Literatura
María Reimóndez: “Eu creo moito na ira produtiva”

Entrevista coa escritora, traductora, intérprete e fundadora de Implicadas no desenvolvemento. Conversamos de xeito telemático con ela sobre boxeo, literatura e máis en tempos de pandemia.

Reimóndez Boxeo 2
María Reimóndez nunha foto recente para a promoción da súa última obra "As estacións do Lobo" (2019, Edicións Xerais). Foto: Iván Reymóndez.
7 may 2020 12:00

María Reimóndez naceu en Lugo, é tradutora e intérprete de profesión. Cultiva todos os xéneros literarios e recibiu numerosos premios ao longo da súa xa ampla carreira literaria, entre eles o Premio Xerais en 2014, o premio Johán Carballeira en 2017 ou o Premio Agustín Fernández Paz en 2017.

Se non me engano levas dando clases de boxeo telemáticas durante o confinamento. Como te interesaches polo boxeo? E que lle dirías a quen antes o vía coma un deporte violento, se cadra asociado en particular á agresividade “masculina”?

Si, os primeiros días da corentena xuntábame cunhas amigas por Skype para ensinarlles un chisco de boxeo. Estou afeita a facer exercicio confinada. Polo meu traballo en cooperación ao desenvolvemento con organizacións feministas do sur, moitas veces me atopo en longos períodos nos que non podo practicar deporte no exterior, ou onde non teño nin sequera o luxo do espazo para moverme en interiores.

Para falar de boxeo debo narrar un chisco a miña historia co deporte. Dende sempre me interesa a actividade física: dende os cinco ata os dez anos practiquei iudo, que adoraba grazas a Amador Trillo, o noso instrutor en Judo Club Lugo, que aínda existe. De aí pasei ao baloncesto e ao tenis e logo, coa vida laboral que teño –ou tiven, neste momento é complicado usar os tempos verbais!– como intérprete de conferencias empecei a correr, ademais de ir a clases de todo tipo de cousas no ximnasio. O deporte en si mesmo paréceme un espazo moi problemático como estrutura de poder dos corpos, racismo, competitividade. Mais a sorte que tiven dende sempre é que me gusta facer deporte pero non son especialmente boa en nada e carezo de espírito competitivo.

O deporte en si mesmo paréceme un espazo moi problemático como estrutura de poder dos corpos, racismo, competitividade

Sempre me dixeron que era moi zoupona, nunca se me deron ben as actividades de “mulleres” e co tempo fun poñendo en dúbida, a través da experiencia do meu corpo, todo aquilo que me dixeran porque o meu non encaixaba en nada daqueles estereotipos. Foi co tempo e grazas ao feminismo e o traballo de compañeiras do campo da actividade física como Manuela Vázquez Coto ou Cristina López Villar que fun explorando todo isto e coñecendo e valorando máis o meu corpo.

Así cheguei ao boxeo. Hai cousa de tres anos pechou o ximnasio ao que ía e comecei en Trabazos Vigo onde vin que tiñan clase de boxeo, anoteime para probar. Antes de practicalo nunca asociei o boxeo á agresividade ou a violencia. Para min a agresividade e, por suposto, a violencia son outra cousa. A agresividade ten que ver co afán de humillar e dominar á outra, de facer dano; a violencia, por descontado, para min son a desigualdade social, os patróns de xénero, os nosos conceptos de “normalidade”. Para min o boxeo, como eu o practico, non ten nada que ver con iso.

