LGTBIAQ+
O Concello de Vigo retira a Área de Diversidade das subvencións de Igualdade

A asociación LGTBQI+ Nós Mesmas denuncia a eliminación como parte dun intento “continuo e silencioso” de borrar o activismo disidente do mapa.
Eli Pérez Nós Mesmas
Eli Pérez, presidenta de Nós Mesmas, na súa sede.

As subvencións de Igualdade do Concello de Vigo para o ano 2025 eliminaron por completo a Área de Acompañamento e Diversidade. A asociación Nós Mesmas denuncia a retirada deste criterio, que se deu ademais “sen apenas explicacións”. A nova chega tras o intento infrutuoso da asociación de atopar explicacións. Dende Nós Mesmas contactan coa xefa de servizo da Concellería de Igualdade e deciden agardar unha semana por unha resposta da concelleira que só chegou cando o prazo de presentación xa estaba rematado. 

Nós Mesmas, unha das grandes referencias en Galiza do movemento queer, adoitaba pedir esta subvención para financiar a celebración do Orgullo. A cifra á que ascende non son máis que 3.000 euro. Logo de varias desavenencias co Concello nos últimos anos polas condicións impostas para a celebración do Orgullo, este ano a subvención ía adicarse a outras actividades. Á primeira chamada da presidenta da asociación, Eli Pérez, a Concellería contesta “con sorpresa, que pensaba que este ano non a ían pedir”. A área de diversidade servía para sumar puntos na valoración da subvención. A activista remarca a importancia da área como ferramenta “para dar o pulo e o apoio ás entidades para que o fagan”, con independencia de que a pida alguén ou non. 

A denuncia da asociación recollida e difundida nunha na nota de prensa menciona as leis coas que esta acción entraría en conflito. Sinalan que o Plan de Subvencións 2024-2026 é de carácter “consultivo”, polo que o seu incumprimento non constitúe unha ilegalidade, só unha incoherencia. Mencionan, con todo, outras leis autonómicas e estatais que non se estarían cumplindo. O artigo 77 da Lei 7/2023 referencia de maneira directa a colaboración con administracións, sindicatos, empresas e “organizacións representativas do colectivo LGTBI galego”, especialmente en casos de discriminación múltiple. Neste caso, as mulleres LBTI e as persoas non binarias. Tamén a Ley 4/2023 para la igualdad real y efectiva de las personas trans y para la garantía de los derechos de las personas LGTBI

Dende este medio intentouse contactar coa Concellería de Igualdade, con Alcaldía e co gabinete de prensa por escrito e por teléfono en numerosas ocasións. Apenas unhas horas antes da publicación, chega unha resposta que non satisface ao colectivo: “Non era cousa nosa, senón dos técnicos que elaboran a subvención” e deles debe esperarse de volta. 

A explicación recollida remite o punto 2-d) da subvención: “Que o programa estea dirixido a mulleres nas que conflúan múltiples discriminacións: vítimas de violencia de xénero, mulleres soas con cargas familiares, mulleres prostituídas, mulleres coidadoras, mulleres con discapacidade, colectivo LGTBI..., ou que o programa teña por finalidade dar visibilidade e información con perspectiva de xénero sobre estes colectivos”.

Negan, baseándose neste criterio, que exista unha exclusión das mulleres LGTBIQ+ como se denuncia no comunicado por apareceren no anexo das bases reguladoras. Apuntan ademais que se trata do colectivo LGTBI tal como se recolle nas leis citadas pola asociación Nós Mesmas, a que este é o termo empregado, “sen Q+”. Por ese motivo, citan as mesmas leis para respaldarse na súa decisión. A resposta do Concello sinala que estas persoas poden obter a axuda cun proxecto que presente “perspectiva de xénero” no seu traballo con este colectivo.

A resposta chega tras ser consultados na Comisión de Igualdade por parte do BNG este luns, que forzou o envío dunha nota de prensa e dunha resposta de Concellería máis elaborada. A concelleira insisitiu ante o BNG de que os programas de acción dirixidisa mulleres “inclúen ás mulleres do colectivo LGTB”. Tras preguntar se a eliminación vén dada entón pola suposta inclusión deste colectivo nese punto 2-d) (que refire a multitude de comunidades), remítese ó texto de novo. A comunicación finaliza aí.

