Medio ambiente
Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza

A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Esta autorización supón un paso adiante na tramitación do proxecto que ameaza a conservación dun dos maiores xacementos fortificados de Galiza e os seus ecosistemas próximos
laser castro valente
Fotografía láser del yacimiento de Castro Valente.

O monte de Castro Valente, no municipio de Padrón, é dende hai séculos un punto de referencia na memoria colectiva local. Situado á beira do río Ulla ao seu paso por Herbón, o emprazamento estratéxico do cumio, a case 400 metros de altura, permite ter un control visual da ruta fluvial do Ulla ata a súa desembocadura na ría de Arousa.

O historiador López Ferreiro describiuno no ano 1898 como “un formidable Castro […] que aínda conserva gran parte da muralla que o rodeaba”, e preguntábase se “sería un campamento, ou un lugar de refuxio para os Irienses en caso de apuro”. Manuel Murguía, na súa obra Historia de Galicia, tamén realiza unha descrición detallada do xacemento.

No ano 2020, baixo o proxecto de investigación Castelos no aire —financiado pola Deputación da Coruña e a Universidade de Santiago de Compostela— os arqueólogos Mario Fernández-Pereiro e José Carlos Sánchez-Pardo sacaron á luz unha impoñente fortaleza altomedieval que permanecía oculta entre a vexetación. Cunha extensión de case 10 hectáreas e unha muralla de máis de 1200 metros de perímetro, Castro Valente destaca polas súas estruturas defensivas; 30 torres e varias portas distribuídas estratexicamente.

A primeira campaña de escavación permitiu confirmar a técnica construtiva da muralla, de ata tres metros de grosor; e localizar restos dunha estrutura intramuros. Ademais, os restos materiais como tellas e fragmentos cerámicos apuntaron a unha ocupación situada entre o final do Imperio romano e a Alta Idade Media, entre os séculos V e VII.

O ano pasado, levouse a cabo unha nova campaña de escavación co obxectivo de profundar na cronoloxía e función desta monumental fortaleza altomedieval, xa que os expertos consideran que Castro Valente presenta “unhas características únicas e moi interesantes para estudar a fin do Imperio Romano e o comezo da Alta Idade Media galega”. O xacemento, catalogado no Servizo de Arqueoloxía da Dirección Xeral de Patrimonio, vese ameazado agora pola posible construción dun parque eólico.

Muíños de vento enriba dun xacemento milenario

A comezos do 2021, a Xunta de Galicia sometía a información pública o parque eólico Castro Valente, promovido por Iberdrola Renovables Galicia, S.A. O proxecto contempla a instalación de 4 aeroxeneradores de máis de 100 metros de altura cunha potencia total instalada de 18 MW.

“No momento no que un xacemento está inventariado dentro do Servizo de Patrimonio, ten unha protección estándar de 200 metros arredor do mesmo”, explica Mario Fernández-Pereiro. Segundo o documento presentado por Iberdrola, os muíños situaríanse a 259 metros.

Castro Valente xa foi afectado pola recente instalación dunha liña de alta tensión, durante a cal se descubriu unha segunda muralla da fortaleza. “Cada vez que se limpa monte aparecen máis estruturas asociadas ao xacemento”, afirma Fernández-Pereiro, quen advirte de que a instalación das torres de alta tensión foi unha “intervención mínima en comparación do que suporá a instalación dun parque eólico”.

Nas alegacións presentadas pola asociación ecoloxista Petón do Lobo, acusan ao proxecto de vulnerar directivas europeas sobre hábitats, biodiversidade e augas, e cuestionan o seu “interese autonómico”, considerando que se trata dunha iniciativa industrial máis dentro dunha “expansión eólica descontrolada” sen unha avaliación ambiental estratéxica actualizada.

Ademais da afección á fortificación histórica de Castro Valente, alegan que o proxecto afectaría severamente aos ecosistemas fluviais e humedais, fundamentais para o abastecemento de auga e a biodiversidade local. A instalación asentaríase sobre hábitats prioritarios de conservación europea, cuxa destrución sería irreversible.

As alegacións tamén destacan a ameaza directa a zonas de cría e tránsito do lobo ibérico; e advirten da fragmentación de explotacións agrogandeiras e a perda de terras produtivas debido ás cimentacións de formigón e aos movementos de terra necesarios.

O arqueólogo Fernández-Pereiro remitiu ademais un escrito ao Consello da Cultura Galega, solicitando a paralización da autorización para a instalación do parque eólico. O documento apela á lexislación estatal e aos tratados internacionais de protección do patrimonio —como a Carta de Venecia ou a Convención da UNESCO de 1972— que obrigan a preservar tanto os bens culturais como o seu contorno.

En abril de 2024 o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acordou a suspensión cautelar da autorización outorgada pola Xunta para o proxecto do parque eólico; e elevou unha consulta ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TJUE) para aclarar se a lexislación galega e española cumpren coas esixencias de participación pública e evaluación de impacto que marca a normativa comunitaria.

A pesar da suspensión decretada polo TSXG, a Xunta de Galicia declarou en maio a utilidade pública do parque eólico Castro Valente, o que implica a posibilidade de expropiar terreos para a súa construción. Esta decisión, adoptada mentres o proxecto segue pendente de resolución no TJUE, xerou malestar entre a veciñanza e colectivos ecoloxistas, que denuncian unha estratexia para acelerar a implantación do parque sen esperar ao pronunciamento europeo.

“Non puxeron os informes sectoriais a dispoñibilidade pública”, denuncia Luis Magariños, veciño afectado. “Esta declaración de utilidade pública ímola apelar”, engade. Para a veciñanza resulta incongruente que se avance nun proceso expropiatorio mentres paira a incerteza sobre a legalidade ambiental e procedemental do proxecto.

A asesoría xurídica da Xunta emitiu un informe en febreiro no que conclúe que a suspensión cautelar das autorizacións non impide a tramitación da declaración de utilidade pública, xa que este trámite se pode realizar de forma independente. Non obstante, suspéndese a resolución do procedemento de expropiación ata que se levante a medida cautelar ou se dite sentenza firme que resolva os recursos pendentes.

Este caso enmárcase nun contexto de crecente tensión entre a Xunta e o TSXG, xa que actualmente son máis de 60 os parques eólicos paralizados en Galiza. De feito, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acusou recentemente aos “activismos ecolóxicos" e ao TSXG de obstaculizar o desenvolvemento do “futuro enerxético” da rexión.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Galicia
Discriminación Dos años a la espera de reparación tras sufrir lesbofobia en un registro en Galicia
Un funcionario de un registro de Pontevedra se negó a inscribir al hijo de Antía y su pareja. Un error de redacción en la ley trans está detrás de los argumentos que el funcionario esgrime para defender su actuación.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Galicia
Laboral El Supremo confirma el fraude masivo de contratación en el sector cárnico gallego
La sentencia reafirma que Servicarne funcionaba como una falsa cooperativa y que sus socios tenían una relación laboral con Novafrigsa, del Grupo Coren
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Recomendadas

LGTBIAQ+
LGTBIAQ+ Unha casualidade, unha resposta masiva e un debate incómodo: a sentenza de Samuel Luiz en contexto
O 22 de maio, o TSXG ratificaba o veredicto do xurado popular e recoñecía que o asasinato de Samuel Luiz foi un crime motivado por LGTBIfobia. O caso supuxo unha mobilización sen precedentes.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.