Antes de practicalo nunca asociei o boxeo á agresividade ou a violencia. Para min a agresividade e, por suposto, a violencia son outra cousa

Non vou negar que cando empecei, nunha clase naquela altura toda de homes, houbo algún que non o pareceu levar moi ben. Chegou un punto en que me encantaba a clase, mais era unha loita comigo mesma poñerme nese ambiente porque era como unha prolongación da hostilidade que xa recibo todos os días como muller, como non heterosexual, como galegofalante. Mais precisamente as estratexias que fun desenvolvendo fóra do ring axudan nel tamén. E co tempo gañas o respecto dos demais cunha mestura de non calar, de interesarte polo que saben ou temen, de convivir e de demostrar que ese lugar é tan teu como calquera outro. Nese proceso o papel do noso adestrador, Alexis Iriarte foi fundamental. É unha persoa que admiro moito porque ten un entendemento especial das persoas, axuda a que cada quen se sinta integrado e parte da clase, céntrase na parte lúdica e divertida e anula o exceso de competitividade en canto o detecta.

Co tempo, fun desenvolvendo unha sorte de teoría feminista do boxeo. Dende un punto de vista persoal hai dúas cousas que atopei totalmente liberadoras: a desexualización do meu corpo e o contacto físico entre iguais. No boxeo endexamais escoitei ningún comentario sobre o corpo de ninguén (nin de operacións biquini ou variantes). Hai homes de todas as idades (agora tamén outra moza), habilidades e estruturas físicas. O boxeo é un deporte moi completo, que esixe unha forma física de grandísimo aguante e moita técnica.

Co tempo, fun desenvolvendo unha sorte de teoría feminista do boxeo. Dende un punto de vista persoal hai dúas cousas que atopei totalmente liberadoras: a desexualización do meu corpo e o contacto físico entre iguais

A maiores, está o contacto físico. Ás mulleres socialízasenos para refugar del, a menos que veña envolto nos algodóns do amor e da sexualidade. Ensínasenos que somos febles e iso crea unha suxestión que fai que non nos defendamos nunca, que asumamos unha posición pasiva e secundaria en todo o físico. Atopo isto sumamente nocivo. A min gústame coñecer os límites do meu corpo, explorar o movemento, a forza. Saber como encaixar un golpe e defenderme. Todo iso só o descobres no contacto con outros corpos e canto máis diversos posibles, mellor. De aí que sexa tan importante mesturarnos e tamén estar en espazos nos que non estamos divididas por xénero. Este é outro dos logros do noso instrutor: combatemos con todo o mundo, facemos sparring con todo o mundo. É un proceso permanente de aprendizaxe que creo que é fundamental para todas as mulleres, xa alén da moi necesaria autodefensa feminista.

Deixar saír a tensión a través do corpo é algo ao que ás mulleres non se nos ensina. Senta moi ben dar uns bos golpes, é divertido e san. Como din as teóricas feministas dos afectos como Sara Ahmed, para moitas de nós é lóxico estar cabreadas porque a sociedade nos trata coma refugallo. Eu creo moito na ira produtiva, en transformar o cabreo en práctica política, mais tamén o boxeo axuda ao corpo nese proceso, evita dirixir toda a frustración cara unha mesma, como sabemos que facemos as mulleres e que logo leva a procesos depresivos con moita frecuencia en nós. Dende un punto de vista do xénero, iso si, aos homes se cadra lles era interesante facer algo máis de ioga, tai chi ou pilates.

E, no fondo, o máis importante: é sumamente divertido.

Ao ver a fotografía no Facebook co fondo do andel detrás túa boxeando, ao primeiro imaxinei que estabas a establecer unha relación puxilística co canon patriarcal. Mais imaxino que non hai moitos homes nos teus andeis, non?

Atinaches. Eu non pelexo co canon masculino porque non o recoñezo como autoridade. Recoñézoo como estrutura de opresión e silenciamento do mundo creativo das mulleres, sobre todo das que non son brancas, heterosexuais e escriben en linguas hexemónicas. Hai xa moitos anos que me interesa tirando a nada o que os homes brancos heterosexuais escriben. Tamén é unha compensación política por todo o que lin nos vinte anos primeiros da miña vida.