En canto ó que este cambio supón para a asociación Nós Mesmas, autora da queixa, Eli afirma que podería redactar un proxecto feminista que incluíse ás persoas LGBTIQ+ centrándose no resto das áreas para acadar os puntos necesarios, recoller os cartos e deixalo estar. O seu posicionamento político considera non obstante que isto suporía “restar apoio ó coclectivo” ó non elaborar unha proposta específica para as mulleres LBTIQ+ e persoas non binarias. O Concello defende que a eliminación da área de diversidade “non introduce ningún cambio que supoña modifcación” en relación ás convocatorias anteriores en canto “ás persoas potenciais beneficiarias dos programas”.

A asociación e a súa avogada conclúen que só poden remarcar que Nós Mesmas en ningún momento nega a súa capacidade para pedir a subvención. A crítica e a esixencia de explicacións é á retirada do criterio cunha sobria explicación, que ofrece menos oportunidades ás entidades LGTBIQ+. Consideran este comunicado un intento de desviar a atención da pregunta que se plantexa. Non se ofece explicación que apenas satisface e non parece estar por chegar.

Outro punto a remarcar pola asociación e a súa asesoría legal é que, en realidade, “parte do colectivo si queda excluído, porque agora mesmo os homes do colectivo quedan totalmente fóra de calquera acción”. Non obstante, Eli explica que non presentarán demanda ou denuncia. O gasto de levala a cabo e as consecuencias económicas en caso de perder non son asumibles. A posibilidade de gañar é ademais remota, como lles confirma a súa avogada. Isto débese a que non están levando a cabo unha acción lesbófoba, tránsfoba ou bífoba directa, senón eliminando unha axuda previa. É unha loita de poderes e “as disidentes, as máis vulnerables, non contan cos mesmos recursos”. É unha loita, ademais, que vén de longo e se da en diferentes frentes.

A liña política antilgtbiq+ e a deriva tránsfoba das institucións viguesas

Eli é clara na súa convicción de que esta protesta non vai lograr restaurar esa área nin obter explicacións sobre a subvención, cuxo prazo rematou o día 21 de maio. A confianza deposítase na cidadanía: este documento está preparado para ser cuberto e asinado e entregar mediante a carpeta cidadá ou presencialmente. O documento expresa a disconformidade coa eliminación deste criterio, que deixa fóra ás mulleres máis vulnerables. A intención última é que a protesta sirva para restaurar o criterio para o ano que vén. Non obstante, esta non é a primeira medida do Concello de Abel Caballero que perxudica a esta asociación e, por ende, o colectivo LGTBIQ+ vigués. A activista afirma de feito que “queren borrarnos do mapa do todo”.

Tras a nota de prensa de Nós Mesmas, soamente dous medios se fixeron eco da noticia. Ningún deles contactou coa asociacion ou algunha das súas activistas. A falta de prensa non sorprende a Eli, tras 17 anos como traballadora e cofundadora da asociación. Afirma que non recibiron nin unha soa chamada de ningún medio.

A eliminación da Área de Diversidade é unha manifestación máis da liña política e ideolóxica do goberno de Caballero. Dende a asociación consideran esta acción como unha máis da longa estartexia do Concello por “desmantelar o tecido activista disidente da cidade de Vigo”. Denuncian que o Concello “ten unha liña política clara contra o colectivo”, que se ceba en maior medida coas mulleres trans. A transfobia levou a asociación a abandonar o Consello da Muller o pasado ano, tras a lectura dun manifesto explícitamente terf. Con respecto ó debate sobre se se debe ou non ocupar ese espazo deixa claro que levan anos ocupándoo sen conseguir nada. Por dicir máis, atopando de igual maneira trabas e obstáculos ante calqueira proposta de acción.

Nos últimos anos a deriva transexcluínte de certos sectores presuntamente feministas só permitiu discernir con máis claridade situacións que son recorrentes. O discurso terf introdúcese de maneira clara nas institucións, incluso por parte de antigas compañeiras. O molesto, pensa Eli, é non poder tratalas coa superioridade “de pobrecitas”. Existe unha xeración de mulleres trans en Galiza agora menos vulnerable economicamente, formadas e con estudos universitarios e con cispassing contra as que e reacciona ante unha falsa sensación de perda de privilexios.

