Nacionalismo galego
De que falamos cando falamos de descolonizar Galiza e a galeguidade?

Nos últimos anos, en moitas rexións europeas intensificouse o uso político e académico dos conceptos desenvolvidos polo pensamento crítico decolonial procedente dos contextos latinoamericanos. No caso de Galiza, en cada vez máis eidos aparecen as ferramentas epistémicas deste pensamento para describir a súa situación histórica con respecto ao Estado español e mesmo á Europa.
12 de octubre nada que celebrar - 1
Aspecto da manifestación “Lume á orde colonial”, en Barcelona no ano 2023. Bárbara Boyero
9 may 2024 10:00

Seguindo as teses de Ramón Grosfoguel, pobos sen nación como o galego viven unha dobre colonialidade na que é necesario que se recoñezan e confronten as súas posicionalidades. A primeira compoñente que se describe no marco analítico da colonialidade é tamén a que se ven empregando como ferramenta teórica para construír os movementos soberanistas desde o século XIX: a relación de Galiza como colonia do estado español. Conceptualizarnos como colonia sendo parte do sector privilexiado do mundo resulta moi problemático xa que estamos a nos apropiar de ferramentas teóricas forxadas nas loitas ao outro lado da liña do ser definida por Franz Fanon. Por iso é tan importante facer un exercicio de ubicación que non dilúa a nosa posicionalidade no mundo e na historia, así como respectar e recoñecer as xenealoxías dese pensamento crítico.

Non podemos extraer conceptos que nos interesan para as nosas propias loitas sobre a liña do ser, descontextualizándoos da súa orixe e das cosmovisións que lles deron forma, para reciclalos como fundamentos teóricos desprovistos de memoria propia. De feito, unha parte máis que relevante dese pensamento crítico decolonial desenvolveuse nas loitas contra o colonialismo exercido non só desde o Imperio español, senón tamén desde a nosa presencia galega colonial como parte dese imperio. Aínda que resulte molesto mirarnos a ese espello, tamén a galeguidade sostivo e continúa sostendo expresión coloniais cara outros pobos. E tamén é herdeira da memoria colonial imperial, das riquezas expropiadas ou do noso lugar na historia europea e mundial.

Esta idea é que nos conecta coa segunda compoñente que é, quizais, a menos recoñecida e a que máis nos urxe incorporar aos debates sociais e políticos galegos: as relacións coloniais ao interior da propia Galiza con todas aquelas existencias, corpos, memorias ou experiencias que superan, ou mesmo colapsan, os marcos estreitos da galeguidade.

Calquera loita que se pretenda descolonial ten que confrontar de forma unívoca esta dobre colonialidade, se os proxectos de liberación das relación de opresión e extractivismo co estado español non adquiren un carácter pluriversal e antisistémico, só lograremos reproducir o sistema do que tratamos de liberarnos.

Estamos falando de reflexionar sobre as galeguidades musulmanas, migrantes, xitanas, espirituais ou laicas, urbanas, rurais ou xenéricas, galeguidades feministas, afrodescendentes…

Por veces semella que a galeguidade, construída a miúdo en oposición á españolidade, preséntasenos hoxe como unha identidade que pode resultar hermética ao representar unha forma concreta de ser galegas e galegos, que deixa nun novo afora outras formas de existir nesta terra. Estamos falando de reflexionar sobre as galeguidades musulmanas, migrantes, xitanas, espirituais ou laicas, urbanas, rurais ou xenéricas, galeguidades feministas, afrodescendentes… Todas elas e moitas outras compoñen múltiples formas de representar a galeguidade que non aparecen nos espazos soberanistas ou na teoría e o pensamento galeguista. Isto non é un fenómeno recente sobra a sociedade actual, que tamén, son puntos cegos que están aí desde os primeiros movementos nacionalistas.

