Okupación
Sexamos realistas, pidamos o imposible!

O CSO A Insumisa é único na cidade e, por tanto, irrenunciable. A súa singularidade xustifica a súa permanencia e defensa incondicionais.

Precaria, okupa, ao revés e viceversa.

23 ene 2018 16:59

A Asamblea da Insumisa toma todas as decisións sobre o espazo e a convivencia nel. Nun espazo municipal, quen decide os usos, as actividades, as necesidades, as obras ou os tempos?

Na Insumisa a xestión supedítase unicamente aos acordos tomados pola Asamblea do espazo. Nun espazo municipal, a xestión depende unicamente de quen xestionan o espazo ou depende tamén da cor do partido no goberno?

Na Insumisa acóllense palestras sobre torturas, malos tratos e vulneración de dereitos humanos dentro de comisarías, cárceres, nos CIE… En cantos espazos municipais se tratan estas problemáticas? A Insumisa é un “espazo seguro” para persoas agredidas, sexa por machismo, homofobia ou racismo, por exemplo. É dicir, as persoas agresoras non poden entrar no espazo, independientemente de se a persoa agredida está ou non presente. Como se xestiona isto nos espazos municipais?

Na Insumisa acóllense actividades solidarias, por exemplo, con Centros Sociais (Okupados, Autoxestionados, ou non) ou con persoas multadas por defenderen os espazos liberados ou por exerceren a desobediencia civil. Cantas actividades así se fan en espazos municipais?

Por certo, a Asamblea Aberta da Insumisa é tódolos martes ás oito da tarde, agás excepcións. Direino doutro xeito, se non se produciu antes o agora omnipresente “diálogo” que alguén se mire nun espello. Tampouco vos vou ocultar as dúbidas, reticencias e contradicións que isto nos supón a algunhas. E, xa de paso, aclárolles a Gallego, Gago, Cañete e demais, que non, nin a Asamblea nin o espazo da Insumisa están abertos para xente do seu feitío, como non o está para ninguén que agrida e poña en perigo a continuidade do espazo e a convivencia no mesmo; “cousas que ten unha Asamblea autónoma”.

Sobre a xestión

Unha das cuestións máis confusas é a formulada arredor do como se vai xestionar o espazo, sobre “desaloxo” non sei se é que non hai dúbidas, pero claridade tampouco. En fin. “Autoxestión”, “coxestión”, “xestión aberta”, “xestión plural”,... Síntoo, pero pérdome entre tantos conceptos e o uso indistinto que deles se fai.

Desde a Insumisa reivindícase a autoxestión, é dicir, asemblea horizontal, directa, e autónoma. Se hai xerarquía e verticalidade non é autoxestión

Se hai algún tipo de representatividade ou delegación non é autoxestión, se hai algunha decisión sobre o espazo que non se tome pola mesma asemblea tampouco é autoxestión. Porén, cando desde unha institución xerárquica e representativa (léase Concello, léase Partido) me falan de que van autoxestionar, pois unha de dúas, ou “están contando unha trola”, ou “non temos un vocabulario común”. Ningunha das dúas opcións vai levar o diálogo moi lonxe, como tampouco vai ir moi lonxe se a autoxestión antes definida non se contempla como opción, sequera plantexable.

Ollo!, co dito antes non fago un xuízo de valor. Entendo que non todos os espazos teñen que ser autoxestionados (…), e que non todo o mundo queira —ou poida— asumir ese modelo de xestión, que como calquera, ten os seus pros e contras. O que si reivindico é que poidan existir espazos autoxestionados, pola diversidade que lle achegan tanto á cidade como a quen a habitamos, tanto polo seu modelo de xestión como polas prácticas que acollen. Neste sentido o CSO A Insumisa é único na cidade e, por tanto, irrenunciable; ou, se se quere, a súa singularidade xustifica a súa permanencia e defensa incondicionais.

Movendo marcos?

