Medio ambiente
Unha aldea rebélase contra a construción dunha presa nun glaciar rochoso de 100.000 anos

O proxecto dunha central hidroeléctrica en plena montaña pon en risco un enclave natural único na Costa da Morte.
presa A Ruña - 3
Obras de construción dun polígono eólico no mesmo monte afectado. Alba Cambeiro
30 nov 2024 05:30

O Monte da Ruña, na Costa da Morte, garda un glaciar rochoso milenario e un ecosistema único, agora ameazado polo proxecto dunha nova central hidroeléctrica de bombeo. Veciños, ecoloxistas e científicos álzanse contra unha iniciativa que consideran un ataque ao patrimonio natural e un exemplo máis do modelo enerxético que asfixia ao rural galego.

O Monte da Ruña, de 646 metros de altura, ofrece unha vista panorámica desde o impoñente Monte Pindo ata Finisterre. Situado na conca do río Xallas xusto antes da súa desembocadura ao mar na fervenza de Ézaro, este enclave constitúe un patrimonio arqueolóxico, natural e xeolóxico único.

Situado no municipio de Mazaricos, os relevos deste monte son zona de mananciais que alimentan o río Xallas, pastos para o gando vacún local e fogar de cabalos salvaxes, flora endémica e avifauna migratoria. “Este é un proxecto meramente especulativo á conta dos nosos ríos e os nosos terreos” sinala Matilde Pensado, gandeira e membro da Plataforma Salvemos a Ruña.

A Ruña esconde un xacemento declarado Ben de Interese Cultural —o castelo de Brandufe— unha fortificación erixida estratexicamente para controlar toda a costa, crucial para a defensa e vixilancia na época medieval. Ademais, aquí atópase o único glaciar rochoso conservado en Costa da Morte; “unha xoia xeolóxica de 100.000 anos de antigüidade” segundo explica o catedrático emérito de Xeoloxía da Universidade da Coruña, Juan Ramón Vidal Romaní. Agora, a riqueza patrimonial da Ruña está ameazada pola construción dunha nova estación hidroeléctrica de bombeo.

presa A Ruña - 1
Infografía do proxecto. Alba Cambeiro

 O río Xallas, o máis explotado de Galiza

O río Xallas é unha das arterias fluviais máis intensamente explotadas de Galicia; alberga catro centrais hidroeléctricas en apenas 17 km. Os encoros de Fervenza-Baiñas, Ponte Olveira, Castrelo e Santa Uxía transforman este río nunha fonte de electricidade, e converten os seus 528 quilómetros cadrados de superficie nun xerador constante de ingresos. Esta alta concentración de infraestrutura nun río tan curto débese a un desnivel de máis de 500 metros, que permite o seu aproveitamento intensivo a un prezo ambiental considerable.

O pasado 14 de agosto o Diario Oficial de Galicia sometía a trámite de información pública as solicitudes para a “concesión de augas superficiais para a execución dun almacenamento hidráulico de enerxía.” A empresa Xeal, que opera as centrais do río Xallas, proxecta a construción dunha nova estación de bombeo hidroeléctrica no Monte da Ruña.

Unha central de bombeo reversible funciona grazas a dous depósitos situados a diferentes alturas. Durante as horas de menor demanda eléctrica, bombéase auga desde o pantano inferior ao encoro superior. Cando a demanda é alta, a auga libérase cara ao inferior a través de turbinas, xerando electricidade nos momentos nos que o prezo da enerxía é máis alto.

presa A Ruña - 5
Veciños e veciñas afectadas que forman parte da Plataforma Salvemos A Ruña Alba Cambeiro

O negocio das megapresas

Segundo a documentación publicada en Augas de Galicia, dúas empresas compiten pola concesión; Portodemouros Solar, S.L. e Feroe Ventures & Investments, filial da compañía checa Energo-Prol, que a finais do ano pasado comprou Xeal por 280 millóns de euros.

A primeira proposta, de 139,4 millóns de euros, expón a escavación de dúas balsas de aproximadamente nove hectáreas cada unha —o equivalente a nove campos de fútbol— e un turbinado de 78 MW.