Eu non pelexo co canon masculino porque non o recoñezo como autoridade. Recoñézoo como estrutura de opresión e silenciamento do mundo creativo das mulleres

Imaxino que agora que paso dos corenta, coa balanza máis ou menos equilibrada despois de todas aquelas lecturas obrigatorias de “señores que unha debe coñecer e ter como referente”, podo afirmar con coñecemento de causa que me interesa moito máis o que escriben as mulleres.

Reimóndez Boxeo
María Reimóndez adestrando boxeo na súa casa durante o confinamento.
Dás escrito durante o confinamento? Se a resposta é si, cómo o fas?

Durante o confinamento sigo as rutinas adquiridas dos períodos que estou na miña casa e daqueles nos que estou confinada por atoparme en lugares onde non teño a posibilidade de saír –por exemplo, das instalacións formativas, dun cuarto, dun hotel... cando estou traballando en Paquistán, en Támil Nadu, Etiopía ou Haití.

A pandemia é unha continuidade de todas as cousas que xa me preocupaban antes, agora a cuestión é se a sociedade vai reflexionar nese sentido ou noutros

Escribir nestas circunstancias non é diferente a escribir no medio dunha emerxencia como foi a tsunami, ou cando botas o teu tempo compartindo traballo con mulleres que se enfrontan ao infanticidio feminino, ou á pobreza extrema. De feito, é un espazo de calma, de estar noutro lugar cando precisas unha pausa. Cando estiven traballando despois da tsunami de 2004 coas compañeiras de Tamil Nadu, o primeiro que fixen foi buscar clases de danza clásica, de Bharathanatyam. Permitíame durante dúas horas ao día –a primeira delas de seis a sete da mañá e logo entre as oito e as nove– saír dun espazo de destrución e morte, de horas interminables de traballo, o resto do día. A escrita cumpre tamén esa función, axúdame a manter o equilibrio emocional.

A pandemia é unha continuidade de todas as cousas que xa me preocupaban antes, agora a cuestión é se a sociedade vai reflexionar nese sentido ou noutros. Aí a escrita ten que ser unha ferramenta máis, igual que era antes.

Poderíasnos indicar literatura escrita por mulleres que se escribise ao fío dalgunha pandemia?

Descoñezo se historicamente temos referencias -ás mulleres hai que buscalas sempre cun traballo detectivesco bastante complexo- mais se falamos de distopías entón a literatura das mulleres debería ser a nosa base, non o engadido. Ninguén escribe distopías máis elucidantes que as autoras. Seguramente agora a máis visible sexa Margaret Atwood -toda a súa triloxía que inicia Orix and Crake é abraiante, se ben profundamente branca e norteamericana- mais se ampliamos a ollada atoparemos, tamén en Canadá, dúas autoras de libros con enfermidades nelas. Unha é Emily St. John Mandel con Station 11 e outra The Tiger Flu de Larissa Lai. Non esquezamos a Nalo Hopkins dende a diáspora caribeña canadense, Manjula Padhmanabhan dende a India, Margo Lanagan cos seus relatos de ciencia ficción dende Australia, a estadounidense de orixe nixeriana Nnedi Okorafor ou a impresionante Rita Indiana dende República Dominicana coa súa La mucama de Omunculé. En galego a lista tampouco é curta: María Alonso Alonso, Mariña Pérez Rei, Andrea Barreira, Cris Pavón e a mestra do terror Uxía Casal, por citar só algúns nomes.

Que pensas do tropo da “crise” e do fin do mundo no discurso do coronavirus?

700 millóns de persoas no mundo viven con menos dun dólar ó día e nunca vemos isto como unha “crise mundial” ou a fin do mundo. Dende os nosos países, tiramos proveito da degradación ambiental, do capitalismo atroz, de construír ás nosas outras como bárbaras e polo tanto carentes de humanidade, obxectos de consumo (dende a explotación laboral nos países do sur a mans de empresas do norte ata as políticas migratorias, pasando polos ventres de alugueiro, o turismo sexual e o tráfico de menores e mulleres para alimentar o negocio da prostitución). Nesta pandemia quedan ao descuberto os intereses do capital: as mortes prodúcense grandemente por considerar a saúde coma un negocio, as persoas maiores coma unha carga (dado que non producen capital económico), pechamos as fronteiras porque nos interesa protexernos...