“Neste reino, a autonomía non é posible no actual marco legal”. Reformulo: “Neste reino, a autonomía é posible se unha está disposta a asumir a criminalización e a represión que supón exercela”. Digo máis: A Insumisa non só é “posible”, é un feito! É unha realidade presente!

Non movemos ningún marco e, aínda así, foi posible. Se queredes ampliar os modos de xestión: adiante!; se non queredes criminalizar e reprimir a autoxestión: xenial!; se entendedes e respectades a lexitimidade e autonomía da Insumisa: perfecto! Pero non nos pidades que agardemos a que as institucións do reino teñan a ben “mover os seus marcos”. Movédeos! Empuxade eses límites! Fuxide do discurso “etapista”!

A Insumisa_5

A nós atoparédesnos nas mesmas coordenadas que hai un ano: autoxestionando sen inxerencias un espazo okupado, fóra do marco e autónomo (hoxe, na actualidade, na Coruña). Estamos na Insumisa!

Catro propostas Imposibles? Incribles? Inasumibles?

A primeira das propostas é reconducir as ansias inversoras do Ministerio de Íñigo para que rehabilite, reutilice ou recicle o Cárcere. Asemade, propoño que rehumanice o espazo, metendo alí a todo canto militar hai na cidade, con vistas á Torre de Hércules! (e mesmo poderían facer a inauguración o día de San Fernando!). Recuperariamos moitos edificios e espazos “para a cidade e a veciñanza”.

En segundo lugar impedir que as máquinas das empresas adxudicatarias da obra de Fomento se enferruxen, comezando de inmediato as obras de derrubo do Conde de Fenosa, e así, de paso, cumprir a legalidade. Propoño tamén que, se cumpren os prazos da obra, por tal fazaña se coloque unha placa conmemorativa no lugar, coa inscrición “UTÉ, UTÉ”.

Logo nomear temporalmente a Rosa xefa da área de transparencia, para que poda escanear e facer públicos tódolos convenios, os nominativos, os urbanísticos, etc..., pero dun xeito innovador e creativo: por exemplo, comezando pola etapa do “Santo Embaixador” Vázquez, saltando despois á etapa Pokémon coa cal está máis familiarizada e rematando coa etapa “Lousada & Co.”. Suxiro que non cobre un céntimo de cartos públicos e permitirlle que cobre directamente da Corporación Voz, para levar os índices de transparencia a cotas nunca antes vistas.

Por último, nomear, temporalmente tamén, a Martín comandante en xefe da área de desaloxos “por se chega ese innomeable momento”, habida conta do seu bo facer, a súa experiencia, mérito e capacidade. E un sorriso sen par!

Apertas tentaculares! Bicos de polbokupa! A Insumisa, Non Se Merca!

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Granada
Represión La policía desaloja el centro social La Madriguera en Granada
El dispositivo policial ha echado a decenas de activistas del edificio, el pasado enero la empresa AMA Desokupa intentó cerrar el centro social con el apoyo policial en una operación que se saldó con cuatro personas heridas y una persona detenida
Okupación
Desalojo Miles de personas piden “encender la lucha” por los gaztetxes tras el desalojo de Etxarri
Denunciaron que la Ertzaintza hirió a varios manifestantes y uno de ellos tuvo que ser operado de urgencia por un balazo de foam. Señalaron la alianza entre Ayuntamiento de Bilbao y Amenabar.
Bilbao
Bilbao La Ertzaintza desaloja el gaztetxe Etxarri II en el barrio bilbaino de Rekalde
Noche de cargas policiales en Bilbao. Cinco personas fueron detenidas cuando trataban de evitar el desalojo del edificio, que se ha producido hoy a las 11h. A las 19h hay convocada una manifestación desde el parque de Amezola.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Últimas

Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Filosofía
Brais Arribas, filósofo “Non se trata de empoderar senón de disolver o poder”
Durante a conversa, o profesor reflexiona sobre a saúde da filosofía galega, o poshumanismo, as novas masculinidades ou a experiencia da pandemia.