O Salto medra contigo
Eles por diñeiro, nós por un futuro mellor: subscríbete ao Salto

Sempre que unha multinacional ou un goberno intentaron cometer un atentado medioambiental no noso territorio estivemos alí para contalo. Puidemos facelo porque a nós sostennos a nosa comunidade, pero queremos chegar máis lonxe e por iso precisámoste.
17 jul 2024 13:30

A historia deste século en Galiza non poderá ser contada sen poñer o foco principal na forza da loita ecoloxista e veciñal. Ante unha lista inxente de atentados ambientais no noso territorio, desenvolvimos unha capacidade case innata de resistencia, de dignidade e, sobre todo, de organización.

Hai quen pon o corpo arrodeando a Xunta para frear a implantación dunha celulosa que ameaza o corazón xeográfico do país; hai quen pon toda a súa intelixencia colectiva para frear nos tribunais a implantación descontrolada de polígonos eólicos da man do lobby enerxético; hai quen agasalla ao común o seu coñecemento científico para sinalar os danos históricos e potenciais da industria mineira na auga que bebemos; e hai quen, coma nós, vai alí onde ese ferver social aconteza para tratar de rexistralo todo. 

Somos o único xornal en Galiza que non recibe nin un só euro de empresas que atentan contra o medio ambiente. Nin petroleiras nin bancos nin por suposto celulosas

Queremos seguir a contar a nosa historia de resistencia ecoloxista para que ninguén a conte por nós. Por iso, precisamos a túa axuda. Somos o único xornal en Galiza que non recibe nin un só euro de empresas que atentan contra o medio ambiente. Nin petroleiras nin bancos nin por suposto celulosas. Non o aceptamos por principios, aínda que poucas nolo ofrecerían porque saben que non nos poden mercar.

Estivemos alí grazas a ti, lévanos máis lonxe
No Salto estamos convencidas de que en Galiza escasea o xornalismo crítico e independente ao que nós, humildemente, facemos as nosas achegas a diario mais non nos conformamos.
Consigue a túa bolsa protesta coa túa subscrición completa ou incondicional e domiciliada.
Queremos chegar máis lonxe, ata onde ti nos queiras levar. Por iso, queremos ter un xesto contigo. Se te fas socia agora, levarás de agasallo a bolsa protesta que nos recorda todas as loitas das que fixemos parte xuntas neste século. 

Isto fainos libres para ser honestas e veraces no que publicamos, pero tamén fai que só podamos chegar ata onde a base social que nos sostén queira. Ou sexa, ata onde ti queiras. Como? Pois a través das subscricións, que son o 80% dos nosos ingresos. Eles móvense polo diñeiro, nós por un futuro mellor. Demostrámolo día a día.

Estivemos alí cando quixeron espoliar os nosos recursos naturais para regalarllos ás multinacionais que son as principais responsables da crise climática que todas padecemos. Estivemos alí cando autorizaron a reactivación das minas que envelenan as nosas augas como a de San Finx ou a de Penouta e cando arrincaron o proceso para facer o mesmo coa de TouroEstivemos alí cando trataron de intimidar o activismo ecoloxista que as enfronta.

Estivemos alí cando se comezaron a producir algunhas das maiores fracturas sociais e fendas medioambientais coa implantación salvaxe da enerxía eólica que arrasa espazos de alto valor ecolóxico, especies en perigo de extinción e ameaza a cada vez menor actividade vital no mundo rural.

Precisámoste para seguir en pé ao carón da veciñanza da Ulloa, de todas as persoas afectadas pola minaría ou pola implantación eólica e contra calquera novo atentado contra o noso patrimonio natural

Estivemos alí cando pleitearon para conseguir manter a fábrica de celulosa de ENCE na ría de Pontevedra, cando trataron de tapar o desastre medioambiental dos pellets transportándonos na historia á peor parte da xestión política da catástrofe do Prestige. Tamén estivemos alí.

E por suposto que estivemos alí cando a connivencia entre a Xunta, Greenalia, ex-altos cargos do PSOE e a multinacional portuguesa Altri fixeron tremer A Ulloa ante a posibilidade da construción dunha celulosa que ocupará a superficie de 500 campos de fútbol até polo menos o ano 2100 e absorverá 46 millóns de litros de auga ao día. Claro que estivemos alí. 

A eles só os move o diñeiro, a nós loitar por un futuro mellor.

Faite socia/o do Salto para axudarnos a contar a nosa propia historia. Chegaremos tan lonxe como ti queiras.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
Medio ambiente
Medio ambiente A loita polo monte galego: lumes, eucalipto e ameazas á propiedade común
Galiza concentra un terzo dos incendios forestais rexistrados no Estado. Mentres a Xunta apunta aos montes veciñais, comuneiros e ecoloxistas denuncian unha estratexia política para favorecer a privatización e a expansión da industria madereira.

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.