Movimiento vecinal
Pilar Santiago: “Con vontade política pódense facer cousas, pero hai que tela”

Pilar Santiago, veciña de San Vicente de Elviña e activista de Elviña non se vende.

30 ene 2017 08:42

Falamos con Pilar Santiago, unha das figuras máis visíbeis do conflito que por volta de case tres décadas, e con especial intensidade nos últimos seis anos, enfronta ás veciñas do barrio coruñés de San Vicente de Elviña, con Xunta, Concello e intereses privados polo proxecto urbanístico do Parque ofimático. Un proxecto que na súa orixe pretendía crear un centro empresarial de alta tecnoloxía que foi derivando co paso dos anos cara a un uso netamente especulativo dedicado en exclusiva á construción de nova vivenda e que transformou drasticamente este barrio rural da periferia coruñesa, con máis de cincuenta vivendas expropiadas e case todas derrubadas a excepción da de Pilar e outras catro casas máis.

Levades con este proceso aberto 25 anos. Cal é a sensación despois de tanto tempo?
Tantos anos pelexando con este problema levan moita angustia, cada que vez que chaman ao timbre e tes unha carta certificada salta o medo de que xa che veñan tirar a casa. Imaxina, é unha permanente situación de vida temporal producida por saber que a túa casa en calquera momento pode deixar de ser túa e ter que comezar de novo.

Cando comezades a organizarvos en contra das expropiacións?
Levamos con alegacións desde as primeiras notificacións que recibimos por parte do Concello, no ano 2003. Non contemplaron ningunha. Posteriormente fomos pola vía xudicial e tamén nos botaron todo para atrás. E no 2011, cando vimos que os desaloxos eran inminentes, comezamos as mobilizacións. De feito, desde o ano anterior as nosas casas xa non eran nosas, o Concello deunas de baixa no catastro. Non firmamos nada, pero as casas desapareceron do rexistro. Estamos de ocupas nunha parcela, nunha casa que non existe legalmente.

Son seis anos de mobilizacións constantes.
Comezamos a mobilizarnos co PP no poder, botáronnos do pleno varias veces, fixemos caceroladas na cidade, accións na avenida, cortes de tráfico, escraches. Chegamos a ter máis de sete mil euros en multas, e fixemos festivais para recadar cartos para pagalas.

E logo viñeron os desaloxos.
Eu a primeira vez que vin a policía local da Coruña con material antidisturbios foi aquí en Elviña, no desaloxo dos nosos veciños Álvaro e Isabel. Con nós empregáronse a fondo. Cómpre dicir que unha das cooperativas que vai construír nas parcelas expropiadas, A Carnocha, está composta por policías municipais. Fixeron moita presión para que desaloxásemos, tiñan présa por que marchásemos das nosas casas para viren eles ocupar as parcelas.

Como recibides o recente anuncio do concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, no que se prevé iniciar no 2018 a tramitación dun cambio no PXOM que suporía a desafectación de cinco vivendas, entre elas a túa?
De entrada é unha boa noticia, parece que por fin atenden as nosas reivindicacións. O que nos negaban ate o de agora que se podía facer, agora si se entende que se pode. Con vontade política pódense facer moitas cousas, pero hai que tela. Recollémola polo tanto con esperanza, pero tamén con certo escepticismo. A Marea Atlántica leva case tres anos de lexislatura, e, do mesmo xeito que se modificou o PXOM perante as reclamacións da Estrella Galicia, non se fixo o mesmo no noso caso. Entendo que eles non gobernan sós e teñen que chegar a acordos e recoñezo que son máis sensíbeis co noso problema que os anteriores gobernos municipais, pero nós imos seguir manifestándonos, non está nada resolto e aos políticos hai que estarlles soprando no fol, senón non atenden.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Federación Regional de Asociaciones Vecinales de Madrid (FRAVM)
Jorge Nacarino “El movimiento vecinal tiene que seguir siendo punta de lanza de la presión social”
Vivienda, turistificación, gestión de residuos, la masificación de eventos así como reimpulsar la participación ciudadana, son solo algunos de los retos que observa, como prioridades, el joven presidente de la FRAVM.
Málaga
Vega Mestanza El vecindario frena la tala de la Vega Mestanza en Málaga
Desde 2020, las malagueñas buscan parar la construcción de una depuradora en los terrenos cultivados de la Vega de Mestanza.
Madrid
Madrid La vecindad de Hortaleza convoca a una concentración “contra el racismo y los discursos de odio”
A su vez, la Delegación de Gobierno mantiene la prohibición a la convocatoria del grupo de ultraderecha que ha amenazado con manifestarse desde el momento en que recibieron la negativa.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.