Okupación
Se tocan un (Centro Social), tócannos a todos!

Dialogar non é reunirse nun mesmo espazo e intercambiar palabras pretendendo que pareza unha comunicación entre iguais.

22 ene 2018 16:41

Para nós a Insumisa é como unha irmá. Ambas nacemos como centros sociais na mesma cidade, con apenas un ano de diferenza e dun caldo de cultivo compartido. Somos espazos abertos á participación, a asemblea é o noso cerebro e a autoxestión compón o noso sistema nervioso: formas de corresponsabilidade colectiva sobre o que se fai nestes espazos, sen xerarquías de ningún tipo. 

A Comuna e a Insumisa somos irmás, mais non xemelgas, e de entre as diferenzas entre un proxecto e outro destaca unha: a Insumisa é unha okupa. No seu código xenético está un movemento social arraigado na cidade, con máis de dez anos de actividade continua, que encadea un espazo liberado tras outro desde o CSO As Atochas, que pasou polo CSO de Palavea e ata chegar á actual Insumisa. Estes espazos propoñen alternativas prácticas e inmediatas ao capitalismo neoliberal e dende o comezo involucráronse activamente nas loitas feministas, anticapitalistas, pola vivenda, animalistas, antifascistas... Toda unha riqueza que persiste na Insumisa e nutre as súas asembleas. Sería unha lectura reducionista pensar que só o maioritariamente entendido como público, o administrado polas institucións, é o común e o que permite avanzar socialmente. Trátase dunha idea do progreso xa vella, lineal e que non atende as ramificacións alleas ao capitalismo cultural. Non pode ser curtopracista quen camiña cara a Utopía e a constrúe no cotián.

A okupación dálle valor social e político a un espazo por dúas vías: por un lado abríndoo para que se lle poida dar un uso libre e social, por outro lado sinalando e denunciando, co propio acto de okupar, as dinámicas de especulación e apropiación ilexítima por parte dos axentes do capitalismo, e cuestionando o principio intocable da propiedade privada.

O caso da Insumisa é de manual: ninguén amosou maior interese polo espazo ata que foi okupado

Foi entón cando todo se precipitou ata chegar á situación na cal nos atopamos. Estamos perante unha situación en que se lle esixe a quen lle devolveu a vida ao lugar que o abandone para deixar facer.

Pero deixar facer o que? O novo proxecto do goberno local da Marea Atlántica semella un clon, en canto a usos, da actual Insumisa, mais cun nome distinto ("Naves do Metrosidero") e que pretende substituír o cerebro asembleario e horizontal do actual proxecto por unha intelixencia artificial programada dende arriba.

Para nós o Centro Social Okupado A Insumisa non ten prezo. Un millón de euros non ten tradución ao noso idioma, ese que compartimos coa Insumisa e os movementos sociais da cidade, ese que non cuantifica a vida en cifras, en oportunidades económicas, senón nos vencellos que nos unen, na comunidade que construímos, no mundo que creamos agora, en presente, e que nos conecta cunha memoria viva de resistencias e creacións colectivas, coa historia alternativa da cidade. Non se pode especular cun concerto solidario ante a represión policial, non se pode mercantilizar unha palestra sobre Rojava; o fluxo de ideas é menos veloz pero máis enriquecedor que os fluxos de capital.

O feito de que, co acordo do cambio de titularidade, o terreo onde se atopa A Insumisa pase de ser ben patrimonial a ben de dominio público non significa que dito acordo supoña unha liberación do espazo. Por unha elemental razón: non se pode liberar o que xa é libre.

A auténtica radicalidade democrática sería respectar un proceso vivo, complexo, dunha riqueza incalculable e que xa está en marcha exercendo o dereito á participación directa na cidade.

Dialogar non é reunirse nun mesmo espazo e intercambiar palabras pretendendo que pareza unha comunicación entre iguais, cando unha das partes vive baixo ameaza e cando o discurso público da outra parte se dedica a procurar a invisibilización e illamento na liña da prensa sensacionalista. Por que quen está no poder institucional é sempre quen define que é unha boa oportunidade e que é curtopracista e dogmático? Por que non pode ser unha oportunidade a transgresión da realidade establecida? Que son as Naves do Metrosidero? As Naves do Metrosidero son un ovni, unha sonda alieníxena que descende proxectando unha sombra inquietante para usurpar a identidade das actuais habitantes.

A Insumisa e a súa identidade forman parte esencial dun tecido colectivo que unifica a un tempo memoria, aprendizaxe, resistencias e alegría.

Prezada irmá Insumisa, non devota, querémoste libre e tola.

Este texto é un collage, un intento de síntese das distintas sensibilidades, preocupacións e perspectivas sobre a situación actual do CSO A Insumisa que conviven no Centro Social A Comuna.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Granada
Represión La policía desaloja el centro social La Madriguera en Granada
El dispositivo policial ha echado a decenas de activistas del edificio, el pasado enero la empresa AMA Desokupa intentó cerrar el centro social con el apoyo policial en una operación que se saldó con cuatro personas heridas y una persona detenida
Okupación
Desalojo Miles de personas piden “encender la lucha” por los gaztetxes tras el desalojo de Etxarri
Denunciaron que la Ertzaintza hirió a varios manifestantes y uno de ellos tuvo que ser operado de urgencia por un balazo de foam. Señalaron la alianza entre Ayuntamiento de Bilbao y Amenabar.
Bilbao
Bilbao La Ertzaintza desaloja el gaztetxe Etxarri II en el barrio bilbaino de Rekalde
Noche de cargas policiales en Bilbao. Cinco personas fueron detenidas cuando trataban de evitar el desalojo del edificio, que se ha producido hoy a las 11h. A las 19h hay convocada una manifestación desde el parque de Amezola.
Felicidades a concello e insumisa
28/5/2018 22:32

Pois felicidades á Insumisa polo traballo realizado, por demostrar que ese espacio estaba sen utilizar e que se debería utilizar, e tamén ao concelllo por ter a sensibilidade de iniciar un proxecto nes mismo lugar plenamente coherente co que defendía a asamblea ocupa e poder aunar posturas tan diferentes como as do ministerio de defensa e a asamblea ocupa, o cal, desde logo,non é nada fácil.

Todo o mundo gana, ¡a cidade gaña! :)

7
0
Koke
25/1/2018 9:30

Verdades coma puños expresadas dun xeito sinxelo, respetuoso e adictivamente legible.
A insumisa é a pequena aldea gala(ica) que resiste agora e sempre o invasor sistema...
A Comuna, o xardin alado das loitas xustas.
Non son xemelgas, nin falta que fai.
Saude e República irmans!

6
0
"Anticapis"
28/5/2018 22:41

Claro, claro... pero A Comuna paga un alquiler, paga la luz, paga el agua y le paga al transportista de la Estrella Galicia. ¿Eso les hace ser "menos autogestionados?"

Aquí se juntan, de manera interesada, un montón de términos que no están a priori relacionados. Ocupar no es autogestionar. Y autogestionar no es ocupar. Todo tiene sus límites y matices, todos los espacios generan normas, hasta los que se autodefinen como más "ácratas".. Autogestión es una palabra fetiche, un término que se utiliza de comodín, como "anticapitalista". Y es curioso, todo el mundo acepta (seguro que me lloverán votos negativos) las contradicciones, las limitaciones, pero la Insumisa era perfecta, buena, pura y exacta y el ayuntamiento corrupto, fascista e intolerante.

No se, creo que me faltan matices....y este artículo, bueno... es un poco "mis amigos molan mucho"

1
0
#7259
23/1/2018 23:04

artigo moi bonito

6
1
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.