Nova xornada de mobilizacións na Galiza para reclamar o fin do xenocidio en Palestina

Este domingo 22 de outubro nova xornada de mobilizacións baixo a chuvia en apoio ao pobo Palestino e contra o xenocidio en Gaza en 17 localidades galegas.
Galiza con Palestina 22 outubro 2023 - 11
Imaxe da manifestación que percorreu as rúas de Vigo | Foto: ECOAR.
22 oct 2023 21:30

Durante a mañá deste chuvioso domingo tiveron lugar novas mobilizacións por toda Galiza para esixirlle a Israel que poña fin á ocupación dos Territorios Palestinos e que paren os ataques indiscriminados contra a poboación civil bloqueada en Gaza.

As mobilizacións foron convocadas hoxe ás 12 da mañá, unha vez máis, polas catro organizacións de referencia: Mar de Lumes, Galiza por Palestina, BDS e a Asociación Galaico Árabe Jenin. Ademais das sete cidades galegas tamén houbo concentracións nos concellos de Allariz, Betanzos, Burela, Cangas, Carballo, Cee, Monforte, Pontedeume, Ribeira e Vilagarcía.

Unha das máis numerosas volveu ser a manifestación en Vigo, que partíu desde a Vía Norte e rematou coa leitura dun manifesto que finalizaba anunciando “a convocatoria dunha manifestación nacional en Compostela o vindeiro domingo día 29 de outubro en solidariedade co pobo palestino e para esixir que pare a ocupación de Israel e o xenocidio na franxa de Gaza”.

Precisamente hoxe en Compostela a manifestación estivo acompañada dunha intensa chuvia, que non impediu que centos de persoas foran dende a Praza Roxa até Praterías reclamando liberdade e paz para Palestina.

Pola súa banda, ducias de persoas concentráronse esta mañá na Subdelegación de Defensa en Ourense para apoiar a poboación palestina ante o xenocidio cometido por Israel. Berros de reivindicacións, música e un emotivo discurso marcou esta concentración. “Dende Galiza e Ourense denunciamos a limpeza étnica do apartheid, denunciamos a vulneración sistemática do dereito internacional e do dereito humanitario e denunciamos a complicidade dos gobernos imperialistas” leron ao final da convocatoria.

En Lugo, ademais da concentración de hoxe na Praza Maior, o pasado xoves creouse a Plataforma “Lugo por Palestina” e o martes hai unha nova asamblea no Centro Social A Hedreira para continuar a organizar a solidariedade coa xente de Gaza e Cisjordania dende a cidade.

Finalmente para esta semana tamén están previstas a realización de varias conversas co activista palestino Fayez Badawi, antigo voceiro para Europa do Frente Popular para a Liberación de Palestina (FPLP), “unha das voces máis autorizadas para falar contra a ocupación de Palestina e fronte á manipulación mediática” sinalan desde a organización dos “Diálogos desde a periferia: Gaza cara unha nova Nakba” que vai ter lugar o luns 23 ás 20 horas en Ourense, martes 24 ás 19:30 na Facultade de Historia en Compostela, mércores 25 ás 20 horas en Vigo, Xoves 26 ás 20 horas no vello Cárcere de Lugo, venres 27 ás 19:30 en Viveiro, Sábado 28 ás 18 horas na AC Alexandre Bóveda da Coruña e o luns 30 ás 20 horas no Antigo Hospicio de Ferrol.

Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...

CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
AGANTRO
O desprazamento forzoso en Chiapas: metáfora da vida núa
Conversamos coa investigadora América Navarro sobre o desprazamento forzoso en Chiapas.
Altri
Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Salto medra contigo
O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Orgullo
O Orgullo Crítico enche de diversidade e de humanismo Galiza: “Transfeministas con Palestina”
Crónica visual de como unha enorme multitude encheu de diversidade o centro da cidade de Vigo.
O Teleclube
'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria
O Teleclube
'O Teleclube' pecha a temporada cos supervivintes de '28 anos despois'
Danny Boyle e Alex Garland volven ao mundo dos infectados que inspirou o renacemento dos 'zombis'.

Recomendadas

Medio rural
A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Migración
A veciñanza mobilízase para acoller migrantes tras o peche de centros de Rescate Internacional en Galiza
Tras o progresivo desmantelamento de varios dispositivos de acollida, moitos refuxiados foron trasladados a outros puntos do Estado sen aviso previo. Outros son simplemente desaloxados trala denegación da súa solicitude de asilo.
Ourense
Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...