Música
DADGA: “Un dos nosos obxectivos é que a xente nova goce coa nosa música”

A música tradicional galega goza de boa saúde e segue a ser interpretada por xente xoven. Este é o caso de DADGA, un grupo de mozos e mozas galegos que se adican a difundir a nosa música popular.

FNL Vigo_3
Actuación de DADGA no Festival Nun Local. Raúl Novoa González

María Jorge, María Carpente (violíns), Hugo Franco (guitarra) e Claudia Franco (voz e pandeireta) forman DADGA. O seu nome ven dunha abreviación da afinación da guitarra (DADGAD, co sistema de notación musical anglosaxón). Levan tocando xuntos desde 2012, mais fixeron o seu primeiro concerto no Festival Nun Local de 2017

Antes de subir o seu álbum a YouTube estiveron en China, México, Escocia, Estados Unidos e Catalunya, lugares onde entraron en contacto con diferentes músicos do panorama folk internacional e difundiron a música galega. Agora, poderemos escoitar o seu novo álbum en diferentes salas por toda Galiza, contaxiándonos con ese “bo ambiente” que transmiten cando tocan. Falamos cos irmáns Hugo e Claudia para coñecelos e saber un pouco máis desta nova onda do folk.

De onde sae a idea de xuntarvos?
Hugo: Do San Simón Fidelcamp, que o organiza meu pai, alí fixémonos todos colegas. Tocamos un par de temas xuntos e a cousa funcionaba… E até agora.

Subíchedes en decembro a YouTube o voso novo álbum. Que evolución atopades desde que vos xuntáchedes?
Hugo: Arrancamos con composicións miñas ou melodías tradicionais sinxelas. Despois veu xa o de compor temas xuntos, tamén con María. Como curiosidade, gravamos o disco todos xuntos á vez. Caracterizámonos por ter unha conexión entre nós ao tocar e tamén co público. Gravamos o disco igual que como tocamos.
Claudia: Ademais facemos arranxos a temas tradicionais que vou seleccionando eu. Aporto sobre todo a letra, mais vemos que nos vaia ben a todos. Arranxamos esas cancións a partir dunha choiva de ideas entre todos e vai tomando forma.

Se tirasemos un pouco máis polo de aquí, chegaría unha onda de xente nova ao folk

Como é exactamente a forma de composición e elección deses temas tradicionais?
Claudia: Son adaptacións de canción antigas mantendo as súas raíces, é dicir, collemos a canción antiga e mantemos os adornos de voz característicos das vilas e aldeas onde se tocan. O problema aquí e que os rexistros que hai non son exactos. As columnas respéctanse, mais modernizánse e xogamos coas estruturas libremente.
Hugo: Non son puramente tradicionais, mais digamos que un gaiteiro desa zona recoñecería a canción. Os nomes son topónimos das zonas onde se tocaba. A Xota de Folgoso, por exemplo, é característica de Folgoso do Courel. A inexactitude á hora de trasladalo prodúcese porque a música popular tampouco se interpreta sempre igual nas aldeas, entón os rexistros nunca son exactos ás formas tradicionais ao 100%.


E por que un grupo de xente nova coma vós decide facer un grupo de música tradicional galega?
Hugo: Claudia e mais eu sempre estivemos na escena folk, polo meu pai. María e Marina uníronse máis tarde e descubriron o xeitosa, espontánea, doada e satisfactoria que é esta música. Entón pensamos todos: “Foder, ten que haber algo de xente nova neste mundo”.

Credes que está en perigo a música tradicional galega?
Claudia: Penso que actualmente está vivindo un auxe, xa que diversos grupos se están a animar a facela, con outros estilos musicais, quizais.
Hugo: E con sorte iso comeza a chegar á xente moza. Poderíamos dicir que ese é o noso obxectivo; que a xuventude goce coa nosa música e vexa nela un punto común de diversión e de escoita como calquera outra. É unha música perfectamente doada para enganchar á xente nova. Ademais é unha música moi fácil de bailar e de pillarlle o ritmo. É unha música moi exportable.