Nós Mesmas fala de obstáculos para organizar actividades dirixidas ás disidencias no 8M ou o 25N, trabas nas peticións de espazo público para a celebración do Orgullo que levan anos pelexando adiantando cartos da asociación e dos petos das activistas “para rematar quedando a pre ou en números vermellos baixos”. Un dos motivos que dificultan a recollida de cartos é a recomendación do Concello de rematar a festa ás 1.00h en lugar de ás 3.00H, como era costume. 

As dificultades de financiación pública leváronas incluso a ter que pechar o local hai un par de anos, unha época da que Eli afirma nin lembrar “como sobreviviron”, aparte de mediante a organización de actividades, adiantar cartos… Todo isto coincidente coa súa baixa por maternidade. Agora atópanse na rúa Conde de Torrecedeira 19, onde atenden presencialmente a quen o precise. A pelexa polo Orgullo abandonouse: cambios de localización, esixencia de pago do mesmo número de baños que se poden atopar en festas moito máis mulitudinarias como o entroido ou a reconquista, os bares con licencia… “Un intento de mercantilización do Orgullo”, para convertilo en algo como o de Madrid. Un aro polo que as asociacións LGTBIQ+ da cidade néganse a pasar.

Son multitude as anécdotas e sucesos documentados desta loita contra o colectivo. Unha loita que, como remarca Eli, queima ás compañeiras e a ela mesma, que bromea “está a quedar calva”. Pero resisten aínda. Mentres as administracións intentan suprimir o activismo disidente, de portas para adentro o local funciona: a mocidade acode cada vez máis en resposta a discursos de odio espallados en redes e centros educativos, a psicóloga coa que contan durante catro meses doce horas á semana “poderían tela traballando se desen os cartos a xornada completa”. Consiguen derivar a Barcelona a mulleres que levaban anos en lista de espera para cirurxías de afirmación de xénero e outras actividades de acompañamento e mero intento de que a lei se cumpra. Remarcan, ademais, que isto que acaban de conseguir, en concellos como o de Pontevedra leva anos facéndose sen impedimento.

O Concello de Abel Caballero e a Concellería de Igualdade e o Consello da Muller abandonan de maneira clara ás compañeiras trans e esquecen a existencia de compañeiros trans. A loita pola vía do obstáculo e a eliminación en lugar do ataque directo permite salvagardar á imaxe. Mentras, as asociacións que loitan por garantir dereitos moi ameazados no momento actualmente sofren pola vía económica, pola da invisbilización, pola do cansazo… Resistir require dunha fortaleza admirable. Sobre todo, require dun posicionamento claro cos colectivos marxinalizados e a man que se poida botar para manter as estruturas que a tantes axuda nesta cidade. 

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Literatura
María Agúndez “El trabajo de limpiadora es muy digno, pero nadie quiere hacerlo”
La escritora retrata en ‘Casas limpias’ las contradicciones de quienes considerándose personas igualitarias y progresistas delegan los cuidados y la limpieza para evitar el conflicto y sostener su comodidad.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Argentina
Argentina Diez años de Ni Una Menos, el movimiento que desbordó el feminismo para hacerlo enorme
El 3 de junio de 2015 se produjo la primera convocaría de Ni Una Menos en Argentina. El llamamiento contra la violencia machista traspasó el nicho feminista y la respuesta fue masiva. Hoy, se enfrenta a las políticas reaccionarias de Milei.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Filosofía
Brais Arribas, filósofo “Non se trata de empoderar senón de disolver o poder”
Durante a conversa, o profesor reflexiona sobre a saúde da filosofía galega, o poshumanismo, as novas masculinidades ou a experiencia da pandemia.

Últimas

Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.

Recomendadas

LGTBIAQ+
LGTBIAQ+ Unha casualidade, unha resposta masiva e un debate incómodo: a sentenza de Samuel Luiz en contexto
O 22 de maio, o TSXG ratificaba o veredicto do xurado popular e recoñecía que o asasinato de Samuel Luiz foi un crime motivado por LGTBIfobia. O caso supuxo unha mobilización sen precedentes.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.