Okupación
CSOA A Insumisa: Actualidade, necesidade, continuidade.

16 ene 2018 14:52

1. O xeral. Hai algo máis dun ano compartimos este pequeno esquema co que tentabamos representar a situación das tres plataformas de produción social e cultural en proceso de conformación nese momento e ás que considerabamos que había que seguirlles a pista pola súa singularidade e interese para a cidade. Un ano despois as tres foron violentamente atacadas pola Corporación Voz de Galicia e o Partido Popular da Coruña. Este é o contexto da problemática relación actual entre o goberno local da Marea Atlántica e o CSOA A Insumisa.

2. O particular. Desde o punto de vista máis técnico que podemos alcanzar, non temos ningunha dúbida: o CSOA A Insumisa é insubstituíble por ningún equipamento municipal. O que representa a nivel social, cultural e urbanístico non pode ser emulado polo público, pois a súa lóxica non responde en ningún modo aos mesmos condicionantes (en termos de autoorganización cidadá, independencia dos comúns, exterioridade urbana ou denuncia do modelo inmobiliario hexemónico). O noso posicionamento ante o conflito actual ao redor da okupación e a autoxestión cidadá das instalacións da antiga Comandancia de Obras é, por tanto, moi claro: o mellor para a cidade sería que o CSOA A Insumisa continuase as súas actividades e o seu proceso de consolidación cara a un espazo cada vez máis aberto, útil e inclusivo para as veciñanzas do barrio e da área metropolitana.

3. Dito isto, temos que mostrar a nosa decepción ante os primeiros resultados das estratexias que parecen asumir ambas as partes, e ante as que só podemos lembrar o que dicía Terry Eagleton (substitúase relixión por Marea Atlántica ou CSOA A Insumisa): "O verdadeiro reto é construír unha versión da relixión que realmente pague a pena rexeitar. E isto ten que comezar por rebater o mellor exemplo do opoñente, non o peor".

4. Por un lado, a posición do goberno municipal parece moi complicada, tanto polas limitacións que impón a estrutura legal e institucional, como, sobre todo, polo contexto político-mediático actual, de extrema agresividade e falta total de interese nun debate serio e informado sobre o papel que xogan nas cidades este tipo de centros sociais. É neste contexto de desinformación onde xorde a trampa perfecta do Ministerio e do PP-Voz, o famoso millón de euros de investimento estatal que a cidade “perdería” de non realizarse o proxecto de rehabilitación das naves. Nada máis explícito que o diñeiro, que non xoga no mesmo plano de lexitimidade que un proceso social autoxestionado, para sustentar unha chantaxe ao goberno local e á comunidade ao redor da Insumisa.

A pesar dos continuos discursos e publicacións dos amigos dos desaloxos e as cargas policiais, a vía do diálogo proposta desde o goberno municipal e a rede da Marea Atlántica é a máis razoable para abordar o asunto. Pero a cuestión é que a súa radicalidade (honestidade) depende totalmente de que a continuidade da Insumisa sexa unha das posibilidades a discutir: por moito que se evite a palabra desaloxo, un diálogo non pode comezar cunha proposta de mínimos dunha das partes que consiste na desaparición da outra parte.

Neste sentido, o CSOA A Insumisa non é só a comunidade de persoas que o viven e o sustentan cada día desde hai máis dun ano, senón a máquina que conforman co espazo que levan todo este tempo autoconstruíndo. Así, non pode existir a posibilidade de incluír á Insumisa na comunidade ao redor do novo equipamento proxectado se se elimina a materialización do proceso, a proba e a memoria da súa lóxica autónoma e popular. Poderanse unir persoas ou colectivos hoxe vinculados ao CSOA e que poidan e desexen continuar as súas actividades nos futuros edificios. Pero é preciso recoñecer que as obras de rehabilitación das naves agora en discusión implicarían a eliminación dunha parte fundamental do centro social, incluso aínda que á súa comunidade accedera voluntariamente ao seu desenvolvemento.