Aínda así, farían falta máis grupos novos?
Hugo: Iso traenos competencia (risas), mais si, cantos máis sexamos mellor. Se a xente tirase un pouco máis polo de aquí da casa, quizais de verdade chegaría unha nova onda do folk na xente nova.

Sendo música folk e tradicional galega, incorporaredes gaitas ao grupo nalgún momento?
Claudia: Por agora non, o formato tal e como está funciona ben. Usamos principalmente cordas, algo de percusión e voz.
Hugo: O caso é que as melodías que tocamos veñen da gaita. Case todo o repertorio de violín tradicional galego está ligado á gaita.

Estamos abertos a colaborar con outros artistas, mesturar xéneros e facer novas estruturas con influencias diferentes

Ultimamente vemos como a música electrónica influencia diversos estilos musicais, desde o rock ata o hip-hop. Pode acontecer unha mistura da música electrónica co folk?
Hugo: Si, de feito xa hai grupos que o están a facer. A min paréceme algo xenial todo o que sexan avances para a música. Pode ser un enganche para a xente nova e mantendo as raíces.

Cal é o factor diferencial que tedes para enganchar á xente xoven?
Claudia: Falando musicalmente, os arranxos, mais a conexión que temos entre nós nótase nos concertos. Somos todos amigos. Ese bo ambiente chégalle á xente.


Falando de influencias, cales son as vosas máis claras?
Hugo: Cada un por separado escoita cousas diferentes. No estilo folk os nosos Mestres da escola tradicional de aquí foron a primeira influencia que tivemos, coma Berrogüetto ou Riobó. A nivel internacional Alasdair Fraser, Natalie Haas ou Chris Thile, tamén bastante do panorama escocés, catalán e mexicano.
Claudia: Sí, logo a música que escoitamos individualmente tamén xoga un papel importante. Cada un escoita música moi variada coma o reggae, trap, soul, música de autor, etc.

Viaxachedes xa polo mundo difundido a vosa música. Cal é o fin destas viaxes?
Hugo: Fai nada fomos a Escocia, ao North Atlantic Fiddle convention, que é unha convención a nivel internacional de violín. Iso foi como xogar no Camp Nou, estaban alí os máis grandes do panorama do folk e tocamos con eles as cancións galegas. Logo en México, China, Estados Unidos ou Catalunya fomos a difundir a nosa música. Sorprendeunos que en México se tocaba a música folclórica que soa en Europa, pero están influenciados tamén pola súa tradición.
Claudia: Ademais estamos abertos a colaborar con outros artistas, mesturar xéneros e facer novas estruturas con influencias diferentes.

Védesvos adaptados ao novo modelo de negocio do streaming con multinacionais coma Spotify ou YouTube?
Hugo: Sí, e adaptarnos aínda máis é unha tarefa pendente. Nós sacamos primeiro o CD en formato físico para poder agasallarllo á xente alá onde fomos e que nos coñecesen. Despois, subimos todas as cancións a YouTube.

E por último, novos proxectos en mente? Pode ser o festival de Ortigueira un obxectivo?
Hugo: Por agora ir pechando datas de concertos e darnos a coñecer nas radios e televisións, que a xente coñeza o noso traballo dos últimos anos. En canto a Ortigueira, oxalá! Imos todos os anos e sería incríbel poder tocar alí!

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

El Salto Radio
EL SALTO RADIO Da La Nota: la música como herramienta de emancipación
El programa musicosocial, nacido en Lavapiés, cumple diez años brindando formación y acompañamiento psicológico a niñas, niños y jóvenes.
Rap
Los Chikos del Maíz “La música urbana está llena de fachas y votantes de Vox”
Tras un fin de gira accidentado, Toni y Nega dan una tregua indefinida a su proyecto con dos conciertos en Madrid. Horas antes de llenar la sala en la primera cita, visitan la redacción de El Salto.
Culturas
Cultura Máis de 30 artistas esixen aos catro festivais galegos de KKR que cumpran coas demandas do pobo palestino
Bandas como Bala, Highpaw, O Leo de Matamá, Dakidarria, Zénit, Hugo Guezeta ou Teresa Ferreiro apoian publicamente as demandas da maior coalición da sociedade palestina contra o fondo proisraelí.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.