Maltrato animal
Bestas?

Durante a última semana chegaron varias propostas ao noso correo para falar da Rapa das Bestas. Como medio sensible e comprometido coa defensa da natureza, debemos posicionarnos en contra das prácticas de maltrato animal así como de calquera tipo de agresión cara á contorna e o territorio. Aínda así, consideramos que, neste caso, o debate e a confrontación de ideas de xeito construtivo e respectuoso entre posicións diversas, pode servir para ampliar as diferentes miradas sobre unha festa tan popular coma controvertida.

12 jul 2018 12:35

Atribúeselle a León Tolstói a frase “Se un home aspira a unha vida correcta, o seu primeiro acto de abstinencia é o de magoar animais”. Non obstante as súas ideas sobre a ‘non violencia’ incluían aspectos como a alimentación, sendo vexetariano ao longo da súa prolífica vida.

Non son os tempos do escritor ruso, convulsos e violentos, onde a vida dos animais apenas importaba fronte a vida das persoas, con moi pouco valor, pero as cousas foron mudando para a defensa e a consideración dos seres vivos, non só dos humanos. Así, nas últimas décadas o avance lexislativo permitiu taxar prácticas cruentas, dende as pelexas de cans ata unha aberta oposición a eventos de pura barbarie, como as touradas ou o tiro ao pombiño.

Con todo as sociedades adoitan venerar determinadas prácticas que, como propias da cultura ou repetidas ao longo da historia, quedan exceptuadas dos marcos normativos, sen que exista un verdadeiro debate ao respecto do trato que reciben os animais. Non podemos ser alleos, e algunhas destas situacións que merecen unha abordaxe seria e aberta é a “Rapa das Bestas”, durante moitos anos intocable dende o prisma mediático, centrado fundamentalmente en Sabucedo, na Estrada, pero practicamente descoñecido para o público televisivo ou xornalístico con pequenos actos ao longo do noso país, un formato máis familiar pero tamén con prácticas para erradicar.

Sabucedo é icona dunha práctica gandeira tradicional consistente na reunión de équidos para o corte de crinas, que se foi modificando para incluír a súa desparasitación veterinaria e mesmo a identificación mediante un microchip transpondedor, cousas da tecnoloxía e das normas sobre sanidade animal. Pero é icona tamén polo poder de difusión desta “Festa de Interese Turístico Internacional” que chega a a ter entre os seus patrocinadores un grupo bancario, unha coñecida empresa cervexeira e diferentes administracións públicas. Si, un espectáculo onde existe unha pasarela de pago para mercar as entradas por Internet. Avances e tradicións.

Cuestionar as “Rapas” a día de hoxe tamén é complexo. Tocar unha icona totémica da cultura galega, aínda que non todo o mundo se sinta representado, pode supor, grazas ás redes sociais, unha infinidade de ameazas, insultos e o catetismo exacerbado, xa que o lóxico sería un debate serio e sosegado. Algo que semella imposible.
E fóra do eco mediático, dos e das xornalistas acreditadas de diferentes latitudes do planeta, hai prácticas cabalares noxentas. As chamadas “Loitas de garañóns” anunciadas en carteis en Candaoso, na vila de Viveiro, onde se separa os machos e son acirrados para que se pelexen, se golpeen brutalmente e todo para goce dunha minoría que presencia o curro. Isto está a suceder e contravén de xeito evidente a normativa estatal sobre benestar dos animais considerados “gando”.

Tampouco esquecemos as pexas, estes artefactos de madeira que aínda se lles colocan nas patas dos cabalos, evolucionada a crueldade cara a cadeas e cordas, e que temos comprobado que parte destes animais rematan formando grupo en curros da provincia de Pontevedra. Ou como gandeiros da Serra da Groba se negaron durante anos a implantarlles o microchip aos animais porque sabían que era unha responsabilidade posterior cando os cabalos invaden, por erro, por falta de alimento ou polos lumes, as estradas que estragan os montes de Galicia.
Estes antecedentes configuran unha actividade moi diversa, lonxe da uniformidade espectacular do curro de Sabucedo, cos chanzos desmontables, programación musical, exposicións itinerantes e mesmo “Galas de Premios” onde se fai do cabalo o eixo dunha práctica que debe ser revisada, que merece ser revisada.

