Medio ambiente
A ciencia dá a razón aos ecoloxistas: as augas subterráneas da Limia están altamente contaminadas

Un estudo científico constata “valores moi altos” de contaminación, principalmente nitratos, que superan amplamente o limiar legal marcado pola UE en máis da metade das mostras tomadas de pozos e fontes desta comarca. A causa: as malas prácticas en explotacións agrícolas e gandeiras intensivas.
Auga subterránea Xinzo de Limia
Augas subterráneas extraídas dos pozos da Limia. Cedida de: Plataforma Auga Limpa Xa!
30 abr 2020 15:30

Un novo estudo dá a razón aos movementos ecoloxistas e veciñais que veñen denunciando altas concentracións de nitratos en augas subterráneas da Limia. A ciencia certifica que a auga dun bo número de pozos e tamén dalgunhas fontes naturais desta comarca está altamente contaminada.

Un equipo de científicos estivo recollendo mostras de agua de 76 pozos privados e 26 fontes naturais seleccionados aleatoriamente nesta comarca. As mostras tomáronse en maio de 2019 e analizáronse en laboratorio. O que descubriron e agora revelan nun estudo publicado na revista científica Agriculture, Ecosystems & Environment foi que a metade das mostras tomadas nos 102 puntos seleccionados estaban contaminadas, na súa maioría extraídas de pozos.

Unha das aportacións máis salientables desta investigación é que “as augas de pozos privados teñen concentracións máis altas que as de fontes naturais”, indican.

O nitrato foi o composto químico con maiores niveis detectados, seguido do cloruro e, en terceiro lugar, un grupo composto polo potasio, calcio e sulfato; en cuarto lugar, o magnesio e o fosfato.  

“O estudo das augas de pozos e fontes naturais na Limia mostra contaminación por nitratos en máis da metade das primeiras mostras analizadas”

Pero hai máis: “Outros elementos e compostos, como fluoruros, nitritos, aluminio, arsénico, chumbo, manganeso e mercurio, tamén excederon o límite permitido pola lexislación nalgunhas mostras”, alertan os científicos. “O estudo das augas de pozos e fontes naturais na comarca da Limia mostra contaminación por nitratos en máis da metade das primeiras mostras analizadas, sendo, ademais, valores moi altos”, destacan os autores da investigación.

O que atoparon, tamén, foi que a área sueste da conca do río Limia presenta maiores niveis de contaminación nas augas subterráneas. E concluíron que “a contaminación podería ser atribuíble á lixiviación dos fertilizantes e ao exceso de residuos de gando”.

Dun xeito máis detallado, esclarecen: “Máis da metade dos pozos analizados e tres fontes naturais mostraron contaminación por nitrato e algunhas mostras excederon o límite permitido pola lexislación para outros elementos e compostos. Poderíase inferir que esta contaminación do acuífero superficial podería atribuírse á agricultura intensiva e a gandaría”.

En base ás principais actividades económicas da comarca, deducen que “posiblemente os altos valores nas concentracións” de certos compostos e elementos “se deban a unha fonte de contaminación agrícola e gandeira”, insisten.

Así, lembran que na zona hai moitas granxas porcinas e avícolas, pero tamén moito terreo no que se sementa pataca e millo na primavera, “o momento no que as granxas usan o seu esterco líquido e sólido para fertilizar os chans dos cultivos, o que contribúe ao aumento das cargas de nitratos e cloruros tanto nos chans dos cultivos como nas augas subterráneas”.

E esta carga contaminante “é especialmente alta na área suroriental por dúas razóns: a maior cantidade de granxas e terras de cultivo, con gran cantidade de pozos de augas subterráneas, e o extremo máis baixo da conca do río Limia”, explican.

En opinión destes expertos, a causa deses altos niveis de contaminación estaría, polo tanto, nas “malas prácticas de fertilización, o substrato moi permeable e a pouca profundidade do nivel da capa freática [acumulación de auga subterránea que se atopa a unha profundidade relativamente pequena baixo o nivel do chan]”.

SUPERAN AMPLAMENTE O LIMIAR MARCADO POLA UE

Estes resultados dan a razón aos cidadáns que constituíron en xaneiro de 2019 a Plataforma Auga Limpa Xa!, unha iniciativa ecoloxista que naceu logo das denuncias de verteduras de residuos agrícolas que afectan os acuíferos das comarcas da Limia, Baixa Limia, Celanova e Monterrei.

