Obituario
Con Luz nas prazas de Compostela

A ilusión de Luz Fandiño sempre foi que gañasen as boas, que foramos máis, que enchoupásemos o mundo de alegría, da felicidade que supón a defensa dos dereitos das máis, fronte aos privilexios duns poucos.
goretti luz fandiño
A alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín Rei, xunto á poeta Luz Fandiño.
Goretti Sanmartín Rei

Alcaldesa de Santiago de Compostela
@GorettiSRei

28 abr 2024 13:11

A Luz era fácil querela, era necesario admirala, era urxente tomar nota das súas leccións. Reparo hoxe, neste día triste da despedida, en momentos en que nos atopamos nesta Compostela que tanto quería e que tivo que abandonar de nova, como ela dicía, para non morrer de fame. De repente, a imaxe que máis presente se me fai da poeta é nas prazas da cidade. Na Quintana, no Toural, na Alameda, na 8 de marzo, nas Praterías... En todos os escenarios de centos de mobilización nas que, nas últimas décadas, coincidimos... Alí estaba ela sempre, defendendo as causas xustas, o feminismo, os dereitos dos pobos, a nosa lingua, o fin das guerras... Luz, a muller que non avellentaba porque mantiña un espírito novo, rodeada sempre de xente moza á que lle transmitía unha maneira de pensar clara, nítida, a da xustiza e a igualdade, a do fin da pobreza e as discriminacións, a da loita contra a fame, ese concepto que ela tan ben manexou, tanto de alimentos, coñecemento ou ideas.

“Eu prefiro ser
parte da grande louse
que enterre
para sempre
ó fascio imperialismo
que coa súa
gadoupa inmunda
corrompe e asfixia
os seres libres
que a súa bestial
tiranía se rebelan”.

Os versos de Luz Fandiño falan mellor que ninguén dela mesma e introducen unha palabra que podería ser o pórtico dun dicionario da poeta: rebelión. Non teño dúbida de que esa foi unha consigna vital para Luz, rebelarse contra o destino, contra os poderes opresores, contra a miseria, contra a vida mesma que se torceu en tantas ocasións. E esa rebelión permitiunos partillar, desde moi novas, esa forza da Luz viva, enérxica, que berraba máis ca ninguén, que alzaba a súa voz con entusiasmo, que gozaba cando as prazas estaban cheas e mancábase cando as convocatorias non eran o masivas que ela soñaba. Porque esa foi sempre a ilusión de Luz Fandiño... que gañasen as boas, que foramos máis, que enchoupásemos o mundo de alegría, da felicidade que supón a defensa dos dereitos das máis, fronte aos privilexios duns poucos.

Activismo
‘Retrincos’: Luz Fandiño
VV.AA.
Retrincos é un formato audiovisual de O Salto Galiza en colaboración con Nós Televisión.

De Luz seguiremos lendo os seus poemas, publicados nun conxunto de libros que tanto lle custou atesourar e que eran, para ela, un dos seus mellores tesouros. O outro, pode ser que fora, o de tanta xente que a quería, que se achegaba a ela con respecto e agarimo, o da xente moza que se sorprendía ao ver esa muller maior, con boina lilá e forte voz que aparecía sempre, coma unha revolucionaria de vangarda. Luz converteuse na avoa rebelde, na muller que contaxiaba ilusión, na que nos dicía, con convencemento, que iamos conseguilo, que o mundo podía ser ben mellor.

Fotomatón
Luz Fandiño ou a enerxía activadora
Abusamos a miúdo da palabra “activista” categoría cívica que obriga a unha coherencia que non sempre encaixa en todas as persoas así catalogadas.

“Luz é vitalista, alegre. Luz está viva. Luz Fandiño é poeta. Luz Fandiño é poesía. A forma en que ela sente a vida e as cousas é unha forma moi intelixente e moi poética de enfrontarse a todo o que nos pasa. Todo o que nos doe. Todo o que nos rodea”, escribiu  Lupe Gómez no seu libro Luz e Lupe que recolle o afectivo encontro entre as dúas poetas. Todo o que nos doe. A vida de Luz Fandiño non foi fácil, non. Ela lembraba a súa infancia no Sar, a súa nai e a súa avoa, a emigración tan dura en Arxentina ou París... a miseria daquel tempo, a dureza da represión nas súas distintas formas e a súa memoria era tamén alimento para o noso futuro e ela era consciente diso.

Nacera no barrio de Sar, hai 92 anos, e neste mesmo espazo quero lembrala para sempre. Como naquel acto en que falou, coma sempre con claridade e intensidade, da súa nenez naquelas rúas, e no que lle demos a nosa palabra de que a praza do barrio levará o seu nome. Nesta Compostela que tanto quixo que vai facer xustiza a súa memoria, coa nome dunha muller valente e rebelde que lembraremos, como non podería ser doutro xeito, nunha praza, como é de xustiza.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Justicia
Sentencia Condenado un trabajador de Vox por arrastrar a una activista de Femen
Un trabajador de Vox ha sido condenado como autor de un delito leve de lesiones a la pena de 180 euros y a indemnizar con 250 a la activista de Femen Lara Alcázar.
Educación
Saberes para la transformación social Formación y ESS
¿Cómo debe ser una formación transformadora? ¿Qué papel ocupa la formación en las entidades de la ESS? Reflexionamos sobre ello para abrir un debate estratégico que nos ayude a proyectar la ESS y su incidencia política y social.
Economía
Internacional El fondo proisraelí KKR se hace con los grandes festivales españoles de música
Controla eventos como Sónar, Viña Rock o Resurrection Fest mientras expande su negocio con la promoción inmobiliaria en territorios palestinos ocupados ilegalmente y la creación de centros de datos para las grandes tecnológicas.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar a Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.