Libertad de expresión
Unha palabra revolucionaria

Debería existir un monumento á urna, ese espazo e lugar marabilloso, en cada praza maior de cada vila.

Ligeia
30 ago 2018 19:46

Un coñecido político galego, ministro de Franco, rebautizado coma mente preclara na España posterior a 1978 e coñecido cazador (estaba de tiro cando o Prestige tocou fondo mariño sendo presidente da Xunta de Galicia) deixou, ademais de doutrina, un baño en Palomares gravado polo NO-DO e varias frases. Desas frases do coñecido líder unha sobresae na miña cabeza querendo poñer palabras ao que aconteceu hai uns días en Compostela: la calle es mía!

O pasado 18 de agosto, na presentación da revista Ligeia en Santiago de Compostela, levada a cabo grazas ao esforzo da Casa das Crechas e a libraría Chan da Pólvora, xunto coa axuda e alento da poeta Tamara Andrés e o escritor Marcus Daniel Cabada, xunto co que escribe, abrimos a caixa de Pandora cunha soa verba: urna. Defendemos a urna coma espazo multicolor e crisol de ideas, espazo para xermolar voces e coñecer outras.

Debería existir un monumento á urna, ese espazo e lugar marabilloso, en cada praza maior de cada vila. A urna é o espazo revolucionario do tacto democrático á espreita, a revolución falada e visual das mans e dos papeis, outros lugares de creación.

Reivindicar o espazo da convivencia, do estado democrático, da orde pacífica das cousas e do entendemento baseado na cultura está a ser unha proclama revolucionaria.

Esta palabra, urna, foi a escusa para que no medio deste ambiente cordial, desta presentación con público de todas as idades nunha vila soleada un cliente da cafetería, turista, nos importunara e tentara forzar o silencio. Este home, acompañado dun grupo de 3 persoas, díxonos “la calle no es para hablar de política”, “en España se habla castellano”, “un respeto que esta es la ciudad del patrón de España” e outras frases dignas de constar nun glosario revientahuevos. Eu penso que era un home de valentía non canalla senón da “bravuconada” propia de gintonic na barra.

O clima das cousas está a facer que verbalizar ideas coma “urna”, “democracia”, “alegría”, “rúas” e demais sexa per se un acto revolucionario.

Reivindicar o espazo da convivencia, do estado democrático, da orde pacífica das cousas e do entendemento baseado na cultura está a ser unha proclama revolucionaria, un xeito diverxente nun statu quo chulesco de palabras que feren e políticos que as empregan para caldear aínda máis o espazo cidadán. Tras tentar interromper a nosa presentación e nós convidalo a gardar a calma ou marchar, esta persoa alzou a ton de voz e comezou a xesticular e insultar. Varias persoas do público tentaron que a situación se calmase máis non resultou posible ata que o suxeito en cuestión foi insistentemente convidado a marchar grazas a axuda do equipo da Casa das Crechas. Puidemos rematar o acto con total normalidade e despois, brindar ao azul do día un vermú vermout de celebración pola nova publicación.

O suxeito en cuestión, o intolerante, comparte a idea da frase inicial: o espazo público coma propiedade privada dunha idea, dun criterio e dunha forma de pensar. La calle es mía. Unha idea partillada polo fascismo que anda a facer metástase por Europa adiante. Cada vez son máis as persoas que conciben o común como o espazo do calar, do silencio e, en todo caso, da bandeira no balcón e a violencia verbal ou física na rúa.

Ante iso, ante a intolerancia, combate o xornalismo erguido, democrático e a literatura para romper barreiras e axudar ao entendemento entre os pobos e as culturas. O xornalismo crebamuros que sabe que vive grazas á liberdade e non se ata nin deixa que aten.

Os que non o entendan, berrarán cunha bandeira na cabeza e un inquietante silencio enorme que ofrecer nas mans.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Libertad de expresión
Libertad de expresión La Justicia da la razón al humorista Héctor de Miguel, Quequé, frente a la denuncia de Abogados Cristianos
La Audiencia Provincial de Madrid estima el recurso de apelación presentado por Héctor de Miguel, imputado por unas declaraciones tras una denuncia de Abogados Cristianos.
Libertad de expresión
Arte y política La censura sobre Gaza fue una de las principales amenazas a la libertad de expresión artística en 2024
El informe anual de la organización Freemuse sobre el estado de la libertad de expresión artística en 2024 alerta del incremento de la censura y la persecución en un contexto de guerra e inestabilidad.
Ofensas a los sentimientos religiosos
Asturias Cofrades denuncian a la Santina Queer y Antifascista del 8M en Gijón
La hermandad de los Estudiantes de Oviedo ha denunciado por delitos de odio a la iniciativa de la Asamblea Moza d´Asturies en la pasada manifestación del 8M en Oviedo.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.