Daquela, os veciños que forman parte desta plataforma xa denunciaran que “en só tres anos aumentou nun 39% a concentración de nitratos nas masas de auga subterráneas na chaira da Limia” e que hai persoas “consumindo auga non potable dos seus pozos porque descoñecen que superan os 50 miligramos de nitratos por litro”. A Directiva de augas subterráneas da Unión Europea establece que as concentracións non deben superar o limiar de alarma de 50 mg/l.

Segundo o estudo agora publicado, a concentración de nitrato mostrou valores altos en moitos dos pozos analizados, superando os 50 mg/l no 58 % dos casos. “Así, de 76 mostras analizadas, en 44 obtivéronse valores superiores a 50 mg/l, violando os límites establecidos por lei para que unha auga sexa considerada potable”, alertan os científicos.

As mostras tomadas no municipio de Trasmiras foron as que presentaron maiores niveis de nitrato, con valores máximos puntuais de 329 mg/l —case 6,6 veces por enriba do limiar marcado pola UE— e valores medios de 104,40 mg/l —máis do dobre do que marca a directiva europea—.

Ademais, os expertos obtiveron valores superiores a 50 mg/l no 72% das mostras recollidas nesa zona. Tamén unha mostra dunha fonte natural deu a concentración máxima, con 114 mg/l. No municipio de Sarreaus, o valor medio do contido de nitrato foi de 66,30 mg/l, cun máximo rexistrado de 179,97.

Xinzo de Limia é o concello no que os científicos tomaron máis mostras de pozos, cun rango de valores de nitrato que van desde “non detectado” nun pozo de 100 metros de profundidade na depresión de Antela, onde se atopaba a antiga lagoa, a 155,54 mg/l nunha granxa particular. O valor medio foi de 57,99 mg/l por enriba da norma europea e 12 das 23 mostras analizadas mostraron contaminación por nitrato. Nas dúas mostras tomadas en fontes naturais, detectáronse 57 mg/l nunha, “o que excede lixeiramente o máximo permitido para ser consumido”, apuntan os autores.

No concello de Sandiás, case o 70% das mostras excederon o límite de toxicidade de nitrato, con contidos máximos de 107,95 mg/l e valores medios de ao redor de 52. Os investigadores subliñan que a auga do pozo de perforación neste municipio, de 32 metros de profundidade e situado a uns 400 metros dunha granxa porcina, tamén presentou contaminación, “probablemente debido á actividade gandeira”.

As augas do consello de Baltar mostraron contidos superiores a 50 mg/l para nitratos en cinco das sete mostras analizadas, con valores máximos de ata 169,48 mg/l, cun valor medio de aproximadamente 78,60. Ademais, tomaron mostras de tres pozos con diferentes profundidades (65, 75 e 96 metros) situados nunha gran granxa porcina, con valores superiores a 150 mg/l nos pozos máis profundos e menos contaminación no pozo superior, polo que consideran “probable que o chan sexa poroso, o que permite unha rápida filtración dos residuos do gando”. 

 O municipio dos Blancos, só unha mostra excedeu o límite de toxicidade lexislado para nitratos, con 68,14 mg/l. Finalmente, apuntan que o nitrato non excedeu o límite marcado pola UE nos pozos analizados en Porqueira e Rairiz de Veiga.

Os niveis de contaminación aportados por esta investigación superan con moito os datos das análises realizadas pola Dirección Xeral de Saúde Pública, dependente da Consellería de Sanidade

Pero, os nitratos non son os únicos contaminantes que se atoparon nas augas subterráneas da Limia. Detectáronse outros que “tamén excederon os límites de toxicidade establecidos pola lexislación para que se considere auga potable”, salientan.

Por exemplo, na mostra tomada do pozo de perforación de 100 metros de profundidade no municipio de Xinzo de Limia, que xa tiña contaminación por nitrato, os fluoruros cuantificáronse a 2,48 mg/l e os nitritos estaban por enriba dos 0,5 mg/l permitidos. Os científicos lembran que “a contaminación por nitritos pode deberse á redución de nitratos por deficiencia de osíxeno ou contaminación fecal recente, mentres que os  fluoruros poderían provir da industria do vidro (a fábrica de vidro Vidriera del Atlántico estivo situada durante dez anos en Xinzo)”.