Creo que a suposta solidariedade vai ser unha das pezas clave para o rearme do capitalismo...interésame máis unha perspectiva política do traballo dende o cotián: onde mercas, que comes, como tratas a quen e ao que te rodea, etc

Tampouco creo moito no concepto da solidariedade, tan instrumentalizado polo capitalismo para a “caridade” e o control emocional das persoas. A única solidariedade na que creo é a feminista da que fala Chandra Talpade Mohanty. Nela, as persoas temos que ser conscientes da nosa posición no mundo e aprender a coñecer os contextos das nosas outras antes de pensar que empatizamos con elas. Creo que a suposta solidariedade vai ser unha das pezas clave para o rearme do capitalismo, deixando todo na superficie en homenaxes e anuncios lacrimóxenos desactivantes. A min interésame máis unha perspectiva política do traballo dende o cotián: onde mercas, que comes, como tratas a quen e ao que te rodea, que valores aceptas como dominantes, a quen subordinas... Se nesta altura non entendíamos xa que hai que sachar polos dereitos das labregas, das limpadoras, das traballadoras dos coidados –sanitarias ou non– pois non sei eu se imos agora abrir os ollos mais, como alguén que traballa pola xustiza social feminista, confío máis en sachar cada día ca en predicións de futuro.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Juegos olímpicos
Machismo y racismo en los JJ OO La lucha por la medalla olímpica de Imane Khelif frente a los prejuicios
La participación de la boxeadora argelina Imane Khelif en los Juegos de París 2024 está generando titulares en todo el mundo y sobre ella han opinado desde Elon Musk o JK Rowling pasando por Donald Trump o Giorgia Meloni.
Boxeo
Chamarémolo Cassius Clay
Ali quedou pensando que faría agora. Sen campionato. Afastado do cuadrilátero. Con causas xudiciais pendentes e agora, incluso, sen nome.
Deportes
O odio que produce o odio

“Son América. O pedazo que vostedes non recoñecen, mais deben acostumarse a min. Son negro, enfonchado, seguro de min mesmo. É a miña relixión, o meu nome, non o de vostedes”. Un Xúpiter de ébano, con 18 anos, acaba de saír dun restaurante do East-End de Louisville, Kentucky. Negáranse a servirlle pola cor da súa pel, recomendándolle que volvese a África. Doíalle a man pola dereita recta que lle deu á porta ao saír, pero máis lle doía a alma.

#59922
9/5/2020 21:47

Bo artigo, grazas!!

2
0
Memoria histórica
Memoria histórica Cultura, exilio e loita das bibliotecarias galegas na Segunda República: a vida de María de los Ángeles Tobío
Durante os primeiros anos trinta, as bibliotecas tornaron en espazos de traballo ideais para un modelo de muller que aspiraba ser independente e que manifestara un claro compromiso político. A Guerra Civil remataría con todas as súas aspiracións.
Xunta de Galicia
Sanidade A Xunta de Feijóo, condenada por negar as visitas a unha muller falecida de cancro por ter covid-19
A xuíza di que a situación requiriu medidas de prevención “flexibilizadoras”. Faleceu a principios de 2022 no Hospital Álvaro Cunqueiro durante os últimos meses de administración do xefe do PP con Julio García Comesaña como conselleiro.
Gobierno de coalición
PSOE-Sumar El Gobierno toma nota de la presión social y cambia su discurso sobre vivienda
En la semana en que los sindicatos anunciaron la histórica manifestación estatal del próximo 5A, la ministra Isabel Rodríguez sube el tono.
Madrid
La burbuja del alquiler Sumar, Podemos y sindicatos de inquilinos presionan para convertir en indefinidos los contratos de alquiler
Sumar lanza una propuesta legislativa para transformar en indefinidos los contratos de alquiler, una de las principales demandas de la manifestación por la vivienda del 5 de abril. Una moción de Podemos, rechazada en el Congreso, pedía lo mismo.
Cine
Kamal Aljafari “Palestina está en la raíz de la situación actual del mundo”
Kamal Aljafari lleva toda su carrera trabajando con materiales de archivo, indagando en las imágenes e interviniendo en ellas para preservar memorias en desaparición y para oponerse al proyecto colonial sionista y su falseamiento del pasado.
Opinión
Opinión ¡Que vivan los aranceles!
Que Trump propugne aranceles no debe hacernos caer en la trampa de defender los intereses de los grandes oligopolios.

