retiraron apoios ao persoal cando as vendas aumentaron o dobre, polo menos na provincia da Coruña”. “Hai casos como Mercadona ou Froiz en Galicia, onde o cadro de persoal pode cumprir coas expectativas, mentres que noutros como Lidl, ás veces o cadro de persoal non é suficiente”, declara Juan Zas.
Os despidos de traballadores interinos e temporais traducíronse nunha maior carga de traballo para o persoal fixo da empresa

A cuestión é que o incremento de vendas e a redución de cadros trouxo unha situación de saturación por traballo. Isto ocorreu en todos os centros, segundo as fontes sindicais consultadas. En concreto a CIG declara que a tenda do Seixo na Coruña, foi investigada pola Inspección de Traballo ante a falta de persoal abondo logo do despedimento de tres persoas. “Esa foi a única das 23 tendas na provincia da Coruña que foi reforzada con máis persoal”, despois dunha inspección laboral.

Outra das consecuencias desta política de reaxuste para o persoal é a retribución. Existe unha política retributiva en Mercadona que consiste en incluír unha prima anual a partir do segundo ano como traballador. Para o mes de marzo, no segundo e terceiro ano na empresa inclúse unha prima por rendemento, por eficiencia e unha serie de parámetros que figuran no contrato que asina o traballador ou traballadora.

A partir do cuarto ano a prima dóbrase, así que ese mes de marzo entra unha cantidade de diñeiro extra nas nómimas. Mais a prima vén logo dunha “avaliación” que realiza o coordinador de área ou sección. “É unha avaliación completamente subxectiva porque é como se dixese “eu considero que es bo ou non”” apunta López. As primas non son algo exclusivo de Mercadona, como di Juan Zas. “En todas as empresas existen primas, tamén é certo que a maioría dependen da subxectividade de quen avalía, mais intentamos que sexan xustas dentro desa subxectividade”. Zas apunta un caso na provincia da Coruña en que a subxectividade das avaliacións “facía que algúns traballadores se sentisen infravalorados”.

As fontes sindicais apuntan a que Mercadona está seguindo unha tendencia a rebaixar as primas por produtividade

Coa diminución dos cadros de persoal, as fontes sindicais consultadas apuntan a que Mercadona está seguindo unha tendencia a rebaixar as primas por produtividade. A cerna deste comportamento está no xa mencionado aumento da carga de traballo para o persoal despois da eliminación de temporais e interinos. “Agora, antes da avaliación fan unha pre-avaliación, así avisan segundo a que xente, que non pasarán a avaliación de obxectivos, deste xeito a empresa aforra moitos cartos” explica María López.

En contacto con Mercadona, a empresa sinala que na súa Memoria Anual 2019, aparece todos os anos o salario das súas traballadoras e traballadores. “Do mesmo xeito que a cantidade de prima de beneficios compartida co seu persoal”. Sobre a prima engadida aos salarios, a empresa responde que “os seus soldos, sumando a prima, case duplican o salario mínimo interprofesional”.

Mercadona achega ademais unha táboa onde se pode ver que “o 99% do persoal recibe a prima e os criterios son obxectivos”. Por último engade que “somos pioneiros en transparencia retributiva e como verás todo é público”.

Tensión coa empresa

Ante a actual situación coa COVID e a inseguridade dos actuais protocolos para facerlle fronte, podería preguntarse se Mercadona ten unha estratexia ou protocolo máis elaborado en caso dun contaxio masivo dentro do persoal? “Non, non teñen, falan por exemplo da desinfencción polas noites, mais nós non o vemos, non sabemos se é así”, apunta López.

