O prelo
Ciro Briones: “As nenas e os nenos son filósofas de seu e é algo que acabei por descubrir”

Ciro Briones é autor de 'Da caverna a acrópole' e un educador que se interesa pola relación entre filosofía e infancia
Ciro Briones
29 abr 2023 10:28

No marco da súa última publicación, Da caverna a Acrópole, conversamos con Ciro Briones, quen é educador, ensaísta e poeta. A través dun monitor, Ciro preséntase con timidez aínda que vamos falar dun tema ao que lle dedicou unha parte importante do seus últimos anos: a filosofía, o pensamento crítico e a infancia.

Sabemos que a escrita desta obra involucrou o teu último traballo no grao, pero sería interesante coñecer un pouco máis sobre o proceso de produción.

Todo comezou coa miña tese de grao. Formeime en educación primaria e o meu traballo final foi un exercicio práctico. Aproveitei que na Universidade de Vigo dan seis meses de prácticas nunha escola. Polos meus propios intereses terminei por orientar o meu traballo á filosofía e fixen un estudo de caso. Esta experiencia non aparece descrita no libro porque está máis enfocado en presentar os recursos que utilicei. Con todo, foi unha experiencia inacabada porque coincidiu coa pandemia. Eu deixeino aí, sen máis. No entanto, o meu traballo gustoulle moito á miña titora e moveuno entre os colegas da universidade. Foi entón que me propuxo presentar unha solicitude de publicación na UVigo. Con todo, isto significaría modificar o texto e amplialo un pouco máis. A súa proposta atopoume na última parte do grao e no período da pandemia. Así que decidín explanar un pouco. Eu tiña 30 páxinas de teses e ela recomendoume escribir 70 páxinas, pero ao final escribín 200.

Agora ben, eu vivo en Polonia desde hai algúns anos. Desde a pandemia vin para facer unhas prácticas e agora traballo aquí. Entón dediquei unha parte do meu tempo para traballar e outra para escribir o libro.

Vin aquí a buscar traballo e cheguei sen ter nada previo. Eu pensara que ía ter o tempo para escribir, pero non o tiven e ademais os recursos deixáraos en Galicia. A miña decisión foi indagar un pouco máis no pensamento, mellorar a base teórica e darlle un pouco máis da miña personalidade, que sempre ten esta clave poética.

Fixen a solicitude de publicación cando estaba no grao, pero como o servizo de publicacións vai un pouco lento, pois non houbo ningún problema.

Entón a escrita fíxose fóra de Galicia, correcto?

Case todo, en realidade, si.

A túa escrita non deixa de asumir certo compromiso poético. Atopamos recursos líricos moi diversos, pero na escrita universitaria isto é pouco habitual. Por que decidiches tomar esa decisión?

Sinceramente, é un pouco sen querer. Escribo poesía e mesmo ganei algúns premios. Eu antes non facía investigación e entón cando fixen o TFG quixen aprender a escribir de forma académica. Non sabía redactar de forma metódica ou organizada e son un desastre nese sentido. Con todo, no proceso atópome coa obra de  María Zambrano, de  Hélène Cixous e coa idea de unir filosofía e poesía na obra de Matthew Lipman. Así que eu me deixo voar sobre o texto. 

É verdade que tento traballar de forma poética, pero sen esquecer o obxectivo. Porque sei que algunhas veces pode custar ler un texto deste tipo. Eu sei que a base do meu traballo non é só facer un ensaio poético, senón facer un ensaio sobre o poético e a filosofía. Ao mesmo tempo, parecíame boa idea traballar a filosofía desde un punto de vista persoal, que é como eu son capaz de escribila.

Un dos teus temas de interese é o espazo-escola ou as institución escolarizada. Para ti, que función social podería asumir a escola?

Na carreira, ti pensas a escola desde certo punto de vista: como se fai unha aula, como actúan os docentes ou mesmo o reitorado. Entón ti sempre tes unha visión reticente cara á institución.  Con todo, cando chego ás prácticas doume de conta de que hai moita potencia cos nenos e as nenas que están na escola. Vexo que hai unha chea de monte ao redor e unha chea de actividades e proxectos. Eu creo que hai moita forza en todo o que se pode facer dentro dunha escola. Fixen as prácticas en Monteporreiro en Pontevedra e sempre me dixeron que era un colexio moi conflitivo. No entanto,  nas prácticas a diversidade nutre moito o alumnado. Por exemplo, cando fixen as miñas sesións de filosofía, os alumnos compartían experiencias moi diferentes. Entón, aí notei que a escola ten un valor esencial na sociedade. Ao final, a escola sempre é o segundo factor social despois da familia. Ou mesmo, ás veces, é o primeiro.

O teu exercicio na escola está vencellado coa práctica docente. Entón, foi unha escrita moi viva, achegada ao facer...