Se xa é un asunto consensual o recoñecemento do traballo das persoas ao redor da Insumisa na recuperación dun espazo abandonado polas administracións durante anos, por que non debater tamén sobre se ten sentido eliminar un proceso social desta envergadura (pensemos na súa actualidade, pero tamén no seu papel de continuación do ciclo Casa das Atochas - Palavea - A Insumisa) para crear un novo equipamento cuxa singularidade o fai totalmente dependente do que pase nas próximas eleccións? O proxecto municipal dun espazo para a xuventude desde a experimentación coas formas de xestión cidadá dos equipamentos públicos está moi ben, é necesario e debería facerse realidade canto antes. Noutro lugar.

5. Polo outro lado, algunhas das opinións e relatos construídos desde a rede de amizades do CSOA parecen totalmente inoportunos: que sentido estratéxico ten poñer á Marea Atlántica (goberno, simpatizantes e votantes) en contra do proxecto da Insumisa? Non sería máis sensato, como mínimo, intentar dirixir o debate, “enredar” con propostas imposibles, formular achegamentos en temas paralelos á cuestión do espazo e/ou, sobre todo, gañar novas afinidades na cidade mostrando as cualidades do lugar e do proceso? É incomprensible e de vergoña allea defender un centro social autónomo publicando textos bananeiros con ataques persoais e mencións a informacións falsas de medios masivos, como se a estratexia do “canto peor mellor” ou “contra Franco viviamos mellor” fose a única saída posible, e, o que é peor, coma se a contrainformación fose un ambiente acolledor para o traballo de Aturuxos (El Ideal Gallego) ou Xosé Gago (La Voz de Galicia). Un pouco de seriedade, por favor. Non toda a comunicación xurdida desde o círculo da Insumisa é así, tamén hai análises útiles (como algunhas das publicadas aquí), pero non é moi esperanzador que a realidade xeral definida desde as múltiples voces do debate colectivo pareza ser, en síntese, unha simple narración por adiantado do desaloxo, coma se nada máis se puidese imaxinar sen comprometer as bases do proceso, é dicir, coma se este fose o único resultado capaz de evitar unha indesexada entrada no descoñecido.

É moi urxente construír o relato da necesidade dos espazos autónomos nas cidades e estruturar os argumentos que impiden considerar como unha posibilidade razoable a formalización, legalización ou institucionalización deste tipo de procesos. Pero é indispensable partir da realidade e do contexto actual: a) Rosa Gallego e as súas amizades e simpatizantes non son extraterrestres, son veciñanzas da cidade que probablemente nunca tiveron a oportunidade de experimentar e deixarse afectar polo que se vive nun CSOA no século XXI; e b) O goberno municipal non dispón de mecanismos para renunciar ás súas competencias de xestión (e é xusto recoñecer que xa fixeron moito máis do que faría calquera outro goberno por normalizar a relación entre o Concello e os procesos sociais independentes), polo que é necesario construír colectivamente unha saída a esta situación que garanta a continuidade da Insumisa: en serio é imposible identificar os verdadeiros inimigos da autoxestión no ámbito municipal e formular un proceso de resistencia en común? Existe algunha fisura entre a falta total de relación autonomía-institución e a institucionalización da autonomía?

