A conselleira de Medio Ambiente suxire que opoñerse a Altri vai contra a lei

Ángeles Vázquez enfróntase aos alcaldes da comarca afectada que rexeitan o proxecto de Altri afirmando que “están a pedir que se prevarique”.
Ángeles Vázquez xunta conselleira
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez. Foto: Xunta.
15 ene 2025 16:48

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángelez Vázquez, suxeriu este mércores nunha rolda de prensa que as loitas sociais e políticas que enfrontan a celulosa que Altri, Greenalia e a Xunta queren construír en Galiza piden, ao seu xuízo, “que se prevarique”. Unha das persoas de confianza de Alfonso Rueda e máxima responsable ambiental do Goberno galego respondía así ás críticas dos alcaldes dalgunhas das zonas máis afectadas da comarca da Ulloa, como Arzúa, Santiso e Melide: “Eu nunca lle pediría a un alcalde que prevaricase”, sostivo.

A conselleira, que recibiu o encargo por parte de Rueda de asumir o rol de ariete contra a contestación social pide aos alcaldes o que, segundo ela, deben facer: “Rexer os seus municipios, achegar riqueza e informar dentro do que é a lei en si”. A xuízo de Vázquez, ningunha crítica ecolóxista contra a celulosa de Altri e Greenalia ten fundamento: ”Non hai base ata que non haxa declaración de impacto ambiental".

Nesta liña, Vázquez instou aos alcaldes a “respectar a lei igual que ten que respectala a Xunta de Galicia”. “Respectar a lei son uns prazos e, dentro deses prazos, se a documentación non é clara ou esta incompleta, a Xunta ponse en contacto co promotor para que clarifique ou faga as achegas necesarias”, manifestou.

Medio ambiente
Unha manifestacion histórica contra a celulosa de Altri e a Xunta desborda Compostela
Decenas de miles de persoas chegadas dende toda Galiza berran contra unha industria que pretenden instalar no corazón do país e que absorverá 46 millóns de litros de auga ao día.
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...
Cargando portadilla...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...