As directrices da empresa para unha baixa están catalogadas co seu tempo de duración, cadros onde se “estipula” o tempo que pode “durar” unha doenza. “Poden retirarche o complemento por I.T. (incapacidade temporal) aludindo que non cumpriches cos catro puntos que aparecen no convenio” aclara López. Estes puntos tamén aparecen no artigo 27 do convenio laboral:

“Tamén se establece un complemento sobre a prestación da Seguridade Social ata alcanzar (...) o 100% do Complemento de Posto de Traballo, sempre que a relación laboral non se extinguiu coa empresa e déanse todas e cada unha das seguintes circunstancias:
1. Que o índice de absentismo do traballador/a non supere o 2 % da súa xornada anual.
2. A I. T. non supere a duración prevista polo INSS para cada patoloxía.
3. Que non exista reiteración en I. T. e/ou recaídas do traballador/a en o último ano.
4. Colaboración do traballador/á que se realice por parte do SME o seguimento médico semanal.”

Sobre o primeiro punto, “é imposible non superar ese 2%, pois con tres días de baixa xa o superaches, e logo din, e isto está recollido en actas, que ese punto nunca se aplica para retirar a I.T.”. Neste senso, “descoñecemos cal é o procedemento interno de Mercadona con respecto ás baixas e o seu proceder”, sinala Juan Zas, quen destaca que “agora nas grandes empresas estanse facendo os test psicosociais, con preguntas pautadas e que a persoas traballadora responde de maneira completamente anónima”.

“De vinte e tres tendas Mercadona na provincia da Coruña, os últimos tests psicosociais alertaban que oito delas apuntaban risco intolerable”, suliña María López. “Entre os riscos apuntados estaban os de acoso sexual e acoso psicolóxico”. De momento, segundo as fontes sindicais consultadas por este medio, non se coñece que a empresa teña feito algún tipo de intervención para resolver esta situación.

A solución a todas estas cuestións son debatidas no marco de Intercentros. É a sección que, con sede en Madrid, acolle todas as reunións entre empresa e sindicatos. As centrais maioritarias son UGT e CC.OO, con quen Mercadona mantén maior contacto. Existen outras forzas sindicais que “están nesas reunións segundo a proporción da súa representatividade”, sinalan fontes sindicais.

Este último punto non é compartido por forzas sindicais consideradas pola empresa como “minoritarias”. Existe un abano de sindicatos, con menor representación, que alegan a un “entendemento” entre as grandes centrais sindicais e Mercadona para que non exista conflitividade laboral dentro da empresa. En tal caso, o modelo Mercadona está moi discutido entre os seus propios cadros de persoal.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Comunidad de Madrid
Pandemia La Fiscalía abre diligencias por primera vez por muertes sin asistencia en domicilio durante la pandemia
Los padres de Francisco Rodríguez fallecieron en su domicilio de Madrid tras contagiarse de covid-19 y después de llamar de manera recurrente para conseguir asistencia médica que no consiguieron a tiempo.
Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Presentan la primera demanda por mayores muertos en domicilios sin traslado hospitalario durante el covid
Los padres de Francisco murieron sin recibir traslado hospitalario ni asistencia médica a tiempo cuando enfermaron por covid-19 en su domicilio de Madrid, entre mediados de marzo y principios de abril de 2020.
Sanidad
Investigación La exclusión hospitalaria de mayores durante el covid en Madrid precedió a la existencia de protocolos
El primer protocolo de la Consejería de Sanidad sobre derivación a hospitales de pacientes de covid residentes en centros de mayores es del 18 de marzo, pero la disminución de residentes derivados empezó el 7 de marzo, según una investigación.
Estados Unidos
Extrema derecha Trump anuncia un campo de concentración para 30.000 migrantes en Guantánamo en el 80 aniversario de Auschwitz
La estrategia de llevar la detención de migrantes a territorios lejanos, opacos y sin garantías de derechos también ha sido la opción elegida por la Unión Europea en el último año.
Salario mínimo
Pacto bipartito Trabajo y sindicatos acuerdan la subida del salario mínimo en 50 euros sin el apoyo de la patronal
Díaz anuncia un acuerdo con los sindicatos que llevará al Congreso de Ministros de forma “inminente” la propuesta del Ministerio de Trabajo. Los sindicatos proponían una subida de 66 euros y la patronal, de 34 euros.