O segundo proxecto utilizaría un caudal de auga de 84,5 metros cúbicos do encoro de Santa Uxía —que abastece aos concellos de Corcubión, Cee, Fisterra, Muxía e Dumbría— para encher unha presa superior cunha capacidade de 2,5 hectómetros cúbicos. Os traballos de construción da mesma implicarían unhas escavacións de 2,09 millóns de metros cúbicos; un investimento de 432,22 millóns de euros para xerar unha capacidade de turbinado de case 400 MW.

Segundo Vidal Romaní, “duplicar a rede de encoros a maior altura implica duplicar o risco para todas as persoas que viven na zona”. De feito, o documento presentado por Feroe Ventures & Investments contempla a delimitación dunha área inundable correspondente a un posible escenario de baleirado ou a un fallo dos sistemas de seguridade de bombeo. O xeólogo fai unha analogía co desastre da DANA de València: “ante unha situación meteorolóxica adversa, levaría moitos días baleirar a presa, o que aumenta o risco de desbordamento e dunha posible catástrofe”.

O perigo dun grave impacto medioambiental

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) presentou alegacións que advirten sobre as posibles consecuencias ambientais e legais que implican estas iniciativas. “Estes proxectos, lonxe de promover as renovables e dar estabilidade ao sistema, non pretenden outra cousa que lucrarse especulando co prezo da electricidade á conta dun impacto paisaxístico e ambiental brutal”, afirman no seu comunicado.

Segundo o documento presentado a Augas de Galicia, as concesións solicitadas non foron avaliadas no Plan Hidrolóxico do Xallas. A masa de auga afectada, o encoro de Santa Uxía, presenta un estado ecolóxico catalogado como “moderado”, incumprindo os Obxectivos Ambientais establecidos en relación coa calidade físico-química das súas augas. Segundo Roberto Videla, de Ecoloxistas en Acción, a instalación da central de bombeo implicaría “remover todo ese contaminante que xa se atopa no fondo do encoro” o que suporía “un problema de saúde pública”. De todos os municipios que verían afectado o seu abastecemento de auga, só o Concello de Corcubión presentou alegacións.

Os proxectos atópanse moi próximos ao espazo Rede Natura 2000 ZEC Carnota-Monte Pindo e a escavación das balsas e tunelizacións suporía severas afeccións a hábitats de interese comunitario como brezais e turbeiras, así como a todas as zonas húmidas que regulan o ciclo hídrico, capturan carbono e manteñen a biodiversidade.

A entidade ecoloxista ADEGA tamén solicitou á Dirección Xeral de Patrimonio Natural que decrete a paralización das obras do parque eólico Ruña II ao considerar danos substanciais ao patrimonio natural deste enclave. Actualmente, máis do 60% da superficie total do Concello de Mazaricos está ocupada por empresas eólicas, de acordo con o seu documento de avaliación ambiental do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

O que hai debaixo da terra non é de ninguén

Segundo informan desde a Plataforma Salvemos A Ruña, formada por veciños e membros das comunidades de montes, hai dous anos tivo lugar unha primeira reunión na que estiveron presentes o alcalde de Mazaricos, Juan José Blanco, e un representante da empresa Xeal, Hermenegildo Franco. “Explicáronnos o proxecto moi vagamente, sen ensinarnos nada. Ofrecéronnos 1.000 euros anuais por cada veciño en concepto de alugueiro das leiras”, explica Gabriella Francesca, gandeira e membro da Plataforma.

“O alcalde díxonos que aproveitásemos a oportunidade, que se non é esta empresa será outra a que veña, que o farían igualmente a través da expropiación e quedariámonos/quedariámosnos sen o diñeiro”. Desde a Plataforma critican o posicionamento de Juan José Blanco a favor de Xeal e a presión para a cesión dos terreos. “De que me serven 1.000 euros se quedo sen auga para as miñas vacas ou se non podo levalas a pastar ao monte?”, pregunta Francesca.

Nunha segunda reunión, o representante da empresa “díxonos que só una das tres comunidades de montes afectadas tería beneficios” porque “debaixo da terra non é de ninguén”. Deste xeito, os comuneiros das leiras afectadas polas tunelizacións non terían ningún dereito. “Que pasa se quero facer un pozo de barrena para coller auga para os meus animais? Non podo facelo se teño un tubo de sete metros de diámetro debaixo” afirma.

