O Salto medra contigo
O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri

Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Portada post goteo GAL
Ilustración de Lara Lars.
2 jun 2025 12:00

Os ecosistemas galegos viven unha ameaza sen precedentes nas últimas décadas. A macrocelulosa que a multinacional portuguesa Altri e a galega Greenalia queren instalar no centro xeográgico do país —coa complicidade da Xunta— precisa dunha confrontación por tódalas vías posibles. Precisamos xente nas rúas demostrando a grande oposición social que ten esta industria: xa a temos. Precisamos xente nas universidades demostrando cientificamente os escenarios dramáticos aos que poderiamos chegar se esta pasteira consegue saír adiante: xa a temos. Precisamos tódalas forzas das sociedade civil e, por suposto, precisamos medios de comunicación radicalmente independentes e críticos: isto, por desgrazas, escasea e, por iso, lanzamos un crowdfunding.

Nestes últimos meses, vimos máis que nunca as costuras dos grandes medios públicos e privados deste país. Vímolos mercando o argumentario do Goberno do Partido Popular financiados, iso si, con inxentes cantidades de diñeiro público. Vímolos silenciando as voces máis críticas do pobo galego e tamén as das veciñas e veciños máis afectados por esta bomba ambiental cuxos efectos percorrerán o río Ulla dende Palas de Rei até a ría de Arousa. Vímolos aceptando sen escrúpulos as campañas de publicidade encuberta a cambio de miles de euros para tratar de enganar a opinión pública. Vímolos representando os intereses das multinacionais e dos grandes partidos políticos a calquera prezo, aínda que iso signifique agochar, tapar ou ocultar a inmensa onda de oposición social que hoxe corre por toda Galiza.

Dende O Salto fixemos algo ao que ningún outro medio de comunicación se atreveu a facer: investigamos, analizamos e sinalamos as redes políticas e empresariais que están detrás deste proxecto. Puxémoslles caras, nomes e patrimonio. Analizamos os seus vínculos coa oligarquía galega e colocamos o foco nas persoas exactas que teñen o poder de decisión neste proceso e, por suposto, en tódalas cómplices. Tamén lle dimos prioridade ás voces das persoas afectadas, veciñanza e traballadores/as que se opoñen a vender a súa terra e o futuro da súa vida para a riqueza duns poucos. E fixemos unha reportaxe documental, “Altri, a sede insostible” que movemos por Galiza e parte do Estado español, na que son as expertas e as veciñas as que explican os efectos devastadores que tería Altri desde o punto de vista ambiental e social.

Pero queremos chegar máis lonxe e, por iso, precisámoste para dar un novo salto.

Que queremos facer?

  • Queremos seguir investigando os entramados empresariais de Altri e Greenalia.
  • Queremos perseguir até o último euro de diñeiro público repartido polo goberno do Partido Popular na Xunta.
  • Queremos fiscalizar o pasado de tódolos representantes públicos e os responsables privados desta barbarie ecolóxica.
  • Queremos rexistrar todas e cada unha das mobilizacións contra a celulosa que acontezan nas rúas do país.
  • Queremos difundir tódolos informes, artigos científicos e estudos que analicen con rigor os efectos da construción desta fábrica.
  • Queremos dar voz ás veciñas e veciños da Ulloa.
  • Queremos escoitar as demandas das mariscadoras e dos mariñeiros da ría de Arousa.
  • Queremos reivindicar o traballo de tódolos colectivos ecoloxistas que traballan sen descanso e a diario para frear esta barbarie.
  • Queremos dar acubillo ás voces críticas da sociedade civil que teñan algo que dicir.

A nosa diferenza é a nosa virtude: o financiamento da cooperativa que edita O Salto é nun 75% dependente das máis de 10.000 persoas socias que nos sosteñen, podes velo nas nosas contas. Non aceptamos publicidade que viole o noso código ético, unha esixencia única no contexto mediático do Estado español.