O xerme da escritura foi ese. Eu non son filósofo e só levaba a cabo unha tese. Cando a puxen en práctica, notei que tiña resultados bastante bos. Eu facía sesións semanais co grupo que non ía ás aulas de relixión e asistía á materia de ética. A miña titora nas prácticas dábame vía libre total para facer o que quixese. Eu gravaba as sesións e despois estudábaas en casa para saber o que dicía cada un. Nas sesións eu dedicábame a mediar e poñía temas centrais. Unha vez, traballamos “a realidade” e fixemos unha actividade que constaba de clasificar diferentes elementos que viamos no mundo. Se, por exemplo, tratábase de algo real, de algo non real ou de algo que se situaba no medio e despois discutíamos.  

Dedicabámonos a discutir, faciamos algúns xogos ou comentabamos poesía. Eu só facía de mediador. Os nenos e as nenas son moi expresivos, falan todo o tempo e tamén saben discutir. Saben facer argumentacións filosóficas e chegan a puntos bastante profundos. Eu partín desa experiencia. Tamén creo que non había suficientes investigacións sobre a filosofía na escola, nos nenos e nas nenas, e nos máis pequenos. Así que seguín a Lipman, que foi a base da miña actividade, para facer un texto máis consistente.

Noutro sentido, que importancia pode ter a idea de comunidad nos espazos de aula? Sobre todo, na produción e transmisión de coñecemento.

Eu creo que hai unha relación importante entre a escola e a sociedade. Unha das miñas ideas foi, como dicía Lipman, construír unha mini-sociedade relacionada coa idea de comunidade. Que estes nenas e nenos cando estean fóra da escola saiban traballar de forma comunitaria, pois algo que ten especial interese para min é cando isto traspasa a institución. En realidade, non debería haber un muro entre escola e sociedade. A escola é unha sociedade en si. A idea é crear comunidade dentro da sociedade. Tanto na escola como fóra dela.

Esta última é una idea clara no teu texto. Reorientando a conversa, interésame falar da relación entre filosofía e infancia. Que tanto atopas en Galicia espazos para pensar nesta relación?

Afortunadamente eu creo que se está publicando moito material para traballar filosofía na infancia. As nenas e os nenos son filósofas de seu e é algo que acabei por descubrir: na súa forma de actuar, de entender as premisas ou de argumentar. Eles e elas teñen moita base filosófica. Case todos os materiais que usei para as sesións prácticas os inventei eu, pero cando me puxen a escribir o libro descubrín que hai moitísima bibliografía. Eu creo que está por saír unha moi boa cantidade de publicacións dedicadas á filosofía para nenos e nenas.

Tamén a partir do proxecto de Lipman, en todo o territorio español, apareceron varias asociacións de filosofía para nenos. En Galicia hai unha, en Pontevedra, que é onde eu me formei.

Aínda así, creo que en Galicia hai moitísima produción de libros, xogos e contos, e entón as publicacións de filosofía para nenos e nenas van aparecer. Con todo, eu teño un pouco o medo de que institucionalmente non se consiga a formación filosófica que necesitamos en docentes. Non digo que todas teñamos que ser lectoras asiduas de Kant, pero ter unha mínima conexión coa filosofía é necesario para un mestre. Se non, a profesora ou o profesor non vai tratar con gusto os temas da filosofía na escola.

Esa é una unha pregunta que podes evadir porque pode saír dos teus temas de interese. Con todo, na túa investigación hai especial atención en espazos non universitarios, pero aqueles que si son universitarios que poden ofrecer?, que compromisos teñen co pensamento crítico?

Algo que non me gusta nada é que nos graos de educación non haxa un chisco de filosofía ou ética. O máis parecido na miña carreira é unha optativa que trata a ética ou a moral. Eu creo que isto debe de mudar.

Por outra banda, a miña titora é docente no grao de educación e tamén no de comunicación, e onte pasoume unha convocatoria para enviar papers a unha revista catalá sobre pensamento crítico. Creo que se está buscando moito pensamento crítico, pero non se está indagando adecuadamente. Eu  teño medo porque creo que se pode citar moito o pensamento crítico, pero sen especificar de que modo o imos tratar en diferentes ámbitos da vida. Creo que hai un pouco de medo a meternos aí. E pode que nos acheguemos de forma superficial, como cando te metes ao mar con roupa. No entanto, creo que a potencialidade está. Eu aquí traballo nun instituto público como profesor de español e leveilles unhas tarxetas de filosofía ás miñas alumnas do último curso. Curiosamente foi unha das clases que máis lles gustou.

Ora ben, non digo que o pensamento crítico só se traballe desde a filosofía. Hoxe na comunicación, como no caso da miña titora, o pensamento crítico tamén é importante. Por exemplo, o que significa traballar con noticias falsas ou falacias, fallas nos argumentos, nas premisas ou nas conclusións. Ou, por outra banda, a ética da comunicación. Así, creo que o exercicio de tratar o pensamento crítico na universidade é máis que necesario. O problema é quen o vai a facer e como o vai a facer. O meu medo é que se cite por todos lados e non remate por tomar forma.