Nese senso, a poboación xitana leva convivindo en Galiza por séculos sen verse interpelada por estes procesos, aínda que sexan obxectivo directo de ambas colonialidades, desde o estado español e na Galiza. Un pobo privado da súa lingua, historia e memoria dentro do pobo galego, que non ve recoñecido aporte algún á propia cultura galega. Máis ben ao contrario xa que en demasiadas ocasións o pobo xitano galego foi asumido como un elemento máis da españolidade ao que atacar e desbotar para certas tradicións. Estamos a tempo de dar forma a proxectos emancipatorios verdadeiramente transformadores e pluriversais que comprendan a galeguidade como heteroxénea. O pobo galego é heteroxéneo, ten orixes, memorias ou vivencias diversas, sexa por nacemento, herdanza ou elección.

Recoñecer estas xenealoxías e deixar de mirarnos sempre “ao Norte” é outro dos exercicios pendentes que deberíamos abordar

As propias bases dos movementos nacionalistas galegos foron aprendidas na diáspora a partir das loitas latinoamericanas, mesmo do norte do continente africano. Os procesos e loitas neste territorios foron base epistemolóxica para as loitas construídas aquí a partir do século XIX. Recoñecer estas xenealoxías e deixar de mirarnos sempre “ao Norte” é outro dos exercicios pendentes que deberíamos abordar.

Estas non só son cuestións pensadas nunha escala rexional ou nacional senón que nun contexto de colapso sistémico e climático global como o que estamos a vivir, resulta esencial facernos as preguntas adecuadas sobre que tipo de soberanías e territorios autónomos queremos constituír e como estes se imbrican no marco globalizado. Traer á conversa dimensións da vida que son profundamente políticas e nos atravesan a todas como a dimensión ecolóxica, alimentaria, afectiva, comunitaria…Afastarnos das conversas que só invocan á dimensión xeopolítica e administrativa deixando as outras esfera existenciais nun segundo plano ou fóra das axendas.

Descolonización e soberanía: Corpo, territorio, nación

Con este título terá lugar a primeira escola decolonial galega, prevista para os días 25, 26 e 27 do próximo mes de xuño na Fundación Luis Seoane da cidade da Coruña. A intención deste encontro é precisamente reflexionar colectivamente sobre os futuros posibles no territorio galego, pero repensando os procesos extensos da colonialidade e a nosa propia identidade galega. Entre os seus obxectivos está contribuír a reparar a aplicación parcial dalgúns dos conceptos do pensamento crítico decolonial para corrixir eses puntos cegos á hora de comprendernos como produto e como produtoras de colonialidade.

Escola decolonial GZ

Para acceder a todas as compoñentes encubertas polo relato precisamos escoitar e incorporar os saberes e dos corpos que foron invisibilizados ou inferiorizados, as memorias migrantes; tanto daquelas que marcharon a medrar fóra dunha terra empobrecida e espoliada, á calor da riqueza e das dinámicas coloniais operativas sobre os países de América Latina, como as daquelas que chegaron e continúan chegando, produto tamén das dinámicas de espolio, epistemicidio e empobrecemento dos seus territorios.

A escola contará coa presencia de diversas investigadoras e pensadoras galegas, do territorio español ou referentes internacionais como Katya Colmenares e Ramón Grosfoguel. Calquera persoa interesada en asistir e participar da conversa pode inscribirse até o próximo 15 de maio. A información relacionada con este encontro pode consultarse na propia web do mesmo.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Palestina
Cisjordania Las sanciones europeas contra colonos israelíes, sin impacto en Cisjordania
Mientras el mundo mira hacia Gaza, Israel y los grupos de colonos violentos que residen en Cisjordania están haciendo lo mismo de siempre pero a un ritmo más elevado que nunca.
Senegal
Senegal El Gobierno senegalés cumple su primer año en el poder con más preguntas que respuestas
El Pastef, el partido panafricanista senegalés, llegó a la presidencia a finales de marzo de 2024 con propuestas radicales de cambio. Un año después, limitado por la deuda externa, mantiene el apoyo popular mientras busca un nuevo acuerdo con el FMI.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Filosofía
Brais Arribas, filósofo “Non se trata de empoderar senón de disolver o poder”
Durante a conversa, o profesor reflexiona sobre a saúde da filosofía galega, o poshumanismo, as novas masculinidades ou a experiencia da pandemia.