En O Salto xamais verás publicidade de:

  • Empresas con conflitos activos cos seus traballadores.
  • Bancos ou outras empresas que realicen desafiuzamentos.
  • Organizacións cuxa sede estea situada en paraísos fiscais.
  • Entidades que utilizan a enxeñaría fiscal para evitar o pago de impostos.
  • Todas as empresas que integran o IBEX 35, ou polo menos, ata que entre unha empresa que consideremos ética.
  • Empresas cuxa sede estea situada en Israel.
  • Empresas que non teñen un comportamento ético cos seus traballadores.
  • Empresas que se aproveitan da explotación de persoas presas.
  • Todo tipo de organizacións cuxa ética estea en cuestión ou cuxa actividade principal non consideremos ética, por exemplo, casas de xogo ou negocios altamente contaminantes.

Estes límites éticos, os maiores de calquera medio a nivel europeo —convidámoste a ver as contas dos xornais que máis leas en Galiza ou fóra—, fannos medrar pouco a pouco, pero de xeito sólido. E, sobre todo, fannos medrar até onde as nosas socias e socios e as nosas lectoras e lectores queran que medremos.

A quen vai dirixida esta proposta?

Dirixímonos a ti, que estás farta/o de ver como os medios tradicionais e de dereitas ocultan as voces que che representan.

A ti, que acudiches á histórica manifestación contra Altri en Palas de Rei ou á que desbordou o Obradoiro cunha onda de dignidade ou a que resistiu a choiva da Pobra do Caramiñal.

Dirixímonos a ti, que sabes ben o que supuxo para os ecosistemas galegos a implantación da celulosa de ENCE na ría de Pontevedra ou tódalas explotacións mineiras do país dende Penouta até San Fins.

A ti, que nos últimos anos viches a radicalización da dereita mediática galega con portadas e reportaxes infames pagadas, ademais, cos teus impostos.

Dirixímonos a ti, que participas nas asembleas da túa organización, sexa cal sexa, coa fin última de pelexar por un mundo mellor, con ríos limpos e con industrias sostibles.

A ti, que escribes, falas e debates con tódalas persoas que te cruzas e aínda cren a propaganda da Xunta e de Altri.

Dirixímonos a ti, que aínda acreditas na necesidade de medios de comunicación críticos que traballen por e para o cambio social e non para enriquecerse. Que sexan horizontais, sen xefes nin grandes empresas detrás que os manipulen.

A experiencia do equipo de O Salto acumula máis de 20 anos, dende a creación de Diagonal traballando coa mirada posta nos movementos sociais, que son a quen nos debemos, e preto de dez anos dende a fundación deste proxecto. Acredítannos as nosas investigacións, lidas e referenciadas na inmensa maioría dos xornais; a nosa influencia na opinión pública e nas organizacións sociais co noso traballo xornalístico; e o noso respecto e escoita mutuos pola pluralidade dos movementos de base.

A cooperativa que edita O Salto en todo o Estado español está conformada por preto de 60 persoas con máis de 200 colaboradoras e colaboradores implicados, máis unha asemblea independente de dez persoas que traballa a diario na elaboración de contidos galegos propios.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Altri
Altri Milleiros de persoas secundan unha enorme marcha contra as celulosas de Altri e Ence
A manifestación arrancou de forma paralela desde Pontevedra e Marín, finalizando fronte á planta de Ence, onde se leu un manifesto que reclamaba un modelo de desenvolvemento sustentable para Galicia.
Galicia
Galicia Miles de personas secundan una enorme marcha contra las celulosas de Altri y Ence
La manifestación arrancó de forma paralela desde Pontevedra y Marín, finalizando frente a la planta de Ence, donde se leyó un manifiesto que reclamaba un modelo de desarrollo sostenible para Galicia.
Galicia
Galicia La Xunta del PP recibe al embajador de Israel en funciones mientras Gaza agoniza al borde de la hambruna
El Gobierno de Alfonso Rueda escenifica su buena sintonía con la Administración de Benjamín Netanyahu apenas unas horas después de que Israel bombardease una escuela que servía de refugio y ordenase una evacuación masiva en Gaza.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.