Ser socia de O Salto ten premio: un dominio .gal e hosting de balde para novas subscricións

Entre o 17 e o 31 de maio, as persoas que se subscriban a O Salto dentro desta campaña recibirán gratuitamente durante un ano un dominio .gal e un servizo de hosting web profesional, un paquete valorado en máis de 170 euros.
portada gal subscribete
13 may 2026 12:34

O Salto Galiza súmase á campaña ‘Subscríbete ao galego’, unha iniciativa impulsada pola Asociación de Medios en Galego (Amega), dinahosting e PuntoGal para promover o uso da lingua galega no ámbito dixital e fortalecer os medios de comunicación en galego.

Faite socio, faite socia!

Entre o 17 e o 31 de maio, as persoas que se subscriban a O Salto dentro desta campaña recibirán gratuitamente durante un ano un dominio .gal e un servizo de hosting web profesional, un paquete valorado en máis de 170 euros.

A iniciativa coincide coa celebración do Día das Letras Galegas e do Día de Internet e procura impulsar a presenza do galego na rede nun contexto marcado pola crecente concentración dixital nas grandes plataformas. As persoas beneficiarias poderán empregar estes servizos para crear a súa propia páxina web, abrir contas de correo profesionais co seu dominio .gal ou poñer en marcha proxectos dixitais en galego sen asumir custos iniciais.

Desde a organización da campaña sinalan que o obxectivo é dobre: por unha banda, facilitar ferramentas para ampliar os contidos en galego en Internet; pola outra, reforzar economicamente os medios que desenvolven o seu traballo na nosa lingua a través do apoio das subscricións.

As persoas subscritoras recibirán os códigos para activar o dominio e o hosting ata o vindeiro 30 de xuño.

A campaña está promovida por Amega, asociación creada en 2013 para fortalecer o ecosistema mediático en galego; por PuntoGal, entidade xestora do dominio .gal desde 2014; e por Dinahosting, empresa galega especializada en servizos de hospedaxe e rexistro de dominios. Actualmente existen arredor de 7.700 dominios.gal activos.

Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.
Cargando...
Cargando...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...