Os niveis de contaminación aportados por esta investigación superan con moito os datos das análises realizadas pola Dirección Xeral de Saúde Pública, dependente da Consellería de Sanidade, que indica que as súas analíticas realizadas nos últimos anos mostran un incremento sostido da concentración media de nitratos”, con “16,8 mg/l en 2017; 18 mg/l en 2018; 21,5 mg/l en 2019 no conxunto dos 24 abastecementos analizados. Do total, a Dirección Xeral de Saúde Pública só identificou 11 valores que exceden o nivel de alerta de 30 mg/l de nitratos en varios concellos e unicamente nove valores que exceden o límite legal de 50 mg/l de nitratos. 

APOSTAR POR UN MODELO SOSTIBLE

Ante estes novos datos, os científicos piden ás autoridades que “consideren de suma importancia” os problemas relacionados coa saúde pública, a calidade dos cultivos e o medio ambiente que implican a contaminación da auga subterránea por elementos e compostos químicos. Urxen a “buscar alternativas reais aos modelos intensivos de agricultura e gandería, xa que outros modelos son máis respectuosos co medio ambiente e a sociedade, é dicir, sostibles”.

Agardan que os seus resultados sirvan para “priorizar intervencións preventivas e correctivas”

Con todo, avisan de que “para lograr unha agricultura sostible, teríamos que promover a conciencia e o coñecemento da sociedade en xeral, e dos agricultores e traballadores agrícolas en particular, a través de intensas campañas nos medios, oportunidades de capacitación neste campo, accesibilidade para mudar o tipo de agricultura coa axuda das técnicas necesarias e, finalmente, a lexislación”. Por último, agardan que os seus resultados sirvan para “priorizar intervencións preventivas e correctivas”.

A investigación está asinada por Jessica Rodriguez, Benita Pérez, Carolina Nebot, Elena Falque e Jesús Simal Gándara, adscritos ao grupo de Química Analítica da Universidade de Vigo e os grupos de Nutrición e Bromatoloxía desta última e da Universidade de Santiago de Compostela.

Ganadería
A Innomeable: crónica dun absurdo disparate
Esta é unha crónica escrita en tempos prepandémicos, xusto antes de que todo dera a volta e mudaran tódalas nosas prioridades repentinamente.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Ciencia
un día para la ciencia, 364 días para la precariedad La ciencia precaria del 11F
La precariedad en la investigación sigue imparable y el efecto tijera-pinza cada vez es más visible. Y los últimos informes no parecen presentar mejoría a largo plazo.
Memoria histórica
Memoria histórica Los calendarios laicos: desde los almanaques al científico escolar del CSIC
El 11 de febrero se celebra el Día Internacional de la Niña y la Mujer en la Ciencia, una fecha ideal para hacer un repaso del historial de calendarios laicos y científicos desde sus orígenes.
Plástico
Medio ambiente Un estudio de nanoplásticos en cerebros humanos detecta un aumento pronunciado en ocho años
El análisis de 52 córtex frontales publicado en ‘Nature’ apunta a que la acumulación exponencial de plásticos en el ambiente estaría incrementando su abundancia en nuestros organismos.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
Medios públicos A TVG, condenada a rectificar por difundir unha información falsa sobre o BNG
A xustiza condena tamén ao director do ente público, Alfonso Sánchez Izquierdo, pola nova onde se afirmaba erradamente que o BNG non enviara representantes a un evento organizado pola Xunta e mais a Fundación Castelao para dar inicio ao Ano Castelao.
Feminismos
En primeira persoa Relato dunha furgoneta roubada e un embarazo que perdemos
Temos que saber que para ter a liberdade de sentir sen morrer sepultadas no propio silencio é necesario que sexan habilitados, considerados e acompañados todos os xeitos, todas as dores, todas as dúbidas e todos os laios en tódolos ámbitos da vida.
Guerra en Ucrania
Guerra en Ucrania Las izquierdas rusa y ucraniana, ante un posible acuerdo de alto el fuego en Ucrania
Una de las principales demandas de la izquierda rusa es la liberación de los presos políticos. La ONU ha alertado de que la aplicación por parte de Ucrania del tipo de “colaboracionismo” está siendo excesivamente amplia.
Estados Unidos
Genocidio Trump aprueba un paquete de armas de 3.000 millones de dólares para Israel
El presidente estadounidense ha alegado una “emergencia” para eludir al Congreso y aprobar un envío de armas que no llegará a Israel hasta 2026.
Migración
México México, la última frontera
En la frontera sur, la presencia de migrantes está aumentando, entre otras razones, debido a la política del gobierno mexicano de devolver a los migrantes sin documentación desde el norte del país hacia el sur.