Últimas

Historia
Descifrando a historia Así foi a rebelión antifiscal galega de 1790 contra a burocracia española
A monarquía española quixo implantar a Contribución Única, algo que provocou fortes protestas. A máis coñecida foi o motín da Ulloa, chamado así porque se produciu nas zonas desta comarca. Foi a maior revolta antifiscal do Antigo Réxime en Galiza.
Opinión
Derecho a la vivienda Flex Living: el caballo de Troya de la precarización del alquiler
No es una respuesta moderna a las nuevas formas de habitar la ciudad. El ‘flex living’ no es más que la última jugada del sector inmobiliario y los grandes fondos de inversión para maximizar beneficios a costa del derecho a la vivienda.
Opinión
Opinión La unidad del anarcosindicalismo es la acción conjunta
Al hilo de supuestos movimientos desde la CGT hacia la unificación con CNT es necesario diferenciar entre lo que es una relación en clara mejora y lo que sería un proyecto real en marcha.
Más noticias
Galicia
Memoria histórica Cultura, exilio y lucha de las bibliotecarias gallegas durante la Segunda República
Durante los primeros años treinta, las bibliotecas se convirtieron en espacios de trabajo ideales para un modelo de mujer que aspiraba ser independiente y que había manifestado un claro compromiso político. La Guerra acabó con todas sus aspiraciones.
Comunidad de Madrid
Sanidad Pública Sindicatos piden el cese de la dirección del Hospital 12 de Octubre tras las obras de remodelación
Los problemas con las nuevas instalaciones han cristalizado en una unión sindical que ha reclamado formalmente el fin de la cúpula de dirección tras ser “ignorados” de manera “sistemática”.
Madrid
Acusaciones de violencia sexual Monedero, bajo investigación de la Universidad Complutense por la denuncia de acoso sexual de una alumna
La confidencialidad del expediente no permite saber cuándo se presentó la denuncia ante la Unidad de Igualdad o cuánto se demorará la resolución. La Complutense afirma que la Inspección de Servicios está tramitando la acusación.

Recomendadas

Líbano
Ocupación israelí Israel incumple el acuerdo de paz y mantiene tropas en el sur de Líbano para “vigilar” a Hezbollah
El Ejército sostiene la ocupación de cinco colinas a lo largo de la frontera tras evacuar sus soldados de decenas de municipios. Miles de civiles regresan a sus casas para descubrir que lo han perdido todo.
Feminismos
Ana Bueriberi “El activismo tiene que ser colectivo: para contribuir al cambio es imprescindible despersonalizar la causa”
La periodista madrileña Ana Bueriberi reconoce que no sintió la discriminación hasta que llegó a la Universidad. Hoy, desde el proyecto Afrocolectiva reivindica una comunicación antirracista, afrofeminista y panafricanista.
Inteligencia artificial
Militarismo La máquina de los asesinatos en masa: Silicon Valley abraza la guerra
Las fantasías distópicas sobre los futuros usos de las máquinas en la guerra están más extendidas que el relato de lo que ya está pasando en los campos de batalla.