Medio ambiente
Unha manifestacion histórica contra a celulosa de Altri e a Xunta desborda Compostela

Decenas de miles de galegos e galegas berraron hoxe, alto e claro, en Santiago de Compostela que non queren a celulosa que a Xunta, a multinacional portuguesa Altri e a empresa galega Greenalia pretenden construír no corazón de Galiza. Non queren ocupar unha terra agrogandeira próspera cunha factoría que ocuparía o espazo de 500 campos de fútbol e absorvería ata 46 millóns de litros de auga ao día do río Ulla, devolvendo 30 millóns de litros ao mesmo río de augas tratadas, pero contaminadas. É a mesma cantidade de auga que consume toda a provincia de Lugo ao día.
Malia que a saída da Alameda estaba prevista para as 12.00h, dende antes mesmo das 11.00h, boa parte do céntrico parque da capital galega estaba xa ateigado de xente chegada dende todos os puntos de Galiza. A maior parte das grandes organizacións sociais, principalmente sindicatos de clase, ofreceron prazas gratuítas de autobuses para poder desprazarse a Compostela.
Logo de percorrer toda a Zona Vella, tamén cunha enorme recreación do río Ulla feita cunhas teas azuis, todos e todas as manifestentes foron enchendo a praza do Obradoiro, algo que apenas ocorreu na historia da democracia.
Medio ambiente
Activistas de Greenpeace instalan 'unha celulosa' na sede da Xunta en protesta contra Altri
Relacionadas
Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.
Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!