Últimas

Crisis climática
Parlamento Ciudadano Climático Un jurado popular ciudadano para combatir la crisis climática y el retroceso democrático
En un momento crítico para la democracia y la acción climática, cinco organizaciones medioambientales reunieron en el Congreso de los Diputados a científicos, actores sociales y asambleístas para impulsar un Parlamento Ciudadano Climático Permanente.
Ayuntamiento de Madrid
Convenio colectivo Las cuidadoras ganan a Almeida: Madrid anuncia nuevos pliegos con la subida salarial pactada
Las trabajadoras de cuidados seguirán en huelga dado que “no hay nada tangible”. El anuncio afectaría a 12.000 personas empleadas por el Ayuntamiento, pero no a las 2.000 trabajadoras más convocadas a la huelga que trabajan para la Comunidad.
Madrid
Justicia El fiscal general del Estado, en el alambre, declara como investigado ante el Supremo
Álvaro García Ortiz acude al alto tribunal a explicar su versión de las filtraciones denunciadas por el entorno de la pareja de Isabel Díaz Ayuso. Es la primera vez que un fiscal de su categoría declara como investigado.
Lavapiés
Madrid Lavapiés gana un asalto a la organización fascista Hacer Nación
La empresa en la que se iban a organizar unas jornadas con figuras de la extrema derecha europea ha confirmado que comunicó a Hacer Nación que no le cedía su espacio.
Más noticias
Pensiones
Revalorización de las pensiones Los pensionistas no se fían y salen a la calle tras el rechazo al decreto ómnibus
La Unidad de Acción de Madrid convoca a manifestarse este viernes 31 frente a la sede del PP tras la “posición negativa de la derecha ultranacionalista, sea española o catalana”.
Energías renovables
Energías renovables en Madrid El Centro Cultural Palomeras quiere ser autosuficiente, los préstamos de sus vecinos pueden conseguirlo
Una universidad pública y una cooperativa de energías renovables lideran el proyecto de préstamos que quiere convertir en autosuficiente al histórico centro educativo vallecano, y que busca reunir 150.000 en financiación ciudadana a un interés ético.
Opinión
Opinión No es Poder Popular todo lo que reluce
VV.AA.
No hay alternativa capaz de cambiar este sistema que no hable claramente de socialismo y de clase trabajadora
Israel
Sionismo Maccabi - Baskonia: no colaboremos con la banalización del mal
El partido de basket en Gasteiz es una oportunidad de oro para mostrar nuestra determinación a no contribuir al blanqueamiento del Estado genocida de Israel, oponiéndonos decididamente.
Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Sin materiales, sin protección adecuada y sin financiación: los bomberos de Madrid denuncian “abandono”
La contaminación de los equipos de protección de cinco bomberos en un incendio en una nave de reciclaje hace levantar de nuevo la voz de los sindicatos, que ya tienen denunciada ante el TSJ de Madrid, la falta de financiación.

Recomendadas

Laboral
Laboral Investigada unha rede empresarial que explotaba a 82 migrantes nunha granxa de Lugo
Polo de agora, tres persoas responsables da granxa de Begonte centran as investigacións da Garda Civil. As 82 persoas explotadas vivían nun hotel de Ordes (A Coruña) que non tiña sequera licencia de hostalaría.
Literatura
Letras Galegas Da Sección Feminina do franquismo ao Cancioneiro Popular Galego: o pobo é quen canta e baila
As cantareiras protagonizarán o Día das Letras Galegas de 2025. Beatriz Busto e Richi Casás fálannos delas, de Dorothé Schubarth, do Cancioneiro Popular Galego e da dificultade de acceder aos arquivos sonoros que conservan as súas voces.
Medio rural
Reportaxe As mulleres rurais soñan con deixar de ser heroínas
A falta de servizos básicos no rural é a primeira pedra no camiño de quen quere vivir e desenvolver os seus proxectos fóra da cidade. Aínda así, o rural galego atópase á cabeza en canto a titularidade feminina respecto á media do Estado español.