A gandería é o motor económico do municipio de Mazaricos, un dos principais produtores leiteiros de toda Galicia. No proxecto presentado por Feroe Ventures & Investments —empresa irmá de Xeal— está contemplada a declaración de utilidade pública do aproveitamento hidroeléctrico para os efectos de expropiación forzosa. Estímase que as escavacións para a presa e as tunelizacións afectarían a unhas 300 casas.

Incumprimento de concesións

O pasado outubro a empresa Xeal celebrou un acto con motivo do seu 120 aniversario, onde ratificou a súa intención de impulsar a estación de bombeo no Monte da Ruña. No evento estaba presente Alfonso Rueda, quen manifestou que o proxecto conta con “todo o apoio da Xunta”.

Desde a Confederación Intersindical Galega (CIG), sindicato maioritario de Xeal, cualifican de “burla” este respaldo político. A empresa empregaba a 293 traballadores de toda a comarca; e agora só quedan 220. Desde a sección sindical denuncian desde hai anos o incumprimento das concesións hidroeléctricas no relativo ao mantemento da actividade industrial e os postos de traballo.

Segundo explican, a central hidráulica reversible constitúe unha segregación encuberta das actividades. Co propósito de eludir as cláusulas da concesión, a solicitude administrativa “presentouse cun CIF distinto ao da nosa empresa”. A data de constitución de Feroe Ventures & Investments consta de outubro do 2022, e só uns meses máis tarde o Boletín oficial da provincia da Coruña publicaba a solicitude desta empresa para a instalación dun novo aproveitamento eléctrico no río Xallas.

O modelo da “depredación enerxética”

Cunha superficie aproximada do 5% do territorio español, Galiza é a segunda comunidade autónoma que máis enerxía eléctrica renovable xera de España. Segundo o informe de Enerxías Renovables, só no ano 2023 Galiza aumentou a súa produción un 24%. “Convertémonos nun territorio de sacrificio para producir enerxía coa que servir ás elites económicas deste país”, afirmaba Tonio Nogueira, técnico ambiental e activista, nunha mesa redonda organizada polas plataformas ecoloxistas Vendaval Costa da Morte e Salvemos A Ruña en Mazaricos. “O modelo de depredación enerxética en Galiza fomenta este tipo de proxectos especulativos cun custo ambiental terrible”, asevera.

España conta actualmente con 3.337 MW de bombeo puro, e o Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima (PNIEC) contempla que se amplíe ata os 6.837 MW en 2030, o que suporía a instalación de máis infraestruturas de depósitos artificiais.

De feito, o pasado mes de xullo, o Ministerio para a Transición Ecolóxica anunciaba unha nova liña de axudas enfocadas ao almacenamento enerxético, cunha dotación total de 250 millóns de euros, dirixida ás empresas do sector enerxético.

Tonio Nogueira cuestionaba en Mazaricos a necesidade de xerar máis enerxía eléctrica nun territorio xa infestado de parques eólicos e centrais hidroeléctricas. “Róubannos o terreo, róubannos a auga de consumo, róubannos a nosa capacidade de soberanía alimentaria e fano con subvencións multimillonarias de diñeiro público”, sentenza.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

O prelo
O prelo Doenzas para ver e mirar
Noelia Gómez distorsiónanos en 'Desenfoque', recentemente publicado por Apiario.
Política
Análise O goberno neoliberal da vida: un crime perfecto?
O último libro de Borxa Colmenero sintetiza gran parte do pensamento crítico sobre o termo 'neoliberalismo' e opta por unha lectura alternativa á empregada habitualmente: máis que unha ideoloxía mercantilista, é un goberno económico da vida.
Cine
O Salto recomenda Quince películas galegas (curtas e longas) de Filmin para superar as festas
Nos anos dez e vinte deste século, o cinema galego está a experimentar unha eclosión sen precedentes. Aquí vai unha achega a algunhas das mellores propostas audiovisuais feitas dende Galiza no catálogo de Filmin.
Alemania
Alemania Feminicidios en alza en un país sin Ministerio de Igualdad ni ley de violencia de género
La convocatoria de elecciones en Alemania dejará en suspenso la propuesta para crear una ley específica de violencia de género en un país donde la última cifra oficial, 360 feminicidios en el año 2023, podría no reflejar una realidad mucho más grave.
Cómic
Cómic Los micromundos infinitos de Santiago Valenzuela y el Capitán Torrezno
Quijotesco hasta niveles inverosímiles, hace ya más de dos décadas que ‘Las aventuras del Capitán Torrezno’ se hizo realidad a través de una mente privilegiada como la de Santiago Valenzuela.
Bélgica
Huelga general Miles de personas salen a la calle en Bélgica: “No toquéis nuestras pensiones”
Enfrentamientos entre bomberos y policía en la jornada de huelga nacional que ha tenido lugar en Bélgica. El futuro acuerdo de Gobierno parece pasar por una reforma de las pensiones que ha levantado a los sindicatos.