Os tempos mudan e as tradicións hai que avalialas. Mesmo os afeccionados taurinos protestaban a comezos do século XX pola modificación do regulamento español que obrigaba a colocar un ‘peto’ aos cabalos dos picadores, outrora destripados para goce de quen pagaba a súa entrada.

Salvando as enormes distancias existentes con outras actividades onde se ven implicados animais contra a súa vontade queda clara a necesidade de que, como mínimo, estas “Rapas” teñan unha regulamentación clara. E falamos moi claro: hai que falar do número de animais, das condicións dos curros, da inspección veterinaria independente, dos patrocinios, dos dereitos dos propios animais e das persoas espectadoras e do benestar destes seres vivos logo do espectáculo.

Non obstante a Lei de protección dos animais de 1993 incluía aos équidos e burriños no seu eido de aplicación, mentres que a nova norma, que leva seis meses en vigor, excluíu a estes animais dun xeito inexplicable e deixándoos ao criterio incluso doutro departamento da Xunta, a Consellería de Medio Rural.

A campaña que a Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber teñen iniciado para reivindicar unha norma de protección equina que xa suma 150.000 sinaturas e o apoio maioritario da cidadanía, e postula un debate que non se pode deixar pasar, e onde a denominada clase política debe comezar a avaliar lonxe de populismos, como propoñer que o corte de crinas destes animais poida ser declarado “Patrimonio Cultural Inmaterial” da UNESCO. Curiosamente a mesma idea que tiña o grupo de presión tauromáquico para evitar avances na regulamentación. Queremos esas semellanzas?

‘Bestas’ dos montes de Sabucedo. Unha conversa con Jorge Casal. Artigo de Paulo Antón.

Tauromaquia
Los mitos de la tauromaquia, desmontados

Quienes defienden la celebración de corridas de toros suelen emplear argumentos que, en ocasiones, pueden sonar a ciencia ficción. Hemos consultado a varias personas expertas qué hay de veraz en estas premisas.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Mallorca
Investigación Cadáveres, ratas y suciedad extrema en una granja avícola que abastece a Mercadona, Eroski y Alcampo
Grupos activistas han denunciado a la explotación avícola de Llucmajor (Mallorca) ante la Fiscalía por delitos de abandono de animales, estafa y contra la salud pública. La granja cuenta con el sello de bienestar animal Welfair.
Antiespecismo
El mito de cazar El mito de la caza
¿Control o desequilibrio de las poblaciones de especies silvestres?
Tauromaquia
Maltrato animal Un año más las fiestas de San Isidro se tiñen de sangre por el maltrato animal en las corridas de toros
Este domingo al medio día, AnimaNaturalis y CAS International han realizado una acción de protesta frente la Plaza de Toros de Las Ventas, coincidiendo con el inicio de los festejos taurinos de las las fiestas más grandes de la capital madrileña .
Mallorca
Investigación Cadáveres, ratas y suciedad extrema en una granja avícola que abastece a Mercadona, Eroski y Alcampo
Grupos activistas han denunciado a la explotación avícola de Llucmajor (Mallorca) ante la Fiscalía por delitos de abandono de animales, estafa y contra la salud pública. La granja cuenta con el sello de bienestar animal Welfair.

Últimas

Tribuna
Tribuna “Reindustrialización” en tiempos de emergencia ecosocial: rearmes, tecnocracia y urgencia climática
La industria, sector clave en la fundación de la Unión Europea, vuelve a tomar un rol principal en la política. Sin embargo, en vez de a la necesaria transformación industrial, apunta hacia la guerra y la profundización de la crisis ecosocial.
Cádiz
Derecho a la vivienda El vecindario de un edificio en Cádiz se niega a irse y se declara en lucha
La nueva propiedad del edificio de la Plaza Falla, 3 , Grupo Abu y la inmobiliaria Ovando Homes se niega a seguir arrendando las casas a los y las inquilinas que lleva años viviendo allí.

Recomendadas

Pensamiento
Paulo Tavares “La imaginación es el primer acto político”
El arquitecto e investigador brasileño Paulo Tavares cuestiona las ideas fundacionales del pensamiento, el diseño y la ciudad occidentales en el marco de la crisis ecosocial.