6. Recoñecemento mutuo, xenerosidade e longa vida á Insumisa!

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Okupación
Desalojo Miles de personas piden “encender la lucha” por los gaztetxes tras el desalojo de Etxarri
Denunciaron que la Ertzaintza hirió a varios manifestantes y uno de ellos tuvo que ser operado de urgencia por un balazo de foam. Señalaron la alianza entre Ayuntamiento de Bilbao y Amenabar.
Bilbao
Bilbao La Ertzaintza desaloja el gaztetxe Etxarri II en el barrio bilbaino de Rekalde
Noche de cargas policiales en Bilbao. Cinco personas fueron detenidas cuando trataban de evitar el desalojo del edificio, que se ha producido hoy a las 11h. A las 19h hay convocada una manifestación desde el parque de Amezola.
El Salto Radio
El Salto Radio Criminalizar la okupación, perseguir la movilización
Los "18 de la Macarena” se enfrentan a una petición de 77 años de prisión por ejercer su derecho a la protesta. De ello y del derecho a la vivienda hablamos con Macarena Olid, vicecoordinadora de la Asociación pro Derechos Humanos de Andalucía.
Minería
Minaría Bruxelas cava fondo: litio galego para o novo militarismo europeo
No medio do rearme ordenado pola UE, Galiza entra no ámbito xeopolítico como potencial provedor de litio para a industria de defensa. Un enclave de alto valor ecolóxico en Doade (Ourense) converterase en canteira de baterías militares.
Senegal
Senegal Una ‘Escuela de rehenes’ o cómo Francia usó la educación en África para transformar las mentes
La administración colonial francesa puso en marcha en 1855 un centro educativo que tenía el objetivo de formar a los hijos de los reyes locales mediante el borrado de su cultura.
Estados Unidos
Estados Unidos La buena sintonía entre Trump y Meloni
Como era de esperar, los mandatarios mostraron afinidades políticas e ideológicas. La italiana insistió en la idea de “fortalecer Occidente”.
Camboya
Camboya 50 años del inicio del genocidio en Camboya
El régimen de Pol Pot acabó con la vida de más de dos millones de personas. Solo tres integrantes de los Jemeres Rojos han sido condenados por crímenes contra la humanidad.

Últimas

Series
Series Masculinidad hegemónica o plomo: la sátira contra los hombres en ‘The White Lotus’
La serie culmina de forma trágica, llevando al extremo la lógica neoliberal, y se cuestiona si es posible una transformación que no termine cooptada por el propio patriarcado.
Grecia
Grecia Frontex pone de nuevo la mirada en Grecia
En enero de 2025 el Tribunal Europeo de Derechos Humanos acusó a las autoridades griegas de llevar a cabo devoluciones forzadas de manera sistemática.
Valencià
València Duelo colectivo y brecha de género, las consecuencias de la dana en la salud mental
Más allá de lo material, el sufrimiento mental continúa golpeando las vidas de l´Horta Sud. Mujeres cuidadoras y colectivos vulnerables encabezan un luto que todavía no ha encontrado descanso.
Más noticias
Almería
Artes escénicas Almería reclama su (dancístico) lugar
A menudo relegada al olvido en los mapas culturales, esta provincia oriental sigue siendo una gran desconocida, a pesar de su riqueza histórica, su diversidad paisajística y su potencia creativa.
Palestina
Genocidio Israel sigue atacando hospitales, la ONU habla del peor momento en los 18 meses de asedio
No hay tregua en Gaza, donde Israel ha recrudecido las matanzas y sigue sin permitir el acceso de alimentos y productos de primera necesidad. La ONU denuncia asimismo el asesinato de más de 70 civiles en Líbano.
Crisis climática
Balance climático El Mediterráneo se consolida como zona especialmente vulnerable al cambio climático
Las víctimas de la dana suponen dos tercios de las muertes por fenómenos extremos en Europa en 2024, según un informe conjunto de Copernicus y la Organización Meteorológica Mundial que hace un balance climático del continente el pasado año.
Opinión
Opinión La coherencia de las políticas de Trump
No se pueden entender los aranceles de Trump sin su lucha por el control de los recursos minerales, sin Groenlandia, Ucrania o la República Democrática de Congo.

Recomendadas

Comunidad de Madrid
Memoria histórica Contra la basura y el olvido: tras la pista de los cuerpos y de la memoria de los brigadistas internacionales
El Salto acompaña a un contingente internacional de políticos, políticas y activistas en una ruta en memoria de los brigadistas internacionales que acudieron a luchar a España contra el fascismo, en un ejercicio inspirador para el presente.
Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.
República del Sudán
Sudán Cara a. Un Sudán en guerra
Se cumplen dos años de una guerra que ya deja más de 13 millones de personas desplazadas y más de ocho millones de sudaneses al borde de la inanición.