Música
“Isto é unha guerra, dos grandes contra os pequenos, e eu teño claro con quen estou”

A cantante e compositora bergantiñana prosigue coa exitosa xira do seu último traballo Opoñerse á extinción

Maria Xosé Silvar, Ses
Maria Xosé Silvar, Ses Héctor Barandela
16 may 2017 11:19

Hai medio ano da presentación de Opoñerse á extinción, o último traballo ata o momento da prolífica Ses. Un disco de coidada produción, froito como ela mesmo di dun proceso de contínuo aprendizaxe e que está a funcionar moi ben ao vivo. Compositora e intérprete, tamén asume a produción dos seus traballos. Estamos ante un universo propio, onde é difícil distinguir entre a artista e a persoa. Honesta e directa, bergantiñana orgullosa e gran conversadora, convirte a entrevista nunha intensa conversa onde os temas van xurdindo fluidamente. Velaí tedes un anaco do que falamos con Maria Xosé Silvar, Ses.

En Opoñerse á extinción, falas da perda de indentidade humana e da nosa identidade como pobo. Son procesos en paralelo?
Por suposto. Imaxinas unha globalización alternativa non centrada na homoxenización, senón en resaltar a beleza da diversidade? Sería evidentemente positiva, pero esa non é a realidade que vivimos. Ao que nos enfrontamos é á perda de moitísimas realidades socioculturais por todo o mundo. Nós estamos sufrindo, como moitas outras linguas minorizadas, a agonía.

Por calquera dos sitios polos que vou, vexo que a rapazada non fala galego, por moi pequenos ou moi de aldea que sexan. E isto non pasaba hai vinte anos
Nesta aldea na que estamos agora, ningún neno fala galego, nunca. O proceso de asimilación é obvio, e o papel que xoga a TV neste proceso como axente homoxeneizador é fundamental.

Cres que é un proceso reversible?
Desde o único punto de vista do que eu contemplo este tema, que é o da eco-lingüística, é complexo, xa que as linguas que non teñen poder económico non poden defenderse. Sería reversible cun cambio político, que non ten moita pinta de que se vaia dar a día de hoxe: hai unha superestructura ideolóxica que nos domina. Sempre digo nos concertos que estamos condenadas a ser libres, a actitude individual está presente e é moi potente. Pero non vexo unha resposta colectiva.

Nas túas letras o amor está no centro do espazo narrativo. Amor á terra, á identidade, ás persoas, especialmente a moitas mulleres. O vitalismo aflora detrás da extinción da que falas.
Isto é unha guerra, os grandes contra os pequenos, e eu teño claro con quen estou. Non podes ir á guerra sen vitalidade, tes que ir gañar. Hai unha frase que a min me encanta que di “loito desde a desesperanza pero sin contemplar a deserción”. Eu non creo que vaia ver esta situación revertida, pero cando peor está, máis forza saco da carraxe que me produce. Tampouco me gusta vivir enfadada, se ti te deixas levar por iso, perdes a vida. Eu non son católica, só teño unha vida e quero vivila ben, pero unha cousa é ben e outra é cega, son dúas cousas ben diferentes.

O feminismo está moi presente no teu traballo, pero nunca o explicitas. (E logo?)
A palabra feminismo é algo que me afecta, que abrazo e estou encantada de que se me atribúa. Pero para min é unha verdade tan aplastante que non recorro a esa palabra porque eu defendo a coherencia e a lucidez, e todo tipo de igualitarismos. Enfádame moitísimo que alguén crea que é máis ca ti ou máis ca min, ou que ten sangue azul ou que a súa familia é mellor ca miña. Xa está! No 1863, cando Rosalía publica Cantares Galegos vale, pero que estamos no 2017, isto xa é así, e quen non o vexa está enfermo. E non hai máis.

Arquivado en: Galicia Música
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

El Salto Radio
EL SALTO RADIO Da La Nota: la música como herramienta de emancipación
El programa musicosocial, nacido en Lavapiés, cumple diez años brindando formación y acompañamiento psicológico a niñas, niños y jóvenes.
Rap
Los Chikos del Maíz “La música urbana está llena de fachas y votantes de Vox”
Tras un fin de gira accidentado, Toni y Nega dan una tregua indefinida a su proyecto con dos conciertos en Madrid. Horas antes de llenar la sala en la primera cita, visitan la redacción de El Salto.
Culturas
Cultura Máis de 30 artistas esixen aos catro festivais galegos de KKR que cumpran coas demandas do pobo palestino
Bandas como Bala, Highpaw, O Leo de Matamá, Dakidarria, Zénit, Hugo Guezeta ou Teresa Ferreiro apoian publicamente as demandas da maior coalición da sociedade palestina contra o fondo proisraelí.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.