Últimas

O prelo
O prelo Doenzas para ver e mirar
Noelia Gómez distorsiónanos en 'Desenfoque', recentemente publicado por Apiario.
Política
Análise O goberno neoliberal da vida: un crime perfecto?
O último libro de Borxa Colmenero sintetiza gran parte do pensamento crítico sobre o termo 'neoliberalismo' e opta por unha lectura alternativa á empregada habitualmente: máis que unha ideoloxía mercantilista, é un goberno económico da vida.
Genocidio
Opinión El año que nunca pasará
Es aterrador que esta Autoridad Palestina no haya aprendido nada desde la firma de los malditos Acuerdos de Oslo hasta ahora.
Andalucía
Derecho a la vivienda El plan de la Junta de Andalucía para afrontar la crisis de la vivienda: bajar impuestos e impulsar el mercado
En Andalucía el precio del alquiler ha subido un 10% en 2024, el anteproyecto para la futura Ley de Vivienda de Andalucía se centra en la protección de los propietarios frente a ocupaciones y en el impulso de las iniciativas público privadas.
Portugal
Portugal Lisboa se levanta contra la violencia policial
Miles de personas salieron ayer sábado a la calle de la capital portuguesa en repulsa a la desproporcionada actuación policial contra personas migrantes el pasado 19 de diciembre.
Centrales nucleares
Opinión ¿Para qué sirven las trolas radiactivas?
El anunciado cierre de Almaraz viene acompañado de una campaña de mentiras cuya única intención es prolongar la vida del negocio de las multinacionales eléctricas, sostenido con el dinero de toda la ciudadanía y tecnológicamente obsoleto.
Comunidad de Madrid
Residencias de mayores Familiares de las residencias consiguen que se abra una investigación contra altos cargo de Ayuso
Familiares de mayores que murieron sin recibir tratamiento médico son llamados a declarar ante la Fiscalía por lo ocurrido dentro de los geriátricos durante la pandemia en la Comunidad de Madrid.
Cádiz
Derechos Humanos El Gobierno abrirá el nuevo CIE de Algeciras antes de abril
Los colectivos en defensa de los derechos humanos insisten en que los CIES “criminalizan y recortan derechos” a las personas migrantes

Recomendadas

Literatura
Letras Galegas Da Sección Feminina do franquismo ao Cancioneiro Popular Galego: o pobo é quen canta e baila
As cantareiras protagonizarán o Día das Letras Galegas de 2025. Beatriz Busto e Richi Casás fálannos delas, de Dorothé Schubarth, do Cancioneiro Popular Galego e da dificultade de acceder aos arquivos sonoros que conservan as súas voces.
Asturias
Alejandro Álvarez “En Duro Felguera cuestionaron la legitimidad de la violencia patronal y redefinieron lo que es la violencia”
En 'No era imposible. Crónica del conflicto laboral en Duro Felguera, 1989-1999', Alejandro Álvarez rescata la memoria de una victoria de los trabajadores contra la empresa, el gobierno regional y los sindicatos.
Groenlandia
Crisis climática Groenlandia, la isla que pierde 30 millones de toneladas de hielo por hora
El territorio que Trump quiere anexar a Estados Unidos, 2,2 millones de kilómetros cuadrados situado entre el Atlántico y el Ártico, sufre una pérdida de hielo cinco veces mayor que hace 20 años por el calentamiento global.
Venezuela
Luis Bonilla-Molina “El salario en Venezuela ya resultaba insuficiente antes del bloqueo”
Historiados e integrante de Clacso, Bonilla-Molina analiza la actualidad de Venezuela, marcada por un ataque contra el nivel de vida de la clase trabajadora y una deriva autoritaria que se aleja del proceso bolivariano iniciado por Chávez.