'O Teleclube' trae sesión dobre con 'O axente segredo' e 'A voz de Hind', dous filmes que chaman á resistencia

Despois dos Oscar, 'O Teleclube' analiza dous dos mellores filmes nominados este ano.
O Teleclube Episodio 45
18 mar 2026 07:02

Tras dedicar podcasts ás outras nominacións a mellor filme internacional nos Oscar ('Valor Sentimental', 'Sirat' e 'Un simple accidente'), 'O Teleclube' dedica estes novo episodio ás dúas que faltaban, 'O axente segredo' de Kleber Mendonça Filho e 'A voz de 'Hind' de Kaouther Ben Hania. Aínda que están ambientadas en épocas e países moi distintas, as dúas películas son un grito de resistencia ante o fascismo, a violencia política e o xenocidio.

'O axente segredo', a nova obra mestra do director brasileiro Mendonça Filho, conta unha historia de intriga sobre Armando (Wagner Moura) un home que se esconde das autoridades dictatoriais no Brasil dos anos 70.

'A voz de Hind', da aclamada directora tunesina Ben Hania, presenta a traxedia de Hind Rajab, unha nena asesinada polos militares israelís, usando gravacións da propia voz da nena mesturadas con actores que fan dos traballadores da media lúa vermella que a intentan rescatar. É unha experiencia durísima, pero seguramente a película máis importante do ano.

Se queres escoitar as críticas por separado 'O axente segredo' vai ata o minuto 25,  continuación analizamos 'A voz de Hind'.

Veste con nós a unha nova sesión de cine? Tamén en Ivoox.

Aviso O inicio do podcast ten peor calidade de son por problemas na gravación.  Perdoade a molestia!

Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.
Cargando...
Cargando...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...