Últimas

Economía
Economía A Xunta de Rueda privatiza outra das residencias de maiores financiada por Amancio Ortega
Tanto esta residencia como a de Pontevedra, cuxa xestión tamén está en proceso de licitación, serán as próximas en abrir tras a entrada en funcionamento das de Santiago de Compostela e Lugo, que xa operan baixo o mesmo modelo.
Guerra en Ucrania
Guerra en Ucrania Trump y JD Vance matonean en un show televisivo a Zelensky, que se va de vacío de la Casa Blanca
El presidente de Ucrania abandonó Washington DC sin firmar el pacto por el que se comprometía a vender los recursos minerales del país a cambio de garantías de seguridad.
Gobierno de coalición
Gobierno de coalición El PSOE da muestras de cansancio con Yolanda Díaz
Tanto en Moncloa como en Ferraz la opinión sobre la gestión política de la vicepresidenta está en mínimos. Sin criticar su labor en Trabajo, la tropa de Sánchez ya anhela un socio que impulse la unidad a su izquierda con la mira puesta en el 2027.
La vida y ya
La vida y ya Habla más alto
La emoción no es solo por la noticia, es porque esta nieta que restituyó su identidad es la hermana de un amigo suyo de la infancia.
Que no te lo cuenten
El Salto Radio De las versiones de Mazón y el desalojo de trabajadores del campo
VV.AA.
El president de la Generalitat Valenciana ha cambiado de versión en varias ocasiones sobre cuándo llegó al CECOPI el día de la tragedia de la DANA
Más noticias
Editorial
Editorial O Salto deixa de publicar en X
A asemblea deste proxecto informativo decidiu conxelar as súas publicacións na rede social propiedade de Elon Musk.
Palestina
Palestina Israel prohíbe regresar a los 40.000 palestinos desplazados en el norte de Cisjordania
El ejército de Israel desplaza a miles de sus casas en campos de refugiados en diferentes ciudades de Cisjordania ocupada. Mientras, Israel presiona para no llegar a una segunda fase de alto el fuego.
Dana
El Salto Radio Relatos para no olvidar de víctimas de la dana
Este podcast recoge la parte más humana, los detalles y los nombres propios de lo que sucedió el pasado 29 de octubre, relatos para no olvidar de víctimas de la dana.
Oriente Próximo
Oriente próximo Abdullah Öcalan llama a deponer las armas para lograr la plena democracia para el pueblo kurdo
El líder del Partido de los Trabajadores de Kurdistán llama a la disolución de la organización. Ankara dice que “estudiará” la situación, que también influye sobre Siria, Irán, Iraq y la situación en los países de Oriente Próximo.

Recomendadas

Urbanismo
Urbanismo salvaxe Un pobo contra o asfalto: Bembrive e Mos rebélanse contra unha autovía que arrasará o seu pulmón verde
Veciñas e veciños conseguen presentar 25.000 alegacións contra unha estrutura de dez quilómetros, defendida xa só polo PSOE en Madrid e en Galiza, que partirá en dous unha poboación enteira e forzará a expropiación de decenas de vivendas.
Feminismos
June Fernández “Estoy abierta a reconocer modelos en los que haya personas cuyo rol sea gestar”
La periodista June Fernández publica ‘Sueños y vasijas’, un volumen sobre la gestación subrogada que no quiere sacar a nadie de su posición, pero sí sumar elementos para analizarla con perspectiva feminista.
Turismo
Turismo depredador Poca agua, mucho turismo: la crisis hídrica amenaza las islas Eolias en Italia
Las islas italianas del Mediterráneo están acusando especialmente las consecuencias de la turistificación, pero también de una crisis hídrica sin precedentes provocada por el cambio climático. Es el caso de las islas Eolias, en el norte de Sicilia.