O Salto medra contigo
Fagamos que o corazón de Palestina latexe máis forte que nunca

Logo da gran acollida da portada do noso último número, encargamos 250 bolsas de tea serigrafiadas con ela para apoiar simbólica e economicamente ao pobo palestino.
tote bag galiza
26 feb 2024 16:00

Logo de máis de 4 meses dende o inicio desta última ofensiva e máis de 29.000 persoas asasinadas polo Exército israelí, o seu Executivo está a ignorar o chamamento da comunidade internacional a deter a ofensiva militar en Rafah, onde 1,5 millóns de palestinos buscaron refuxio dos combates, e ameaza con invadila se os reféns israelís non son liberados antes do mes sacro do Ramadán, que comeza o próximo 10 de marzo.

A presión social segue sendo clave para que cada vez máis países e organismos internacionais cuestionen o seu apoio ao Goberno sionista de Netanyahu e as protestas cidadás de solidariedade con Palestina non deixan de sucederse e todos os colectivos de apoio coinciden na importancia de manter a presión para que a comunidade internacional force un cese do fogo.

Unha bolsa de tea de algodón orgánico serigrafiada coa portada para mostrar que o noso corazón está con Palestina. Xa estaba antes deste masacre e seguira a estalo ata que se lle poña fin

Por iso no Salto pensamos que, ademais de información, o segundo mellor que podemos facer é ofrecer ferramentas de pacífica protesta, obxectos que manteñan a denuncia deste masacre ben visible e á vista de todos e todas.

Se a semana pasada xa publicamos en aberto e libre de dereitos un formato de póster A3 descargable coa última portada do número de inverno do Salto, agora propoñémosvos a tote bag “Palestina”: unha bolsa de tea de algodón orgánico serigrafiada coa portada para mostrar que o noso corazón está con Palestina, que xa o estaba antes deste masacre e que seguirá a estalo ata que se lle poña fin.

Apoio simbólico e económico

Si, tamén queremos que este apoio ao pobo palestino vaia máis aló do simbólico. Porque máis aló de coa forza militar, Israel está a matar de sede e fame aos case 2 millóns de gazatíes atrapados sen saída.

5€ de cada unha destas tote bags, doarémolos á UNRWA para que poida seguir prestando un apoio vital á cidadanía gazatí

A principal organización no terreo, a Axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados de Palestina en Oriente Próximo (UNRWA), segue traballando para entregar alimentos e outros artigos e servizos esenciais, malia o caos, os bombardeos, o pánico e a inseguridade. Malia que 16 países aliados de Israel decidiron retirarlle o financiamento tras a acusación de Israel a 12 dos seus empregados de participar nos atentados do 7 de outubro.

Así que 5€ de cada unha destas tote bags doarémolos á UNRWA para que poda seguir prestando un apoio vital á cidadanía gazatí.

Consigue a túa

Podes conseguir unha das 250 tote bags “Palestina” de varias maneiras:

  • Con cada nova subscrición “Completa” ou “Incondicional”, elexindo periodicidade anual e domiciliando o pago, enviarémoscha de balde e asumimos os 5€ da doazón á UNRWA.


  • Mercándoa na nosa tenda online: o prezo de venda será de 15 € para socias do Salto —lembra navegar na web rexistrada como socia e acceder dende aquí á nosa tenda para beneficiarte do desconto ou escríbenos a pedidos@elsaltodiario.com— e de 20 € para non socias. En ambos casos, 5 euros irán tamén á UNRWA.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Derechos Humanos
Flotilla de la Libertad Yanis Mhamdi: “Israel es el Estado que mata más periodistas en todo el mundo”
Este periodista de Blast fue uno de los integrantes de la Flotilla de la Libertad. En esta entrevista cuenta cómo transcurrieron las horas en las que este grupo de defensores de derechos humanos estuvieron bajo detención ilegal en Israel.
Genocidio
Genocidio Israel asesina a diez niños que esperaban suplementos nutricionales en un hospital
La Unión Europea sigue evitando la imposición de sanciones al régimen de Tel Aviv. Estados Unidos anuncia sanciones contra la relatora de la ONU que ha denunciado el lucro de las empresas colaboradoras de Israel.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.