Isto sucede cando leo os currículos de primaria ou secundaria en Galicia e aparece o pensamento crítico escrito a fartar. Por exemplo, en lingua e literatura española, todos os textos deben ser traballados desde o punto de vista crítico ou creativo. Pero quen o fai está preparado para isto?, como o imos a facer? Esta é a cuestión, como o peixe que se morde a cola. Como se empeza?, quen empeza e cara a onde vai? Aínda así, eu creo que é perfectamente posible. Eu non formo parte da institución universitaria, pero creo que é factible e creo que debemos de dar un paso cara a adiante.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Filosofía
Carolina Meloni “Nunca será cómodo ser una filósofa”
‘La instancia subversiva’, su último libro, analiza las bases patriarcales de la tradición filosófica nacida en la Grecia clásica y muestra lo femenino como germen de un nuevo modo de pensamiento.
Filosofía
Filosofía Cantando filosofía y bailando pensamiento crítico con Rigoberta Bandini
Es cantar desde el desasosiego, desde la alienación de una existencia dónde bailamos para que nos miren, cantamos para que nos oigan y seguimos los pasos de un baile que no es nuestro.
Filosofía
Filosofía La Idea de belleza o la belleza de una idea
De idealismos diversos y su significación en el ámbito de lo político y estético. De donde se desprende la necesidad de seguir preservando el motor de lo ideado como potencia de transformación y cambio.
Palestina
Genocidio Israel sigue atacando hospitales, la ONU habla del peor momento en los 18 meses de asedio
No hay tregua en Gaza, donde Israel ha recrudecido las matanzas y sigue sin permitir el acceso de alimentos y productos de primera necesidad. La ONU denuncia asimismo el asesinato de más de 70 civiles en Líbano.
Grecia
Grecia Frontex pone de nuevo la mirada en Grecia
En enero de 2025 el Tribunal Europeo de Derechos Humanos acusó a las autoridades griegas de llevar a cabo devoluciones forzadas de manera sistemática.
Crisis climática
Balance climático El Mediterráneo se consolida como zona especialmente vulnerable al cambio climático
Las víctimas de la dana suponen dos tercios de las muertes por fenómenos extremos en Europa en 2024, según un informe conjunto de Copernicus y la Organización Meteorológica Mundial que hace un balance climático del continente el pasado año.
Opinión
Opinión La coherencia de las políticas de Trump
No se pueden entender los aranceles de Trump sin su lucha por el control de los recursos minerales, sin Groenlandia, Ucrania o la República Democrática de Congo.
Comunidad de Madrid
Memoria histórica Contra la basura y el olvido: tras la pista de los cuerpos y de la memoria de los brigadistas internacionales
El Salto acompaña a un contingente internacional de políticos, políticas y activistas en una ruta en memoria de los brigadistas internacionales que acudieron a luchar a España contra el fascismo, en un ejercicio inspirador para el presente.
Barcelona
Barcelona Activistas de los derechos humanos piden la retención de un barco dispuesto para armar a Israel
La naviera Maersk está transportando estos días componentes para los cazas F-35. El Estatuto de Roma sobre genocidio contempla acciones legales contra las empresas que favorecen las masacres.

Últimas

El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.
Más noticias
Comunidad de Madrid
Educación El Gobierno de Ayuso deberá pagar 1.000 euros a una profesora por el exceso de horas lectivas
Según CCOO, hasta 6.500 profesoras y profesoras se podrán acoger a esta sentencia que supone una penalización a la Comunidad de Madrid por el exceso de horas extras que realiza el profesorado.
Ayuntamiento de Madrid
Huelga de basuras Huelga indefinida de basuras en Madrid desde el 21 de abril tras romperse las negociaciones
Los representantes sindicales fuerzan el paro para obligar a las empresas subcontratadas por el Ayuntamiento a escuchar sus propuestas. El Ayuntamiento fija servicios mínimos del 50 %.
València
València CGT denuncia graves incumplimientos del plan de inundaciones en la dana de València
Un informe incorporado a la causa judicial señala la falta de seguimiento de los propios protocolos autonómicos en el día de la tragedia y la víspera.

Recomendadas

Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.
República del Sudán
Sudán Cara a. Un Sudán en guerra
Se cumplen dos años de una guerra que ya deja más de 13 millones de personas desplazadas y más de ocho millones de sudaneses al borde de la inanición.
Galicia
Galicia La TVG se gasta 839.772 euros en un programa de Miguel Lago y lo saca de parrilla tras hundirse en audiencia
El programa ‘O novo rei da comedia’ apenas llegó a los 36.000 espectadores de media en su estreno y cayó en picado en su hasta ahora última emisión al 3,4% de cuota de pantalla en una cadena que tuvo de cuota media en marzo un 8,1%.
Globalización
Crisis del multilateralismo El terremoto Trump sacude las instituciones del orden mundial y la “globalización feliz”
Muchas de las instituciones que marcaron la vida internacional desde la caída del Muro han entrado en crisis. ¿Todas? No, especialmente aquellas que intentan regular los derechos humanos, de los pueblos y de la naturaleza.